1 00:00:01,269 --> 00:00:02,417 Hai dous anos, 2 00:00:02,417 --> 00:00:04,778 recibín unha chamada que cambiou a miña vida. 3 00:00:05,687 --> 00:00:08,319 "Ola, son o teu primo Hassen." 4 00:00:09,442 --> 00:00:10,668 Eu quedei paralizado. 5 00:00:11,101 --> 00:00:14,207 Teño ben máis de trinta primos, 6 00:00:14,231 --> 00:00:16,453 pero non coñecía a ninguén chamado Hassen. 7 00:00:17,712 --> 00:00:20,341 Resultou que Hassen era un curmán da miña nai 8 00:00:20,341 --> 00:00:22,646 que acababa de chegar a Montreal como refuxiado. 9 00:00:23,422 --> 00:00:24,528 Nos seguintes meses, 10 00:00:24,528 --> 00:00:27,824 tres parentes meus virían ó Canadá buscando asilo 11 00:00:28,504 --> 00:00:30,721 con pouco máis que a roupa posta. 12 00:00:31,627 --> 00:00:33,606 Nos dous anos posteriores a esta chamada, 13 00:00:33,606 --> 00:00:35,475 a miña vida cambiou por completo. 14 00:00:36,155 --> 00:00:37,472 Deixei a academia 15 00:00:37,472 --> 00:00:41,748 e agora dirixo un equipo diverso de tecnólogos, investigadores e refuxiados 16 00:00:41,748 --> 00:00:45,532 que desenvolve recursos personalizados de autoaxuda para os novos refuxiados. 17 00:00:46,306 --> 00:00:50,408 Queremos axudalos a vencer a linguaxe, a cultura e as outras barreiras 18 00:00:50,408 --> 00:00:53,528 que lles fan sentir que perderon o control das propias vidas. 19 00:00:53,800 --> 00:00:56,990 Sentimos que a IA pode axudar a restaurar os dereitos e a dignidade 20 00:00:56,994 --> 00:00:59,148 que moitos perden cando buscan axuda. 21 00:01:00,509 --> 00:01:03,319 A experiencia da miña familia como refuxiados non é única. 22 00:01:04,269 --> 00:01:06,138 Segundo ACNUR, 23 00:01:06,138 --> 00:01:08,963 cada minuto, hai 20 novos desprazados 24 00:01:08,963 --> 00:01:11,503 polo cambio climático, crises económicas 25 00:01:11,503 --> 00:01:13,473 e inestabilidade social e política. 26 00:01:14,481 --> 00:01:17,071 E foi mentres traballabamos no refuxio local de YMCA 27 00:01:17,071 --> 00:01:20,317 onde meu primo Hassen e outros parentes foron enviados 28 00:01:20,317 --> 00:01:22,351 que vimos e aprendemos a apreciar 29 00:01:22,351 --> 00:01:26,319 o esforzo e a coordinación que o reasentamento require 30 00:01:26,826 --> 00:01:30,026 Cando chegas, tes que buscar un avogado 31 00:01:30,430 --> 00:01:32,476 e encher documentos legais en dúas semanas. 32 00:01:32,870 --> 00:01:36,992 Tamén tes que superar un exame médico cun médico autorizado, 33 00:01:36,992 --> 00:01:39,048 só para poder pedir un visado de traballo. 34 00:01:39,352 --> 00:01:41,605 E tes que empezar a buscar un sitio onde vivir 35 00:01:41,919 --> 00:01:44,552 antes de recibir calquera tipo de asistencia social. 36 00:01:46,691 --> 00:01:48,689 Con miles que foxen dos Estados Unidos 37 00:01:48,689 --> 00:01:51,053 para buscar asilo no Canadá os últimos anos, 38 00:01:51,053 --> 00:01:52,570 rapidamente vimos como é 39 00:01:52,570 --> 00:01:56,143 cando hai máis persoas que necesitan axuda que recursos para axudalas. 40 00:01:56,967 --> 00:01:59,457 Os servizos sociais non se amplían rapidamente, 41 00:01:59,457 --> 00:02:02,489 e mesmo se as comunidades fan o maior esforzo 42 00:02:02,489 --> 00:02:05,008 para axudar a máis persoas con recursos limitados, 43 00:02:05,008 --> 00:02:07,887 os que chegan quedan máis tempo esperando no limbo, 44 00:02:07,887 --> 00:02:09,304 sen saber onde ir. 45 00:02:10,224 --> 00:02:11,817 En Montreal, por exemplo, 46 00:02:11,817 --> 00:02:15,508 a pesar dos millóns de dólares gastos para apoio aos reasentamentos 47 00:02:15,508 --> 00:02:17,588 case 50% dos que chegan aínda non saben 48 00:02:17,588 --> 00:02:20,410 que existen recursos gratis 49 00:02:20,410 --> 00:02:23,075 para axudalos con todo, desde os documentos 50 00:02:23,075 --> 00:02:24,362 ata atopar un traballo. 51 00:02:25,142 --> 00:02:28,382 O desafío non é que non existan esas informacións. 52 00:02:29,019 --> 00:02:33,310 Polo contrario, os necesitados son bombardeados con tanta información 53 00:02:33,310 --> 00:02:35,310 que se fai dificil darlle sentido a todo. 54 00:02:36,680 --> 00:02:40,407 "Non me deas máis información, dime só que facer." 55 00:02:40,407 --> 00:02:43,581 era a preocupación oída unha e outra vez. 56 00:02:43,581 --> 00:02:47,465 Isto reflicte o incriblemente difícil que é adaptarse 57 00:02:47,465 --> 00:02:49,382 cando chegas a un novo país. 58 00:02:50,602 --> 00:02:54,053 Hostia, tiven os mesmos problemas cando cheguei a Montreal, 59 00:02:54,053 --> 00:02:55,695 e teño un doutoramento. 60 00:02:55,695 --> 00:02:57,704 (Risa) 61 00:02:57,931 --> 00:03:01,058 Como outro membro do noso equipo, tamén refuxiado, dixo: 62 00:03:01,906 --> 00:03:05,135 "En Canadá, unha tarxeta SIM é máis importante ca a comida, 63 00:03:05,135 --> 00:03:07,153 porque non morreremos coa fame." 64 00:03:07,503 --> 00:03:11,152 Pero obter acceso aos recursos e á información correcta 65 00:03:11,152 --> 00:03:14,545 pode ser a diferenza entre a vida e a morte. 66 00:03:15,255 --> 00:03:16,491 Deixádeme dicilo de novo: 67 00:03:16,491 --> 00:03:19,664 obter acceso aos recursos e á información correcta 68 00:03:19,664 --> 00:03:24,109 pode ser a diferenza entre a vida e a morte. 69 00:03:25,179 --> 00:03:26,697 Para resolver estas cuestións, 70 00:03:26,697 --> 00:03:28,252 construímos Atar, 71 00:03:28,252 --> 00:03:31,348 a primeira avogada virtual baseada en AI 72 00:03:31,348 --> 00:03:33,846 que te guía paso a paso durante a túa primeira semana 73 00:03:33,846 --> 00:03:35,190 na nova cidade. 74 00:03:35,824 --> 00:03:37,468 Só dille a Atar o que necesitas. 75 00:03:38,568 --> 00:03:40,709 Atar entón faiche algunhas preguntas básicas 76 00:03:40,709 --> 00:03:42,589 para entender a túa situación particular 77 00:03:42,589 --> 00:03:44,977 e determina a túa elixibilidade para os recursos. 78 00:03:45,817 --> 00:03:48,133 Por exemplo: Tes un sitio onde durmir esta noite? 79 00:03:49,675 --> 00:03:52,425 Se non, preferirías un albergue só para mulleres? 80 00:03:52,875 --> 00:03:54,042 Tes fillos? 81 00:03:55,401 --> 00:03:58,502 Atar xera entón unha lista paso a paso de cousas que facer 82 00:03:58,502 --> 00:04:00,542 que che indica todo o que necesitas saber, 83 00:04:00,542 --> 00:04:03,481 onde ir, como chegar, 84 00:04:03,481 --> 00:04:04,856 que levar contigo 85 00:04:04,856 --> 00:04:06,048 e que expectativas ter. 86 00:04:06,958 --> 00:04:09,224 Podes facer preguntas en calquera momento, 87 00:04:09,224 --> 00:04:10,881 e se o Atar non ten unha reposta, 88 00:04:10,891 --> 00:04:13,458 poñerate en contacto cunha persoa real que a teña. 89 00:04:14,732 --> 00:04:16,485 Pero o máis emocionante 90 00:04:16,485 --> 00:04:20,343 é que axudamos a organizacións e servizos humanitarios 91 00:04:20,343 --> 00:04:24,142 a recoller os datos e as análises necesarios para comprender 92 00:04:24,142 --> 00:04:26,035 o cambio das necesidades dos que chegan 93 00:04:26,035 --> 00:04:27,456 en tempo real. 94 00:04:27,839 --> 00:04:29,388 Isto é algo revolucionario. 95 00:04:30,098 --> 00:04:32,062 Xa fixemos unha parcería con ACNUR 96 00:04:32,062 --> 00:04:34,255 para proporcionar esta tecnoloxía en Canadá, 97 00:04:34,255 --> 00:04:37,479 e no noso traballo diriximos campañas en árabe, inglés, 98 00:04:37,479 --> 00:04:40,166 francés, crioulo e español. 99 00:04:41,706 --> 00:04:44,805 Cando falamos do problema dos refuxiados, 100 00:04:44,805 --> 00:04:47,400 a miúdo centrámonos nas estatísticas oficiais 101 00:04:47,400 --> 00:04:50,975 dos 65.8 millóns de desprazados forzosos en todo o mundo. 102 00:04:51,669 --> 00:04:54,736 Pero a realidade é moito maior. 103 00:04:55,166 --> 00:05:00,373 Para o 2050, haberá máis de 140 millón de persoas 104 00:05:00,373 --> 00:05:03,982 en risco de ser desprazadas debido á degradación ambiental. 105 00:05:04,152 --> 00:05:08,920 E hoxe --hoxe-- hai case mil millóns de persoas 106 00:05:08,920 --> 00:05:11,882 que xa viven en asentamentos ilegais e barrios marxinais. 107 00:05:13,192 --> 00:05:15,020 Reasentamento e integración 108 00:05:15,020 --> 00:05:17,810 son os maiores desafíos do noso tempo. 109 00:05:18,620 --> 00:05:22,824 E a nosa esperanza é que Atar proporcione un avogado a cada recén chegado. 110 00:05:24,079 --> 00:05:28,118 A nosa esperanza é que Atar amplifique os esforzos que xa existen 111 00:05:28,666 --> 00:05:31,308 e que alivie a presión na rede de protección social 112 00:05:31,308 --> 00:05:33,495 que xa está tensionada alén do imaxinable. 113 00:05:34,915 --> 00:05:37,512 Pero o que é importante para nós 114 00:05:37,512 --> 00:05:41,937 é que o noso traballo axude a restablecer os dereitos e a dignidade 115 00:05:41,937 --> 00:05:45,948 que os refuxiados perden durante o reasentamento e a integración 116 00:05:45,948 --> 00:05:49,572 dándolles os recursos que necesitan para se axudaren a si mesmos. 117 00:05:50,068 --> 00:05:50,970 Grazas. 118 00:05:50,970 --> 00:05:54,364 (Aplausos)