WEBVTT 00:00:01.269 --> 00:00:02.417 Hai dous anos, 00:00:02.417 --> 00:00:04.778 recibín unha chamada que cambiou a miña vida. NOTE Paragraph 00:00:05.687 --> 00:00:08.319 "Ola, son o teu primo Hassen." NOTE Paragraph 00:00:09.442 --> 00:00:10.668 Eu quedei paralizado. 00:00:11.101 --> 00:00:14.207 Teño ben máis de trinta primos, 00:00:14.231 --> 00:00:16.453 pero non coñecía a ninguén chamado Hassen. NOTE Paragraph 00:00:17.712 --> 00:00:20.341 Resultou que Hassen era un curmán da miña nai 00:00:20.341 --> 00:00:22.646 que acababa de chegar a Montreal como refuxiado. 00:00:23.422 --> 00:00:24.528 Nos seguintes meses, 00:00:24.528 --> 00:00:27.824 tres parentes meus virían ó Canadá buscando asilo 00:00:28.504 --> 00:00:30.721 con pouco máis que a roupa posta. 00:00:31.627 --> 00:00:33.606 Nos dous anos posteriores a esta chamada, 00:00:33.606 --> 00:00:35.475 a miña vida cambiou por completo. 00:00:36.155 --> 00:00:37.472 Deixei a academia 00:00:37.472 --> 00:00:41.748 e agora dirixo un equipo diverso de tecnólogos, investigadores e refuxiados 00:00:41.748 --> 00:00:45.532 que desenvolve recursos personalizados de autoaxuda para os novos refuxiados. 00:00:46.306 --> 00:00:50.408 Queremos axudalos a vencer a linguaxe, a cultura e as outras barreiras 00:00:50.408 --> 00:00:53.528 que lles fan sentir que perderon o control das propias vidas. 00:00:53.800 --> 00:00:56.990 Sentimos que a IA pode axudar a restaurar os dereitos e a dignidade 00:00:56.994 --> 00:00:59.148 que moitos perden cando buscan axuda. 00:01:00.509 --> 00:01:03.319 A experiencia da miña familia como refuxiados non é única. NOTE Paragraph 00:01:04.269 --> 00:01:06.138 Segundo ACNUR, 00:01:06.138 --> 00:01:08.963 cada minuto, hai 20 novos desprazados 00:01:08.963 --> 00:01:11.503 polo cambio climático, crises económicas 00:01:11.503 --> 00:01:13.473 e inestabilidade social e política. 00:01:14.481 --> 00:01:17.071 E foi mentres traballabamos no refuxio local de YMCA 00:01:17.071 --> 00:01:20.317 onde meu primo Hassen e outros parentes foron enviados 00:01:20.317 --> 00:01:22.351 que vimos e aprendemos a apreciar 00:01:22.351 --> 00:01:26.319 o esforzo e a coordinación que o reasentamento require 00:01:26.826 --> 00:01:30.026 Cando chegas, tes que buscar un avogado NOTE Paragraph 00:01:30.430 --> 00:01:32.476 e encher documentos legais en dúas semanas. 00:01:32.870 --> 00:01:36.992 Tamén tes que superar un exame médico cun médico autorizado, 00:01:36.992 --> 00:01:39.048 só para poder pedir un visado de traballo. 00:01:39.352 --> 00:01:41.605 E tes que empezar a buscar un sitio onde vivir 00:01:41.919 --> 00:01:44.552 antes de recibir calquera tipo de asistencia social. 00:01:46.691 --> 00:01:48.689 Con miles que foxen dos Estados Unidos NOTE Paragraph 00:01:48.689 --> 00:01:51.053 para buscar asilo no Canadá os últimos anos, 00:01:51.053 --> 00:01:52.570 rapidamente vimos como é 00:01:52.570 --> 00:01:56.143 cando hai máis persoas que necesitan axuda que recursos para axudalas. 00:01:56.967 --> 00:01:59.457 Os servizos sociais non se amplían rapidamente, 00:01:59.457 --> 00:02:02.489 e mesmo se as comunidades fan o maior esforzo 00:02:02.489 --> 00:02:05.008 para axudar a máis persoas con recursos limitados, 00:02:05.008 --> 00:02:07.887 os que chegan quedan máis tempo esperando no limbo, 00:02:07.887 --> 00:02:09.304 sen saber onde ir. 00:02:10.224 --> 00:02:11.817 En Montreal, por exemplo, NOTE Paragraph 00:02:11.817 --> 00:02:15.508 a pesar dos millóns de dólares gastos para apoio aos reasentamentos 00:02:15.508 --> 00:02:17.588 case 50% dos que chegan aínda non saben 00:02:17.588 --> 00:02:20.410 que existen recursos gratis 00:02:20.410 --> 00:02:23.075 para axudalos con todo, desde os documentos 00:02:23.075 --> 00:02:24.362 ata atopar un traballo. 00:02:25.142 --> 00:02:28.382 O desafío non é que non existan esas informacións. 00:02:29.019 --> 00:02:33.310 Polo contrario, os necesitados son bombardeados con tanta información 00:02:33.310 --> 00:02:35.310 que se fai dificil darlle sentido a todo. 00:02:36.680 --> 00:02:40.407 "Non me deas máis información, dime só que facer." 00:02:40.407 --> 00:02:43.581 era a preocupación oída unha e outra vez. 00:02:43.581 --> 00:02:47.465 Isto reflicte o incriblemente difícil que é adaptarse 00:02:47.465 --> 00:02:49.382 cando chegas a un novo país. 00:02:50.602 --> 00:02:54.053 Hostia, tiven os mesmos problemas cando cheguei a Montreal, 00:02:54.053 --> 00:02:55.695 e teño un doutoramento. 00:02:55.695 --> 00:02:57.704 (Risa) NOTE Paragraph 00:02:57.931 --> 00:03:01.058 Como outro membro do noso equipo, tamén refuxiado, dixo: NOTE Paragraph 00:03:01.906 --> 00:03:05.135 "En Canadá, unha tarxeta SIM é máis importante ca a comida, 00:03:05.135 --> 00:03:07.153 porque non morreremos coa fame." 00:03:07.503 --> 00:03:11.152 Pero obter acceso aos recursos e á información correcta 00:03:11.152 --> 00:03:14.545 pode ser a diferenza entre a vida e a morte. 00:03:15.255 --> 00:03:16.491 Deixádeme dicilo de novo: 00:03:16.491 --> 00:03:19.664 obter acceso aos recursos e á información correcta 00:03:19.664 --> 00:03:24.109 pode ser a diferenza entre a vida e a morte. 00:03:25.179 --> 00:03:26.697 Para resolver estas cuestións, NOTE Paragraph 00:03:26.697 --> 00:03:28.252 construímos Atar, 00:03:28.252 --> 00:03:31.348 a primeira avogada virtual baseada en AI 00:03:31.348 --> 00:03:33.846 que te guía paso a paso durante a túa primeira semana 00:03:33.846 --> 00:03:35.190 na nova cidade. 00:03:35.824 --> 00:03:37.468 Só dille a Atar o que necesitas. 00:03:38.568 --> 00:03:40.709 Atar entón faiche algunhas preguntas básicas 00:03:40.709 --> 00:03:42.589 para entender a túa situación particular 00:03:42.589 --> 00:03:44.977 e determina a túa elixibilidade para os recursos. 00:03:45.817 --> 00:03:48.133 Por exemplo: Tes un sitio onde durmir esta noite? 00:03:49.675 --> 00:03:52.425 Se non, preferirías un albergue só para mulleres? 00:03:52.875 --> 00:03:54.042 Tes fillos? 00:03:55.401 --> 00:03:58.502 Atar xera entón unha lista paso a paso de cousas que facer 00:03:58.502 --> 00:04:00.542 que che indica todo o que necesitas saber, 00:04:00.542 --> 00:04:03.481 onde ir, como chegar, 00:04:03.481 --> 00:04:04.856 que levar contigo 00:04:04.856 --> 00:04:06.048 e que expectativas ter. 00:04:06.958 --> 00:04:09.224 Podes facer preguntas en calquera momento, 00:04:09.224 --> 00:04:10.881 e se o Atar non ten unha reposta, 00:04:10.891 --> 00:04:13.458 poñerate en contacto cunha persoa real que a teña. 00:04:14.732 --> 00:04:16.485 Pero o máis emocionante NOTE Paragraph 00:04:16.485 --> 00:04:20.343 é que axudamos a organizacións e servizos humanitarios 00:04:20.343 --> 00:04:24.142 a recoller os datos e as análises necesarios para comprender 00:04:24.142 --> 00:04:26.035 o cambio das necesidades dos que chegan 00:04:26.035 --> 00:04:27.456 en tempo real. 00:04:27.839 --> 00:04:29.388 Isto é algo revolucionario. 00:04:30.098 --> 00:04:32.062 Xa fixemos unha parcería con ACNUR 00:04:32.062 --> 00:04:34.255 para proporcionar esta tecnoloxía en Canadá, 00:04:34.255 --> 00:04:37.479 e no noso traballo diriximos campañas en árabe, inglés, 00:04:37.479 --> 00:04:40.166 francés, crioulo e español. 00:04:41.706 --> 00:04:44.805 Cando falamos do problema dos refuxiados, 00:04:44.805 --> 00:04:47.400 a miúdo centrámonos nas estatísticas oficiais NOTE Paragraph 00:04:47.400 --> 00:04:50.975 dos 65.8 millóns de desprazados forzosos en todo o mundo. 00:04:51.669 --> 00:04:54.736 Pero a realidade é moito maior. 00:04:55.166 --> 00:05:00.373 Para o 2050, haberá máis de 140 millón de persoas 00:05:00.373 --> 00:05:03.982 en risco de ser desprazadas debido á degradación ambiental. 00:05:04.152 --> 00:05:08.920 E hoxe --hoxe-- hai case mil millóns de persoas 00:05:08.920 --> 00:05:11.882 que xa viven en asentamentos ilegais e barrios marxinais. 00:05:13.192 --> 00:05:15.020 Reasentamento e integración 00:05:15.020 --> 00:05:17.810 son os maiores desafíos do noso tempo. 00:05:18.620 --> 00:05:22.824 E a nosa esperanza é que Atar proporcione un avogado a cada recén chegado. 00:05:24.079 --> 00:05:28.118 A nosa esperanza é que Atar amplifique os esforzos que xa existen 00:05:28.666 --> 00:05:31.308 e que alivie a presión na rede de protección social 00:05:31.308 --> 00:05:33.495 que xa está tensionada alén do imaxinable. 00:05:34.915 --> 00:05:37.512 Pero o que é importante para nós 00:05:37.512 --> 00:05:41.937 é que o noso traballo axude a restablecer os dereitos e a dignidade 00:05:41.937 --> 00:05:45.948 que os refuxiados perden durante o reasentamento e a integración 00:05:45.948 --> 00:05:49.572 dándolles os recursos que necesitan para se axudaren a si mesmos. NOTE Paragraph 00:05:50.068 --> 00:05:50.970 Grazas. NOTE Paragraph 00:05:50.970 --> 00:05:54.364 (Aplausos)