Return to Video

Arte no tempo da intelixencia das máquinas

  • 0:01 - 0:03
    Ola, o meu nome é Refik
    e son artista multimedia.
  • 0:04 - 0:06
    O meu pigmento son os datos
  • 0:06 - 0:08
    e pinto co pincel do pensamento
  • 0:08 - 0:10
    asistido por unha intelixencia artificial.
  • 0:11 - 0:14
    Uso espazos arquitectónicos
    no canto de lenzos,
  • 0:14 - 0:16
    colaboro con máquinas
  • 0:16 - 0:19
    para que os edificios soñen e alucinen.
  • 0:19 - 0:21
    Preguntarédesvos,
    que quere dicir todo isto?
  • 0:21 - 0:25
    Permitídeme que vos introduza
    no meu traballo e no meu mundo.
  • 0:26 - 0:30
    Fun testemuña do poder
    da imaxinación con 8 anos,
  • 0:30 - 0:32
    en Istambul, cando era neno.
  • 0:32 - 0:35
    Un día, miña nai levou para a casa
    unha cinta de vídeo
  • 0:35 - 0:38
    do filme de ciencia ficción
    Blade Runner.
  • 0:38 - 0:41
    Lembro con claridade estar fascinado
  • 0:41 - 0:46
    pola incrible visión arquitectónica
    de Los Ángeles do futuro,
  • 0:46 - 0:49
    un lugar que eu non vira nunca.
  • 0:49 - 0:54
    Esa visión converteuse na base
    do meu soñar esperto.
  • 0:54 - 0:57
    Cando cheguei a Los Ángeles en 2012
  • 0:57 - 0:59
    para estudar un posgrao
    en Deseño e Artes Dixitais,
  • 0:59 - 1:02
    aluguei un coche e fun ó centro da cidade
  • 1:02 - 1:05
    para ver ese marabilloso mundo
    do futuro próximo.
  • 1:05 - 1:07
    Lembro que había unha escena
  • 1:07 - 1:10
    que se repetía na miña cabeza
    unha e outra vez:
  • 1:10 - 1:12
    aquela na que Rachael, o androide,
  • 1:12 - 1:16
    se decata de que as súas lembranzas
    en verdade non son súas,
  • 1:16 - 1:21
    e Deckard lle di que
    son lembranzas doutra persoa.
  • 1:21 - 1:22
    Dende ese instante,
  • 1:22 - 1:25
    unha das miñas inspiracións
    foi esta pregunta.
  • 1:26 - 1:30
    Que pode facer unha máquina
    cos recordos doutra persoa?
  • 1:30 - 1:33
    Ou, por dicilo doutro xeito,
  • 1:33 - 1:36
    que significa ser unha IA no século XXI?
  • 1:37 - 1:40
    Calquera androide
    ou intelixencia artificial
  • 1:40 - 1:43
    é intelixente sempre e cando
    colaboremos con ela.
  • 1:43 - 1:45
    Pode construír cousas
  • 1:45 - 1:48
    que a intelixencia humana
    aspira a producir
  • 1:48 - 1:50
    pero que non ten a capacidade de lograr.
  • 1:51 - 1:55
    Pensade nas vosas actividades
    e redes sociais, por exemplo.
  • 1:55 - 1:59
    Canto máis interactuades con elas,
    máis intelixentes son.
  • 1:59 - 2:03
    Se as máquinas poden aprender
    ou procesar lembranzas,
  • 2:03 - 2:05
    poden tamén soñar?
  • 2:05 - 2:07
    Alucinar?
  • 2:07 - 2:09
    Ter recordos involuntarios,
  • 2:09 - 2:13
    ou facer conexións
    entre os soños de varias persoas?
  • 2:13 - 2:19
    Ser unha IA no século XXI
    significa non esquecer nada?
  • 2:20 - 2:22
    E, se é así,
  • 2:22 - 2:26
    non é a experiencia máis revolucionaria
    de todas as que vivimos
  • 2:26 - 2:31
    tras séculos de esforzos para inmortalizar
    a historia de diferentes formas?
  • 2:31 - 2:33
    Dito doutro xeito,
  • 2:33 - 2:36
    Canto avanzamos dende
    o Blade Runner de Ridley Scott?
  • 2:37 - 2:40
    Abrín o meu estudio en 2014
  • 2:40 - 2:42
    e convidei a arquitectos,
  • 2:42 - 2:45
    analistas de datos, informáticos,
    neurocientíficos,
  • 2:45 - 2:47
    músicos e mesmo contacontos
  • 2:47 - 2:50
    para que se unisen a min
    para cumprir os meus soños.
  • 2:51 - 2:54
    Poden os datos ser un pigmento?
  • 2:54 - 2:56
    Esa foi a primeira pregunta que fixemos
  • 2:56 - 3:01
    cando comezamos a viaxe de integrar
    as artes dixitais na arquitectura,
  • 3:01 - 3:04
    e unir os mundos físico e virtual.
  • 3:05 - 3:09
    Comezamos imaxinando
    o que eu chamo a "poesía dos datos".
  • 3:10 - 3:13
    Un dos primeiros proxectos,
    "Representacións Virtuais",
  • 3:13 - 3:15
    era unha escultura de datos públicos
  • 3:15 - 3:18
    encargada pola cidade de San Francisco.
  • 3:18 - 3:20
    O traballo invita ó público
  • 3:20 - 3:23
    a participar nunha experiencia
    artística extraordinaria
  • 3:23 - 3:25
    nun espazo urbano vivo
  • 3:25 - 3:30
    coa representación dunha rede
    de conexións fluídas da propia cidade.
  • 3:30 - 3:33
    Tamén é un recordatorio
  • 3:33 - 3:37
    de como os datos invisibles
    do noso día a día,
  • 3:37 - 3:40
    coma os fíos de Twitter
    representados aquí,
  • 3:40 - 3:42
    poden facerse visibles
  • 3:42 - 3:48
    e transformarse en coñecemento sensorial
    que se pode experimentar colectivamente.
  • 3:49 - 3:54
    De feito, os datos só se converten
    en coñecemento cando os experimentamos,
  • 3:54 - 3:58
    e o coñecemento e a experiencia
    poden tomar moitas formas.
  • 3:58 - 3:59
    Ó explorar estas conexións
  • 3:59 - 4:03
    mediante o potencial
    da intelixencia das máquinas,
  • 4:04 - 4:09
    tamén reflexionamos sobre a conexión
    entre os sentidos humanos
  • 4:09 - 4:12
    e a capacidade das máquinas
    para simular a natureza.
  • 4:13 - 4:18
    Esta investigación xurdiu ó traballarmos
    en pinturas baseadas en datos eólicos.
  • 4:18 - 4:21
    Adoptaron a forma de poemas visualizados
  • 4:21 - 4:25
    baseados en conxuntos de datos ocultos
    que recollemos dos sensores eólicos.
  • 4:26 - 4:28
    Empregamos algoritmos xerativos
  • 4:28 - 4:33
    para transformar a velocidade do vento,
    os refachos e a dirección
  • 4:33 - 4:35
    nun pigmento de datos etéreos.
  • 4:36 - 4:40
    O resultado foi unha experiencia
    meditativa e especulativa á vez.
  • 4:41 - 4:44
    Esta escultura de datos cinéticos,
    titulada Bósforo,
  • 4:44 - 4:49
    era un intento similar de cuestionar
    a nosa capacidade de reimaxinar
  • 4:49 - 4:50
    os fenómenos naturais.
  • 4:51 - 4:56
    Cos datos do radar de alta frecuencia
    do mar de Mármara,
  • 4:56 - 4:58
    recollimos datos da superficie do mar
  • 4:58 - 5:01
    e proxectamos o movemento dinámico
    coa Intelixencia das Máquinas.
  • 5:02 - 5:04
    Creamos unha sensación de inmersión
  • 5:04 - 5:08
    nunhas vistas artificiais do mar
    tranquilizadoras e sempre cambiantes.
  • 5:10 - 5:14
    Chamámoslle imaxinación
    a "ver co cerebro"
  • 5:14 - 5:16
    e, para mi, imaxinar arquitectura
  • 5:16 - 5:20
    vai alén do cristal, do metal
    ou do formigón,
  • 5:20 - 5:24
    e chega até a experimentación
    coas opcións máis remotas da inmersión
  • 5:24 - 5:28
    e cos xeitos de mellorar
    a percepción dos espazos construídos.
  • 5:29 - 5:32
    Os estudos sobre intelixencia artificial
    aumentan cada día,
  • 5:32 - 5:36
    e déixannos coa sensación
    de estar enchufados a un sistema
  • 5:36 - 5:38
    que é meirande e ten máis coñecementos
  • 5:39 - 5:40
    ca nós mesmos.
  • 5:40 - 5:44
    En 2017, descubrimos
    unha biblioteca de acceso aberto
  • 5:44 - 5:46
    con documentos culturais de Istanbul
  • 5:46 - 5:49
    e comezamos a traballar
    no "Arquivo Soñado",
  • 5:50 - 5:54
    unha das primeiras instalacións públicas
    do mundo impulsada por unha IA
  • 5:54 - 6:01
    que explora case 1,7 millóns de documentos
    que comprenden 270 anos de historia.
  • 6:02 - 6:05
    Unha das nosas inspiracións
    durante este proceso
  • 6:05 - 6:08
    foi un relato breve chamado
    "A biblioteca de Babel"
  • 6:08 - 6:11
    do arxentino Jorge Luis Borges.
  • 6:11 - 6:17
    Na historia, o autor imaxina
    un universo con forma de gran biblioteca
  • 6:17 - 6:23
    que contén tódolos libros de 410 páxinas
    cun formato e caracteres concretos.
  • 6:23 - 6:24
    Mediante esta visión,
  • 6:25 - 6:29
    ideamos un xeito de explorar fisicamente
    os vastos arquivos do coñecemento
  • 6:29 - 6:32
    na era da intelixencia das máquinas.
  • 6:32 - 6:34
    O resultado, como podedes ver,
  • 6:34 - 6:36
    foi un espazo inmersivo
    impulsado polos usuarios.
  • 6:37 - 6:41
    O "Arquivo soñado" transformou totalmente
    a experiencia dunha biblioteca
  • 6:41 - 6:44
    na era da intelixencia das máquinas.
  • 6:44 - 6:48
    "Alucinación das Máquinas"
    é un estudo do tempo e do espazo
  • 6:48 - 6:53
    baseado nós arquivos fotográficos públicos
    da cidade de Nova York.
  • 6:53 - 6:55
    Para este proxecto inmersivo único,
  • 6:55 - 6:58
    empregamos algoritmos
    de aprendizaxe automática
  • 6:58 - 7:02
    para atopar e procesar máis de 100 millóns
    de fotografías da cidade.
  • 7:03 - 7:06
    Deseñamos un sistema narrativo innovador
  • 7:06 - 7:12
    para empregar a intelixencia artificial
    para predicir ou alucinar novas imaxes,
  • 7:12 - 7:16
    permitindo que o espectador
    entre nunha fusión onírica
  • 7:16 - 7:18
    do pasado e do futuro de Nova York.
  • 7:20 - 7:22
    Canto máis afondan os nosos proxectos
  • 7:22 - 7:25
    en lembrar e transmitir coñecementos,
  • 7:25 - 7:30
    pensamos máis sobre como as lembranzas
    non son recordos estáticos,
  • 7:30 - 7:34
    senón interpretacións de feitos pasados
    que cambian constantemente.
  • 7:34 - 7:36
    Consideramos de que xeito as máquinas
  • 7:36 - 7:40
    poden simular feitos inconscientes
    e subconscientes,
  • 7:40 - 7:44
    como os soños,
    os recordos e as alucinacións.
  • 7:45 - 7:48
    Por iso creamos Fundindo Recordos
  • 7:48 - 7:51
    para visualizar o momento de lembrar.
  • 7:52 - 7:54
    A inspiración veu do momento tráxico
  • 7:55 - 7:58
    no que lle diagnosticaron
    alzhéimer a meu tío.
  • 8:00 - 8:02
    Naquel momento eu só podía pensar
  • 8:02 - 8:07
    en atopar un xeito de celebrar
    o que lembramos e como o lembramos
  • 8:07 - 8:09
    cando aínda temos a capacidade de facelo.
  • 8:09 - 8:13
    Comecei a pensar nos recordos
    non como elementos que esvaecen
  • 8:13 - 8:16
    senón como elementos que se funden
    ou cambian de forma.
  • 8:16 - 8:18
    Coa axuda da intelixencia das máquinas,
  • 8:18 - 8:22
    traballamos cos científicos
    do Laboratorio Neuroscape
  • 8:22 - 8:24
    na Universidade de California,
  • 8:24 - 8:27
    que nos ensinaron a ler
    os sinais cerebrais
  • 8:27 - 8:29
    durante a creación de recordos.
  • 8:29 - 8:34
    Malia que o meu propio tío estaba a perder
    a capacidade de procesar recordos,
  • 8:34 - 8:38
    a obra de arte creada
    cos datos dos encefalogramas
  • 8:38 - 8:41
    exploraba a materialidade dos recordos
  • 8:42 - 8:46
    e servía como tributo a aquilo
    que meu tío xa perdera.
  • 8:49 - 8:51
    Case nada do Los Ángeles contemporáneo
  • 8:52 - 8:55
    coincidía coas miñas expectativas
    de infancia sobre a cidade,
  • 8:55 - 8:58
    a excepción dun edificio incrible:
  • 8:59 - 9:02
    o Walt Disney Concert Hall (WDCH),
    deseñado por Frank Gehry,
  • 9:02 - 9:04
    un dos meus heroes.
  • 9:04 - 9:08
    En 2018, recibín unha chamada
    da Filharmónica de Los Ángeles
  • 9:08 - 9:10
    que quería unha instalación
  • 9:10 - 9:14
    para celebrar o centenario
    desta célebre Sinfónica.
  • 9:14 - 9:17
    Para isto, fixemos a seguinte pregunta:
  • 9:17 - 9:20
    "Pode aprender un edificio? Pode soñar?"
  • 9:21 - 9:22
    Para responder,
  • 9:22 - 9:28
    decidimos recompilar todas as gravacións
    dos arquivos da Filharmónica e do WDCH.
  • 9:28 - 9:32
    Para ser exactos, 77 terabytes
    de recordos arquivados dixitalmente.
  • 9:33 - 9:35
    Empregando a intelixencia das máquinas,
  • 9:35 - 9:38
    o arquivo enteiro,
    que se remonta 100 anos,
  • 9:38 - 9:41
    converteuse en proxeccións
    na fachada do edificio.
  • 9:41 - 9:45
    42 proxectores para conseguir
    esta experiencia futurista pública
  • 9:45 - 9:47
    no corazón de Los Ángeles,
  • 9:47 - 9:51
    e achegármonos un pouquiño máis
    ao Los Ángeles de Blade Runner.
  • 9:52 - 9:55
    Se algunha vez un edificio puido soñar,
  • 9:55 - 9:56
    foi neste momento.
  • 10:00 - 10:04
    Agora, invítovos a unha última viaxe
    polo cerebro dunha máquina.
  • 10:06 - 10:09
    Neste intre, estamos totalmente inmersos
    no universo dos datos
  • 10:09 - 10:14
    de tódalas Charlas TED
    dos últimos 30 anos.
  • 10:14 - 10:20
    Iso quere dicir que este conxunto de datos
    inclúe 7.705 charlas dos escenarios TED.
  • 10:21 - 10:26
    Esas charlas foron convertidas
    en 7,4 millóns de segundos,
  • 10:26 - 10:30
    e cada segundo está representado
    neste universo de datos.
  • 10:30 - 10:32
    Cada imaxe que vedes aquí
  • 10:32 - 10:35
    representa un momento único desas charlas.
  • 10:35 - 10:37
    Empregando a intelixencia das máquinas,
  • 10:37 - 10:41
    procesamos un total de 487.000 frases
  • 10:41 - 10:46
    de 330 grupos de temas únicos
    como a natureza, as emisións globais,
  • 10:46 - 10:49
    a extinción, os temas raciais,
    a informática,
  • 10:49 - 10:52
    a confianza, as emocións,
    a auga e os refuxiados.
  • 10:52 - 10:55
    Estes grupos conéctanse entre eles
  • 10:55 - 10:57
    mediante un algoritmo,
  • 10:57 - 11:00
    que xera 113 millóns segmentos de liña,
  • 11:01 - 11:04
    que revelan novas relacións conceptuais.
  • 11:04 - 11:07
    Non sería incrible poder lembrar
  • 11:07 - 11:10
    tódalas preguntas
    que se fixeron neste escenario?
  • 11:12 - 11:13
    Aquí estou,
  • 11:13 - 11:16
    dentro da mente de incontables pensadores,
  • 11:16 - 11:20
    e dunha máquina,
    interactuando con varios sentimentos
  • 11:20 - 11:22
    atribuídos ó aprender,
  • 11:22 - 11:24
    lembrar, cuestionar
  • 11:24 - 11:28
    e imaxinar todo ó mesmo tempo,
  • 11:28 - 11:30
    expandindo o poder da mente.
  • 11:31 - 11:33
    Para min, estar aquí
  • 11:33 - 11:37
    é precisamente o que significa ser unha
    intelixencia artificial no século XXI,
  • 11:38 - 11:40
    Está nas nosas mans, humanos,
  • 11:41 - 11:44
    adestrar esta mente
    para que aprenda e lembre
  • 11:44 - 11:46
    o que nós só podemos soñar.
  • 11:47 - 11:48
    Grazas.
Title:
Arte no tempo da intelixencia das máquinas
Speaker:
Refik Anadol
Description:

Como é o interior da mente dunha máquina? Inspirado pola visión arquitectónica futurista de Los Ángeles de "Blade Runner", o artista multimedia Refik Anadol une arte e intelixencia artificial nas colaboracións entre o seu estudio e arquitectos, analistas de datos, neurocientíficos e músicos entre outros. Sé testemuña das instalacións extraordinarias que, se cadra, farán que reconsideres a túa idea do futuro da tecnoloxía e da creatividade.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:01

Galician subtitles

Revisions