Return to Video

Atrevédevos a soñar co futuro

  • 0:01 - 0:03
    Todo autor de ciencia ficción
  • 0:03 - 0:08
    ten algún relato sobre un tempo
    no que o futuro chegou demasiado pronto.
  • 0:09 - 0:11
    Eu teño moitos deses relatos.
  • 0:11 - 0:13
    Este, por exemplo:
  • 0:13 - 0:17
    Hai anos estaba a escribir unha historia
    na que o goberno
  • 0:17 - 0:20
    comeza a matar xente con drons.
  • 0:21 - 0:25
    Eu cría que era unha idea
    moi intensa e futurista,
  • 0:25 - 0:28
    pero para cando foi publicada,
  • 0:29 - 0:32
    o goberno xa estaba a usar drons
    para matar xente.
  • 0:32 - 0:35
    O noso mundo muda rapidísimo,
  • 0:35 - 0:38
    e cada vez se acelera máis
  • 0:38 - 0:42
    o ciclo no que o cambio tecnolóxico
    e o social se retroalimentan.
  • 0:42 - 0:45
    Cando era pequena, na década de 1980,
  • 0:45 - 0:48
    sabiamos como ía ser o futuro.
  • 0:48 - 0:53
    Ía ser algunha versión
    de "Xuíz Dredd" ou "Blade Runner".
  • 0:53 - 0:58
    Habería megalópoles de neón
    e vehículos voantes.
  • 0:58 - 1:01
    Pero agora ninguén sabe
    como vai ser o futuro
  • 1:01 - 1:03
    nin sequera dentro dun par de anos,
  • 1:03 - 1:08
    e terribles fantasmas axexan no horizonte.
  • 1:08 - 1:12
    Desde as catástrofes climáticas
    ata o autoritarismo.
  • 1:12 - 1:15
    todo o mundo está obsesionado
    coas apocalipses,
  • 1:15 - 1:19
    aínda que o mundo non pare de acabarse
    e nós sigamos aquí.
  • 1:20 - 1:24
    Non teñades medo de pensar no futuro,
    de soñar co futuro,
  • 1:24 - 1:26
    de escribir sobre o futuro.
  • 1:26 - 1:30
    Eu atópoo moi liberador e divertido.
  • 1:30 - 1:32
    É un xeito de vacinarse
  • 1:32 - 1:36
    contra o peor "choque do futuro" posible.
  • 1:36 - 1:38
    É ademais unha fonte de empoderamento,
  • 1:38 - 1:43
    porque non te podes preparar para algo
    se non o visualizas antes.
  • 1:43 - 1:45
    Pero tedes que saber algo.
  • 1:46 - 1:49
    O futuro non se predí;
  • 1:49 - 1:52
    o futuro imaxínase.
  • 1:52 - 1:54
    Como escritora de ciencia ficción
  • 1:54 - 1:59
    cuxas historias adoitan acontecer
    no futuro, dentro de anos ou de séculos,
  • 1:59 - 2:03
    descubrín que a xente devece
    por visións do futuro
  • 2:03 - 2:06
    que sexan á vez excitantes e habitables,
  • 2:06 - 2:10
    pero vin que para chegar aí
    non abondaba con investigar.
  • 2:10 - 2:14
    No canto diso, combino a capacidade
    de soñar de forma activa
  • 2:14 - 2:18
    co coñecemento das novas tendencias
    en ciencia e tecnoloxía
  • 2:18 - 2:21
    e a comprensión da historia humana.
  • 2:21 - 2:23
    Penso moito no que sei
    sobre a natureza humana
  • 2:23 - 2:28
    e o xeito en que a xente respondeu
    no pasado ante enormes cambios
  • 2:28 - 2:30
    e conmocións e transformacións.
  • 2:30 - 2:34
    E conecto iso coa atención aos detalles,
  • 2:34 - 2:38
    porque é nos detalles onde vivimos.
  • 2:38 - 2:42
    Contamos a historia do noso mundo
    por medio das ferramentas que creamos
  • 2:42 - 2:44
    e os espazos nos que vivimos.
  • 2:44 - 2:47
    Neste punto, cómpre coñecer
    un par de termos
  • 2:47 - 2:51
    que os autores de ciencia ficción
    usamos todo o tempo:
  • 2:51 - 2:55
    "historia futura" e
    "efectos de segunda orde".
  • 2:56 - 2:59
    Ben, a historia futura é
    máis ou menos o que parece.
  • 2:59 - 3:02
    É unha cronoloxía de cousas
    que aínda non aconteceron,
  • 3:02 - 3:05
    como o coñecido ciclo de relatos
    de Robert A. Heinlein,
  • 3:05 - 3:08
    que traía un esquema detallado
    de acontecementos futuros
  • 3:08 - 3:11
    que chegaba ata o ano 2100.
  • 3:11 - 3:13
    Ou, para a miña última novela,
  • 3:13 - 3:15
    ocorréuseme unha liña temporal
    moi complicada
  • 3:15 - 3:19
    que chega ata o século XXXIII
  • 3:19 - 3:22
    e ten un final no que a xente
    vive noutro planeta.
  • 3:23 - 3:28
    Por outra banda, un efecto de segunda orde
    é en esencia iso que acontece
  • 3:28 - 3:34
    tralas consecuencias dunha nova tecnoloxía
    ou dun cambio moi grande.
  • 3:34 - 3:39
    Segundo un dito a miúdo atribuído
    ao escritor e editor Frederik Pohl,
  • 3:39 - 3:41
    "un bo relato de ciencia ficción
  • 3:41 - 3:44
    debería predicir non só
    a invención do automóbil,
  • 3:44 - 3:47
    senón tamén o atasco".
  • 3:48 - 3:49
    E falando de atascos,
  • 3:49 - 3:54
    botei moito tempo intentando
    imaxinar a cidade do futuro.
  • 3:55 - 3:57
    Como é? De que está feita?
  • 3:57 - 3:58
    Para quen é?
  • 3:58 - 4:03
    Intento imaxinar unha cidade verde
    con granxas verticais
  • 4:03 - 4:08
    e estruturas que son en parte
    cultivadas máis ca construídas
  • 4:08 - 4:10
    e pasarelas no canto de rúas,
  • 4:10 - 4:14
    porque xa ninguén se despraza en coche.
  • 4:14 - 4:18
    Unha cidade que vive e respira.
  • 4:18 - 4:22
    Comezo por imaxinar
    as ideas máis fantasiosas
  • 4:22 - 4:24
    que son quen de concibir,
  • 4:24 - 4:27
    e entón volvo ao modo investigadora
  • 4:27 - 4:29
    e trato de facelas
    o máis verosímiles posible
  • 4:29 - 4:34
    mesturando futurismo urbano,
    interiorismo de luxo
  • 4:34 - 4:37
    e especulación tecnolóxica.
  • 4:37 - 4:41
    E logo volvo a intentar imaxinar
    como sería realmente
  • 4:41 - 4:44
    estar dentro desa cidade.
  • 4:44 - 4:48
    Así que o meu proceso comeza
    e remata coa imaxinación,
  • 4:48 - 4:53
    como se a miña imaxinación fosen
    as dúas rebandas de pan
  • 4:53 - 4:54
    dun bocadillo de investigación.
  • 4:56 - 4:59
    Como narradora, trato ante todo
  • 4:59 - 5:03
    de vivir no mundo a través dos ollos
    dos meus personaxes
  • 5:03 - 5:06
    e intento ver como se desenvolven
    ante os seus desafíos persoais
  • 5:06 - 5:09
    no contexto do espazo que eu creei.
  • 5:09 - 5:12
    Que olen? Que tocan?
  • 5:12 - 5:16
    Como é namorarse
    nunha cidade intelixente?
  • 5:16 - 5:18
    Que ves cando miras pola fiestra?
  • 5:18 - 5:21
    Depende de como o software da fiestra
    interactúe co teu estado de ánimo?
  • 5:21 - 5:25
    E por último pregúntome como
    unha cidade xenial do futuro
  • 5:25 - 5:31
    garantiría que todos tivesen un teito
    e que ninguén se coase polas fendas.
  • 5:31 - 5:33
    E aí é onde a historia futura
    resulta moi útil,
  • 5:33 - 5:37
    porque as cidades non brotan
    dun día para outro.
  • 5:37 - 5:40
    Xorden e transfórmanse.
  • 5:40 - 5:46
    Mostran as cicatrices e os ornamentos
    das guerras, as migracións,
  • 5:46 - 5:48
    as expansións económicas,
    os espertares culturais.
  • 5:48 - 5:51
    Unha cidade do futuro debería
    ter monumentos, si,
  • 5:51 - 5:55
    pero debería ter tamén
    capas de arquitecturas pasadas,
  • 5:55 - 5:56
    edificios reconvertidos
  • 5:56 - 6:00
    e tódolos indicios de como chegamos
    ata este lugar.
  • 6:00 - 6:03
    E logo están os efectos de segunda orde,
  • 6:03 - 6:07
    por exemplo, como as cousas
    saen mal --ou ben--
  • 6:07 - 6:09
    dun xeito que ninguén previra?
  • 6:09 - 6:13
    Se as paredes do teu piso
    están feitas dalgún tipo de fungo
  • 6:13 - 6:18
    que pode rexenerarse só
    para reparar defectos,
  • 6:18 - 6:21
    qué pasaría se a xente comezase
    a comer os tabiques?
  • 6:21 - 6:22
    (Risas)
  • 6:22 - 6:23
    Falando de comer,
  • 6:23 - 6:27
    cómo é a rede de sumidoiros
    da cidade do futuro?
  • 6:27 - 6:30
    É unha pregunta trampa.
    Non hai sumidoiros.
  • 6:30 - 6:33
    O sistema que temos hoxe
    nos Estados Unidos
  • 6:33 - 6:35
    é estrañísimo.
  • 6:35 - 6:38
    Os refugallos saen por un túnel
  • 6:38 - 6:42
    onde se mesturan coa auga de choiva
    e a miúdo van parar ao océano.
  • 6:42 - 6:45
    Por non mencionar o papel hixiénico.
  • 6:46 - 6:48
    Un grupiño de expertos,
    dirixidos por Bill Gates,
  • 6:48 - 6:51
    están agora mesmo intentando
    reinventar o retrete,
  • 6:51 - 6:53
    e pode que o retrete do futuro
  • 6:53 - 6:57
    lle pareza estrañísimo
    a alguén de hoxe en día.
  • 6:57 - 7:01
    Como é entón que a historia do futuro,
    todo ese ensaio e erro,
  • 7:01 - 7:03
    acaba nunha forma mellor
    de ir ao baño?
  • 7:03 - 7:05
    Agora mesmo hai empresas
  • 7:05 - 7:08
    que están probando unha especie
    de variña limpadora
  • 7:08 - 7:10
    que pode substituír
    o papel hixiénico
  • 7:10 - 7:13
    por aire comprimido
    ou pulverización desinfectante.
  • 7:13 - 7:18
    Pero, e se esas cousas tivesen
    máis aspecto de flores ca de tecnoloxía?
  • 7:18 - 7:22
    E se o teu retrete puidese
    analizar os teus refugallos
  • 7:22 - 7:25
    e informarte de que o teu microbioma
    necesitaría unha posta a punto
  • 7:25 - 7:29
    E se os experimentos de hoxe
    para converter residuos en combustible
  • 7:29 - 7:32
    resultan nunha batería intelixente
    que che proporcione luz na casa?
  • 7:33 - 7:34
    Pero volvamos á cidade do futuro.
  • 7:34 - 7:36
    Como se orienta a xente no espazo?
  • 7:36 - 7:40
    Se non hai rúas, como logran
    aclararse coa xeografía?
  • 7:40 - 7:42
    A min gústame pensar nun lugar
    no que hai espazos
  • 7:42 - 7:45
    que existen parcialmente
    só na realidade virtual
  • 7:45 - 7:48
    e para descubrilos se cadra
    necesitas un hardware especial.
  • 7:48 - 7:52
    Para un dos meus relatos, ocorréuseme
    algo chamado "o interfaz de nube",
  • 7:52 - 7:57
    que describía como unha araña cromada
    que se conecta á cabeza
  • 7:57 - 7:59
    a través dos nodos temporais.
  • 7:59 - 8:02
    Non. Non é iso. Esa é unha foto graciosa
    que saquei nun bar.
  • 8:02 - 8:04
    (Risas)
  • 8:04 - 8:08
    Deixeime levar e púxenme a imaxinar
    bares, restaurantes, cafés
  • 8:09 - 8:11
    nos que só podías entrar
  • 8:11 - 8:14
    se contabas co hardware
    de realidade aumentada axeitado.
  • 8:14 - 8:17
    Pero, de novo, efectos de segunda orde:
  • 8:17 - 8:20
    nun mundo configurado
    pola realidade aumentada,
  • 8:20 - 8:22
    que clase de comunidades novas teremos?
  • 8:22 - 8:25
    que clase de novos delitos
    que nin se nos ocorreran aínda?
  • 8:25 - 8:28
    Digamos que estamos aí,
    un ao pé do outro,
  • 8:28 - 8:32
    e ti pensas que estamos nun bar ruidoso
    vendo deportes nas pantallas,
  • 8:32 - 8:35
    e eu que estamos nun club elegante,
  • 8:35 - 8:38
    falando de Baudrillard e
    cun cuarteto de corda en directo.
  • 8:39 - 8:42
    Non logro nin imaxinar que podería
    saír mal nesa situación.
  • 8:42 - 8:45
    Vamos, que estou segura
    de que vai ir todo ben.
  • 8:46 - 8:47
    E logo están os medios sociais.
  • 8:47 - 8:52
    Poido imaxinar contextos
    distópicos de verdade
  • 8:52 - 8:54
    nos que cousas como concursos en liña,
  • 8:54 - 8:57
    aplicacións de citas, horóscopos, bots
  • 8:57 - 9:01
    combínanse para arrastrarnos
    por tobos de coello cada vez máis fondos
  • 9:01 - 9:05
    a malas relacións e peores políticas.
  • 9:06 - 9:08
    Pero entón penso nas conversas
    que levo tido
  • 9:08 - 9:10
    cos que traballan
    en Intelixencia Artificial,
  • 9:10 - 9:14
    e o que me din é que
    canto máis intelixentes son os sistemas,
  • 9:14 - 9:16
    máis facilidade teñen
    para crear conexións.
  • 9:16 - 9:21
    Así que pode que os medios sociais
    do futuro sexan mellores.
  • 9:21 - 9:25
    Pode que nos axuden a establecer
    relacións máis sas e menos destrutivas.
  • 9:26 - 9:30
    Se cadra teremos dispositivos que permitan
    a camaradaría e a serendipidade.
  • 9:30 - 9:32
    Espero que sexa así.
  • 9:32 - 9:37
    Gústame pensar que se chega a existir
    una IA potente de verdade,
  • 9:37 - 9:41
    probablemente os divirtan moito
    os nosos estraños dramas persoais,
  • 9:41 - 9:46
    igual que a vós e a min nos obsesiona
    a telerrealidade tipo "Esposas reais"
  • 9:46 - 9:47
    E, por último, está a medicina.
  • 9:47 - 9:51
    Penso moito sobre como os achados
    en xenética médica
  • 9:51 - 9:55
    poderían mellorar os resultados
    con enfermos de cancro ou demencia,
  • 9:55 - 10:01
    e pode que un día
    cheguemos a cumprir cen anos
  • 10:01 - 10:05
    con dúas ou tres décadas máis
    de vida sa e activa por diante.
  • 10:05 - 10:07
    Se cadra o retrete do futuro
    que mencionei antes
  • 10:07 - 10:10
    mellorará a saúde de moita xente,
  • 10:10 - 10:12
    mesmo dos que viven en zonas do mundo
  • 10:12 - 10:15
    nas que carecen das complicadas redes
    de sumidoiros das que falei.
  • 10:15 - 10:18
    Pero ademais, como persoa transxénero,
  • 10:18 - 10:23
    gústame pensar: e se avanzásemos
    na nosa comprensión do sistema endócrino
  • 10:23 - 10:26
    de modo que mellorasen as opcións
    para as persoas trans,
  • 10:26 - 10:30
    do mesmo xeito que as hormonas
    e a cirurxía ampliaron as opcións
  • 10:30 - 10:31
    da xeración anterior?
  • 10:31 - 10:34
    Para rematar, vin para dicirvos
  • 10:34 - 10:36
    que a xente fala do futuro
  • 10:36 - 10:40
    como se fose ser
    un paraíso tecnolóxico
  • 10:40 - 10:44
    ou unha merda
    de churrascada apocalíptica.
  • 10:44 - 10:45
    (Risas)
  • 10:45 - 10:47
    O certo é que non vai ser
    ningunha desas cousas.
  • 10:48 - 10:50
    Vai estar entre ambas cousas,
    vai ser as dúas, ser todo.
  • 10:51 - 10:52
    O que si sabemos
  • 10:52 - 10:54
    é que o futuro vai ser estrañísimo.
  • 10:55 - 10:58
    Pensade no raro que lle parecería
    este comezo do século XXI
  • 10:58 - 11:01
    a alguén de comezos do XX.
  • 11:01 - 11:05
    É que, veredes, todos caemos
    nunha especie de falacia lóxica
  • 11:05 - 11:08
    cando agardamos que o futuro
    sexa unha extensión do presente.
  • 11:08 - 11:09
    Por exemplo, na década de 1980
  • 11:09 - 11:12
    a xente pensaba que a Unión Soviética
    existiría aínda hoxe.
  • 11:13 - 11:18
    Pero o futuro vai ser moito máis estraño
    do que poderíamos soñar.
  • 11:18 - 11:19
    Podemos intentalo.
  • 11:19 - 11:23
    Xa sei que vai haber cousas
    realmente aterradoras,
  • 11:23 - 11:27
    pero haberá tamén
    cousas admirables e meritorias.
  • 11:27 - 11:31
    E o primeiro paso
    para atopar o xeito de avanzar
  • 11:31 - 11:34
    é deixar voar a imaxinación.
  • 11:35 - 11:36
    Grazas.
  • 11:36 - 11:40
    (Aplausos)
Title:
Atrevédevos a soñar co futuro
Speaker:
Charlie Jane Anders
Description:

"O futuro non se predí; o futuro imaxínase", di a autora de ciencia ficción Charlie Jane Anders. Nunha conferencia que é en parte soño e en parte extrapolación a partir da investigación científica, fainos un percorrido excitante e especulativo polas delicias e os desafíos que nos deparará o futuro, e móstranos como soñar posibilidades estrañas e futuristas confírenos o poder de construír un mañá mellor.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
11:55

Galician subtitles

Revisions