Galician subtítols

← Como salvar unha lingua da extinción

Obtén el codi d'incrustació
51 llengües

Showing Revision 5 created 12/19/2020 by Xusto Rodriguez.

  1. As linguas non morren
    de forma natural.
  2. As linguas maternas abandónanse
    por algún tipo de presión.
  3. Moitas veces, a presión é política.
  4. En 1892, un xeneral do exército dos EEUU,
    Richard Henry Pratt
  5. dixo que matar as culturas indíxenas
  6. era a única alternativa
    a matar as persoas indíxenas.
  7. Dixo: "Maten o indio,
    pero salven o home".
  8. E, ata 1978,
    iso foi o que fixo o Goberno.
  9. Apartaron os nenos indíxenas
    das súas familias
  10. para levalos a internados
    onde lles asignaban nomes ingleses
  11. e os castigaban por falar a súa lingua.
  12. A asimilación era un complemento
    do xenocidio.
  13. Hoxe existen 7.000 linguas no mundo
  14. pero poucas
    son recoñecidas polos seus gobernos
  15. ou están presentes en Internet.
  16. Para moitas persoas
    da maior parte das culturas
  17. a globalización
    segue a ser profundamente alienante.
  18. Supón abandonar a túa lingua
    en beneficio da doutra persoa.
  19. E se nada cambia
  20. poderían desaparecer
    ata 3.000 linguas en 80 anos.
  21. Pero as cousas están cambiando.
  22. Arredor do mundo, os pobos
    están revitalizando linguas ancestrais
  23. e reconstruíndo as súas culturas.
  24. Polo que sabemos,
    a reivindicación de idiomas
  25. comezou no século XIX, cando,
    co auxe do antisemitismo
  26. as comunidades xudías
    usaron a súa lingua ancestral, o hebreo
  27. como método de recuperación cultural.
  28. A pesar de non usarse
    durante máis de 1.000 anos
  29. o hebreo estaba ben conservado
    en libros relixiosos e filosóficos.
  30. Os activistas xudeus
    estudárono e ensináronllelo ós seus fillos
  31. educando os primeiros falantes nativos
    en 100 xeracións.
  32. Hoxe, é a lingua materna
    de 5 millóns de xudeus.
  33. E, polo menos para min
  34. como membro asimilado e falante de inglés
    da diáspora xudía
  35. é un piar de soberanía cultural.
  36. Dous mil anos despois
  37. seguimos aquí.
  38. Ata hai pouco, a recuperación do hebreo
    era unha anomalía.
  39. Hai poucas linguas tan ben conservadas
  40. e a creación de Israel,
    o primeiro estado xudeu en 1.000 anos
  41. proporcionou un espazo
    para o uso diario do hebreo.
  42. Noutras palabras, a maioría das culturas
    non tiveron esa oportunidade.
  43. (Vídeo) Bos días, son Elizabeth
    e vivo en Cornualles.
  44. Isto é córnico,
    a lingua ancestral de Cornualles
  45. que hoxe é tecnicamente
    un condado do sur de Inglaterra.
  46. No século XX, os activistas córnicos
    loitaron pola súa cultura.
  47. A lingua non se usara en máis de 100 anos
  48. pero usaron libros e obras antigas
    para ensinarllo ós nenos.
  49. Pero estes novos falantes
    estaban espallados por Cornualles
  50. e non podían usar a lingua libremente.
  51. Nos 90, o córnico espertara
  52. pero non prosperaba.
  53. A comezos do s. XXI,
    os falantes de córnico coñecéronse en liña
  54. e aproveitaron os espazos dixitais
    para falar a diario.
  55. A partir de aí,
    organizaron eventos periódicos
  56. para reunírense e falaren en público.
  57. Hoxe, algunhas escolas ensinan córnico.
  58. Hai sinais e anuncios de xeado en córnico
  59. artigos na Wikipedia e memes.
  60. (Risas)
  61. (Risas)
  62. Coa lingua intacta outra vez,
    o pobo córnico asegurou
  63. o recoñecemento como nación celta,
    xunto a Irlanda, Escocia e Gales.
  64. Enfrontáronse
    a séculos de asimilación forzada
  65. e dixeron:
    "Non somos un condado de Inglaterra.
  66. Somos un pobo por dereito propio.
  67. E seguimos aquí".
  68. E non son os únicos.
  69. A tribo tunica-biloxi de Luisiana
    está rescatando a súa lingua ancestral.
  70. (Vídeo) Chámome Teyana.
    Os meus amigos chámanme "Tormenta queda".
  71. Empezou nos anos 80.
    Donna Pierite e a súa familia
  72. comezaron a viaxar
    a Baton Rouge e Nova Orleáns
  73. para fotocopiar dicionarios antigos
    gardados en arquivos universitarios.
  74. O obxectivo era estudar o tunica
  75. e ensinárllelo ós nenos
    e compartilo coa comunidade.
  76. Hoxe están conseguindo
    un rexurdimento do tunica.
  77. Desde 2014, hai case 100 falantes
    en clases de inmersión lingüística
  78. e, segundo un censo de 2017
  79. 32 novas persoas
    falan a lingua con fluidez.
  80. Algúns deles,
    como Elisabeth, a filla de Donna
  81. ensínanlles tunica ós seus fillos.
  82. Estes novos falantes crean contido,
    vídeos en Facebook e memes, tamén.
  83. (Risas)
  84. (Risas)
  85. (Risas)
  86. E canto máis publican,
  87. máis inspiran
    a outros tunica a implicarse.
  88. Recentemente,
    un membro da tribo de Texas
  89. preguntoulle a Elisabeth en Facebook
    como se dicía "Benditas estas terras".
  90. Era para un cartel no seu xardín
    que mostrase ós seus veciños
  91. que a súa cultura
    estaba viva e prosperando.
  92. O hebreo, o córnico e o tunica
    son só tres exemplos
  93. dunha vaga de activismo lingüístico
    presente en tódolos continentes.
  94. Xa sexan falantes de jèrriais
    das Illas do Canal
  95. ou falantes de lingua de signos kenyana
    de Nairobi
  96. tódalas comunidades que traballan
  97. por preservar ou recuperar unha lingua
    teñen unha cousa en común:
  98. medios de comunicación
    para compartir e ensinar a lingua.
  99. E co crecemento de internet
  100. que posibilita maior acceso a medios
    e maior creación
  101. a preservación e a recuperación
    de linguas ancestrais
  102. é máis viable que nunca.
  103. Cales son as vosas linguas ancestrais?
  104. As miñas son o hebreo, o yiddish,
    o húngaro e o gaélico escocés
  105. aínda que me criei en inglés.
  106. E, afortunadamente para min,
    estas linguas están dispoñibles en liña.
  107. O hebreo especialmente:
    viña instalado no meu iPhone
  108. está incluído en Google Translate
    e incluso ten autocorrector.
  109. E aínda que a vosa lingua
    non teña un apoio tan amplo
  110. anímovos a investigar,
    porque é probable que alguén nalgún sitio
  111. empezara a subilo á rede.
  112. Reclamar a túa lingua
    e aceptar a túa cultura
  113. é un xeito poderoso de ser ti mesmo
    na era da globalización.
  114. Porque, como hai pouco
    aprendín a dicir en hebreo
  115. "'nḥnw 'dyyn k'n" --
  116. "Seguimos aquí".
  117. Grazas.