Galician subtítols

← Por que debes converterte en activista do clima

Obtén el codi d'incrustació
33 llengües

Showing Revision 20 created 09/24/2019 by Xusto Rodriguez.

  1. Non entraba nos meus plans
    converterme en activista do clima.
  2. Pero as cousas cambiaron,
  3. así que aquí estou diante de vós,
    como activista do clima,
  4. e pídovos que vós tamén
    vos fagades activistas.
  5. Estes son os motivos,
  6. e, o que é máis importante,
    a forma de facelo.
  7. Hai dez anos, cando eu tiña 13,

  8. aprendín o que era o efecto invernadoiro.
  9. Daquela dedicabámoslle
    90 minutos a esta cuestión
  10. e lembro que me irritaba bastante
  11. que algo tan fundamental
  12. se despachase
    nunha única clase de xeografía.
  13. Parte desa irritación quedou aí,
    así que ao rematar a secundaria,
  14. decidín estudar xeografía,
  15. para asegurarme de que non ía descamiñada
    nesta cuestión do cambio climático.
  16. Foi entón cando todo mudou.

  17. Era a primeira vez que miraba os datos,
  18. as evidencias científicas
    que hai trala crise climática,
  19. e non podía crer o que estaba a ler.
  20. Coma moitos de vós,
  21. eu pensaba que o estado do planeta
    non era precisamente bo.
  22. Non tiña nin idea de que iamos
    directos a este desastre autoinflixido
  23. a semellante velocidade.
  24. Foi tamén entón cando entendín
    o distinto que resulta todo
  25. desde unha perspectiva máis ampla.
  26. Tomemos, por exemplo,
    a concentración de CO2 na atmosfera,
  27. o principal causante do quecemento global.
  28. Si, ten mala pinta.
  29. Semella que imos por moi mal camiño.
  30. Pero é cando miramos
    non só os últimos 60 anos
  31. senón os últimos 10.000 anos,
  32. cando entendemos o aterrador que é.
  33. E este é só un dos aspectos da crise
    que estamos a vivir.
  34. Non vou entrar en detalles,
    pero pódovos dicir isto:
  35. chegamos a un punto da nosa historia
  36. no que a forza máis destrutiva do planeta
    é a propia humanidade.
  37. Chegamos a un punto
  38. no que ningún científico nos pode garantir
    que imos sobrevivir a isto.
  39. Chegamos a un punto
  40. no que a humanidade está a crear
    un medio ambiente
  41. que xa non é seguro para os seres humanos.
  42. Si, aí estaba eu,

  43. primeiro ano de xeografía,
  44. e bastante anguriada.
  45. Pero...
  46. non todo eran malas noticias.
  47. Aquel mesmo ano
    no que me decatei de todo isto,
  48. líderes de todo o mundo
    xuntáronse en París
  49. para acordar o obxectivo común de limitar
    o quecemento a menos de dous graos.
  50. As fotos deron a volta ao mundo,
  51. e dixéronme que aquel foi
    un día histórico.
  52. Que alivio, verdade?
  53. Só que...

  54. algo non saíu como se esperaba.
  55. Despois de que se asinase ese acordo,
  56. as cousas seguiron sen mellorar.
  57. De feito, foron a moito peor.
  58. Os dirixentes e as industrias,
    os líderes e os políticos,
  59. volveron ás andadas,
  60. explotando o noso medio de subsistencia
    coma se literalmente non houbese un mañá,
  61. construíndo centrais de carbón
    unha e outra vez,
  62. aínda que sabemos que iso ten que parar,
  63. segundo o Acordo de París.
  64. Así que, aínda que por suposto
    melloran certas cousas

  65. --si, hai instalacións de enerxía solar
    e eólica por todo o planeta --
  66. estes cambios positivos son lentos
    --lentos de máis, de feito.
  67. Dende a sinatura do Acordo de París,
  68. os gráficos sobre o clima seguen
    seguen disparados cara ao cumio,
  69. batendo récords ano tras ano.
  70. Os cinco anos máis calorosos
    rexistrados ata hoxe
  71. foron os últimos cinco
  72. e as emisións globais nunca
    acadaran o nivel actual.
  73. Así que aí estaba eu,

  74. observando e entendendo
    os datos científicos por un lado,
  75. pero sen ver respostas,
    sen ver acción polo outro.
  76. Nese punto, farteime.
  77. Quixen ir eu mesma
    á Conferencia sobre o Clima da ONU,
  78. ese preciso lugar que se creou
    para que a xente se xuntase
  79. para amañar o clima
  80. --só que polo visto non o fan.
  81. Iso foi o ano pasado.
  82. Viaxei á Conferencia sobre o Clima
    para saber
  83. como é realmente, de que vai.
  84. Aos realistas políticos
    pode que non os sorprenda,
  85. pero eu atopeino difícil de aturar:
  86. que as industrias dos combustibles fósiles
    e os líderes políticos
  87. están a facer absolutamente todo o posible
    para que non se produzan cambios reais.
  88. Non teñen o menor interese en fixar
    obxectivos abondo ambiciosos
  89. que fagan viable o máximo
    de dous graos de aumento.
  90. Despois de todo, son os únicos
    que se benefician da crise climática, non?
  91. A industria dos combustibles fósiles
    dá beneficios
  92. e os líderes políticos, en fin,
    eles pensan nas seguintes eleccións,
  93. no que lles dá popularidade,
  94. e supoño que non é precisamente
    facer preguntas incómodas.
  95. Non teñen intención
    de cambiar as regras de xogo.
  96. Non hai ningún país no mundo
    no que as empresas ou os poderes políticos
  97. sufran sancións se destrúen o clima.
  98. Malia a estrañeza e a tristura
    que me provocou a conferencia,

  99. houbo alguén diferente,
  100. alguén que parecía bastante preocupada.
  101. Esa persoa era Greta Thunberg.
  102. Nese momento decidín
    que todo o demais era inútil
  103. e carecía de sentido,
  104. e uninme á súa folga do clima
    na propia conferencia.
  105. Era a miña primeira folga do clima
  106. e o contexto era incriblemente estraño,
  107. as dúas alí soas sentadas
    naquela sala de conferencias,
  108. rodeadas de xente ben traxada
  109. que non tiña nin idea
    de que facer con nós.
  110. E, con todo, isto semellaba
    moito máis potente
  111. do que esperara en moito tempo.
  112. E entón sentín que se cadra
    chegara o momento
  113. de comezar a folga en Alemaña.
  114. Agora estaba segura de que ninguén
    ía amañar isto por nós,
  115. e se había unha mínima esperanza
    de que isto tivese impacto,
  116. parecería unha idiotez non intentalo.
  117. Así que --
  118. (Aplausos)

  119. Así que volvín para Berlín.

  120. Atopei aliados que tiveran
    a mesma idea ao mesmo tempo,
  121. e xuntos decidimos intentar
    isto dos "Venres polo futuro".
  122. É evidente que non tiñamos nin idea
    de onde nos metíamos.
  123. Con anterioridade á primeira folga,
    moitos de nós, eu incluída,
  124. nunca antes organizaramos manifestacións
    ou protestas de ningún tipo.
  125. Non tiñamos cartos nin recursos
  126. nin a menor idea do que implica
    poñerse en folga polo clima.
  127. Así que comezamos facendo
    o que se nos daba mellor:
  128. comezamos a enviar mensaxes de texto,
  129. mensaxes en masa, día e noite,
    a todos os que podiamos,
  130. e organizamos a nosa primeira folga
    polo clima por Whatsapp.
  131. A noite antes da nosa primeira folga,
    estaba tan nerviosa que non durmín.

  132. Non sabía que podía esperar,
    pero esperaba o peor.
  133. Se cadra foi porque non eramos os únicos
  134. que devecían por ter voz
    nun contexto político
  135. que parecera esquecer como incluír
    a perspectiva da xente nova
  136. na toma de decisións; pode que fose iso.
  137. O caso é que, dalgún xeito, funcionou.
  138. E dun día para outro,
  139. estabamos por todas partes.
  140. E dun día para outro,
  141. convertínme en activista do clima.
  142. Normalmente,

  143. nestas charlas TED,
  144. agora diría que é demasiado optimista,
  145. que a xente nova vai resolver isto,
  146. que imos salvar o futuro e o planeta
    e todo iso,
  147. que os rapaces que nos manifestamos
    polo clima
  148. imos amañar isto.
  149. Normalmente.
  150. Pero non é así como funciona.
  151. Non é así como funciona esta crise.
  152. Hai algo co que non contabamos:
  153. hoxe, tres anos e medio despois
    de que se asinase o Acordo de París,
  154. cando miramos os datos científicos,
  155. vemos que aínda é posible
    manter o quecemento global
  156. por debaixo de dous graos --
  157. tecnicamente.
  158. E tamén vemos que aínda é posible
    deter outros procesos desastrosos,
  159. como a extinción masiva de especies
    ou a degradación do solo --
  160. si, tecnicamente.
  161. É extremadamente improbable.
  162. E de calquera xeito,

  163. terian que producirse no mundo cambios
  164. que nunca antes experimentamos.
  165. Teríamos que descarbonizar por completo
    as nosas economías antes do 2050
  166. e transformar o reparto de poderes
  167. que hoxe lles permite aos xigantes
    dos combustibles fósiles e aos políticos
  168. manter o control das regras.
  169. Falamos nada menos
    que da maior transformación
  170. dende a Revolución Industrial.
  171. Falamos, por así dicilo,
  172. dunha revolución climática
  173. nun período de tempo mínimo.
  174. Non poderiamos perder nin un só ano máis.
  175. E, en calquera caso,
    para que algo diso puidese acontecer,

  176. o mundo ten que deixar de depender
  177. de un ou dous ou tres millóns de escolares
    en folga para resolver isto.
  178. Si, somos estupendos, imos seguir adiante
  179. e imos chegar a sitios nos que ninguén
    nos esperou ver ata agora, si.
  180. Pero non somos o tope;
  181. somos o comezo.
  182. Esta non é unha tarefa
    para unha soa xeración.
  183. É unha tarefa para a humanidade.
  184. Neste momento todas as miradas
    se centran en vós.
  185. Para que este cambio ocorra,
  186. teremos que resolver un millón de cousas.
  187. Ao fin e ao cabo, é algo
    incriblemente complexo.
  188. Pero...
  189. hai algunhas cousas polas que todos
    e cada un podemos comezar.
  190. As malas novas primeiro: se pensabades
    que ía dicirvos que usedes máis a bici,

  191. comades menos carne, usedes menos o avión,
    ou merquedes de segunda man,
  192. síntoo; non é tan sinxelo.
  193. Pero aquí veñen as boas novas:
  194. Sodes máis ca simples consumidores,
  195. aínda que á industria lle gustaría
    que vos limitásedes a ser só iso.
  196. Non, vós e máis eu
    somos todos seres políticos,
  197. e podemos ser todos parte desta resposta.
  198. Todos podemos ser algo que moitos chaman
    activistas do clima.
  199. Hurra?
  200. (Risas)

  201. Cales son os primeiros pasos?

  202. Hai catro primeiros pasos esenciais
    para lograr facer todo o demais,
  203. catro primeiros pasos
    polos que todo o mundo pode comezar,
  204. catro primeiros pasos decisivos
    para todo o que pode vir despois.
  205. Cales son logo?

  206. En primeiro lugar:

  207. Temos que revisar completamente
    o noso concepto de activista do clima,
  208. o xeito de vermos a persoa
    que pode ser a resposta a isto.
  209. Un activista do clima non é alguén
    que leu ata o último estudo
  210. e pasa as tardes repartindo folletos
    sobre vexetarianismo
  211. polos centros comerciais.
  212. Non.
  213. Activista do clima pode ser calquera,
  214. calquera disposto a unirse a un movemento
    dos que queren chegar a vellos
  215. nun planeta que prioriza a protección
    dos espazos naturais
  216. e a felicidade e a saúde da maioría
  217. por riba da destrución do clima
    e a devastación do planeta
  218. para beneficio duns poucos.
  219. E dado que a crise do clima afecta
    a tódolos aspectos da nosa vida
  220. social, política e privada,
  221. fan falla activistas do clima
    en cada recuncho,
  222. non só en cada sala,
  223. senón tamén en cada cidade, país,
    estado e continente.
  224. En segundo lugar:

  225. Necesito que saiades
    desa zona de comodidade,
  226. que vos afastedes dunha normalidade
    na que non hai mañá.
  227. Todos e cada un de vós
    sodes un amigo, un parente,
  228. un traballador, un colega,
    un estudante, un profesor
  229. ou, en moitos casos, un votante.
  230. Todo iso implica unha responsabilidade
  231. que esta crise esixe
    que asumades con madurez.
  232. Está a empresa que vos dá traballo
  233. ou vos patrocina.
  234. Vai na dirección correcta
    para cumprir o Acordo de París?
  235. Os representantes políticos locais
    saben que che importa isto,
  236. que queres que sexa prioritario
    en cada elección?
  237. O teu mellor amigo sabe algo disto?
  238. Les un periódico ou escribes
    nun periódico? Xenial.
  239. Entón que saiban que queres información
    sobre isto en tódalas edicións,
  240. e que cuestionen os responsables políticos
    en cada entrevista.
  241. Se es cantante, canta sobre isto.
    Se es profesor, ensina sobre isto.
  242. E se tes conta nun banco,
    dilles que vas marchar
  243. se seguen a investir
    en combustibles fósiles.
  244. E, por suposto, os venres
    todos deberiades saber que facer.
  245. En terceiro lugar:

  246. Saír da zona de comodidade funciona
    mellor cando unimos forzas.
  247. Que unha persoa pida un cambio incómodo
  248. é, sobre todo, incómodo.
  249. Cando dúas, cinco, dez, cen persoas
    piden un cambio incómodo
  250. son difíciles de ignorar.
  251. Cantos máis sexades, máis difícil
    lles vai resultar xustificar
  252. un sistema que carece de futuro.
  253. O poder non é algo
    que se ten ou non se ten.
  254. O poder é algo que ou tomas ti
    ou llo deixas a outros,
  255. e medra cando o compartes.
  256. Os rapaces que saímos á rúa,
    que facemos folga estudantil
  257. demostramos como pode funcionar.
  258. Un só escolar en folga será sempre
    un só escolar en folga --
  259. ou Greta Thunberg.
  260. Dous, cinco, dez, mil escolares
    en folga son un movemento,
  261. e iso é o que precisamos
    en todas partes.
  262. Non quero meter presión.
  263. (Risas)

  264. E, por último, en cuarto lugar --

  265. probablemente o aspecto
    máis importante de todos --
  266. Necesito que comecedes
    a tomarvos máis en serio a vós mesmos.
  267. Se algo aprendín
  268. nos sete meses de organización
    da acción climática,
  269. é que se ti non vas por algo,
  270. hai moitas probabilidades
    de que ninguén máis o faga.
  271. As institucións máis poderosas deste mundo
  272. non teñen intención de cambiar
    as regras de xogo que máis os benefician,
  273. así que non ten sentido
    seguir confiando neles.
  274. Mete medo, seino.
  275. É unha responsabilidade enorme e
    unha carga enorme sobre os ombros, si.
  276. Pero tamén significa que,
  277. se queremos,
  278. podemos ter voz nisto.
  279. Podemos ser parte dese cambio.
    Podemos ser parte desa resposta.
  280. E iso é bastante fermoso, non si?
  281. Intentémolo, movámonos,

  282. enchamos o mundo
    de activistas do clima.
  283. Saiamos das zonas de comodidade
  284. e unamos forzas e comecemos
    a tomarnos máis en serio.
  285. Imaxinade como sería este mundo
  286. no que os nenos medrarían
  287. sabendo que o seu futuro
    é esta grande ansiada aventura
  288. e non algo que mete medo,
  289. como sería este mundo
    se a próxima convención sobre o clima
  290. fose un gran encontro de persoas
  291. que escoitaron as voces de millóns
  292. e se arremangaron dispostos
    a crear un auténtico cambio.
  293. Sabedes?

  294. Eu soño con ese mundo
  295. no que nas clases de xeografía
    ensinan que a crise climática
  296. foi ese gran desafío
  297. que superaron persoas coma vós e coma min,
  298. que comezaron a actuar a tempo
  299. porque entenderon
    que non tiñan nada que perder
  300. e todo que gañar.
  301. Así que por que non intentalo?

  302. Ninguén máis vai salvar o futuro por nós.
  303. É máis ca unha invitación.
    Correde a voz.
  304. Grazas.

  305. (Aplausos)