Return to Video

Como a realidade virtual converte a estudantes en científicos

  • 0:01 - 0:02
    Como descubriron vostedes a súa paixón
  • 0:02 - 0:04
    ou a súa vocación?
  • 0:04 - 0:05
    Estiveron expostos a ela?
  • 0:05 - 0:07
    Ou foi ensaio e erro?
  • 0:07 - 0:11
    Como dixo a avogada de dereitos
    da infancia Marian Wright Edelman:
  • 0:11 - 0:13
    "Non podes ser o que non podes ver".
  • 0:14 - 0:16
    Afortunadamente, vivimos nun momento
  • 0:16 - 0:20
    no que as novas tecnoloxías
    nos poden axudar a resolver ese problema.
  • 0:20 - 0:21
    Os últimos dous anos,
  • 0:21 - 0:24
    estiven a desenvolver
    un programa de realidade estendida
  • 0:24 - 0:28
    que lle permite ao estudantado
    de secundaria de todo o país
  • 0:28 - 0:30
    desempeñar o papel dun biólogo mariño,
  • 0:30 - 0:33
    incluso se nunca viron o océano.
  • 0:33 - 0:37
    Como dixo un alumno de 7º
    que completou o noso programa:
  • 0:37 - 0:39
    "Puiden verme como científico,
  • 0:39 - 0:41
    porque me gustou este xogo".
  • 0:42 - 0:44
    Esa reacción emocionoume porque
  • 0:44 - 0:47
    moi poucos estudantes se ven
    a si mesmos como científicos.
  • 0:48 - 0:52
    Un estudo de 2014 mostrou
    que o 57 % do alumnado
  • 0:52 - 0:54
    de 8º e 9º [2º e 3º da ESO]
  • 0:54 - 0:56
    dicían: "A ciencia non é para min".
  • 0:56 - 0:59
    Casualmente, tamén en 2014
  • 0:59 - 1:02
    coñecín a Mandë Holford,
    unha bioquímica mariña
  • 1:02 - 1:04
    e a Lindsay Portnoy,
    unha psicóloga educativa.
  • 1:05 - 1:07
    Nolas tres compartiamos a paixón
  • 1:07 - 1:11
    por entusiasmar e acostumar
    os estudantes á ciencia.
  • 1:11 - 1:13
    Pensabamos como podiamos darlles aos nenos
  • 1:13 - 1:16
    a experiencia máis realista
    dunha carreira científica.
  • 1:17 - 1:18
    Analizamos a investigación:
  • 1:18 - 1:23
    mostraba que os alumnos se sentían cómodos
    asumindo riscos ao xogar a videoxogos.
  • 1:23 - 1:27
    De maneira que as tres creamos
    unha empresa de xogos educativos
  • 1:27 - 1:29
    para darlle vida á ciencia.
  • 1:29 - 1:34
    A realidade virtual parecía unha maneira
    económica de incrementar o acceso.
  • 1:34 - 1:36
    Ademais, investigacións
    académicas demostran que
  • 1:36 - 1:40
    a realidade virtual pode axudar
    a mellorar a retención na aprendizaxe.
  • 1:40 - 1:43
    Era perfecto, xa que
    queriamos chegar a colexios
  • 1:43 - 1:46
    e ao maior número
    de alumnado posíbel,
  • 1:46 - 1:49
    en particular, a aqueles
    con menos representación na ciencia.
  • 1:50 - 1:53
    Así, coa axuda da Fundación
    Nacional para a Ciencia,
  • 1:53 - 1:55
    comezamos a traballar
    no programa de realidade estendida
  • 1:55 - 1:57
    que combinaba realidade virtual
  • 1:57 - 2:00
    e diarios dixitais personalizados.
  • 2:00 - 2:02
    Traballamos con profesores
  • 2:02 - 2:06
    para asegurármonos de que o programa se
    axustase perfectamente ao plan de estudos
  • 2:06 - 2:10
    e capacitamos aos profesores para usar
    tecnoloxía punteira nas súas aulas.
  • 2:11 - 2:13
    Deseñamos a realidade virtual
    para Google Cardboard,
  • 2:13 - 2:15
    o que require só un móbil intelixente
  • 2:15 - 2:19
    e un visor de realidade virtual
    de cartón de 10 dólares.
  • 2:20 - 2:22
    Con este barato aparello,
  • 2:22 - 2:25
    o alumnado pode transportarse a
    unha expedición subacuática.
  • 2:25 - 2:27
    Os estudantes usan o diario dixital
  • 2:27 - 2:29
    para escribir as súas notas,
  • 2:29 - 2:30
    responder preguntas,
  • 2:30 - 2:32
    construír modelos
  • 2:32 - 2:33
    e desenvolver hipóteses.
  • 2:34 - 2:37
    Acuden entón ao mundo virtual
    para probar as hipóteses
  • 2:37 - 2:39
    e comprobar se son certas,
  • 2:39 - 2:41
    igual que os científicos
  • 2:41 - 2:43
    cos seus traballos de campo.
  • 2:43 - 2:45
    Cando volven ós diarios dixitais,
  • 2:45 - 2:48
    comparten as súas observacións,
    afirmacións,
  • 2:48 - 2:50
    razoamentos e probas.
  • 2:50 - 2:54
    As respostas que dan
    e a interacción virtual
  • 2:54 - 2:56
    son actualizadas en tempo real
  • 2:56 - 2:58
    nun panel de avaliación do educador,
  • 2:58 - 3:01
    para que este poida seguir
    o progreso dos alumnos
  • 3:01 - 3:03
    e axudalos cando o precisen.
  • 3:03 - 3:07
    Para que o entendan mellor
    ensinareilles o que ven os alumnos.
  • 3:08 - 3:11
    Isto é a realidade virtual
    cando están baixo a auga
  • 3:11 - 3:13
    observando a flora e a fauna.
  • 3:15 - 3:17
    Este é o diario dixital
    onde constrúen os modelos
  • 3:17 - 3:20
    baseados en datos abióticos para
    mostrar o que eles esperan ver.
  • 3:22 - 3:24
    Aquí, apóianos con informes cualitativos.
  • 3:24 - 3:27
    E este é o taboleiro do educador
  • 3:27 - 3:31
    que mostra o progreso
    e as respostas dos alumnos en tempo real.
  • 3:33 - 3:35
    Cando estabamos creando BioDive,
  • 3:35 - 3:37
    queriamos centrarnos na accesibilidade,
  • 3:37 - 3:41
    así que deseñámolo para que
    cun só teléfono traballasen 4 estudantes.
  • 3:41 - 3:45
    Sabiamos tamén como é
    o traballo colaborativo en ciencia,
  • 3:45 - 3:48
    por iso, creamos a experiencia
    para que só puidera resolverse
  • 3:48 - 3:50
    mediante traballo en equipo,
  • 3:50 - 3:53
    pois cada estudante é experto
    nunha área xeográfica diferente.
  • 3:54 - 3:57
    Como o cerebro dos nenos
    aínda se está desenvolvendo,
  • 3:57 - 4:01
    limitamos cada experiencia
    a un máximo de 2 minutos.
  • 4:01 - 4:05
    E finalmente, como coñecemos
    a importancia da exposición continua
  • 4:05 - 4:07
    para asimilar coñecementos,
  • 4:07 - 4:11
    construímos BioDive para que
    tivese unha duración de 5 sesións.
  • 4:12 - 4:15
    Comezamos a probar BioDive no 2017
  • 4:15 - 4:18
    en 20 colexios de Nova York e Nova Jersey.
  • 4:18 - 4:21
    Queriamos ver como o alumnado
    usaba esta nova tecnoloxía.
  • 4:22 - 4:24
    Hoxe, no 2019,
  • 4:24 - 4:27
    estamos a facer probas en 26 estados.
  • 4:28 - 4:31
    Os profesores que ensinaron
    o noso programa declararon:
  • 4:31 - 4:35
    "Foi unha linda forma de mostrar
    a dinámica dos oceános sen ter que ir alí
  • 4:35 - 4:36
    xa que estamos en Ohio".
  • 4:36 - 4:37
    (Risas)
  • 4:37 - 4:39
    "É incrible".
  • 4:39 - 4:41
    "Os estudantes estaban
    totalmente comprometidos".
  • 4:41 - 4:45
    Pero o que de verdade nos dá esperanza
    é o que nos dixo o alumnado.
  • 4:45 - 4:47
    "Gustoume a sensación de estar alí".
  • 4:47 - 4:50
    "É interactivo
    e unha maneira divertida de aprender".
  • 4:50 - 4:54
    "Deume exemplos moi realistas
    de como se ven os organismos".
  • 4:54 - 4:58
    "Púidenme ver como científica
    porque parece moi divertido".
  • 4:59 - 5:02
    Non tivemos sempre
    comentarios tan positivos.
  • 5:02 - 5:04
    Cando construïamos o programa,
  • 5:04 - 5:07
    comezamos a preguntarlles
    aos estudantes o que lles gustaba,
  • 5:07 - 5:09
    o que non e o que atopaban confuso.
  • 5:10 - 5:14
    Ao final, comezamos a preguntar
    o que eles desexaban poder facer.
  • 5:14 - 5:18
    A súa resposta deunos
    ideas precisas para seguir
  • 5:18 - 5:21
    asegurándonos de contar
    coas súas opinións no deseño.
  • 5:22 - 5:27
    En xeral, aprendemos que este
    é o comezo dunha nova plataforma
  • 5:27 - 5:30
    para darlle voz e voto ao estudantado.
  • 5:30 - 5:33
    á hora de decidir que impacto
    queren para as súas carreiras.
  • 5:34 - 5:35
    Centrámonos na ciencia,
  • 5:35 - 5:40
    porque precisamos que os científicos
    nos axuden cos desafíos actuais e futuros.
  • 5:41 - 5:45
    Pero a realidade virtual pode
    axudarlles aos alumnos en calquera área.
  • 5:45 - 5:49
    Como podemos axudarlles aos alumnos
    a explorar os seus desexos
  • 5:49 - 5:53
    con estas experiencias esclarecedoras
    e oportunidades de aprendizaxe directa?
  • 5:53 - 5:58
    Poderiamos crear cascos
    baratos de realidade virtual
  • 5:58 - 6:01
    que lles permitan somerxerse
    en literatura oral
  • 6:01 - 6:03
    ou en momentos cruciais
    da historia da humanidade?
  • 6:04 - 6:08
    A realidade estendida ten o potencial
    para cambiar a traxectoria
  • 6:08 - 6:09
    da vida dos nosos pequenos
  • 6:09 - 6:12
    e orientalos cara a profesións
    que nunca imaxinarían,
  • 6:12 - 6:16
    dándolles a oportunidade
    de ver o que poden chegar a ser.
  • 6:16 - 6:17
    Grazas.
  • 6:17 - 6:20
    (Aplausos)
Title:
Como a realidade virtual converte a estudantes en científicos
Speaker:
Jessica Ochoa Hendrix
Description:

A través dunha realidade virtual de baixo custo, a activista da educación Jessica Ochoa Hendrix axuda a dar vida á ciencia en colexios de todo Estados Unidos. Nesta charla, explica como a experiencia de realidade virtual que desenvolveu invita aos estudantes a explorar ecosistemas subacuáticos coma se fosen biólogos mariños e a imaxinarse noutras profesións que, doutra maneira, non imaxinarían exercer.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
06:34

Galician subtitles

Revisions