YouTube

Teniu un compte YouTube?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtítols

← Que pode dicir o teu alento da túa saúde

Obtén el codi d'incrustació
27 llengües

Showing Revision 29 created 06/26/2019 by Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela.

  1. Teño tendencia a asumir o peor,

  2. e de cando en vez,
    este costume xógame malas pasadas.
  3. Por exemplo, se sinto unha dor
    inesperada no corpo
  4. que nunca antes sentira
    e que non sei a que atribuír,
  5. de súpeto a miña mente pode
    pensar que é unha cardiopatía
  6. ou que unha dor no papo da perna
    é unha trombose venosa.
  7. Pero ata agora, non me diagnosticaron
    ningunha doenza fatal ou incurable.
  8. Ás veces, temos dores sen razón aparente.
  9. Pero non todo o mundo ten
    tanta sorte coma min.
  10. Cada ano, máis de 50 millóns de persoas
    morren no mundo.
  11. Especialmente en economías
    con altos ingresos como a nosa,
  12. un gran número das mortes están causadas
    por enfermidades de evolución lenta:
  13. cardiopatía, enfermidade pulmonar crónica,
    cancro, alzhéimer, diabetes,
  14. por nomear algunhas.
  15. A humanidade fixo progresos enormes
    diagnosticando e tratando moitas delas.
  16. Mais estamos nun momento
    no que non se pode avanzar máis en saúde
  17. soamente desenvolvendo tratamentos novos.
  18. E isto é evidente cando vemos un aspecto
  19. que moitas destas enfermidades
    teñen en común:
  20. a probabilidade dun tratamento exitoso
  21. depende fortemente de cando se empeza.
  22. Pero unha enfermidade normalmente só
    se detecta cando hai síntomas.
  23. O problema é que hai enfermidades
    que, de feito, poden ser asintomáticas,
  24. e por tanto imperceptibles,
    durante moito tempo.
  25. Por isto, hai unha persistente necesidade
    de novos métodos
  26. de detección nos primeiros estadios,
  27. antes de que empecen os síntomas.
  28. Na asistencia sanitaria
    chámaselle rastrexo,
  29. que, segundo a definición
    da Organización Mundial da Saúde,
  30. é "a presunta identificación
    dunha enfermidade non recoñecida
  31. nunha persoa aparentemente sa,
  32. mediante probas... que se poden facer
    rápida e sinxelamente..."
  33. É unha definición longa,
    así que a vou repetir:
  34. Identificación dunha enfermidade
    non recoñecida
  35. nunha persoa aparentemente sa
  36. mediante probas que se poden facer
    rápida e sinxelamente.
  37. E quero pór especial énfase
    nas palabras "rápida e sinxelamente"
  38. porque moitos dos métodos que existen
  39. son exactamente o contrario.
  40. E aqueles de vós que pasarades
    por unha colonoscopia
  41. como parte dun rastrexo
    de cancro colorrectal
  42. saberedes o que quero dicir.
  43. Obviamente, hai unha gran variedade
    de ferramentas dispoñibles
  44. para levar a cabo as probas.
  45. Isto vai dende técnicas de escaneamento
    como a radiografía
  46. ou a resonancia magnética
  47. ata análises de sangue ou tecidos.
  48. Todos fixemos esas probas.
  49. Pero hai un medio que pasamos por alto
    durante moito tempo:
  50. un medio de fácil acceso,
  51. basicamente inesgotable,
  52. e que alberga grandes expectativas
    nas análises médicas.
  53. e é o noso alento.
  54. O alento humano está constituído
    esencialmente por cinco compoñentes:
  55. nitróxeno, oxíxeno,
    dióxido de carbono, auga e argon.
  56. Pero ademais destes cinco, hai centos
    doutros compoñentes
  57. presentes en moi pequenas cantidades.
  58. Chámanse compostos orgánicos volátiles,
  59. e soltamos centos, incluso miles,
  60. cada vez que exhalamos.
  61. A análise destes compostos
    orgánicos volátiles no noso alento
  62. chámase análise do alento.
  63. De feito, creo que moitos de vós
    xa experimentastes a análise do alento.
  64. Imaxinade: estades indo
    para casa de madrugada,
  65. cando de súpeto,
    aparece un amable policía
  66. que vos pide cordialmente
    pero con firmeza
  67. que estacionedes na beiravía
    e sopredes por un aparato coma este.
  68. Isto é un alcoholímetro
  69. que se usa para medir
    a concentración de etanol no alento
  70. e determinar se conducir
    nesas condicións é unha boa idea.
  71. Eu digo que conduciría bastante ben,
  72. pero deixádeme comprobar.
  73. (bip)
  74. 0,0, así que nada do que preocuparse,
    todo ben.
  75. (Risas)
  76. Agora imaxinade un aparato coma este,
  77. que non só mide os niveis de alcohol
    no voso alento,
  78. senón que detecta enfermidades
    como as que citei antes
  79. e potencialmente outras máis.
  80. O concepto de correlacionar
    o cheiro do alento dunha persoa
  81. con certos problemas médicos,
  82. de feito, remóntase á Grecia antiga.
  83. Pero as investigacións sobre a análise
    do alento só se dispararon recentemente,
  84. e o que unha vez fora un soño
    estase a converter nunha realidade.
  85. E permitídeme que volva sacar
    esta lista que vos ensinei antes.
  86. Para a maioría das enfermidades
    aquí enumeradas,
  87. hai abundantes probas científicas
  88. que suxiren que a enfermidade podería
    detectarse cunha análise de alento.
  89. Pero como funciona exactamente?
  90. A parte esencial é un sensor
  91. que detecta os compostos orgánicos
    volátiles no noso alento.
  92. É dicir: cando está exposto
    a unha mostra de alento,
  93. o sensor produce unha marca complexa
  94. que resulta da mestura de compostos
    orgánicos volátiles que exhalamos.
  95. Esta marca representa
    unha pegada do teu metabolismo,
  96. o teu microbioma
  97. e os procesos bioquímicos
    que ocorren no teu corpo.
  98. Se tes unha enfermidade,
  99. o teu organismo cambiará,
  100. e tamén o fará a composición
    do teu aire exhalado.
  101. E logo o último que queda por facer
    é correlacionar tal marca
  102. coa presenza ou ausencia
    de certos problemas médicos.
  103. A tecnoloxía promete
    varios beneficios innegables.
  104. En primeiro lugar, o sensor
    pode facerse en miniatura
  105. e integrarse en aparatos
    pequenos e portátiles
  106. como este alcoholímetro.
  107. Isto permitiría usar a proba
    en moitas situacións diferentes
  108. e incluso na casa,
  109. para que ir ao médico
  110. non sexa necesario cada vez
    que haxa que facer unha proba.
  111. En segundo lugar, a análise do alento
    non é invasiva
  112. e resulta tan sinxela
    coma soprar nun alcoholímetro.
  113. Esta simpleza e comodidade
    reduciría a carga para o paciente
  114. e achegaría un incentivo
    para adoptar a tecnoloxía de forma xeral.
  115. E en terceiro lugar,
    a tecnoloxía é tan flexible
  116. que o mesmo aparato pode empregarse
  117. para detectar un gran número
    de problemas de saúde.
  118. A análise do alento poderíase usar
    para detectar moitas enfermidades á vez.
  119. Hoxe en día, cada enfermidade require
    un instrumento médico diferente
  120. para realizar un exame.
  121. Pero isto significa que só podes atopar
    o que estás a buscar.
  122. Con todas estas prestacións,
    a análise do alento está destinada
  123. a ofrecer o que lles falta
    a moitas probas tradicionais.
  124. E o máis importante,
  125. todas estas prestacións
    deberían proporcionar co tempo
  126. unha plataforma para análises médicas
  127. que poida operar
    a un atractivo baixo custo por proba.
  128. Pola contra,
    os instrumentos médicos existentes
  129. adoitan implicar grandes custos por proba.
  130. Entón, con fin de manter os custos baixos,
  131. o número de probas
    ten que estar restrinxido,
  132. e iso supón que
    a) as probas só se poden realizar
  133. nunha parte reducida da poboación,
    por exemplo, na de alto risco;
  134. e b) o número de probas por persoa
    tense que manter reducido ao mínimo.
  135. Mais non sería beneficioso
  136. realizar a proba en grupos
    máis grandes de xente,
  137. con máis frecuencia e durante un período
    maior para cada individuo?
  138. Especialmente o último daría acceso
    a algo moi valioso
  139. chamado datos lonxitudinais.
  140. Os datos lonxitudinais son un conxunto
    de datos que monitorizan o mesmo paciente
  141. ó longo de moitos meses ou anos.
  142. Actualmente, as decisións médicas adoitan
    basearse nun conxunto limitado de datos,
  143. onde só hai dispoñible unha ollada
    ó historial médico dun paciente
  144. para a toma de decisións.
  145. Neste caso,
  146. as anomalías detéctanse normalmente
  147. comparando o perfil sanitario dun paciente
  148. co perfil sanitario medio
    dunha poboación de referencia.
  149. Os datos lonxitudinais abrirían
    unha nova dimensión
  150. e permitirían detectar anomalías
  151. baseándose no propio historial médico
    dun paciente.
  152. Isto abrirá o camiño
    para un tratamento personalizado.
  153. Soa bastante ben, non?
  154. Agora teredes unha pregunta
    que será máis ou menos así:
  155. "Se a tecnoloxía é tan boa como di,
    por que non se utiliza na actualidade?"
  156. E a única resposta que vos podo dar é:
  157. non todo é tan fácil como soa.
  158. Hai desafíos técnicos, por exemplo.
  159. Está a necesidade de sensores
    extremadamente fiables
  160. que poidan detectar mesturas
    de compostos orgánicos volátiles
  161. coa suficiente reproducibilidade.
  162. E outro desafío técnico é este:
  163. Como tomar mostras do alento de alguén
    de xeito tan definido
  164. para que o propio proceso de mostraxe
  165. non altere o resultado da análise?
  166. E está a necesidade de información.
  167. A análise do alento precisa ser validada
    en ensaios clínicos,
  168. e hai que recoller suficientes datos
  169. para que as condicións individuais
    poidan medirse con respecto ós estándares.
  170. A análise do alento só pode funcionar
  171. se se pode xerar un gran conxunto de datos
  172. e facelo accesible ao uso xeral.
  173. Se a análise do alento
    cumpre as expectativas,
  174. é unha tecnoloxía que de verdade
    nos podería axudar
  175. a transformar o noso sistema sanitario;
  176. transformalo dun sistema reactivo
  177. no que o tratamento o poñen en marcha
    os síntomas de enfermidade
  178. a un sistema proactivo,
  179. no que a detección de enfermidades,
    o diagnóstico e o tratamento
  180. poden ocorrer nun estadio inicial,
  181. moito antes de que se dean os síntomas.
  182. Isto lévame ó último punto,
    e é un fundamental.
  183. Que é exactamente unha enfermidade?
  184. Imaxinade que a análise do alento
    poida ser comercializada como digo,
  185. e a detección anticipada fose rutineira.
  186. O problema que queda é, de feito,
    un problema
  187. ó que debe enfrontarse
    calquera medida de prevención
  188. porque, para moitas enfermidades,
  189. é á miúdo imposible predicir
    con suficiente seguridade
  190. se unha enfermidade chegaría
    a causar síntomas
  191. ou poñer a vida dunha persoa en perigo.
  192. Isto é o sobrediagnóstico,
  193. e leva a un dilema.
  194. Se se identifica unha enfermidade,
  195. poderías elixir non tratala
  196. porque hai una probabilidade
    de que nunca a vaias sufrir.
  197. Pero canto sufrirías
  198. soamente sabendo que tes unha enfermidade
    potencialmente mortal?
  199. E non te arrepentirías
    de que se detectase a enfermidade
  200. en primeiro lugar?
  201. A segunda opción é someterse
    a un tratamento anticipado
  202. coa esperanza de curala.
  203. Mais normalmente isto provocaría
    efectos secundarios.
  204. Para ser precisos:
  205. o maior problema non é o sobrediagnóstico,
  206. é o sobretratamento,
  207. porque non todas as enfermidades
    teñen que tratarse ao momento
  208. só porque haxa un tratamento dispoñible.
  209. A crecente adopción
    de exames rutineiros
  210. implicará a cuestión:
  211. a que chamamos “enfermidade”,
    que pode xustificar o seu tratamento,
  212. e que é unha “anomalía” que non debería
    ser motivo de preocupación?
  213. Teño a esperanza de que as probas
    rutineiras usando a análise do alento
  214. acheguen suficientes datos
    e mellor comprensión
  215. para que nalgún momento,
    poidamos romper este dilema
  216. e predicir con suficiente seguridade
  217. se tratar e cando nun estadio inicial.
  218. O noso alento e a mestura de compostos
    orgánicos volátiles que exhalamos
  219. conteñen gran cantidade de información
    sobre a nosa condición fisiolóxica.
  220. Co que sabemos hoxe,
    só rozamos a superficie.
  221. Canta máis información e perfís de alento
    recollamos en toda a poboación,
  222. incluíndo todo tipo de xénero, idade,
    orixe e estilo de vida,
  223. maior será o poder da análise do alento.
  224. E, co tempo, esta podería proporcionar
    unha potente ferramenta
  225. non só para detectar proactivamente
    enfermidades específicas
  226. senón tamén para predicilas
    e finalmente previlas.
  227. E esta debería ser motivación suficiente
  228. para aproveitar as oportunidades e
    desafíos
  229. que pode presentar a análise do alento,
  230. incluso para a xente que non é
    hipocondríaca a media xornada coma min.
  231. Grazas.
  232. (Aplausos)