YouTube

Teniu un compte YouTube?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtítols

← Expedition Reef: Entre bastidores

Obtén el codi d'incrustació
19 llengües

Showing Revision 5 created 03/13/2018 by Carlota Vega.

  1. Crear unha escena coma esta
    é un gran reto.
  2. Hai moitas persoas implicadas.
  3. Tívose que investigar moito.
  4. Ó principio, non tiñamos nin idea
    de como poderiamos
  5. proceder técnicamente para crear
    este escenario tan rico
  6. Porque esixe un poder computacional
    incrible
  7. para dar vida a un ambiente
    fotorrealista
  8. cheo de diversidade e complexidade.
  9. O que queriamos facer era
    usar gráficos por ordenador
  10. para crear ambientes e animais
    e criaturas dende cero,
  11. usando referencias e vídeos.
  12. E usamos unha técnica
    chamada fotogrametría.
  13. A fotogrametría é unha técnica
    que combina imaxes fixas
  14. para formar, ben
    modelos por ordenador
  15. ben fotomosaicos dunha área grande.
  16. A fotogrametría xa é difícil,
  17. mais facelo baixo a auga
    é unha maravilla.
  18. Fomos traballando con investigadores
  19. tanto da academia coma externos,
    que foran ver os arrecifes de coral
  20. e tomaron miles de fotos
    de varias especies de coral.
  21. E así conseguimos moitos modelos
    para os corais
  22. que usamos
    grazas á fotogrametría.
  23. A experiencia que tivo a visualización
    coa representación de mosaicos
  24. usando a fotogrametría, permite
    que agora me asesoren
  25. sobre como elixir
    o proceso máis eficiente,
  26. para poder utilizala en investigacións
    científicas futuras.
  27. O máis duro foi comezar
    con esta tarefa tan grande
  28. de ubicar miles e miles de pezas de coral
  29. e saber como facer que se vexa ben.
  30. O que se fai é coller unha parte e
    despois replícala moitas veces
  31. e intentas cambiala un pouco
    cada vez.
  32. Rotas a imaxe, dáslle a escala, a moves
    en sentidos diferentes,
  33. cambiarlle a cor un pouco,
  34. ou outro tipo de variacións sutís
    que podes facer sistematicamente.
  35. Respecto ós cambios individuais
    de cada cosa
  36. hai miles, decenas de miles
  37. máis dos que se poden contar.
  38. Ademáis dos corais, que son
    animais,
  39. creamos tamén outras criaturas
  40. para atraer á xente
    a este lugar.
  41. A escena en si está chea de algo
    como 3000 peixes.
  42. Temos 31 especies diferentes de peixes.
  43. Comezamos por mirar ó peixe que
    está aquí no noso estanque.
  44. Durante un tempo, ía por alí
    cada mañá
  45. e quedaba mirando ós peixes para
    saber como se movían
  46. así que sentaba alí e intentaba
    aprender o máximo
  47. sobre o que pasaba
    co seu comportamento.
  48. Entón comezamos a construír
    os modelos para cada peixe.
  49. Mentres, necesitabamos saber un modo
    de obter o volume de peixes
  50. que queriamos para esa escena
    e queriamos uns cantos.
  51. Así que empecei a investigalo.
  52. O software que utilizamos
    é realmente bo
  53. para simular multitudes,
    como un gran número de xente,
  54. e puidemos adaptalo para
    simular unha multitude de peixes.
  55. Pasamos a outra cousa e observamos
    unha relación moi interesante
  56. entre esta criatura chamada
    coroa de espiñas,
  57. que é unha estrela de mar fascinante,
    cuberta de espiñas.
  58. Comen corais para subsistir
  59. e poden ata decimar arrecifes,
    se nada llelo impide.
  60. Mais un pequeno cangrexo,
    chamado Acropora,
  61. o cal vive dentro deste coral,
    e cando un destas coroas de espiñas
  62. aparece para, basicamente,
    atacar o seu fogar,
  63. o cangrexo intenta pelexar.
    E así tiven que recrear esa escena
  64. de loitra entre os dous animais
  65. porque o cangrexo amárrase
    ás espiñas e as sacode,
  66. o que implica moito traballo práctico.
  67. O outro día tivemos aquí a un científico.
  68. Cando o viu, foi como:
  69. "Vaites! Como fixeron iso?
    Vese xenial!"
  70. Todo este proceso foi
    absolutamente fascinante
  71. e foi moi divertido para min estar
    con outro grupo de visualización.
  72. Cando eles desenvolvían
    unha escena concreta,
  73. chamábanme para darlles consellos
    sobre como facela
  74. con moita precisión técnica.
  75. Mais o nivel de detalles que querían
    era incrible.
  76. Foi un reto para min
    darlles o máis vanguardista,
  77. a literatura máis actual
    para se mergullaren
  78. coa información
    da que dispomos.
  79. Ese comezo amosa os riscos que tivemos
  80. e que están a nos agasallar
    cunhas imaxes fermosas
  81. que o público poderá contemplar.
  82. Realmente non queremos que o público
    saia só entretenido,
  83. senón que tamén esperamos
    que saian
  84. cunha mellor idea do que son
    os arrecifes de coral.
  85. Agora estes arrecifes teñen
    un gran reto por diante
  86. por factores estresantes imprevistos,
    provocados, en xeral, polos humanos.
  87. Este espectáculo infunde
    un sentimiento de esperanza.
  88. É unha historia difícil,
    un momento clave para os arrecifes
  89. mais non todo está perdido
  90. Podemos cambiar isto
    se colaboramos,
  91. se nos facemos responsables
    das futuras decisións.
  92. ♪ (música) ♪