Como a China está a cambiar o futuro das compras
-
0:01 - 0:03Este é o meu sobriño,
-
0:03 - 0:05Yuan Yuan.
-
0:05 - 0:06Ten cinco anos,
-
0:06 - 0:07súper adorable.
-
0:08 - 0:10O outro día pregunteille,
-
0:10 - 0:13"Que queres este ano
polo teu aniversario?" -
0:13 - 0:17E respondeu: "Quero unha máscara do
Home Araña con espello unidireccional". -
0:18 - 0:21Non tiña nin idea
do que me estaba a falar, -
0:21 - 0:23así que lle dixen:
"Guau, iso mola moito, -
0:23 - 0:24pero como a vas conseguir?"
-
0:25 - 0:28Respondeume, sen pestañexar,
-
0:28 - 0:32"Voullo dicir a mamá e pedirei
un desexo antes de deitarme. -
0:33 - 0:35A miña nai axitará o seu teléfono móbil.
-
0:35 - 0:40Á mañá seguinte o repartidor
traeramo cando esperte." -
0:41 - 0:43Estaba a piques de facerlle burla
-
0:43 - 0:45pero de repente decateime de que
-
0:45 - 0:47el realmente me estaba a dicir a verdade,
-
0:47 - 0:52a verdade do que é comprar
a ollos desta xeración. -
0:52 - 0:55Se o pensan, para un neno
como Yuan Yuan, -
0:55 - 0:58ir de compras é unha idea moi diferente
-
0:58 - 1:00en comparación co que
a miña xeración tiña en mente. -
1:01 - 1:03As compras sempre se fan
dende o móbil, -
1:03 - 1:05e o pago é virtual.
-
1:06 - 1:10Agora mesmo en China está tendo lugar
unha grande revolución das compras. -
1:11 - 1:15Os comportamentos de compra,
e tamén as plataformas tecnolóxicas, -
1:15 - 1:18evolucionan de forma distinta
ao resto do mundo. -
1:18 - 1:22Por exemplo, o comercio electrónico
en China estase a disparar. -
1:22 - 1:25Está crecendo ao dobre
de velocidade que nos EUA -
1:25 - 1:27e gran parte deste crecemento
deriva dos móbiles. -
1:28 - 1:33Cada mes 500 millóns de consumidores
-
1:33 - 1:35compran dende teléfonos móbiles.
-
1:35 - 1:37Para poñer isto en contexto,
-
1:37 - 1:40esta cifra equivale á poboación
total dos EUA, -
1:40 - 1:42Reino Unido e Alemaña xuntos.
-
1:43 - 1:47Pero non se trata só
da escala do comercio electrónico, -
1:47 - 1:51senón tamén da velocidade
de adopción e agregación de ecosistemas. -
1:52 - 1:56China tardou menos de cinco anos
en converterse nun país de comercio móbil, -
1:56 - 2:01e isto débese en gran parte
a dúas plataformas tecnolóxicas, -
2:01 - 2:03Alibaba e Tencent.
-
2:03 - 2:07Estas plataformas posúen
o 90 por cento do comercio electrónico, -
2:07 - 2:08case todo o mercado,
-
2:08 - 2:11o 85 por cento das redes sociais
-
2:11 - 2:14e o 85 por cento dos pagos por internet.
-
2:14 - 2:20Tamén posúen un gran volume de contidos
dixitais, como vídeos, películas en liña, -
2:20 - 2:24literatura, información sobre viaxes
e videoxogos. -
2:25 - 2:28Cando esta enorme base
de compradores por móbil -
2:28 - 2:31entra en contacto co ecosistema agregado,
-
2:31 - 2:33teñen lugar reaccións químicas.
-
2:33 - 2:35Hoxe en día china é un laboratorio xigante
-
2:35 - 2:38que xera todo tipo de experimentos.
-
2:38 - 2:40Deben visitar China,
-
2:40 - 2:43porque aquí poderán
albiscar o futuro. -
2:45 - 2:49Unha das tendencias que observei ten que
ver coa espontaneidade das compras. -
2:49 - 2:51Hai cinco anos nun estudo sobre moda,
-
2:52 - 2:53vimos que un consumidor chinés
-
2:53 - 2:57compra unha media de entre
cinco e oito pares de zapatos ao ano. -
2:57 - 3:01Este número triplicouse ata chegar
ata uns 25 pares por ano. -
3:01 - 3:04Quen precisa tantos zapatos?
-
3:05 - 3:08Así que lles preguntei:
"Cales son as razóns polas que compra?" -
3:08 - 3:10Enumeraron unha serie de inspiracións:
-
3:10 - 3:15blogues, noticias de famosos,
información sobre moda. -
3:15 - 3:18Pero, en realidade, moitos deles
non compraban por un motivo concreto. -
3:19 - 3:21Só estaban navegando
nos seus teléfonos móbiles -
3:21 - 3:23e logo compraban o que vían.
-
3:25 - 3:29Levamos observando o mesmo nivel
de espontaneidade en todo, -
3:29 - 3:33dende as compras no supermercado
ata a contratación de seguros. -
3:34 - 3:38Aínda que se o pensan, non é
moi difícil de entender. -
3:38 - 3:41Moitos dos consumidores chineses
aínda son moi novos -
3:41 - 3:44no estilo de vida da clase media
ou a clase media alta, -
3:44 - 3:47e teñen o desexo
de comprar todo novo, -
3:47 - 3:49novos productos, novos servizos.
-
3:49 - 3:52A través deste novo ecosistema integrado
-
3:52 - 3:56é moi fácil para eles comprar
facendo un click tras outro. -
3:58 - 4:02Porén, este novo comportamento de compra
está creando moitos retos -
4:02 - 4:05para aqueles negocios
que adoitaban dominar. -
4:05 - 4:09O propietario dunha empresa de moda
contoume que se sinte moi frustrado -
4:09 - 4:13porque os seus clientes se queixan de que
os seus productos non son o novos abondo. -
4:13 - 4:16Para unha empresa de moda,
este é un comentario moi malo. -
4:18 - 4:21Xa intentou aumentar o número
de productos en cada colección. -
4:21 - 4:22Non parece funcionar.
-
4:23 - 4:26Así que lle dixen que había algo
máis importante que iso. -
4:26 - 4:30É preciso darlle aos clientes
exactamente o que queren -
4:30 - 4:31cando aínda o queren.
-
4:32 - 4:36El pode aprender algo dos vendedores
de moda por internet na China. -
4:36 - 4:40Estas empresas recopilan
información real de consumidores -
4:40 - 4:42a través de sitios móbiles
e redes sociais, -
4:42 - 4:45para que despois os seus deseñadores
transformen esta información -
4:45 - 4:47en ideas de producto
-
4:47 - 4:51e logo as manden a microempresas
para a súa produción. -
4:51 - 4:55Estas microempresas son clave
neste ecositema xeral -
4:55 - 4:57porque toman pequenos pedidos,
-
4:57 - 4:5930 prendas á vez,
-
4:59 - 5:03e tamén poden facer pezas
parcialmente personalizadas. -
5:04 - 5:07Dado que todos estes
deseños de produción -
5:07 - 5:08son feitos localmente,
-
5:08 - 5:13todo o proceso, dende o transporte
ata a colocación nun estante ou en liña -
5:13 - 5:16ás veces leva só de tres a catro días.
-
5:16 - 5:17Iso é súper rápido,
-
5:17 - 5:21e altamente receptivo
ao que está de moda no mercado. -
5:21 - 5:25E estálles a dar moitas dores de cabeza
aos minoristas tradicionais -
5:25 - 5:28que só pensan nunhas poucas
coleccións ao ano. -
5:30 - 5:34Logo, está a necesidade de
ultracomodidade do consumidor. -
5:34 - 5:37Hai un par de meses estaba
de compras cun amigo en Tokio. -
5:37 - 5:39Estabamos nunha tenda
-
5:39 - 5:42e había tres ou catro persoas
diante nosa -
5:42 - 5:43na cola da caixa.
-
5:43 - 5:45Bastante normal, non é?
-
5:45 - 5:47Pero os dous deixamos quedar
o que escolleramos -
5:47 - 5:49e marchamos.
-
5:49 - 5:52Así de impacientes nos volvemos.
-
5:53 - 5:56A ultracomodidade
non só é algo agradable que ofrecer, -
5:56 - 6:00senón que é crucial para asegurarse
de que o cliente compre. -
6:00 - 6:03E en China aprendemos
-
6:03 - 6:07que a comodidade é realmente
o que vai facer que as compras en liña -
6:07 - 6:10se volvan un comportamento
e un hábito duradeiros. -
6:10 - 6:13Ás veces é máis efectivo
que un programa de fidelización. -
6:13 - 6:15Por exemplo, Hema.
-
6:15 - 6:19É un concepto de supermercado minorista
desenvolto por Alibaba. -
6:20 - 6:22Lévanche unha cesta completa de produtos,
-
6:22 - 6:25a escoller entre 4000 artigos,
ata a túa porta -
6:25 - 6:27en 30 minutos.
-
6:27 - 6:31O sorprendente é que envían
practicamente de todo: -
6:31 - 6:33froitas e verduras, por suposto.
-
6:33 - 6:35Tamén envían peixe vivo
-
6:35 - 6:38e centolo de Alaska vivo.
-
6:39 - 6:41Como me dixo unha vez o meu amigo,
-
6:41 - 6:43"É o meu soño feito realidade.
-
6:43 - 6:46Por fin podo impresionar á miña sogra
-
6:46 - 6:49cando vén cear de imprevisto."
-
6:49 - 6:52(Risas)
-
6:52 - 6:55Ben, empresas como
Amazon e FreshDirect -
6:55 - 6:58tamén están experimentando neste eido.
-
6:58 - 7:01O feito de que Hema forme parte
do ecosistema de Alibaba -
7:01 - 7:05fai que a sua implementación
sexa máis rápida e algo máis fácil. -
7:06 - 7:08Para un supermercado en liña,
-
7:08 - 7:10é moi difícil, moi custoso,
-
7:11 - 7:13envíar unha cesta rapidamente;
-
7:13 - 7:16pero Hema dispón dunha
aplicación para móbil, -
7:16 - 7:18pago por móbil,
-
7:18 - 7:23e conta con 20 tendas físicas
en áreas de alta densidade en Shanghai. -
7:23 - 7:27Estas tendas foron construídas
para garantir a frescura do produto, -
7:27 - 7:30teñen ata acuarios na tenda,
-
7:30 - 7:34e tamén ofrecen ubicacións
que permiten as entregas rápidas. -
7:35 - 7:37Sei o que se están a preguntar.
-
7:37 - 7:38Están gañando diñeiro?
-
7:38 - 7:40Si, están gañando diñeiro.
-
7:40 - 7:41De feito vailles xenial,
-
7:41 - 7:44e o que tamén é sorprendente
é que os ingresos de cada tenda -
7:44 - 7:48son entre tres e catro veces máis altos
que os dun supermercado tradicional, -
7:49 - 7:52e a metade dos encargos
proveñen de dispositivos móbiles. -
7:53 - 7:56Isto realmente demostra que un consumidor
-
7:56 - 7:59ao que lle ofreces ultracomodidade
que funcione na compra de comestibles -
8:00 - 8:02cambiará o seu comportamento
de compra en liña -
8:02 - 8:04de maneira inmediata.
-
8:05 - 8:09Pero a ultracomodidade
e a espontaneidade -
8:09 - 8:10non o son todo.
-
8:10 - 8:13A outra tendencia que vin en China
-
8:13 - 8:14é a compra social.
-
8:14 - 8:17As compras sociais noutros
lugares do mundo -
8:17 - 8:19son un proceso lineal.
-
8:20 - 8:22Escolles algo en Facebook,
-
8:22 - 8:24míralo e cambias a Amazon
-
8:24 - 8:27ou a brand.com para completar
o proceso de compra. -
8:27 - 8:29Fácil e rápido.
-
8:29 - 8:32Pero en China é unha cousa moi diferente.
-
8:32 - 8:37Un consumidor pasa de media unha hora
comprando no seu móbil. -
8:37 - 8:39Isto é tres veces máis que en EUA.
-
8:39 - 8:41De onde vén ese comportamento?
-
8:41 - 8:45Que están a facer realmente
nesa minúscula pantalla? -
8:45 - 8:50Permítanme que os guíe pola miña
experiencia das compras por móbil. -
8:51 - 8:54Ás 11 da noite
(si, é cando adoito comprar) -
8:55 - 8:58estaba chateando nunha sala de WeChat
cos meus amigos. -
8:58 - 9:01Un deles sacou un paquete de lambetadas
-
9:01 - 9:04e publicou a ligazón do produto
nesa sala de chat. -
9:04 - 9:08Odio iso, porque normalmente
faría click nesa ligazón -
9:08 - 9:11e logo chegaría á páxina do produto.
-
9:11 - 9:13Moita información, moi colorida,
-
9:13 - 9:14impresionante.
-
9:14 - 9:17Mireino e despois
un dependente conectouse -
9:17 - 9:20e preguntoume: "Como lle podo
axudar esta noite?" -
9:20 - 9:22Por suposto, comprei
o paquete de lambetadas. -
9:22 - 9:26O máis bonito é que sei que
ao día seguinte, arredor do mediodía, -
9:27 - 9:29ese paquete de lambetadas
será entregado na miña oficina. -
9:29 - 9:32Poderei comelo e compartilo
cos meus colegas -
9:32 - 9:35e os gastos de envío serán dun máximo
dun dólar. -
9:36 - 9:39Xusto cando ía saír desa
páxina de compra -
9:39 - 9:41apareceu outra pantalla.
-
9:41 - 9:46Esta vez era un vídeo en vivo
dunha famosa local -
9:46 - 9:49ensinándome a usar
unha nova cor de pintalabios. -
9:49 - 9:52Mireno 30 segundos,
moi fácil de entender, -
9:52 - 9:55e tamén había unha ligazón
de compra xusto ao lado, -
9:55 - 9:58así que fixen click e compreino
nuns segundos, -
9:59 - 10:00Volvín á sala de chat.
-
10:00 - 10:02A rexouba continuaba.
-
10:02 - 10:05Outro amigo publicou un código QR
-
10:05 - 10:07doutro paquete de lambonadas.
-
10:07 - 10:08Fixen click e compreino.
-
10:09 - 10:11Toda a experiencia
-
10:11 - 10:14semella como se estiveses explorando
un parque de atraccións. -
10:14 - 10:17É caotica, divertida
-
10:17 - 10:20e mesmo un pouco adictiva.
-
10:21 - 10:25Isto é o que acontece neste
ecosistema integrado. -
10:25 - 10:28As compras están incrustadas no social
-
10:28 - 10:32e o social está evolucionando
cara á unha experiencia multidimensional. -
10:32 - 10:36A integración dos ecosistemas
chega a un nivel completamente novo. -
10:36 - 10:39Tamén o seu dominio
en todos os aspectos da nosa vida. -
10:41 - 10:44E, por suposto, hai grandes oportunidades
comerciales detrás disto. -
10:44 - 10:47Unha empresa de lambetadas chinesa,
Three Squirrels, -
10:47 - 10:51construíu un negocio de 500
millóns de dólares en tan só tres anos -
10:51 - 10:55investindo entre 300 e 500 dependentes
-
10:55 - 10:59que están en liña para prestar servizos
24h ao día todos os días. -
10:59 - 11:01No ámbito das redes sociais
-
11:01 - 11:03son como os teus amigos do barrio.
-
11:03 - 11:05Mesmo cando non estás
comprando, -
11:05 - 11:08contentaranse con contarche
uns chistes para facerte feliz. -
11:09 - 11:11Neste ecosistema integrado
-
11:11 - 11:16as redes sociais poden redefinir
a relación entre marca, -
11:16 - 11:18minorista e consumidor.
-
11:19 - 11:23Estes son só fragmentos
dos profundos cambios -
11:23 - 11:25que levo visto en China.
-
11:25 - 11:27Neste enorme laboratorio
-
11:27 - 11:30xeranse moitos experimentos
todos os días. -
11:31 - 11:34Os ecosistemas estanse a reformar,
-
11:34 - 11:38a distribución da cadea de suministro,
o márketing, a innovación do produto, -
11:38 - 11:39todo.
-
11:39 - 11:43Os consumidores teñen o poder
para decidir o que queren comprar, -
11:43 - 11:45cando o queren comprar,
-
11:45 - 11:48como o queren comprar,
como queren socializar. -
11:48 - 11:51Agora é preciso que os líderes empresarias
de todo o mundo -
11:51 - 11:54realmente abran os seus ollos
e vexan o que está a pasar en China. -
11:54 - 11:57pensen sobre iso e tomen medidas.
-
11:58 - 12:00Gracias.
-
12:00 - 12:08(Aplausos)
-
12:08 - 12:10Massimo Portincaso: Angela,
o que nos contaches -
12:10 - 12:12é realmente sorprendente e case incríble,
-
12:12 - 12:18pero creo que moitos espectadores
teñen a mesma pregunta ca min -
12:18 - 12:19que é:
-
12:19 - 12:22É este consumo impulsivo
-
12:22 - 12:26economica e ambientalmente sostible
a longo prazo? -
12:27 - 12:30É cal é o prezo total
-
12:30 - 12:35por esta experiencia minorista
automatizada e ultracómoda? -
12:35 - 12:38Angela Wang: Si.
Algo que debemos ter en conta -
12:38 - 12:42é que realmente estamos no comezo
dunha grande transformación. -
12:42 - 12:45Así, estas necesidades crecentes
do consumidor, -
12:45 - 12:48xunto coa evolución do ecosistema,
-
12:49 - 12:52fan xurdir moitas oportunidades e retos.
-
12:52 - 12:54Vin algunhas sinais temperás
-
12:54 - 12:57de que os ecosistemas
están cambiando o seu enfoque -
12:57 - 12:59para prestar atención
á resolución destes retos. -
12:59 - 13:04Por exemplo, prestan máis atención
á sostibilidade -
13:04 - 13:06xunto coa velocidade,
-
13:06 - 13:08e tamén á calidade sobre a cantidade.
-
13:09 - 13:11Pero realmente non hai
unha resposta simple a estas preguntas. -
13:11 - 13:14É por iso que estou aquí
para dicirlle a todo o mundo -
13:14 - 13:19que necesitamos observar e estudar isto
e tomar parte nesa evolución. -
13:20 - 13:21MP: Moitas grazas.
-
13:21 - 13:22AW. Grazas.
-
13:22 - 13:25(Aplausos)
- Title:
- Como a China está a cambiar o futuro das compras
- Speaker:
- Angela Wang
- Description:
-
A China é un laboratorio de innovación xigante, afirma a experta en comercio minorista Angela Wang; e neste laboratorio todo ten lugar nos teléfonos móbiles. Cincocentos millóns de consumidores chineses (o equivalente á poboación de EUA, Reino Unido e Alemaña) fan compras regularmente a través de plataformas móbiles, mesmo en tendas físicas. Que significa esta transformación para o futuro das compras? Coñece máis sobre esta nova normalidade onde todo e ultracómodo, ultraflexible e ultrasocial.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:38
TED Translators admin approved Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal accepted Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for How China is changing the future of shopping |