YouTube

Teniu un compte YouTube?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtítols

← Como a China está a cambiar o futuro das compras

Obtén el codi d'incrustació
27 llengües

Showing Revision 18 created 08/17/2019 by Mario Cal.

  1. Este é o meu sobriño,
  2. Yuan Yuan.
  3. Ten cinco anos,
  4. súper adorable.
  5. O outro día pregunteille,
  6. "Que queres este ano
    polo teu aniversario?"
  7. E respondeu: "Quero unha máscara do
    Home Araña con espello unidireccional".
  8. Non tiña nin idea
    do que me estaba a falar,
  9. así que lle dixen:
    "Guau, iso mola moito,
  10. pero como a vas conseguir?"
  11. Respondeume, sen pestañexar,
  12. "Voullo dicir a mamá e pedirei
    un desexo antes de deitarme.
  13. A miña nai axitará o seu teléfono móbil.
  14. Á mañá seguinte o repartidor
    traeramo cando esperte."
  15. Estaba a piques de facerlle burla
  16. pero de repente decateime de que
  17. el realmente me estaba a dicir a verdade,
  18. a verdade do que é comprar
    a ollos desta xeración.
  19. Se o pensan, para un neno
    como Yuan Yuan,

  20. ir de compras é unha idea moi diferente
  21. en comparación co que
    a miña xeración tiña en mente.
  22. As compras sempre se fan
    dende o móbil,
  23. e o pago é virtual.
  24. Agora mesmo en China está tendo lugar
    unha grande revolución das compras.

  25. Os comportamentos de compra,
    e tamén as plataformas tecnolóxicas,
  26. evolucionan de forma distinta
    ao resto do mundo.
  27. Por exemplo, o comercio electrónico
    en China estase a disparar.
  28. Está crecendo ao dobre
    de velocidade que nos EUA
  29. e gran parte deste crecemento
    deriva dos móbiles.
  30. Cada mes 500 millóns de consumidores
  31. compran dende teléfonos móbiles.
  32. Para poñer isto en contexto,
  33. esta cifra equivale á poboación
    total dos EUA,
  34. Reino Unido e Alemaña xuntos.
  35. Pero non se trata só
    da escala do comercio electrónico,
  36. senón tamén da velocidade
    de adopción e agregación de ecosistemas.
  37. China tardou menos de cinco anos
    en converterse nun país de comercio móbil,
  38. e isto débese en gran parte
    a dúas plataformas tecnolóxicas,
  39. Alibaba e Tencent.
  40. Estas plataformas posúen
    o 90 por cento do comercio electrónico,
  41. case todo o mercado,
  42. o 85 por cento das redes sociais
  43. e o 85 por cento dos pagos por internet.
  44. Tamén posúen un gran volume de contidos
    dixitais, como vídeos, películas en liña,
  45. literatura, información sobre viaxes
    e videoxogos.
  46. Cando esta enorme base
    de compradores por móbil
  47. entra en contacto co ecosistema agregado,
  48. teñen lugar reaccións químicas.
  49. Hoxe en día china é un laboratorio xigante
  50. que xera todo tipo de experimentos.
  51. Deben visitar China,
  52. porque aquí poderán
    albiscar o futuro.
  53. Unha das tendencias que observei ten que
    ver coa espontaneidade das compras.

  54. Hai cinco anos nun estudo sobre moda,
  55. vimos que un consumidor chinés
  56. compra unha media de entre
    cinco e oito pares de zapatos ao ano.
  57. Este número triplicouse ata chegar
    ata uns 25 pares por ano.
  58. Quen precisa tantos zapatos?
  59. Así que lles preguntei:
    "Cales son as razóns polas que compra?"
  60. Enumeraron unha serie de inspiracións:
  61. blogues, noticias de famosos,
    información sobre moda.
  62. Pero, en realidade, moitos deles
    non compraban por un motivo concreto.
  63. Só estaban navegando
    nos seus teléfonos móbiles
  64. e logo compraban o que vían.
  65. Levamos observando o mesmo nivel
    de espontaneidade en todo,
  66. dende as compras no supermercado
    ata a contratación de seguros.
  67. Aínda que se o pensan, non é
    moi difícil de entender.
  68. Moitos dos consumidores chineses
    aínda son moi novos
  69. no estilo de vida da clase media
    ou a clase media alta,
  70. e teñen o desexo
    de comprar todo novo,
  71. novos productos, novos servizos.
  72. A través deste novo ecosistema integrado
  73. é moi fácil para eles comprar
    facendo un click tras outro.
  74. Porén, este novo comportamento de compra
    está creando moitos retos
  75. para aqueles negocios
    que adoitaban dominar.
  76. O propietario dunha empresa de moda
    contoume que se sinte moi frustrado
  77. porque os seus clientes se queixan de que
    os seus productos non son o novos abondo.
  78. Para unha empresa de moda,
    este é un comentario moi malo.
  79. Xa intentou aumentar o número
    de productos en cada colección.
  80. Non parece funcionar.
  81. Así que lle dixen que había algo
    máis importante que iso.
  82. É preciso darlle aos clientes
    exactamente o que queren
  83. cando aínda o queren.
  84. El pode aprender algo dos vendedores
    de moda por internet na China.
  85. Estas empresas recopilan
    información real de consumidores
  86. a través de sitios móbiles
    e redes sociais,
  87. para que despois os seus deseñadores
    transformen esta información
  88. en ideas de producto
  89. e logo as manden a microempresas
    para a súa produción.
  90. Estas microempresas son clave
    neste ecositema xeral
  91. porque toman pequenos pedidos,
  92. 30 prendas á vez,
  93. e tamén poden facer pezas
    parcialmente personalizadas.
  94. Dado que todos estes
    deseños de produción
  95. son feitos localmente,
  96. todo o proceso, dende o transporte
    ata a colocación nun estante ou en liña
  97. ás veces leva só de tres a catro días.
  98. Iso é súper rápido,
  99. e altamente receptivo
    ao que está de moda no mercado.
  100. E estálles a dar moitas dores de cabeza
    aos minoristas tradicionais
  101. que só pensan nunhas poucas
    coleccións ao ano.
  102. Logo, está a necesidade de
    ultracomodidade do consumidor.

  103. Hai un par de meses estaba
    de compras cun amigo en Tokio.
  104. Estabamos nunha tenda
  105. e había tres ou catro persoas
    diante nosa
  106. na cola da caixa.
  107. Bastante normal, non é?
  108. Pero os dous deixamos quedar
    o que escolleramos
  109. e marchamos.
  110. Así de impacientes nos volvemos.
  111. A ultracomodidade
    non só é algo agradable que ofrecer,
  112. senón que é crucial para asegurarse
    de que o cliente compre.
  113. E en China aprendemos
  114. que a comodidade é realmente
    o que vai facer que as compras en liña
  115. se volvan un comportamento
    e un hábito duradeiros.
  116. Ás veces é máis efectivo
    que un programa de fidelización.
  117. Por exemplo, Hema.
  118. É un concepto de supermercado minorista
    desenvolto por Alibaba.
  119. Lévanche unha cesta completa de produtos,
  120. a escoller entre 4000 artigos,
    ata a túa porta
  121. en 30 minutos.
  122. O sorprendente é que envían
    practicamente de todo:
  123. froitas e verduras, por suposto.
  124. Tamén envían peixe vivo
  125. e centolo de Alaska vivo.
  126. Como me dixo unha vez o meu amigo,
  127. "É o meu soño feito realidade.
  128. Por fin podo impresionar á miña sogra
  129. cando vén cear de imprevisto."
  130. (Risas)

  131. Ben, empresas como
    Amazon e FreshDirect

  132. tamén están experimentando neste eido.
  133. O feito de que Hema forme parte
    do ecosistema de Alibaba
  134. fai que a sua implementación
    sexa máis rápida e algo máis fácil.
  135. Para un supermercado en liña,
  136. é moi difícil, moi custoso,
  137. envíar unha cesta rapidamente;
  138. pero Hema dispón dunha
    aplicación para móbil,
  139. pago por móbil,
  140. e conta con 20 tendas físicas
    en áreas de alta densidade en Shanghai.
  141. Estas tendas foron construídas
    para garantir a frescura do produto,
  142. teñen ata acuarios na tenda,
  143. e tamén ofrecen ubicacións
    que permiten as entregas rápidas.
  144. Sei o que se están a preguntar.
  145. Están gañando diñeiro?
  146. Si, están gañando diñeiro.
  147. De feito vailles xenial,
  148. e o que tamén é sorprendente
    é que os ingresos de cada tenda
  149. son entre tres e catro veces máis altos
    que os dun supermercado tradicional,
  150. e a metade dos encargos
    proveñen de dispositivos móbiles.
  151. Isto realmente demostra que un consumidor
  152. ao que lle ofreces ultracomodidade
    que funcione na compra de comestibles
  153. cambiará o seu comportamento
    de compra en liña
  154. de maneira inmediata.
  155. Pero a ultracomodidade
    e a espontaneidade

  156. non o son todo.
  157. A outra tendencia que vin en China
  158. é a compra social.
  159. As compras sociais noutros
    lugares do mundo
  160. son un proceso lineal.
  161. Escolles algo en Facebook,
  162. míralo e cambias a Amazon
  163. ou a brand.com para completar
    o proceso de compra.
  164. Fácil e rápido.
  165. Pero en China é unha cousa moi diferente.
  166. Un consumidor pasa de media unha hora
    comprando no seu móbil.
  167. Isto é tres veces máis que en EUA.
  168. De onde vén ese comportamento?
  169. Que están a facer realmente
    nesa minúscula pantalla?
  170. Permítanme que os guíe pola miña
    experiencia das compras por móbil.
  171. Ás 11 da noite
    (si, é cando adoito comprar)

  172. estaba chateando nunha sala de WeChat
    cos meus amigos.
  173. Un deles sacou un paquete de lambetadas
  174. e publicou a ligazón do produto
    nesa sala de chat.
  175. Odio iso, porque normalmente
    faría click nesa ligazón
  176. e logo chegaría á páxina do produto.
  177. Moita información, moi colorida,
  178. impresionante.
  179. Mireino e despois
    un dependente conectouse
  180. e preguntoume: "Como lle podo
    axudar esta noite?"
  181. Por suposto, comprei
    o paquete de lambetadas.
  182. O máis bonito é que sei que
    ao día seguinte, arredor do mediodía,
  183. ese paquete de lambetadas
    será entregado na miña oficina.
  184. Poderei comelo e compartilo
    cos meus colegas
  185. e os gastos de envío serán dun máximo
    dun dólar.
  186. Xusto cando ía saír desa
    páxina de compra

  187. apareceu outra pantalla.
  188. Esta vez era un vídeo en vivo
    dunha famosa local
  189. ensinándome a usar
    unha nova cor de pintalabios.
  190. Mireno 30 segundos,
    moi fácil de entender,
  191. e tamén había unha ligazón
    de compra xusto ao lado,
  192. así que fixen click e compreino
    nuns segundos,
  193. Volvín á sala de chat.

  194. A rexouba continuaba.
  195. Outro amigo publicou un código QR
  196. doutro paquete de lambonadas.
  197. Fixen click e compreino.
  198. Toda a experiencia
  199. semella como se estiveses explorando
    un parque de atraccións.
  200. É caotica, divertida
  201. e mesmo un pouco adictiva.
  202. Isto é o que acontece neste
    ecosistema integrado.
  203. As compras están incrustadas no social
  204. e o social está evolucionando
    cara á unha experiencia multidimensional.
  205. A integración dos ecosistemas
    chega a un nivel completamente novo.
  206. Tamén o seu dominio
    en todos os aspectos da nosa vida.
  207. E, por suposto, hai grandes oportunidades
    comerciales detrás disto.

  208. Unha empresa de lambetadas chinesa,
    Three Squirrels,
  209. construíu un negocio de 500
    millóns de dólares en tan só tres anos
  210. investindo entre 300 e 500 dependentes
  211. que están en liña para prestar servizos
    24h ao día todos os días.
  212. No ámbito das redes sociais
  213. son como os teus amigos do barrio.
  214. Mesmo cando non estás
    comprando,
  215. contentaranse con contarche
    uns chistes para facerte feliz.
  216. Neste ecosistema integrado
  217. as redes sociais poden redefinir
    a relación entre marca,
  218. minorista e consumidor.
  219. Estes son só fragmentos
    dos profundos cambios

  220. que levo visto en China.
  221. Neste enorme laboratorio
  222. xeranse moitos experimentos
    todos os días.
  223. Os ecosistemas estanse a reformar,
  224. a distribución da cadea de suministro,
    o márketing, a innovación do produto,
  225. todo.
  226. Os consumidores teñen o poder
    para decidir o que queren comprar,
  227. cando o queren comprar,
  228. como o queren comprar,
    como queren socializar.
  229. Agora é preciso que os líderes empresarias
    de todo o mundo
  230. realmente abran os seus ollos
    e vexan o que está a pasar en China.
  231. pensen sobre iso e tomen medidas.
  232. Gracias.

  233. (Aplausos)

  234. Massimo Portincaso: Angela,
    o que nos contaches

  235. é realmente sorprendente e case incríble,
  236. pero creo que moitos espectadores
    teñen a mesma pregunta ca min
  237. que é:
  238. É este consumo impulsivo
  239. economica e ambientalmente sostible
    a longo prazo?
  240. É cal é o prezo total
  241. por esta experiencia minorista
    automatizada e ultracómoda?
  242. Angela Wang: Si.
    Algo que debemos ter en conta

  243. é que realmente estamos no comezo
    dunha grande transformación.
  244. Así, estas necesidades crecentes
    do consumidor,
  245. xunto coa evolución do ecosistema,
  246. fan xurdir moitas oportunidades e retos.
  247. Vin algunhas sinais temperás
  248. de que os ecosistemas
    están cambiando o seu enfoque
  249. para prestar atención
    á resolución destes retos.
  250. Por exemplo, prestan máis atención
    á sostibilidade
  251. xunto coa velocidade,
  252. e tamén á calidade sobre a cantidade.
  253. Pero realmente non hai
    unha resposta simple a estas preguntas.
  254. É por iso que estou aquí
    para dicirlle a todo o mundo
  255. que necesitamos observar e estudar isto
    e tomar parte nesa evolución.
  256. MP: Moitas grazas.

  257. AW. Grazas.

  258. (Aplausos)