WEBVTT 00:00:01.500 --> 00:00:03.736 As linguas non morren de forma natural. 00:00:04.456 --> 00:00:07.451 As linguas maternas abandónanse por algún tipo de presión. 00:00:08.331 --> 00:00:10.585 Moitas veces, a presión é política. 00:00:11.977 --> 00:00:15.290 En 1892, un xeneral do exército dos EEUU, Richard Henry Pratt 00:00:15.350 --> 00:00:17.913 dixo que matar as culturas indíxenas 00:00:17.973 --> 00:00:20.645 era a única alternativa a matar as persoas indíxenas. 00:00:22.073 --> 00:00:24.351 Dixo: "Maten o indio, pero salven o home". 00:00:25.190 --> 00:00:28.735 E, ata 1978, iso foi o que fixo o Goberno. 00:00:28.835 --> 00:00:31.441 Apartaron os nenos indíxenas das súas familias 00:00:32.239 --> 00:00:35.138 para levalos a internados onde lles asignaban nomes ingleses 00:00:35.581 --> 00:00:37.657 e os castigaban por falar a súa lingua. 00:00:38.627 --> 00:00:41.935 A asimilación era un complemento do xenocidio. 00:00:44.115 --> 00:00:46.361 Hoxe existen 7.000 linguas no mundo 00:00:46.451 --> 00:00:48.837 pero poucas son recoñecidas polos seus gobernos 00:00:48.897 --> 00:00:50.529 ou están presentes en Internet. 00:00:51.009 --> 00:00:53.335 Para moitas persoas da maior parte das culturas 00:00:53.395 --> 00:00:56.101 a globalización segue a ser profundamente alienante. 00:00:57.021 --> 00:00:59.882 Supón abandonar a túa lingua en beneficio da doutra persoa. 00:01:01.597 --> 00:01:02.774 E se nada cambia 00:01:02.824 --> 00:01:06.842 poderían desaparecer ata 3.000 linguas en 80 anos. 00:01:07.960 --> 00:01:09.504 Pero as cousas están cambiando. 00:01:10.299 --> 00:01:13.961 Arredor do mundo, os pobos están revitalizando linguas ancestrais 00:01:14.347 --> 00:01:16.122 e reconstruíndo as súas culturas. 00:01:17.235 --> 00:01:20.091 Polo que sabemos, a reivindicación de idiomas 00:01:20.221 --> 00:01:23.419 comezou no século XIX, cando, co auxe do antisemitismo 00:01:23.482 --> 00:01:26.363 as comunidades xudías usaron a súa lingua ancestral, o hebreo 00:01:26.593 --> 00:01:28.714 como método de recuperación cultural. 00:01:30.076 --> 00:01:32.645 A pesar de non usarse durante máis de 1.000 anos 00:01:32.725 --> 00:01:35.859 o hebreo estaba ben conservado en libros relixiosos e filosóficos. 00:01:36.358 --> 00:01:39.395 Os activistas xudeus estudárono e ensináronllelo ós seus fillos 00:01:39.399 --> 00:01:42.977 educando os primeiros falantes nativos en 100 xeracións. 00:01:44.567 --> 00:01:47.296 Hoxe, é a lingua materna de 5 millóns de xudeus. 00:01:47.806 --> 00:01:49.365 E, polo menos para min 00:01:49.518 --> 00:01:53.199 como membro asimilado e falante de inglés da diáspora xudía 00:01:53.893 --> 00:01:55.882 é un piar de soberanía cultural. 00:01:57.298 --> 00:01:58.756 Dous mil anos despois 00:01:59.346 --> 00:02:00.720 seguimos aquí. 00:02:02.800 --> 00:02:06.015 Ata hai pouco, a recuperación do hebreo era unha anomalía. 00:02:06.765 --> 00:02:09.431 Hai poucas linguas tan ben conservadas 00:02:09.551 --> 00:02:13.302 e a creación de Israel, o primeiro estado xudeu en 1.000 anos 00:02:13.575 --> 00:02:16.047 proporcionou un espazo para o uso diario do hebreo. 00:02:16.874 --> 00:02:20.292 Noutras palabras, a maioría das culturas non tiveron esa oportunidade. 00:02:20.702 --> 00:02:24.859 (Vídeo) Bos días, son Elizabeth e vivo en Cornualles. 00:02:25.179 --> 00:02:28.348 Isto é córnico, a lingua ancestral de Cornualles 00:02:28.459 --> 00:02:31.317 que hoxe é tecnicamente un condado do sur de Inglaterra. 00:02:32.607 --> 00:02:35.864 No século XX, os activistas córnicos loitaron pola súa cultura. 00:02:36.800 --> 00:02:39.327 A lingua non se usara en máis de 100 anos 00:02:39.396 --> 00:02:42.586 pero usaron libros e obras antigas para ensinarllo ós nenos. 00:02:43.166 --> 00:02:47.169 Pero estes novos falantes estaban espallados por Cornualles 00:02:47.629 --> 00:02:49.762 e non podían usar a lingua libremente. 00:02:50.633 --> 00:02:53.253 Nos 90, o córnico espertara 00:02:53.583 --> 00:02:55.134 pero non prosperaba. 00:02:56.824 --> 00:03:00.794 A comezos do s. XXI, os falantes de córnico coñecéronse en liña 00:03:01.184 --> 00:03:04.919 e aproveitaron os espazos dixitais para falar a diario. 00:03:05.969 --> 00:03:08.678 A partir de aí, organizaron eventos periódicos 00:03:08.803 --> 00:03:11.114 para reunírense e falaren en público. 00:03:12.094 --> 00:03:14.628 Hoxe, algunhas escolas ensinan córnico. 00:03:15.617 --> 00:03:18.341 Hai sinais e anuncios de xeado en córnico 00:03:18.541 --> 00:03:20.614 artigos na Wikipedia e memes. 00:03:22.434 --> 00:03:24.311 (Risas) 00:03:26.360 --> 00:03:29.050 (Risas) 00:03:30.470 --> 00:03:33.273 Coa lingua intacta outra vez, o pobo córnico asegurou 00:03:33.377 --> 00:03:38.071 o recoñecemento como nación celta, xunto a Irlanda, Escocia e Gales. 00:03:38.772 --> 00:03:41.367 Enfrontáronse a séculos de asimilación forzada 00:03:41.411 --> 00:03:43.599 e dixeron: "Non somos un condado de Inglaterra. 00:03:43.650 --> 00:03:45.250 Somos un pobo por dereito propio. 00:03:45.788 --> 00:03:46.958 E seguimos aquí". 00:03:47.741 --> 00:03:49.364 E non son os únicos. 00:03:49.464 --> 00:03:53.491 A tribo tunica-biloxi de Luisiana está rescatando a súa lingua ancestral. 00:03:53.874 --> 00:03:58.728 (Vídeo) Chámome Teyana. Os meus amigos chámanme "Tormenta queda". 00:03:59.798 --> 00:04:03.485 Empezou nos anos 80. Donna Pierite e a súa familia 00:04:03.625 --> 00:04:06.215 comezaron a viaxar a Baton Rouge e Nova Orleáns 00:04:06.675 --> 00:04:10.136 para fotocopiar dicionarios antigos gardados en arquivos universitarios. 00:04:10.654 --> 00:04:13.210 O obxectivo era estudar o tunica 00:04:13.390 --> 00:04:16.171 e ensinárllelo ós nenos e compartilo coa comunidade. 00:04:17.321 --> 00:04:20.604 Hoxe están conseguindo un rexurdimento do tunica. 00:04:21.393 --> 00:04:26.237 Desde 2014, hai case 100 falantes en clases de inmersión lingüística 00:04:26.751 --> 00:04:28.784 e, segundo un censo de 2017 00:04:29.216 --> 00:04:31.696 32 novas persoas falan a lingua con fluidez. 00:04:31.796 --> 00:04:34.473 Algúns deles, como Elisabeth, a filla de Donna 00:04:34.586 --> 00:04:36.260 ensínanlles tunica ós seus fillos. 00:04:36.867 --> 00:04:40.361 Estes novos falantes crean contido, vídeos en Facebook e memes, tamén. 00:04:40.911 --> 00:04:42.252 (Risas) 00:04:44.098 --> 00:04:45.743 (Risas) 00:04:47.053 --> 00:04:48.840 (Risas) 00:04:49.150 --> 00:04:50.573 E canto máis publican, 00:04:50.642 --> 00:04:53.056 máis inspiran a outros tunica a implicarse. 00:04:53.526 --> 00:04:56.121 Recentemente, un membro da tribo de Texas 00:04:56.281 --> 00:05:00.258 preguntoulle a Elisabeth en Facebook como se dicía "Benditas estas terras". 00:05:01.818 --> 00:05:04.818 Era para un cartel no seu xardín que mostrase ós seus veciños 00:05:04.945 --> 00:05:07.703 que a súa cultura estaba viva e prosperando. 00:05:08.804 --> 00:05:11.853 O hebreo, o córnico e o tunica son só tres exemplos 00:05:11.895 --> 00:05:15.096 dunha vaga de activismo lingüístico presente en tódolos continentes. 00:05:15.486 --> 00:05:18.293 Xa sexan falantes de jèrriais das Illas do Canal 00:05:18.783 --> 00:05:22.159 ou falantes de lingua de signos kenyana de Nairobi 00:05:22.771 --> 00:05:24.461 tódalas comunidades que traballan 00:05:24.528 --> 00:05:27.658 por preservar ou recuperar unha lingua teñen unha cousa en común: 00:05:28.036 --> 00:05:31.946 medios de comunicación para compartir e ensinar a lingua. 00:05:32.096 --> 00:05:33.932 E co crecemento de internet 00:05:34.427 --> 00:05:36.980 que posibilita maior acceso a medios e maior creación 00:05:37.658 --> 00:05:40.568 a preservación e a recuperación de linguas ancestrais 00:05:40.624 --> 00:05:42.534 é máis viable que nunca. 00:05:43.519 --> 00:05:45.569 Cales son as vosas linguas ancestrais? 00:05:46.086 --> 00:05:49.369 As miñas son o hebreo, o yiddish, o húngaro e o gaélico escocés 00:05:49.369 --> 00:05:50.833 aínda que me criei en inglés. 00:05:51.717 --> 00:05:55.304 E, afortunadamente para min, estas linguas están dispoñibles en liña. 00:05:55.595 --> 00:05:58.062 O hebreo especialmente: viña instalado no meu iPhone 00:05:58.497 --> 00:06:01.470 está incluído en Google Translate e incluso ten autocorrector. 00:06:02.298 --> 00:06:05.128 E aínda que a vosa lingua non teña un apoio tan amplo 00:06:05.429 --> 00:06:08.920 anímovos a investigar, porque é probable que alguén nalgún sitio 00:06:09.550 --> 00:06:11.108 empezara a subilo á rede. 00:06:11.738 --> 00:06:16.201 Reclamar a túa lingua e aceptar a túa cultura 00:06:16.582 --> 00:06:20.040 é un xeito poderoso de ser ti mesmo na era da globalización. 00:06:21.118 --> 00:06:23.817 Porque, como hai pouco aprendín a dicir en hebreo 00:06:24.237 --> 00:06:26.487 "'nḥnw 'dyyn k'n" -- 00:06:26.851 --> 00:06:28.249 "Seguimos aquí". 00:06:28.459 --> 00:06:29.362 Grazas.