1 00:00:01,500 --> 00:00:03,736 As linguas non morren de forma natural. 2 00:00:04,456 --> 00:00:07,451 As linguas maternas abandónanse por algún tipo de presión. 3 00:00:08,331 --> 00:00:10,585 Moitas veces, a presión é política. 4 00:00:11,977 --> 00:00:15,290 En 1892, un xeneral do exército dos EEUU, Richard Henry Pratt 5 00:00:15,350 --> 00:00:17,913 dixo que matar as culturas indíxenas 6 00:00:17,973 --> 00:00:20,645 era a única alternativa a matar as persoas indíxenas. 7 00:00:22,073 --> 00:00:24,351 Dixo: "Maten o indio, pero salven o home". 8 00:00:25,190 --> 00:00:28,735 E, ata 1978, iso foi o que fixo o Goberno. 9 00:00:28,835 --> 00:00:31,441 Apartaron os nenos indíxenas das súas familias 10 00:00:32,239 --> 00:00:35,138 para levalos a internados onde lles asignaban nomes ingleses 11 00:00:35,581 --> 00:00:37,657 e os castigaban por falar a súa lingua. 12 00:00:38,627 --> 00:00:41,935 A asimilación era un complemento do xenocidio. 13 00:00:44,115 --> 00:00:46,361 Hoxe existen 7.000 linguas no mundo 14 00:00:46,451 --> 00:00:48,837 pero poucas son recoñecidas polos seus gobernos 15 00:00:48,897 --> 00:00:50,529 ou están presentes en Internet. 16 00:00:51,009 --> 00:00:53,335 Para moitas persoas da maior parte das culturas 17 00:00:53,395 --> 00:00:56,101 a globalización segue a ser profundamente alienante. 18 00:00:57,021 --> 00:00:59,882 Supón abandonar a túa lingua en beneficio da doutra persoa. 19 00:01:01,597 --> 00:01:02,774 E se nada cambia 20 00:01:02,824 --> 00:01:06,842 poderían desaparecer ata 3.000 linguas en 80 anos. 21 00:01:07,960 --> 00:01:09,504 Pero as cousas están cambiando. 22 00:01:10,299 --> 00:01:13,961 Arredor do mundo, os pobos están revitalizando linguas ancestrais 23 00:01:14,347 --> 00:01:16,122 e reconstruíndo as súas culturas. 24 00:01:17,235 --> 00:01:20,091 Polo que sabemos, a reivindicación de idiomas 25 00:01:20,221 --> 00:01:23,419 comezou no século XIX, cando, co auxe do antisemitismo 26 00:01:23,482 --> 00:01:26,363 as comunidades xudías usaron a súa lingua ancestral, o hebreo 27 00:01:26,593 --> 00:01:28,714 como método de recuperación cultural. 28 00:01:30,076 --> 00:01:32,645 A pesar de non usarse durante máis de 1.000 anos 29 00:01:32,725 --> 00:01:35,859 o hebreo estaba ben conservado en libros relixiosos e filosóficos. 30 00:01:36,358 --> 00:01:39,395 Os activistas xudeus estudárono e ensináronllelo ós seus fillos 31 00:01:39,399 --> 00:01:42,977 educando os primeiros falantes nativos en 100 xeracións. 32 00:01:44,567 --> 00:01:47,296 Hoxe, é a lingua materna de 5 millóns de xudeus. 33 00:01:47,806 --> 00:01:49,365 E, polo menos para min 34 00:01:49,518 --> 00:01:53,199 como membro asimilado e falante de inglés da diáspora xudía 35 00:01:53,893 --> 00:01:55,882 é un piar de soberanía cultural. 36 00:01:57,298 --> 00:01:58,756 Dous mil anos despois 37 00:01:59,346 --> 00:02:00,720 seguimos aquí. 38 00:02:02,800 --> 00:02:06,015 Ata hai pouco, a recuperación do hebreo era unha anomalía. 39 00:02:06,765 --> 00:02:09,431 Hai poucas linguas tan ben conservadas 40 00:02:09,551 --> 00:02:13,302 e a creación de Israel, o primeiro estado xudeu en 1.000 anos 41 00:02:13,575 --> 00:02:16,047 proporcionou un espazo para o uso diario do hebreo. 42 00:02:16,874 --> 00:02:20,292 Noutras palabras, a maioría das culturas non tiveron esa oportunidade. 43 00:02:20,702 --> 00:02:24,859 (Vídeo) Bos días, son Elizabeth e vivo en Cornualles. 44 00:02:25,179 --> 00:02:28,348 Isto é córnico, a lingua ancestral de Cornualles 45 00:02:28,459 --> 00:02:31,317 que hoxe é tecnicamente un condado do sur de Inglaterra. 46 00:02:32,607 --> 00:02:35,864 No século XX, os activistas córnicos loitaron pola súa cultura. 47 00:02:36,800 --> 00:02:39,327 A lingua non se usara en máis de 100 anos 48 00:02:39,396 --> 00:02:42,586 pero usaron libros e obras antigas para ensinarllo ós nenos. 49 00:02:43,166 --> 00:02:47,169 Pero estes novos falantes estaban espallados por Cornualles 50 00:02:47,629 --> 00:02:49,762 e non podían usar a lingua libremente. 51 00:02:50,633 --> 00:02:53,253 Nos 90, o córnico espertara 52 00:02:53,583 --> 00:02:55,134 pero non prosperaba. 53 00:02:56,824 --> 00:03:00,794 A comezos do s. XXI, os falantes de córnico coñecéronse en liña 54 00:03:01,184 --> 00:03:04,919 e aproveitaron os espazos dixitais para falar a diario. 55 00:03:05,969 --> 00:03:08,678 A partir de aí, organizaron eventos periódicos 56 00:03:08,803 --> 00:03:11,114 para reunírense e falaren en público. 57 00:03:12,094 --> 00:03:14,628 Hoxe, algunhas escolas ensinan córnico. 58 00:03:15,617 --> 00:03:18,341 Hai sinais e anuncios de xeado en córnico 59 00:03:18,541 --> 00:03:20,614 artigos na Wikipedia e memes. 60 00:03:22,434 --> 00:03:24,311 (Risas) 61 00:03:26,360 --> 00:03:29,050 (Risas) 62 00:03:30,470 --> 00:03:33,273 Coa lingua intacta outra vez, o pobo córnico asegurou 63 00:03:33,377 --> 00:03:38,071 o recoñecemento como nación celta, xunto a Irlanda, Escocia e Gales. 64 00:03:38,772 --> 00:03:41,367 Enfrontáronse a séculos de asimilación forzada 65 00:03:41,411 --> 00:03:43,599 e dixeron: "Non somos un condado de Inglaterra. 66 00:03:43,650 --> 00:03:45,250 Somos un pobo por dereito propio. 67 00:03:45,788 --> 00:03:46,958 E seguimos aquí". 68 00:03:47,741 --> 00:03:49,364 E non son os únicos. 69 00:03:49,464 --> 00:03:53,491 A tribo tunica-biloxi de Luisiana está rescatando a súa lingua ancestral. 70 00:03:53,874 --> 00:03:58,728 (Vídeo) Chámome Teyana. Os meus amigos chámanme "Tormenta queda". 71 00:03:59,798 --> 00:04:03,485 Empezou nos anos 80. Donna Pierite e a súa familia 72 00:04:03,625 --> 00:04:06,215 comezaron a viaxar a Baton Rouge e Nova Orleáns 73 00:04:06,675 --> 00:04:10,136 para fotocopiar dicionarios antigos gardados en arquivos universitarios. 74 00:04:10,654 --> 00:04:13,210 O obxectivo era estudar o tunica 75 00:04:13,390 --> 00:04:16,171 e ensinárllelo ós nenos e compartilo coa comunidade. 76 00:04:17,321 --> 00:04:20,604 Hoxe están conseguindo un rexurdimento do tunica. 77 00:04:21,393 --> 00:04:26,237 Desde 2014, hai case 100 falantes en clases de inmersión lingüística 78 00:04:26,751 --> 00:04:28,784 e, segundo un censo de 2017 79 00:04:29,216 --> 00:04:31,696 32 novas persoas falan a lingua con fluidez. 80 00:04:31,796 --> 00:04:34,473 Algúns deles, como Elisabeth, a filla de Donna 81 00:04:34,586 --> 00:04:36,260 ensínanlles tunica ós seus fillos. 82 00:04:36,867 --> 00:04:40,361 Estes novos falantes crean contido, vídeos en Facebook e memes, tamén. 83 00:04:40,911 --> 00:04:42,252 (Risas) 84 00:04:44,098 --> 00:04:45,743 (Risas) 85 00:04:47,053 --> 00:04:48,840 (Risas) 86 00:04:49,150 --> 00:04:50,573 E canto máis publican, 87 00:04:50,642 --> 00:04:53,056 máis inspiran a outros tunica a implicarse. 88 00:04:53,526 --> 00:04:56,121 Recentemente, un membro da tribo de Texas 89 00:04:56,281 --> 00:05:00,258 preguntoulle a Elisabeth en Facebook como se dicía "Benditas estas terras". 90 00:05:01,818 --> 00:05:04,818 Era para un cartel no seu xardín que mostrase ós seus veciños 91 00:05:04,945 --> 00:05:07,703 que a súa cultura estaba viva e prosperando. 92 00:05:08,804 --> 00:05:11,853 O hebreo, o córnico e o tunica son só tres exemplos 93 00:05:11,895 --> 00:05:15,096 dunha vaga de activismo lingüístico presente en tódolos continentes. 94 00:05:15,486 --> 00:05:18,293 Xa sexan falantes de jèrriais das Illas do Canal 95 00:05:18,783 --> 00:05:22,159 ou falantes de lingua de signos kenyana de Nairobi 96 00:05:22,771 --> 00:05:24,461 tódalas comunidades que traballan 97 00:05:24,528 --> 00:05:27,658 por preservar ou recuperar unha lingua teñen unha cousa en común: 98 00:05:28,036 --> 00:05:31,946 medios de comunicación para compartir e ensinar a lingua. 99 00:05:32,096 --> 00:05:33,932 E co crecemento de internet 100 00:05:34,427 --> 00:05:36,980 que posibilita maior acceso a medios e maior creación 101 00:05:37,658 --> 00:05:40,568 a preservación e a recuperación de linguas ancestrais 102 00:05:40,624 --> 00:05:42,534 é máis viable que nunca. 103 00:05:43,519 --> 00:05:45,569 Cales son as vosas linguas ancestrais? 104 00:05:46,086 --> 00:05:49,369 As miñas son o hebreo, o yiddish, o húngaro e o gaélico escocés 105 00:05:49,369 --> 00:05:50,833 aínda que me criei en inglés. 106 00:05:51,717 --> 00:05:55,304 E, afortunadamente para min, estas linguas están dispoñibles en liña. 107 00:05:55,595 --> 00:05:58,062 O hebreo especialmente: viña instalado no meu iPhone 108 00:05:58,497 --> 00:06:01,470 está incluído en Google Translate e incluso ten autocorrector. 109 00:06:02,298 --> 00:06:05,128 E aínda que a vosa lingua non teña un apoio tan amplo 110 00:06:05,429 --> 00:06:08,920 anímovos a investigar, porque é probable que alguén nalgún sitio 111 00:06:09,550 --> 00:06:11,108 empezara a subilo á rede. 112 00:06:11,738 --> 00:06:16,201 Reclamar a túa lingua e aceptar a túa cultura 113 00:06:16,582 --> 00:06:20,040 é un xeito poderoso de ser ti mesmo na era da globalización. 114 00:06:21,118 --> 00:06:23,817 Porque, como hai pouco aprendín a dicir en hebreo 115 00:06:24,237 --> 00:06:26,487 "'nḥnw 'dyyn k'n" -- 116 00:06:26,851 --> 00:06:28,249 "Seguimos aquí". 117 00:06:28,459 --> 00:06:29,362 Grazas.