0:00:01.500,0:00:03.736 As linguas non morren [br]de forma natural. 0:00:04.456,0:00:07.451 As linguas maternas abandónanse[br]por algún tipo de presión. 0:00:08.331,0:00:10.585 Moitas veces, a presión é política. 0:00:11.977,0:00:15.290 En 1892, un xeneral do exército dos EEUU,[br]Richard Henry Pratt 0:00:15.350,0:00:17.913 dixo que matar as culturas indíxenas 0:00:17.973,0:00:20.645 era a única alternativa[br]a matar as persoas indíxenas. 0:00:22.073,0:00:24.351 Dixo: "Maten o indio, [br]pero salven o home". 0:00:25.190,0:00:28.735 E, ata 1978,[br]iso foi o que fixo o Goberno. 0:00:28.835,0:00:31.441 Apartaron os nenos indíxenas[br]das súas familias 0:00:32.239,0:00:35.138 para levalos a internados[br]onde lles asignaban nomes ingleses 0:00:35.581,0:00:37.657 e os castigaban por falar a súa lingua. 0:00:38.627,0:00:41.935 A asimilación era un complemento [br]do xenocidio. 0:00:44.115,0:00:46.361 Hoxe existen 7.000 linguas no mundo 0:00:46.451,0:00:48.837 pero poucas[br]son recoñecidas polos seus gobernos 0:00:48.897,0:00:50.529 ou están presentes en Internet. 0:00:51.009,0:00:53.335 Para moitas persoas[br]da maior parte das culturas 0:00:53.395,0:00:56.101 a globalización[br]segue a ser profundamente alienante. 0:00:57.021,0:00:59.882 Supón abandonar a túa lingua[br]en beneficio da doutra persoa. 0:01:01.597,0:01:02.774 E se nada cambia 0:01:02.824,0:01:06.842 poderían desaparecer[br]ata 3.000 linguas en 80 anos. 0:01:07.960,0:01:09.504 Pero as cousas están cambiando. 0:01:10.299,0:01:13.961 Arredor do mundo, os pobos[br]están revitalizando linguas ancestrais 0:01:14.347,0:01:16.122 e reconstruíndo as súas culturas. 0:01:17.235,0:01:20.091 Polo que sabemos, [br]a reivindicación de idiomas 0:01:20.221,0:01:23.419 comezou no século XIX, cando,[br]co auxe do antisemitismo 0:01:23.482,0:01:26.363 as comunidades xudías[br]usaron a súa lingua ancestral, o hebreo 0:01:26.593,0:01:28.714 como método de recuperación cultural. 0:01:30.076,0:01:32.645 A pesar de non usarse[br]durante máis de 1.000 anos 0:01:32.725,0:01:35.859 o hebreo estaba ben conservado[br]en libros relixiosos e filosóficos. 0:01:36.358,0:01:39.395 Os activistas xudeus[br]estudárono e ensináronllelo ós seus fillos 0:01:39.399,0:01:42.977 educando os primeiros falantes nativos[br]en 100 xeracións. 0:01:44.567,0:01:47.296 Hoxe, é a lingua materna[br]de 5 millóns de xudeus. 0:01:47.806,0:01:49.365 E, polo menos para min 0:01:49.518,0:01:53.199 como membro asimilado e falante de inglés[br]da diáspora xudía 0:01:53.893,0:01:55.882 é un piar de soberanía cultural. 0:01:57.298,0:01:58.756 Dous mil anos despois 0:01:59.346,0:02:00.720 seguimos aquí. 0:02:02.800,0:02:06.015 Ata hai pouco, a recuperación do hebreo[br]era unha anomalía. 0:02:06.765,0:02:09.431 Hai poucas linguas tan ben conservadas 0:02:09.551,0:02:13.302 e a creación de Israel,[br]o primeiro estado xudeu en 1.000 anos 0:02:13.575,0:02:16.047 proporcionou un espazo[br]para o uso diario do hebreo. 0:02:16.874,0:02:20.292 Noutras palabras, a maioría das culturas[br]non tiveron esa oportunidade. 0:02:20.702,0:02:24.859 (Vídeo) Bos días, son Elizabeth[br]e vivo en Cornualles. 0:02:25.179,0:02:28.348 Isto é córnico,[br]a lingua ancestral de Cornualles 0:02:28.459,0:02:31.317 que hoxe é tecnicamente[br]un condado do sur de Inglaterra. 0:02:32.607,0:02:35.864 No século XX, os activistas córnicos[br]loitaron pola súa cultura. 0:02:36.800,0:02:39.327 A lingua non se usara en máis de 100 anos 0:02:39.396,0:02:42.586 pero usaron libros e obras antigas[br]para ensinarllo ós nenos. 0:02:43.166,0:02:47.169 Pero estes novos falantes[br]estaban espallados por Cornualles 0:02:47.629,0:02:49.762 e non podían usar a lingua libremente. 0:02:50.633,0:02:53.253 Nos 90, o córnico espertara 0:02:53.583,0:02:55.134 pero non prosperaba. 0:02:56.824,0:03:00.794 A comezos do s. XXI,[br]os falantes de córnico coñecéronse en liña 0:03:01.184,0:03:04.919 e aproveitaron os espazos dixitais[br]para falar a diario. 0:03:05.969,0:03:08.678 A partir de aí,[br]organizaron eventos periódicos 0:03:08.803,0:03:11.114 para reunírense e falaren en público. 0:03:12.094,0:03:14.628 Hoxe, algunhas escolas ensinan córnico. 0:03:15.617,0:03:18.341 Hai sinais e anuncios de xeado en córnico 0:03:18.541,0:03:20.614 artigos na Wikipedia e memes. 0:03:22.434,0:03:24.311 (Risas) 0:03:26.360,0:03:29.050 (Risas) 0:03:30.470,0:03:33.273 Coa lingua intacta outra vez,[br]o pobo córnico asegurou 0:03:33.377,0:03:38.071 o recoñecemento como nación celta,[br]xunto a Irlanda, Escocia e Gales. 0:03:38.772,0:03:41.367 Enfrontáronse[br]a séculos de asimilación forzada 0:03:41.411,0:03:43.599 e dixeron:[br]"Non somos un condado de Inglaterra. 0:03:43.650,0:03:45.250 Somos un pobo por dereito propio. 0:03:45.788,0:03:46.958 E seguimos aquí". 0:03:47.741,0:03:49.364 E non son os únicos. 0:03:49.464,0:03:53.491 A tribo tunica-biloxi de Luisiana[br]está rescatando a súa lingua ancestral. 0:03:53.874,0:03:58.728 (Vídeo) Chámome Teyana.[br]Os meus amigos chámanme "Tormenta queda". 0:03:59.798,0:04:03.485 Empezou nos anos 80.[br]Donna Pierite e a súa familia 0:04:03.625,0:04:06.215 comezaron a viaxar[br]a Baton Rouge e Nova Orleáns 0:04:06.675,0:04:10.136 para fotocopiar dicionarios antigos[br]gardados en arquivos universitarios. 0:04:10.654,0:04:13.210 O obxectivo era estudar o tunica 0:04:13.390,0:04:16.171 e ensinárllelo ós nenos[br]e compartilo coa comunidade. 0:04:17.321,0:04:20.604 Hoxe están conseguindo[br]un rexurdimento do tunica. 0:04:21.393,0:04:26.237 Desde 2014, hai case 100 falantes[br]en clases de inmersión lingüística 0:04:26.751,0:04:28.784 e, segundo un censo de 2017 0:04:29.216,0:04:31.696 32 novas persoas[br]falan a lingua con fluidez. 0:04:31.796,0:04:34.473 Algúns deles,[br]como Elisabeth, a filla de Donna 0:04:34.586,0:04:36.260 ensínanlles tunica ós seus fillos. 0:04:36.867,0:04:40.361 Estes novos falantes crean contido,[br]vídeos en Facebook e memes, tamén. 0:04:40.911,0:04:42.252 (Risas) 0:04:44.098,0:04:45.743 (Risas) 0:04:47.053,0:04:48.840 (Risas) 0:04:49.150,0:04:50.573 E canto máis publican, 0:04:50.642,0:04:53.056 máis inspiran[br]a outros tunica a implicarse. 0:04:53.526,0:04:56.121 Recentemente,[br]un membro da tribo de Texas 0:04:56.281,0:05:00.258 preguntoulle a Elisabeth en Facebook[br]como se dicía "Benditas estas terras". 0:05:01.818,0:05:04.818 Era para un cartel no seu xardín[br]que mostrase ós seus veciños 0:05:04.945,0:05:07.703 que a súa cultura[br]estaba viva e prosperando. 0:05:08.804,0:05:11.853 O hebreo, o córnico e o tunica[br]son só tres exemplos 0:05:11.895,0:05:15.096 dunha vaga de activismo lingüístico[br]presente en tódolos continentes. 0:05:15.486,0:05:18.293 Xa sexan falantes de jèrriais[br]das Illas do Canal 0:05:18.783,0:05:22.159 ou falantes de lingua de signos kenyana[br]de Nairobi 0:05:22.771,0:05:24.461 tódalas comunidades que traballan 0:05:24.528,0:05:27.658 por preservar ou recuperar unha lingua[br]teñen unha cousa en común: 0:05:28.036,0:05:31.946 medios de comunicación[br]para compartir e ensinar a lingua. 0:05:32.096,0:05:33.932 E co crecemento de internet 0:05:34.427,0:05:36.980 que posibilita maior acceso a medios[br]e maior creación 0:05:37.658,0:05:40.568 a preservación e a recuperación[br]de linguas ancestrais 0:05:40.624,0:05:42.534 é máis viable que nunca. 0:05:43.519,0:05:45.569 Cales son as vosas linguas ancestrais? 0:05:46.086,0:05:49.369 As miñas son o hebreo, o yiddish,[br]o húngaro e o gaélico escocés 0:05:49.369,0:05:50.833 aínda que me criei en inglés. 0:05:51.717,0:05:55.304 E, afortunadamente para min,[br]estas linguas están dispoñibles en liña. 0:05:55.595,0:05:58.062 O hebreo especialmente:[br]viña instalado no meu iPhone 0:05:58.497,0:06:01.470 está incluído en Google Translate[br]e incluso ten autocorrector. 0:06:02.298,0:06:05.128 E aínda que a vosa lingua[br]non teña un apoio tan amplo 0:06:05.429,0:06:08.920 anímovos a investigar,[br]porque é probable que alguén nalgún sitio 0:06:09.550,0:06:11.108 empezara a subilo á rede. 0:06:11.738,0:06:16.201 Reclamar a túa lingua[br]e aceptar a túa cultura 0:06:16.582,0:06:20.040 é un xeito poderoso de ser ti mesmo[br]na era da globalización. 0:06:21.118,0:06:23.817 Porque, como hai pouco[br]aprendín a dicir en hebreo 0:06:24.237,0:06:26.487 "'nḥnw 'dyyn k'n" -- 0:06:26.851,0:06:28.249 "Seguimos aquí". 0:06:28.459,0:06:29.362 Grazas.