WEBVTT 00:00:01.071 --> 00:00:04.015 Non entraba nos meus plans converterme en activista do clima. 00:00:04.579 --> 00:00:06.844 Pero as cousas cambiaron, 00:00:06.868 --> 00:00:09.928 así que aquí estou diante de vós, como activista do clima, 00:00:09.952 --> 00:00:12.308 e pídovos que vós tamén vos fagades activistas. 00:00:13.193 --> 00:00:14.690 Estes son os motivos, 00:00:14.714 --> 00:00:16.868 e, o que é máis importante, a forma de facelo. NOTE Paragraph 00:00:18.821 --> 00:00:22.312 Hai dez anos, cando eu tiña 13, 00:00:22.336 --> 00:00:24.935 aprendín o que era o efecto invernadoiro. 00:00:25.887 --> 00:00:29.705 Daquela dedicabámoslle 90 minutos a esta cuestión 00:00:29.729 --> 00:00:31.865 e lembro que me irritaba bastante 00:00:31.889 --> 00:00:34.106 que algo tan fundamental 00:00:34.130 --> 00:00:36.959 se despachase nunha única clase de xeografía. 00:00:38.123 --> 00:00:41.969 Parte desa irritación quedou aí, así que ao rematar a secundaria, 00:00:41.993 --> 00:00:44.291 decidín estudar xeografía, 00:00:44.315 --> 00:00:48.541 para asegurarme de que non ía descamiñada nesta cuestión do cambio climático. NOTE Paragraph 00:00:49.487 --> 00:00:52.362 Foi entón cando todo mudou. 00:00:53.492 --> 00:00:55.690 Era a primeira vez que miraba os datos, 00:00:55.714 --> 00:00:58.493 as evidencias científicas que hai trala crise climática, 00:00:58.881 --> 00:01:01.339 e non podía crer o que estaba a ler. 00:01:01.985 --> 00:01:04.104 Coma moitos de vós, 00:01:04.128 --> 00:01:07.332 eu pensaba que o estado do planeta non era precisamente bo. 00:01:08.562 --> 00:01:13.578 Non tiña nin idea de que iamos directos a este desastre autoinflixido 00:01:13.602 --> 00:01:15.600 a semellante velocidade. 00:01:16.636 --> 00:01:19.971 Foi tamén entón cando entendín o distinto que resulta todo 00:01:19.995 --> 00:01:22.149 desde unha perspectiva máis ampla. 00:01:22.173 --> 00:01:25.883 Tomemos, por exemplo, a concentración de CO2 na atmosfera, 00:01:25.907 --> 00:01:28.079 o principal causante do quecemento global. 00:01:28.487 --> 00:01:30.274 Si, ten mala pinta. 00:01:30.298 --> 00:01:33.782 Semella que imos por moi mal camiño. 00:01:34.362 --> 00:01:37.585 Pero é cando miramos non só os últimos 60 anos 00:01:37.609 --> 00:01:39.223 senón os últimos 10.000 anos, 00:01:39.247 --> 00:01:42.173 cando entendemos o aterrador que é. 00:01:43.512 --> 00:01:47.147 E este é só un dos aspectos da crise que estamos a vivir. 00:01:47.922 --> 00:01:51.284 Non vou entrar en detalles, pero pódovos dicir isto: 00:01:52.546 --> 00:01:55.479 chegamos a un punto da nosa historia 00:01:55.503 --> 00:02:00.786 no que a forza máis destrutiva do planeta é a propia humanidade. 00:02:00.810 --> 00:02:03.224 Chegamos a un punto 00:02:03.248 --> 00:02:07.586 no que ningún científico nos pode garantir que imos sobrevivir a isto. 00:02:08.547 --> 00:02:11.146 Chegamos a un punto 00:02:11.170 --> 00:02:14.882 no que a humanidade está a crear un medio ambiente 00:02:14.906 --> 00:02:18.258 que xa non é seguro para os seres humanos. NOTE Paragraph 00:02:20.353 --> 00:02:21.950 Si, aí estaba eu, 00:02:22.878 --> 00:02:24.214 primeiro ano de xeografía, 00:02:24.238 --> 00:02:25.689 e bastante anguriada. 00:02:25.713 --> 00:02:26.879 Pero... 00:02:27.329 --> 00:02:28.906 non todo eran malas noticias. 00:02:30.584 --> 00:02:33.288 Aquel mesmo ano no que me decatei de todo isto, 00:02:33.622 --> 00:02:37.225 líderes de todo o mundo xuntáronse en París 00:02:37.249 --> 00:02:43.055 para acordar o obxectivo común de limitar o quecemento a menos de dous graos. 00:02:43.763 --> 00:02:45.376 As fotos deron a volta ao mundo, 00:02:45.400 --> 00:02:47.885 e dixéronme que aquel foi un día histórico. 00:02:48.949 --> 00:02:50.505 Que alivio, verdade? NOTE Paragraph 00:02:52.358 --> 00:02:53.519 Só que... 00:02:54.430 --> 00:02:57.806 algo non saíu como se esperaba. 00:02:59.314 --> 00:03:02.132 Despois de que se asinase ese acordo, 00:03:02.156 --> 00:03:04.225 as cousas seguiron sen mellorar. 00:03:04.249 --> 00:03:06.799 De feito, foron a moito peor. 00:03:07.823 --> 00:03:11.867 Os dirixentes e as industrias, os líderes e os políticos, 00:03:11.891 --> 00:03:15.434 volveron ás andadas, 00:03:15.458 --> 00:03:19.426 explotando o noso medio de subsistencia coma se literalmente non houbese un mañá, 00:03:20.252 --> 00:03:23.892 construíndo centrais de carbón unha e outra vez, 00:03:23.916 --> 00:03:26.467 aínda que sabemos que iso ten que parar, 00:03:26.491 --> 00:03:28.501 segundo o Acordo de París. NOTE Paragraph 00:03:30.369 --> 00:03:33.561 Así que, aínda que por suposto melloran certas cousas 00:03:33.585 --> 00:03:37.727 --si, hai instalacións de enerxía solar e eólica por todo o planeta -- 00:03:37.751 --> 00:03:41.871 estes cambios positivos son lentos --lentos de máis, de feito. 00:03:41.895 --> 00:03:44.570 Dende a sinatura do Acordo de París, 00:03:44.594 --> 00:03:47.649 os gráficos sobre o clima seguen seguen disparados cara ao cumio, 00:03:47.673 --> 00:03:50.408 batendo récords ano tras ano. 00:03:50.432 --> 00:03:52.864 Os cinco anos máis calorosos rexistrados ata hoxe 00:03:52.888 --> 00:03:55.391 foron os últimos cinco 00:03:55.415 --> 00:04:00.846 e as emisións globais nunca acadaran o nivel actual. NOTE Paragraph 00:04:03.003 --> 00:04:04.184 Así que aí estaba eu, 00:04:04.208 --> 00:04:07.215 observando e entendendo os datos científicos por un lado, 00:04:07.239 --> 00:04:12.295 pero sen ver respostas, sen ver acción polo outro. 00:04:13.684 --> 00:04:16.617 Nese punto, farteime. 00:04:16.641 --> 00:04:20.048 Quixen ir eu mesma á Conferencia sobre o Clima da ONU, 00:04:20.072 --> 00:04:24.624 ese preciso lugar que se creou para que a xente se xuntase 00:04:24.648 --> 00:04:26.511 para amañar o clima 00:04:26.535 --> 00:04:29.006 --só que polo visto non o fan. 00:04:29.030 --> 00:04:30.180 Iso foi o ano pasado. 00:04:30.204 --> 00:04:33.452 Viaxei á Conferencia sobre o Clima para saber 00:04:33.476 --> 00:04:35.842 como é realmente, de que vai. 00:04:37.344 --> 00:04:41.459 Aos realistas políticos pode que non os sorprenda, 00:04:42.253 --> 00:04:44.378 pero eu atopeino difícil de aturar: 00:04:44.402 --> 00:04:49.854 que as industrias dos combustibles fósiles e os líderes políticos 00:04:49.878 --> 00:04:54.392 están a facer absolutamente todo o posible para que non se produzan cambios reais. 00:04:54.823 --> 00:04:58.431 Non teñen o menor interese en fixar obxectivos abondo ambiciosos 00:04:58.455 --> 00:05:01.071 que fagan viable o máximo de dous graos de aumento. 00:05:02.163 --> 00:05:07.641 Despois de todo, son os únicos que se benefician da crise climática, non? 00:05:07.665 --> 00:05:10.556 A industria dos combustibles fósiles dá beneficios 00:05:10.580 --> 00:05:14.154 e os líderes políticos, en fin, eles pensan nas seguintes eleccións, 00:05:14.178 --> 00:05:15.659 no que lles dá popularidade, 00:05:15.683 --> 00:05:18.945 e supoño que non é precisamente facer preguntas incómodas. 00:05:19.760 --> 00:05:23.065 Non teñen intención de cambiar as regras de xogo. 00:05:23.393 --> 00:05:28.519 Non hai ningún país no mundo no que as empresas ou os poderes políticos 00:05:28.543 --> 00:05:31.811 sufran sancións se destrúen o clima. NOTE Paragraph 00:05:34.201 --> 00:05:39.973 Malia a estrañeza e a tristura que me provocou a conferencia, 00:05:39.997 --> 00:05:42.231 houbo alguén diferente, 00:05:42.255 --> 00:05:46.496 alguén que parecía bastante preocupada. 00:05:46.520 --> 00:05:48.391 Esa persoa era Greta Thunberg. 00:05:49.129 --> 00:05:53.470 Nese momento decidín que todo o demais era inútil 00:05:53.494 --> 00:05:54.971 e carecía de sentido, 00:05:54.995 --> 00:05:58.268 e uninme á súa folga do clima na propia conferencia. 00:05:58.292 --> 00:06:01.087 Era a miña primeira folga do clima 00:06:01.111 --> 00:06:03.333 e o contexto era incriblemente estraño, 00:06:03.357 --> 00:06:06.574 as dúas alí soas sentadas naquela sala de conferencias, 00:06:06.598 --> 00:06:11.546 rodeadas de xente ben traxada 00:06:11.570 --> 00:06:14.677 que non tiña nin idea de que facer con nós. 00:06:15.602 --> 00:06:19.600 E, con todo, isto semellaba moito máis potente 00:06:19.624 --> 00:06:23.051 do que esperara en moito tempo. 00:06:24.279 --> 00:06:28.006 E entón sentín que se cadra chegara o momento 00:06:28.030 --> 00:06:29.673 de comezar a folga en Alemaña. 00:06:29.857 --> 00:06:33.027 Agora estaba segura de que ninguén ía amañar isto por nós, 00:06:33.267 --> 00:06:39.109 e se había unha mínima esperanza de que isto tivese impacto, 00:06:39.133 --> 00:06:42.195 parecería unha idiotez non intentalo. 00:06:43.482 --> 00:06:45.620 Así que -- NOTE Paragraph 00:06:45.644 --> 00:06:52.624 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:06:54.805 --> 00:06:56.565 Así que volvín para Berlín. 00:06:56.589 --> 00:07:00.419 Atopei aliados que tiveran a mesma idea ao mesmo tempo, 00:07:00.443 --> 00:07:04.434 e xuntos decidimos intentar isto dos "Venres polo futuro". 00:07:04.458 --> 00:07:07.563 É evidente que non tiñamos nin idea de onde nos metíamos. 00:07:07.991 --> 00:07:10.979 Con anterioridade á primeira folga, moitos de nós, eu incluída, 00:07:11.003 --> 00:07:15.927 nunca antes organizaramos manifestacións ou protestas de ningún tipo. 00:07:15.951 --> 00:07:17.843 Non tiñamos cartos nin recursos 00:07:17.867 --> 00:07:21.722 nin a menor idea do que implica poñerse en folga polo clima. 00:07:21.746 --> 00:07:24.539 Así que comezamos facendo o que se nos daba mellor: 00:07:25.099 --> 00:07:26.910 comezamos a enviar mensaxes de texto, 00:07:26.934 --> 00:07:29.812 mensaxes en masa, día e noite, a todos os que podiamos, 00:07:29.836 --> 00:07:33.094 e organizamos a nosa primeira folga polo clima por Whatsapp. NOTE Paragraph 00:07:34.105 --> 00:07:38.091 A noite antes da nosa primeira folga, estaba tan nerviosa que non durmín. 00:07:38.481 --> 00:07:41.982 Non sabía que podía esperar, pero esperaba o peor. 00:07:44.188 --> 00:07:50.072 Se cadra foi porque non eramos os únicos 00:07:50.096 --> 00:07:54.558 que devecían por ter voz nun contexto político 00:07:54.582 --> 00:07:58.810 que parecera esquecer como incluír a perspectiva da xente nova 00:07:58.834 --> 00:08:01.418 na toma de decisións; pode que fose iso. 00:08:02.049 --> 00:08:04.470 O caso é que, dalgún xeito, funcionou. 00:08:04.987 --> 00:08:07.490 E dun día para outro, 00:08:07.514 --> 00:08:09.067 estabamos por todas partes. 00:08:09.666 --> 00:08:12.514 E dun día para outro, 00:08:12.514 --> 00:08:14.515 convertínme en activista do clima. NOTE Paragraph 00:08:17.459 --> 00:08:18.754 Normalmente, 00:08:19.983 --> 00:08:22.250 nestas charlas TED, 00:08:22.274 --> 00:08:25.263 agora diría que é demasiado optimista, 00:08:25.287 --> 00:08:27.763 que a xente nova vai resolver isto, 00:08:27.787 --> 00:08:31.231 que imos salvar o futuro e o planeta e todo iso, 00:08:31.255 --> 00:08:33.596 que os rapaces que nos manifestamos polo clima 00:08:33.620 --> 00:08:34.911 imos amañar isto. 00:08:35.671 --> 00:08:36.855 Normalmente. 00:08:38.677 --> 00:08:40.214 Pero non é así como funciona. 00:08:40.238 --> 00:08:43.208 Non é así como funciona esta crise. 00:08:44.223 --> 00:08:45.768 Hai algo co que non contabamos: 00:08:47.049 --> 00:08:52.550 hoxe, tres anos e medio despois de que se asinase o Acordo de París, 00:08:52.574 --> 00:08:55.215 cando miramos os datos científicos, 00:08:55.239 --> 00:08:58.319 vemos que aínda é posible manter o quecemento global 00:08:58.343 --> 00:08:59.915 por debaixo de dous graos -- 00:09:01.107 --> 00:09:02.422 tecnicamente. 00:09:03.442 --> 00:09:07.306 E tamén vemos que aínda é posible deter outros procesos desastrosos, 00:09:07.330 --> 00:09:10.320 como a extinción masiva de especies ou a degradación do solo -- 00:09:10.344 --> 00:09:12.403 si, tecnicamente. 00:09:13.668 --> 00:09:18.825 É extremadamente improbable. NOTE Paragraph 00:09:21.341 --> 00:09:23.800 E de calquera xeito, 00:09:23.824 --> 00:09:27.151 terian que producirse no mundo cambios 00:09:27.175 --> 00:09:29.434 que nunca antes experimentamos. 00:09:30.102 --> 00:09:34.012 Teríamos que descarbonizar por completo as nosas economías antes do 2050 00:09:34.036 --> 00:09:36.697 e transformar o reparto de poderes 00:09:36.721 --> 00:09:40.676 que hoxe lles permite aos xigantes dos combustibles fósiles e aos políticos 00:09:40.700 --> 00:09:42.516 manter o control das regras. 00:09:43.562 --> 00:09:47.711 Falamos nada menos que da maior transformación 00:09:47.735 --> 00:09:49.693 dende a Revolución Industrial. 00:09:49.717 --> 00:09:51.918 Falamos, por así dicilo, 00:09:51.942 --> 00:09:54.177 dunha revolución climática 00:09:55.637 --> 00:09:57.798 nun período de tempo mínimo. 00:09:57.822 --> 00:10:01.009 Non poderiamos perder nin un só ano máis. NOTE Paragraph 00:10:02.875 --> 00:10:06.889 E, en calquera caso, para que algo diso puidese acontecer, 00:10:07.889 --> 00:10:11.378 o mundo ten que deixar de depender 00:10:11.402 --> 00:10:15.491 de un ou dous ou tres millóns de escolares en folga para resolver isto. 00:10:16.286 --> 00:10:18.827 Si, somos estupendos, imos seguir adiante 00:10:18.851 --> 00:10:22.364 e imos chegar a sitios nos que ninguén nos esperou ver ata agora, si. 00:10:22.888 --> 00:10:24.733 Pero non somos o tope; 00:10:24.757 --> 00:10:26.278 somos o comezo. 00:10:27.414 --> 00:10:29.851 Esta non é unha tarefa para unha soa xeración. 00:10:29.875 --> 00:10:31.956 É unha tarefa para a humanidade. 00:10:32.692 --> 00:10:36.523 Neste momento todas as miradas se centran en vós. 00:10:38.411 --> 00:10:39.754 Para que este cambio ocorra, 00:10:39.778 --> 00:10:43.477 teremos que resolver un millón de cousas. 00:10:44.051 --> 00:10:46.481 Ao fin e ao cabo, é algo incriblemente complexo. 00:10:47.897 --> 00:10:49.048 Pero... 00:10:50.376 --> 00:10:53.380 hai algunhas cousas polas que todos e cada un podemos comezar. NOTE Paragraph 00:10:53.721 --> 00:10:57.489 As malas novas primeiro: se pensabades que ía dicirvos que usedes máis a bici, 00:10:57.513 --> 00:11:00.884 comades menos carne, usedes menos o avión, ou merquedes de segunda man, 00:11:00.908 --> 00:11:03.453 síntoo; non é tan sinxelo. 00:11:03.477 --> 00:11:05.158 Pero aquí veñen as boas novas: 00:11:05.633 --> 00:11:09.882 Sodes máis ca simples consumidores, 00:11:09.906 --> 00:11:13.602 aínda que á industria lle gustaría que vos limitásedes a ser só iso. 00:11:13.626 --> 00:11:18.397 Non, vós e máis eu somos todos seres políticos, 00:11:18.421 --> 00:11:21.968 e podemos ser todos parte desta resposta. 00:11:21.992 --> 00:11:26.554 Todos podemos ser algo que moitos chaman activistas do clima. 00:11:26.578 --> 00:11:27.742 Hurra? NOTE Paragraph 00:11:27.766 --> 00:11:29.296 (Risas) NOTE Paragraph 00:11:29.320 --> 00:11:30.738 Cales son os primeiros pasos? 00:11:30.762 --> 00:11:34.708 Hai catro primeiros pasos esenciais para lograr facer todo o demais, 00:11:34.732 --> 00:11:38.505 catro primeiros pasos polos que todo o mundo pode comezar, 00:11:38.529 --> 00:11:44.432 catro primeiros pasos decisivos para todo o que pode vir despois. NOTE Paragraph 00:11:45.178 --> 00:11:46.553 Cales son logo? NOTE Paragraph 00:11:47.573 --> 00:11:48.783 En primeiro lugar: 00:11:50.086 --> 00:11:54.054 Temos que revisar completamente o noso concepto de activista do clima, 00:11:54.078 --> 00:11:59.016 o xeito de vermos a persoa que pode ser a resposta a isto. 00:11:59.977 --> 00:12:03.668 Un activista do clima non é alguén que leu ata o último estudo 00:12:03.692 --> 00:12:08.650 e pasa as tardes repartindo folletos sobre vexetarianismo 00:12:08.674 --> 00:12:10.030 polos centros comerciais. 00:12:10.165 --> 00:12:11.076 Non. 00:12:11.100 --> 00:12:14.226 Activista do clima pode ser calquera, 00:12:14.250 --> 00:12:19.441 calquera disposto a unirse a un movemento dos que queren chegar a vellos 00:12:19.465 --> 00:12:23.369 nun planeta que prioriza a protección dos espazos naturais 00:12:23.393 --> 00:12:26.106 e a felicidade e a saúde da maioría 00:12:26.130 --> 00:12:30.450 por riba da destrución do clima e a devastación do planeta 00:12:30.474 --> 00:12:32.109 para beneficio duns poucos. 00:12:33.232 --> 00:12:37.905 E dado que a crise do clima afecta a tódolos aspectos da nosa vida 00:12:37.929 --> 00:12:40.468 social, política e privada, 00:12:40.492 --> 00:12:43.545 fan falla activistas do clima en cada recuncho, 00:12:43.569 --> 00:12:44.947 non só en cada sala, 00:12:44.971 --> 00:12:48.392 senón tamén en cada cidade, país, estado e continente. NOTE Paragraph 00:12:50.478 --> 00:12:51.730 En segundo lugar: 00:12:53.341 --> 00:12:57.939 Necesito que saiades desa zona de comodidade, 00:12:57.963 --> 00:13:01.066 que vos afastedes dunha normalidade na que non hai mañá. 00:13:02.931 --> 00:13:06.893 Todos e cada un de vós sodes un amigo, un parente, 00:13:06.917 --> 00:13:09.513 un traballador, un colega, un estudante, un profesor 00:13:09.537 --> 00:13:11.150 ou, en moitos casos, un votante. 00:13:11.632 --> 00:13:14.656 Todo iso implica unha responsabilidade 00:13:14.680 --> 00:13:17.726 que esta crise esixe que asumades con madurez. 00:13:18.776 --> 00:13:22.258 Está a empresa que vos dá traballo 00:13:22.282 --> 00:13:23.937 ou vos patrocina. 00:13:24.477 --> 00:13:27.265 Vai na dirección correcta para cumprir o Acordo de París? 00:13:27.932 --> 00:13:31.028 Os representantes políticos locais saben que che importa isto, 00:13:31.052 --> 00:13:33.649 que queres que sexa prioritario en cada elección? 00:13:33.673 --> 00:13:35.609 O teu mellor amigo sabe algo disto? 00:13:36.077 --> 00:13:40.051 Les un periódico ou escribes nun periódico? Xenial. 00:13:40.075 --> 00:13:43.435 Entón que saiban que queres información sobre isto en tódalas edicións, 00:13:43.459 --> 00:13:48.088 e que cuestionen os responsables políticos en cada entrevista. 00:13:49.718 --> 00:13:53.045 Se es cantante, canta sobre isto. Se es profesor, ensina sobre isto. 00:13:53.075 --> 00:13:56.061 E se tes conta nun banco, dilles que vas marchar 00:13:56.061 --> 00:13:58.750 se seguen a investir en combustibles fósiles. 00:13:59.410 --> 00:14:02.716 E, por suposto, os venres todos deberiades saber que facer. NOTE Paragraph 00:14:05.495 --> 00:14:06.703 En terceiro lugar: 00:14:07.340 --> 00:14:13.251 Saír da zona de comodidade funciona mellor cando unimos forzas. 00:14:14.608 --> 00:14:17.750 Que unha persoa pida un cambio incómodo 00:14:17.774 --> 00:14:21.397 é, sobre todo, incómodo. 00:14:21.421 --> 00:14:25.302 Cando dúas, cinco, dez, cen persoas piden un cambio incómodo 00:14:25.326 --> 00:14:26.883 son difíciles de ignorar. 00:14:26.907 --> 00:14:29.857 Cantos máis sexades, máis difícil lles vai resultar xustificar 00:14:29.857 --> 00:14:31.962 un sistema que carece de futuro. 00:14:32.831 --> 00:14:35.968 O poder non é algo que se ten ou non se ten. 00:14:35.992 --> 00:14:38.914 O poder é algo que ou tomas ti ou llo deixas a outros, 00:14:38.938 --> 00:14:41.211 e medra cando o compartes. 00:14:42.227 --> 00:14:44.914 Os rapaces que saímos á rúa, que facemos folga estudantil 00:14:44.914 --> 00:14:47.056 demostramos como pode funcionar. 00:14:47.080 --> 00:14:51.339 Un só escolar en folga será sempre un só escolar en folga -- 00:14:51.363 --> 00:14:52.798 ou Greta Thunberg. 00:14:52.822 --> 00:14:55.841 Dous, cinco, dez, mil escolares en folga son un movemento, 00:14:55.841 --> 00:14:57.778 e iso é o que precisamos en todas partes. 00:14:57.778 --> 00:14:59.079 Non quero meter presión. NOTE Paragraph 00:14:59.103 --> 00:15:00.356 (Risas) NOTE Paragraph 00:15:00.955 --> 00:15:03.876 E, por último, en cuarto lugar -- 00:15:03.900 --> 00:15:08.692 probablemente o aspecto máis importante de todos -- 00:15:11.653 --> 00:15:15.384 Necesito que comecedes a tomarvos máis en serio a vós mesmos. 00:15:16.457 --> 00:15:18.727 Se algo aprendín 00:15:18.751 --> 00:15:22.610 nos sete meses de organización da acción climática, 00:15:22.634 --> 00:15:24.952 é que se ti non vas por algo, 00:15:25.840 --> 00:15:28.525 hai moitas probabilidades de que ninguén máis o faga. 00:15:29.724 --> 00:15:33.340 As institucións máis poderosas deste mundo 00:15:33.364 --> 00:15:38.367 non teñen intención de cambiar as regras de xogo que máis os benefician, 00:15:38.391 --> 00:15:41.133 así que non ten sentido seguir confiando neles. 00:15:42.308 --> 00:15:43.817 Mete medo, seino. 00:15:44.341 --> 00:15:48.351 É unha responsabilidade enorme e unha carga enorme sobre os ombros, si. 00:15:49.716 --> 00:15:51.584 Pero tamén significa que, 00:15:51.608 --> 00:15:53.063 se queremos, 00:15:53.857 --> 00:15:55.722 podemos ter voz nisto. 00:15:57.191 --> 00:16:00.251 Podemos ser parte dese cambio. Podemos ser parte desa resposta. 00:16:01.038 --> 00:16:03.087 E iso é bastante fermoso, non si? NOTE Paragraph 00:16:04.484 --> 00:16:06.602 Intentémolo, movámonos, 00:16:06.626 --> 00:16:09.079 enchamos o mundo de activistas do clima. 00:16:09.649 --> 00:16:11.992 Saiamos das zonas de comodidade 00:16:12.016 --> 00:16:15.662 e unamos forzas e comecemos a tomarnos máis en serio. 00:16:17.119 --> 00:16:19.694 Imaxinade como sería este mundo 00:16:19.718 --> 00:16:22.633 no que os nenos medrarían 00:16:22.657 --> 00:16:28.780 sabendo que o seu futuro é esta grande ansiada aventura 00:16:28.804 --> 00:16:30.397 e non algo que mete medo, 00:16:31.905 --> 00:16:35.568 como sería este mundo se a próxima convención sobre o clima 00:16:35.592 --> 00:16:40.066 fose un gran encontro de persoas 00:16:40.090 --> 00:16:42.636 que escoitaron as voces de millóns 00:16:42.660 --> 00:16:46.913 e se arremangaron dispostos a crear un auténtico cambio. NOTE Paragraph 00:16:48.152 --> 00:16:49.313 Sabedes? 00:16:50.394 --> 00:16:52.041 Eu soño con ese mundo 00:16:53.057 --> 00:16:59.052 no que nas clases de xeografía ensinan que a crise climática 00:16:59.076 --> 00:17:02.123 foi ese gran desafío 00:17:02.147 --> 00:17:05.826 que superaron persoas coma vós e coma min, 00:17:06.865 --> 00:17:09.176 que comezaron a actuar a tempo 00:17:09.200 --> 00:17:12.896 porque entenderon que non tiñan nada que perder 00:17:12.920 --> 00:17:14.931 e todo que gañar. NOTE Paragraph 00:17:16.472 --> 00:17:17.988 Así que por que non intentalo? 00:17:18.012 --> 00:17:20.235 Ninguén máis vai salvar o futuro por nós. 00:17:20.842 --> 00:17:23.285 É máis ca unha invitación. Correde a voz. NOTE Paragraph 00:17:23.309 --> 00:17:24.519 Grazas. NOTE Paragraph 00:17:24.543 --> 00:17:29.683 (Aplausos)