1 00:00:01,071 --> 00:00:04,015 Non entraba nos meus plans converterme en activista do clima. 2 00:00:04,579 --> 00:00:06,844 Pero as cousas cambiaron, 3 00:00:06,868 --> 00:00:09,928 así que aquí estou diante de vós, como activista do clima, 4 00:00:09,952 --> 00:00:12,308 e pídovos que vós tamén vos fagades activistas. 5 00:00:13,193 --> 00:00:14,690 Estes son os motivos, 6 00:00:14,714 --> 00:00:16,868 e, o que é máis importante, a forma de facelo. 7 00:00:18,821 --> 00:00:22,312 Hai dez anos, cando eu tiña 13, 8 00:00:22,336 --> 00:00:24,935 aprendín o que era o efecto invernadoiro. 9 00:00:25,887 --> 00:00:29,705 Daquela dedicabámoslle 90 minutos a esta cuestión 10 00:00:29,729 --> 00:00:31,865 e lembro que me irritaba bastante 11 00:00:31,889 --> 00:00:34,106 que algo tan fundamental 12 00:00:34,130 --> 00:00:36,959 se despachase nunha única clase de xeografía. 13 00:00:38,123 --> 00:00:41,969 Parte desa irritación quedou aí, así que ao rematar a secundaria, 14 00:00:41,993 --> 00:00:44,291 decidín estudar xeografía, 15 00:00:44,315 --> 00:00:48,541 para asegurarme de que non ía descamiñada nesta cuestión do cambio climático. 16 00:00:49,487 --> 00:00:52,362 Foi entón cando todo mudou. 17 00:00:53,492 --> 00:00:55,690 Era a primeira vez que miraba os datos, 18 00:00:55,714 --> 00:00:58,493 as evidencias científicas que hai trala crise climática, 19 00:00:58,881 --> 00:01:01,339 e non podía crer o que estaba a ler. 20 00:01:01,985 --> 00:01:04,104 Coma moitos de vós, 21 00:01:04,128 --> 00:01:07,332 eu pensaba que o estado do planeta non era precisamente bo. 22 00:01:08,562 --> 00:01:13,578 Non tiña nin idea de que iamos directos a este desastre autoinflixido 23 00:01:13,602 --> 00:01:15,600 a semellante velocidade. 24 00:01:16,636 --> 00:01:19,971 Foi tamén entón cando entendín o distinto que resulta todo 25 00:01:19,995 --> 00:01:22,149 desde unha perspectiva máis ampla. 26 00:01:22,173 --> 00:01:25,883 Tomemos, por exemplo, a concentración de CO2 na atmosfera, 27 00:01:25,907 --> 00:01:28,079 o principal causante do quecemento global. 28 00:01:28,487 --> 00:01:30,274 Si, ten mala pinta. 29 00:01:30,298 --> 00:01:33,782 Semella que imos por moi mal camiño. 30 00:01:34,362 --> 00:01:37,585 Pero é cando miramos non só os últimos 60 anos 31 00:01:37,609 --> 00:01:39,223 senón os últimos 10.000 anos, 32 00:01:39,247 --> 00:01:42,173 cando entendemos o aterrador que é. 33 00:01:43,512 --> 00:01:47,147 E este é só un dos aspectos da crise que estamos a vivir. 34 00:01:47,922 --> 00:01:51,284 Non vou entrar en detalles, pero pódovos dicir isto: 35 00:01:52,546 --> 00:01:55,479 chegamos a un punto da nosa historia 36 00:01:55,503 --> 00:02:00,786 no que a forza máis destrutiva do planeta é a propia humanidade. 37 00:02:00,810 --> 00:02:03,224 Chegamos a un punto 38 00:02:03,248 --> 00:02:07,586 no que ningún científico nos pode garantir que imos sobrevivir a isto. 39 00:02:08,547 --> 00:02:11,146 Chegamos a un punto 40 00:02:11,170 --> 00:02:14,882 no que a humanidade está a crear un medio ambiente 41 00:02:14,906 --> 00:02:18,258 que xa non é seguro para os seres humanos. 42 00:02:20,353 --> 00:02:21,950 Si, aí estaba eu, 43 00:02:22,878 --> 00:02:24,214 primeiro ano de xeografía, 44 00:02:24,238 --> 00:02:25,689 e bastante anguriada. 45 00:02:25,713 --> 00:02:26,879 Pero... 46 00:02:27,329 --> 00:02:28,906 non todo eran malas noticias. 47 00:02:30,584 --> 00:02:33,288 Aquel mesmo ano no que me decatei de todo isto, 48 00:02:33,622 --> 00:02:37,225 líderes de todo o mundo xuntáronse en París 49 00:02:37,249 --> 00:02:43,055 para acordar o obxectivo común de limitar o quecemento a menos de dous graos. 50 00:02:43,763 --> 00:02:45,376 As fotos deron a volta ao mundo, 51 00:02:45,400 --> 00:02:47,885 e dixéronme que aquel foi un día histórico. 52 00:02:48,949 --> 00:02:50,505 Que alivio, verdade? 53 00:02:52,358 --> 00:02:53,519 Só que... 54 00:02:54,430 --> 00:02:57,806 algo non saíu como se esperaba. 55 00:02:59,314 --> 00:03:02,132 Despois de que se asinase ese acordo, 56 00:03:02,156 --> 00:03:04,225 as cousas seguiron sen mellorar. 57 00:03:04,249 --> 00:03:06,799 De feito, foron a moito peor. 58 00:03:07,823 --> 00:03:11,867 Os dirixentes e as industrias, os líderes e os políticos, 59 00:03:11,891 --> 00:03:15,434 volveron ás andadas, 60 00:03:15,458 --> 00:03:19,426 explotando o noso medio de subsistencia coma se literalmente non houbese un mañá, 61 00:03:20,252 --> 00:03:23,892 construíndo centrais de carbón unha e outra vez, 62 00:03:23,916 --> 00:03:26,467 aínda que sabemos que iso ten que parar, 63 00:03:26,491 --> 00:03:28,501 segundo o Acordo de París. 64 00:03:30,369 --> 00:03:33,561 Así que, aínda que por suposto melloran certas cousas 65 00:03:33,585 --> 00:03:37,727 --si, hai instalacións de enerxía solar e eólica por todo o planeta -- 66 00:03:37,751 --> 00:03:41,871 estes cambios positivos son lentos --lentos de máis, de feito. 67 00:03:41,895 --> 00:03:44,570 Dende a sinatura do Acordo de París, 68 00:03:44,594 --> 00:03:47,649 os gráficos sobre o clima seguen seguen disparados cara ao cumio, 69 00:03:47,673 --> 00:03:50,408 batendo récords ano tras ano. 70 00:03:50,432 --> 00:03:52,864 Os cinco anos máis calorosos rexistrados ata hoxe 71 00:03:52,888 --> 00:03:55,391 foron os últimos cinco 72 00:03:55,415 --> 00:04:00,846 e as emisións globais nunca acadaran o nivel actual. 73 00:04:03,003 --> 00:04:04,184 Así que aí estaba eu, 74 00:04:04,208 --> 00:04:07,215 observando e entendendo os datos científicos por un lado, 75 00:04:07,239 --> 00:04:12,295 pero sen ver respostas, sen ver acción polo outro. 76 00:04:13,684 --> 00:04:16,617 Nese punto, farteime. 77 00:04:16,641 --> 00:04:20,048 Quixen ir eu mesma á Conferencia sobre o Clima da ONU, 78 00:04:20,072 --> 00:04:24,624 ese preciso lugar que se creou para que a xente se xuntase 79 00:04:24,648 --> 00:04:26,511 para amañar o clima 80 00:04:26,535 --> 00:04:29,006 --só que polo visto non o fan. 81 00:04:29,030 --> 00:04:30,180 Iso foi o ano pasado. 82 00:04:30,204 --> 00:04:33,452 Viaxei á Conferencia sobre o Clima para saber 83 00:04:33,476 --> 00:04:35,842 como é realmente, de que vai. 84 00:04:37,344 --> 00:04:41,459 Aos realistas políticos pode que non os sorprenda, 85 00:04:42,253 --> 00:04:44,378 pero eu atopeino difícil de aturar: 86 00:04:44,402 --> 00:04:49,854 que as industrias dos combustibles fósiles e os líderes políticos 87 00:04:49,878 --> 00:04:54,392 están a facer absolutamente todo o posible para que non se produzan cambios reais. 88 00:04:54,823 --> 00:04:58,431 Non teñen o menor interese en fixar obxectivos abondo ambiciosos 89 00:04:58,455 --> 00:05:01,071 que fagan viable o máximo de dous graos de aumento. 90 00:05:02,163 --> 00:05:07,641 Despois de todo, son os únicos que se benefician da crise climática, non? 91 00:05:07,665 --> 00:05:10,556 A industria dos combustibles fósiles dá beneficios 92 00:05:10,580 --> 00:05:14,154 e os líderes políticos, en fin, eles pensan nas seguintes eleccións, 93 00:05:14,178 --> 00:05:15,659 no que lles dá popularidade, 94 00:05:15,683 --> 00:05:18,945 e supoño que non é precisamente facer preguntas incómodas. 95 00:05:19,760 --> 00:05:23,065 Non teñen intención de cambiar as regras de xogo. 96 00:05:23,393 --> 00:05:28,519 Non hai ningún país no mundo no que as empresas ou os poderes políticos 97 00:05:28,543 --> 00:05:31,811 sufran sancións se destrúen o clima. 98 00:05:34,201 --> 00:05:39,973 Malia a estrañeza e a tristura que me provocou a conferencia, 99 00:05:39,997 --> 00:05:42,231 houbo alguén diferente, 100 00:05:42,255 --> 00:05:46,496 alguén que parecía bastante preocupada. 101 00:05:46,520 --> 00:05:48,391 Esa persoa era Greta Thunberg. 102 00:05:49,129 --> 00:05:53,470 Nese momento decidín que todo o demais era inútil 103 00:05:53,494 --> 00:05:54,971 e carecía de sentido, 104 00:05:54,995 --> 00:05:58,268 e uninme á súa folga do clima na propia conferencia. 105 00:05:58,292 --> 00:06:01,087 Era a miña primeira folga do clima 106 00:06:01,111 --> 00:06:03,333 e o contexto era incriblemente estraño, 107 00:06:03,357 --> 00:06:06,574 as dúas alí soas sentadas naquela sala de conferencias, 108 00:06:06,598 --> 00:06:11,546 rodeadas de xente ben traxada 109 00:06:11,570 --> 00:06:14,677 que non tiña nin idea de que facer con nós. 110 00:06:15,602 --> 00:06:19,600 E, con todo, isto semellaba moito máis potente 111 00:06:19,624 --> 00:06:23,051 do que esperara en moito tempo. 112 00:06:24,279 --> 00:06:28,006 E entón sentín que se cadra chegara o momento 113 00:06:28,030 --> 00:06:29,673 de comezar a folga en Alemaña. 114 00:06:29,857 --> 00:06:33,027 Agora estaba segura de que ninguén ía amañar isto por nós, 115 00:06:33,267 --> 00:06:39,109 e se había unha mínima esperanza de que isto tivese impacto, 116 00:06:39,133 --> 00:06:42,195 parecería unha idiotez non intentalo. 117 00:06:43,482 --> 00:06:45,620 Así que -- 118 00:06:45,644 --> 00:06:52,624 (Aplausos) 119 00:06:54,805 --> 00:06:56,565 Así que volvín para Berlín. 120 00:06:56,589 --> 00:07:00,419 Atopei aliados que tiveran a mesma idea ao mesmo tempo, 121 00:07:00,443 --> 00:07:04,434 e xuntos decidimos intentar isto dos "Venres polo futuro". 122 00:07:04,458 --> 00:07:07,563 É evidente que non tiñamos nin idea de onde nos metíamos. 123 00:07:07,991 --> 00:07:10,979 Con anterioridade á primeira folga, moitos de nós, eu incluída, 124 00:07:11,003 --> 00:07:15,927 nunca antes organizaramos manifestacións ou protestas de ningún tipo. 125 00:07:15,951 --> 00:07:17,843 Non tiñamos cartos nin recursos 126 00:07:17,867 --> 00:07:21,722 nin a menor idea do que implica poñerse en folga polo clima. 127 00:07:21,746 --> 00:07:24,539 Así que comezamos facendo o que se nos daba mellor: 128 00:07:25,099 --> 00:07:26,910 comezamos a enviar mensaxes de texto, 129 00:07:26,934 --> 00:07:29,812 mensaxes en masa, día e noite, a todos os que podiamos, 130 00:07:29,836 --> 00:07:33,094 e organizamos a nosa primeira folga polo clima por Whatsapp. 131 00:07:34,105 --> 00:07:38,091 A noite antes da nosa primeira folga, estaba tan nerviosa que non durmín. 132 00:07:38,481 --> 00:07:41,982 Non sabía que podía esperar, pero esperaba o peor. 133 00:07:44,188 --> 00:07:50,072 Se cadra foi porque non eramos os únicos 134 00:07:50,096 --> 00:07:54,558 que devecían por ter voz nun contexto político 135 00:07:54,582 --> 00:07:58,810 que parecera esquecer como incluír a perspectiva da xente nova 136 00:07:58,834 --> 00:08:01,418 na toma de decisións; pode que fose iso. 137 00:08:02,049 --> 00:08:04,470 O caso é que, dalgún xeito, funcionou. 138 00:08:04,987 --> 00:08:07,490 E dun día para outro, 139 00:08:07,514 --> 00:08:09,067 estabamos por todas partes. 140 00:08:09,666 --> 00:08:12,514 E dun día para outro, 141 00:08:12,514 --> 00:08:14,515 convertínme en activista do clima. 142 00:08:17,459 --> 00:08:18,754 Normalmente, 143 00:08:19,983 --> 00:08:22,250 nestas charlas TED, 144 00:08:22,274 --> 00:08:25,263 agora diría que é demasiado optimista, 145 00:08:25,287 --> 00:08:27,763 que a xente nova vai resolver isto, 146 00:08:27,787 --> 00:08:31,231 que imos salvar o futuro e o planeta e todo iso, 147 00:08:31,255 --> 00:08:33,596 que os rapaces que nos manifestamos polo clima 148 00:08:33,620 --> 00:08:34,911 imos amañar isto. 149 00:08:35,671 --> 00:08:36,855 Normalmente. 150 00:08:38,677 --> 00:08:40,214 Pero non é así como funciona. 151 00:08:40,238 --> 00:08:43,208 Non é así como funciona esta crise. 152 00:08:44,223 --> 00:08:45,768 Hai algo co que non contabamos: 153 00:08:47,049 --> 00:08:52,550 hoxe, tres anos e medio despois de que se asinase o Acordo de París, 154 00:08:52,574 --> 00:08:55,215 cando miramos os datos científicos, 155 00:08:55,239 --> 00:08:58,319 vemos que aínda é posible manter o quecemento global 156 00:08:58,343 --> 00:08:59,915 por debaixo de dous graos -- 157 00:09:01,107 --> 00:09:02,422 tecnicamente. 158 00:09:03,442 --> 00:09:07,306 E tamén vemos que aínda é posible deter outros procesos desastrosos, 159 00:09:07,330 --> 00:09:10,320 como a extinción masiva de especies ou a degradación do solo -- 160 00:09:10,344 --> 00:09:12,403 si, tecnicamente. 161 00:09:13,668 --> 00:09:18,825 É extremadamente improbable. 162 00:09:21,341 --> 00:09:23,800 E de calquera xeito, 163 00:09:23,824 --> 00:09:27,151 terian que producirse no mundo cambios 164 00:09:27,175 --> 00:09:29,434 que nunca antes experimentamos. 165 00:09:30,102 --> 00:09:34,012 Teríamos que descarbonizar por completo as nosas economías antes do 2050 166 00:09:34,036 --> 00:09:36,697 e transformar o reparto de poderes 167 00:09:36,721 --> 00:09:40,676 que hoxe lles permite aos xigantes dos combustibles fósiles e aos políticos 168 00:09:40,700 --> 00:09:42,516 manter o control das regras. 169 00:09:43,562 --> 00:09:47,711 Falamos nada menos que da maior transformación 170 00:09:47,735 --> 00:09:49,693 dende a Revolución Industrial. 171 00:09:49,717 --> 00:09:51,918 Falamos, por así dicilo, 172 00:09:51,942 --> 00:09:54,177 dunha revolución climática 173 00:09:55,637 --> 00:09:57,798 nun período de tempo mínimo. 174 00:09:57,822 --> 00:10:01,009 Non poderiamos perder nin un só ano máis. 175 00:10:02,875 --> 00:10:06,889 E, en calquera caso, para que algo diso puidese acontecer, 176 00:10:07,889 --> 00:10:11,378 o mundo ten que deixar de depender 177 00:10:11,402 --> 00:10:15,491 de un ou dous ou tres millóns de escolares en folga para resolver isto. 178 00:10:16,286 --> 00:10:18,827 Si, somos estupendos, imos seguir adiante 179 00:10:18,851 --> 00:10:22,364 e imos chegar a sitios nos que ninguén nos esperou ver ata agora, si. 180 00:10:22,888 --> 00:10:24,733 Pero non somos o tope; 181 00:10:24,757 --> 00:10:26,278 somos o comezo. 182 00:10:27,414 --> 00:10:29,851 Esta non é unha tarefa para unha soa xeración. 183 00:10:29,875 --> 00:10:31,956 É unha tarefa para a humanidade. 184 00:10:32,692 --> 00:10:36,523 Neste momento todas as miradas se centran en vós. 185 00:10:38,411 --> 00:10:39,754 Para que este cambio ocorra, 186 00:10:39,778 --> 00:10:43,477 teremos que resolver un millón de cousas. 187 00:10:44,051 --> 00:10:46,481 Ao fin e ao cabo, é algo incriblemente complexo. 188 00:10:47,897 --> 00:10:49,048 Pero... 189 00:10:50,376 --> 00:10:53,380 hai algunhas cousas polas que todos e cada un podemos comezar. 190 00:10:53,721 --> 00:10:57,489 As malas novas primeiro: se pensabades que ía dicirvos que usedes máis a bici, 191 00:10:57,513 --> 00:11:00,884 comades menos carne, usedes menos o avión, ou merquedes de segunda man, 192 00:11:00,908 --> 00:11:03,453 síntoo; non é tan sinxelo. 193 00:11:03,477 --> 00:11:05,158 Pero aquí veñen as boas novas: 194 00:11:05,633 --> 00:11:09,882 Sodes máis ca simples consumidores, 195 00:11:09,906 --> 00:11:13,602 aínda que á industria lle gustaría que vos limitásedes a ser só iso. 196 00:11:13,626 --> 00:11:18,397 Non, vós e máis eu somos todos seres políticos, 197 00:11:18,421 --> 00:11:21,968 e podemos ser todos parte desta resposta. 198 00:11:21,992 --> 00:11:26,554 Todos podemos ser algo que moitos chaman activistas do clima. 199 00:11:26,578 --> 00:11:27,742 Hurra? 200 00:11:27,766 --> 00:11:29,296 (Risas) 201 00:11:29,320 --> 00:11:30,738 Cales son os primeiros pasos? 202 00:11:30,762 --> 00:11:34,708 Hai catro primeiros pasos esenciais para lograr facer todo o demais, 203 00:11:34,732 --> 00:11:38,505 catro primeiros pasos polos que todo o mundo pode comezar, 204 00:11:38,529 --> 00:11:44,432 catro primeiros pasos decisivos para todo o que pode vir despois. 205 00:11:45,178 --> 00:11:46,553 Cales son logo? 206 00:11:47,573 --> 00:11:48,783 En primeiro lugar: 207 00:11:50,086 --> 00:11:54,054 Temos que revisar completamente o noso concepto de activista do clima, 208 00:11:54,078 --> 00:11:59,016 o xeito de vermos a persoa que pode ser a resposta a isto. 209 00:11:59,977 --> 00:12:03,668 Un activista do clima non é alguén que leu ata o último estudo 210 00:12:03,692 --> 00:12:08,650 e pasa as tardes repartindo folletos sobre vexetarianismo 211 00:12:08,674 --> 00:12:10,030 polos centros comerciais. 212 00:12:10,165 --> 00:12:11,076 Non. 213 00:12:11,100 --> 00:12:14,226 Activista do clima pode ser calquera, 214 00:12:14,250 --> 00:12:19,441 calquera disposto a unirse a un movemento dos que queren chegar a vellos 215 00:12:19,465 --> 00:12:23,369 nun planeta que prioriza a protección dos espazos naturais 216 00:12:23,393 --> 00:12:26,106 e a felicidade e a saúde da maioría 217 00:12:26,130 --> 00:12:30,450 por riba da destrución do clima e a devastación do planeta 218 00:12:30,474 --> 00:12:32,109 para beneficio duns poucos. 219 00:12:33,232 --> 00:12:37,905 E dado que a crise do clima afecta a tódolos aspectos da nosa vida 220 00:12:37,929 --> 00:12:40,468 social, política e privada, 221 00:12:40,492 --> 00:12:43,545 fan falla activistas do clima en cada recuncho, 222 00:12:43,569 --> 00:12:44,947 non só en cada sala, 223 00:12:44,971 --> 00:12:48,392 senón tamén en cada cidade, país, estado e continente. 224 00:12:50,478 --> 00:12:51,730 En segundo lugar: 225 00:12:53,341 --> 00:12:57,939 Necesito que saiades desa zona de comodidade, 226 00:12:57,963 --> 00:13:01,066 que vos afastedes dunha normalidade na que non hai mañá. 227 00:13:02,931 --> 00:13:06,893 Todos e cada un de vós sodes un amigo, un parente, 228 00:13:06,917 --> 00:13:09,513 un traballador, un colega, un estudante, un profesor 229 00:13:09,537 --> 00:13:11,150 ou, en moitos casos, un votante. 230 00:13:11,632 --> 00:13:14,656 Todo iso implica unha responsabilidade 231 00:13:14,680 --> 00:13:17,726 que esta crise esixe que asumades con madurez. 232 00:13:18,776 --> 00:13:22,258 Está a empresa que vos dá traballo 233 00:13:22,282 --> 00:13:23,937 ou vos patrocina. 234 00:13:24,477 --> 00:13:27,265 Vai na dirección correcta para cumprir o Acordo de París? 235 00:13:27,932 --> 00:13:31,028 Os representantes políticos locais saben que che importa isto, 236 00:13:31,052 --> 00:13:33,649 que queres que sexa prioritario en cada elección? 237 00:13:33,673 --> 00:13:35,609 O teu mellor amigo sabe algo disto? 238 00:13:36,077 --> 00:13:40,051 Les un periódico ou escribes nun periódico? Xenial. 239 00:13:40,075 --> 00:13:43,435 Entón que saiban que queres información sobre isto en tódalas edicións, 240 00:13:43,459 --> 00:13:48,088 e que cuestionen os responsables políticos en cada entrevista. 241 00:13:49,718 --> 00:13:53,045 Se es cantante, canta sobre isto. Se es profesor, ensina sobre isto. 242 00:13:53,075 --> 00:13:56,061 E se tes conta nun banco, dilles que vas marchar 243 00:13:56,061 --> 00:13:58,750 se seguen a investir en combustibles fósiles. 244 00:13:59,410 --> 00:14:02,716 E, por suposto, os venres todos deberiades saber que facer. 245 00:14:05,495 --> 00:14:06,703 En terceiro lugar: 246 00:14:07,340 --> 00:14:13,251 Saír da zona de comodidade funciona mellor cando unimos forzas. 247 00:14:14,608 --> 00:14:17,750 Que unha persoa pida un cambio incómodo 248 00:14:17,774 --> 00:14:21,397 é, sobre todo, incómodo. 249 00:14:21,421 --> 00:14:25,302 Cando dúas, cinco, dez, cen persoas piden un cambio incómodo 250 00:14:25,326 --> 00:14:26,883 son difíciles de ignorar. 251 00:14:26,907 --> 00:14:29,857 Cantos máis sexades, máis difícil lles vai resultar xustificar 252 00:14:29,857 --> 00:14:31,962 un sistema que carece de futuro. 253 00:14:32,831 --> 00:14:35,968 O poder non é algo que se ten ou non se ten. 254 00:14:35,992 --> 00:14:38,914 O poder é algo que ou tomas ti ou llo deixas a outros, 255 00:14:38,938 --> 00:14:41,211 e medra cando o compartes. 256 00:14:42,227 --> 00:14:44,914 Os rapaces que saímos á rúa, que facemos folga estudantil 257 00:14:44,914 --> 00:14:47,056 demostramos como pode funcionar. 258 00:14:47,080 --> 00:14:51,339 Un só escolar en folga será sempre un só escolar en folga -- 259 00:14:51,363 --> 00:14:52,798 ou Greta Thunberg. 260 00:14:52,822 --> 00:14:55,841 Dous, cinco, dez, mil escolares en folga son un movemento, 261 00:14:55,841 --> 00:14:57,778 e iso é o que precisamos en todas partes. 262 00:14:57,778 --> 00:14:59,079 Non quero meter presión. 263 00:14:59,103 --> 00:15:00,356 (Risas) 264 00:15:00,955 --> 00:15:03,876 E, por último, en cuarto lugar -- 265 00:15:03,900 --> 00:15:08,692 probablemente o aspecto máis importante de todos -- 266 00:15:11,653 --> 00:15:15,384 Necesito que comecedes a tomarvos máis en serio a vós mesmos. 267 00:15:16,457 --> 00:15:18,727 Se algo aprendín 268 00:15:18,751 --> 00:15:22,610 nos sete meses de organización da acción climática, 269 00:15:22,634 --> 00:15:24,952 é que se ti non vas por algo, 270 00:15:25,840 --> 00:15:28,525 hai moitas probabilidades de que ninguén máis o faga. 271 00:15:29,724 --> 00:15:33,340 As institucións máis poderosas deste mundo 272 00:15:33,364 --> 00:15:38,367 non teñen intención de cambiar as regras de xogo que máis os benefician, 273 00:15:38,391 --> 00:15:41,133 así que non ten sentido seguir confiando neles. 274 00:15:42,308 --> 00:15:43,817 Mete medo, seino. 275 00:15:44,341 --> 00:15:48,351 É unha responsabilidade enorme e unha carga enorme sobre os ombros, si. 276 00:15:49,716 --> 00:15:51,584 Pero tamén significa que, 277 00:15:51,608 --> 00:15:53,063 se queremos, 278 00:15:53,857 --> 00:15:55,722 podemos ter voz nisto. 279 00:15:57,191 --> 00:16:00,251 Podemos ser parte dese cambio. Podemos ser parte desa resposta. 280 00:16:01,038 --> 00:16:03,087 E iso é bastante fermoso, non si? 281 00:16:04,484 --> 00:16:06,602 Intentémolo, movámonos, 282 00:16:06,626 --> 00:16:09,079 enchamos o mundo de activistas do clima. 283 00:16:09,649 --> 00:16:11,992 Saiamos das zonas de comodidade 284 00:16:12,016 --> 00:16:15,662 e unamos forzas e comecemos a tomarnos máis en serio. 285 00:16:17,119 --> 00:16:19,694 Imaxinade como sería este mundo 286 00:16:19,718 --> 00:16:22,633 no que os nenos medrarían 287 00:16:22,657 --> 00:16:28,780 sabendo que o seu futuro é esta grande ansiada aventura 288 00:16:28,804 --> 00:16:30,397 e non algo que mete medo, 289 00:16:31,905 --> 00:16:35,568 como sería este mundo se a próxima convención sobre o clima 290 00:16:35,592 --> 00:16:40,066 fose un gran encontro de persoas 291 00:16:40,090 --> 00:16:42,636 que escoitaron as voces de millóns 292 00:16:42,660 --> 00:16:46,913 e se arremangaron dispostos a crear un auténtico cambio. 293 00:16:48,152 --> 00:16:49,313 Sabedes? 294 00:16:50,394 --> 00:16:52,041 Eu soño con ese mundo 295 00:16:53,057 --> 00:16:59,052 no que nas clases de xeografía ensinan que a crise climática 296 00:16:59,076 --> 00:17:02,123 foi ese gran desafío 297 00:17:02,147 --> 00:17:05,826 que superaron persoas coma vós e coma min, 298 00:17:06,865 --> 00:17:09,176 que comezaron a actuar a tempo 299 00:17:09,200 --> 00:17:12,896 porque entenderon que non tiñan nada que perder 300 00:17:12,920 --> 00:17:14,931 e todo que gañar. 301 00:17:16,472 --> 00:17:17,988 Así que por que non intentalo? 302 00:17:18,012 --> 00:17:20,235 Ninguén máis vai salvar o futuro por nós. 303 00:17:20,842 --> 00:17:23,285 É máis ca unha invitación. Correde a voz. 304 00:17:23,309 --> 00:17:24,519 Grazas. 305 00:17:24,543 --> 00:17:29,683 (Aplausos)