Cheguei aos Estados Unidos desde Xamaica coa miña familia no verán de 1.968. Éramos seis e viviamos confinados nun piso de dúas habitacións nun edificio de tres andares en Brooklyn. No barrio vivían moitos nenos algúns falaban español e outros inglés. Ao comezo non me deixaban xogar con eles porque, como dicían meus pais, "Sonche moi rillotes" (Risos) así que só podía velos pola fiestra. Patinar era unha das actividades favoritas Encantáballes agarrarse á parte traseira dos buses e soltábanse cando o bus chegaba ó final da rúa diante do meu edificio. Un día, apareceu una nena nova. Ouvín os risos de sempre mesturados con: "Mira, mira!" "Mira, mira!" Falaban español. O grupo suxeitouse á parte traseira do bus ao comezo da rúa e segundo baixaban a rúa berrando "Mira, mira, mira, mira" o bus parou de súpeto. Os que tiñan máis experiencia ceibáronse, pero a nena nova golpeouse e caeu na beirarrúa. Non se movía. Os adultos correron a axudala. O condutor do bus saíu a ver qué pasara e chamar a unha ambulancia. Saíalle sangue da cabeza. Non abría os ollos. Esperamos pola ambulancia, esperamos e esperamos, até que alguén dixo: "Onde está a ambulancia?" "Onde está a ambulancia?" Por fin, chegou a policía. Un home negro maior dixo: "A ambulancia non vai vir." Repetiullo máis alto a un policía "Vostede sabe que non vai vir. Aquí nunca mandan ambulancias." O policía mirou para os meus veciños que comezaban a fartarse, recolleu a nena, meteuna no coche e marchou. Eu tiña dez anos. Sabía que isto non era xusto. Sabía que podiamos facer algo. O que eu puiden facer foi facerme médico Fíxenme médico interno e compromentinme a coidar daqueles ós que chamamos desatendidos, os vulnerábeis, como os meus primeiros veciños nos Estados Unidos. Durante os meus primeiros anos de formación no Harlem dos 80, presenciei un aumento de homes mozos con VIH. Cando me mudei a Miami, vin que o VIH tamén afectaba a mulleres e nenos principalmente xente pobre de cor. En poucos anos, unha infección que afectaba a un grupo da poboación tornouse nunha epidemia mundial. Volvín a sentir que tiña que facer algo. Por sorte, coa axuda de activistas, defensores, educadores e médicos coma min que tratan a enfermidade, atopamos un camiño. Investimos na educación para reducir a transmisión do VIH e proporcionar protección legal a aqueles coa enfermidade. Queriámosnos asegurar de que pacientes de todo o mundo sen importar o seu nivel económico puidesen ter acceso á medicación. Novos tratamentos xurdiron en poucas décadas e tornaron esta enfermidade mortal nunha enfermidade crónica como a diabetes. Agora até hai unha vacina no horizonte. Nos últimos cinco ou sete anos, estou a ver unha epidemia diferente nos pacientes en Florida, algo coma isto. Anna Mae, unha administrativa xubilada que vive dunha renda fixa en Opa-locka, veu a recoller as súas receitas. Tiña síntomas crónicos de presión arterial, diabetes, doenzas cardiovasculares e asma mesturados con doenza pulmonar obstrutiva crónica DPOC. Anna Mae era un dos meus pacientes máis regulares, así que me sorprendeu que precisase receitas novas tan axiña. Ao final da visita, Anna deume un papel da compañía eléctrica para que o asinase. Non pagara a factura da luz. O papel certificaba que o paciente tiña unha enfermidade grave que requería un equipamento que se vería prexudicado se lle cortaban a electricidade. "Pero señora Anna Mae," dixen, "Vostede non precisa dunha máquina para respirar, non creo que isto lle vaia valer." Tras algunhas preguntas, dixo que usaba o aire acondicionado día e noite porque non podía respirar coa calor. Como tiña que comprar mais inhaladores para a asma, non lle quedaba diñeiro para as facturas. Firmei o papel, pero como sabía que non lle ía valer, mandeille un traballador social. Tamén falei con Jorge, un bo home que moitas veces agasallábanos froitas que vendía nas rúas de Miami. Os seus riles non funcionaban ben e cando traballaba todo o día na rúa por causa da calor e deshidratación non lle chegaba o suficiente sangue aos riles. Os seus riles sempre estaban mellor cando descansaba uns días. Pero sen diñeiro, que ía facer? Como dicía: "Teño que traballar aínda que chova, faga sol, frío ou calor." Pero o peor caso era o de Sandra Faye Twiggs de Fort Lauderdale, quen tiña DPOC. Sandra fora arrestada tras pelexar coa sua filla por un ventilador. Cando saíu da cárcere, volveu ao seu piso e non parou de toser até que morreu tres días despois. Isto é o que vin: hai datos que mostran que as alerxias están a comezar antes, as temperaturas nocturnas están a aumentar, as árbores están a medrar mais rápido e os moquitos que transmiten doenzas perigosas como a Zika ou o dengue están a aparecer en áreas nas que antes non existían. Tamén estou a ver sinais de xentrificación climáticas. Isto acontece cando os ricos se mudan a áreas pobres que están en zonas máis elevadas polo que teñen menos probabilidades de asolagarse. Un exemplo é a miña paciente Marie, quen sufría estrés e ansiedade, porque fora desaloxadado seu piso en Little Haiti, Miami para poder construir un edificio de pisos de luxo. Os construtores creían que Little Haiti non se inundaría porque está a 3 metros sobre o nivel do mar. As temperaturas está a aumentar máis e máis. Unha emerxencia sanitaria maior có SIDA/VIH está cada vez máis preto, e os meus pacientes mais desfavorecidos déronme as primeiras probas de como vai ser. Esta nova epidemia é o cambio climático, e ten diferentes efectos para a saúde. Hai catro formas nas que o cambio climático nos poden influír. Direitamente, pola calor, fenómenos meteorolóxicos extremos e contaminación; polo contaxio de enfermidades, polos problemas co suministro de comida e auga, e afectando tamén o noso benestar emocional. En medicina usamos regras mnemotécnicas para axudar á memoria, esta "onda de calor" mnemotécnica amosa oito efectos do cambio climático na saúde. Doenzas relacionadas coa calor. Aumento das doenzas cardiovasculares e pulmonares. Empeoramento do asma. Lesións traumáticas, especialmente durante fenómenos meteorolóxicos extremos. Infeccións alimentarias. Empeoramento das alerxias. Enfermidades transmitidas por vectores como o Zika, dengue e doenza de Lyme. E finalemente, o aumento do estrés emocional Os pobres e vulnerábeis xa están a sentir os efectos do cambio climático. Son, metaforicamente, o paxaro na mina de carbón. As súas experiencias son coma profecías ou presaxios. Unha luz para amosarnos que estamos a facer algo co noso mundo que está a afectalos a eles primeiro. Pero seremos os seguintes. Se actuamos xuntos, médicos, pacientes e outros profesionais da saúde; atoparemos solucións. Xa fixemos isto coa crisis do VIH. Foi grazas ao activismo dos pacentes de VIH que demandaron medicacións e máis investigación e a colaboración de médicos e científicos que fomos capazes de controlar a epidemia. E grazas ás axencias internacionais de sáude, ONGs, políticos e farmacéuticas as persoas en países desfavorecidos tiveron acceso á medicación para o VIH. Este mesmo modelo de colaboración pode aplicarse para tratar os efectos do cambio climático antes de que sexa tarde. O cambio climático está aquí. Xa está a danar a saúde e os fogares dos máis desfavorecidos. Como o meu paciente Jorge, a maioría de nós teremos que traballar, aínda que chova, faga sol, vaia frío ou calor Pero se os pacientes e os médicos traballan xuntos e coas ferramentas necesarias, poden facer moito para que esta transición climática sexa menos perigosa para todos. Estes pacientes inspiráronme a crear unha organización de médicos para loitar contra o cambio climático. Centrámonos en entender os efectos do cambio climático na saúde, aprender a protexer os pacientes con doenzas causadas polo clima e fomentar solucións plausíbeis. Un estudo recente amosou que tres das profesións mais respectadas son enfermería, medicina e farmacia. Así que, como profesionais respectados, temos que alzar as nosas voces para pedir cambios nas políticas climáticas e na política en xeral. Hai tanto que podemos facer. Como médicos, o contacto direito cos nosos pacientes permítenos ser os primeiros en ver moitas cousas. Estamos nunha posición perfecta para estar á vanguarda do cambio. Podemos educar sobre doenzas climáticas nas universidase. Podemos estudar as doenzas climáticas dos nosos pacientes se nos aseguramos de catalogalos cos códigos correctos. Podemos facer estudos relacionados coa saúde e o clima. Podemos ensinar prácticas ecolóxicas nos fogares. Podemos defender as necesidades enerxéticas dos pacientes. Podemos axudalos a ter fogares máis seguros. Podemos equipar os seu fogares cos elementos necesarios que os axuden se a situación empeora. Podemos presentar os nosos achados ante os lexisladores e podemos tratar as doenzas climáticas dos nosos pacientes. E, sobre todo, podemos preparalos médica e fisicamente para os desafíos que afrontarán usando un modelo de medicina que incorpora xustiza económica e social. Esto significaría que Sandra Faye Twiggs con DPOC quen morreu cando saíu da cárcere tras pelexar coa súa filla por un ventilador, sabería que a calor na súa casa afectaba á súa saúde e ánimo e podería ter buscado un lugar máis seguro para refrescarse. Incluso, a súa casa nunca chegaría a estar tan quente. Aprendín dos pobres que as nosas vidas non só son vulnerbáeís, son tamén historias de resistencia, innovación e supervivencia. Como aquel vello sabio que berrou ó policía naquela noite de verán: "A ambulancia non vai vir," e fíxolle levar a pequena ó hospital. E saben que? Escoiten. Se vai haber unha resposta médica ó cambio climático, non vai estar a esperar por unha ambulancia. Vai ocorrer porque os médicos van dar o primeiro paso. Faremos tanto ruido, que o problema non se poderá ignorar ou malinterpretar. Comezará coas historias que contan os nosos pacientes e as historias que contamos no seu nome. Como sempre, faremos o mellor para os nosos pacientes, e tamén o mellor para o medio ambiente, para nós e para todo o mundo, todos. Grazas (Aplausos e asubíos)