1 00:00:01,292 --> 00:00:05,583 Cheguei aos Estados Unidos desde Xamaica coa miña familia no verán de 1.968. 2 00:00:06,083 --> 00:00:09,643 Éramos seis e viviamos confinados nun piso de dúas habitacións 3 00:00:09,667 --> 00:00:12,226 nun edificio de tres andares en Brooklyn. 4 00:00:12,250 --> 00:00:14,059 No barrio vivían moitos nenos 5 00:00:14,083 --> 00:00:16,726 algúns falaban español e outros inglés. 6 00:00:16,750 --> 00:00:19,184 Ao comezo non me deixaban xogar con eles 7 00:00:19,208 --> 00:00:22,143 porque, como dicían meus pais, "Sonche moi rillotes" 8 00:00:22,167 --> 00:00:23,184 (Risos) 9 00:00:23,208 --> 00:00:25,601 así que só podía velos pola fiestra. 10 00:00:25,625 --> 00:00:28,684 Patinar era unha das actividades favoritas 11 00:00:28,708 --> 00:00:31,601 Encantáballes agarrarse á parte traseira dos buses 12 00:00:31,625 --> 00:00:33,559 e soltábanse 13 00:00:33,583 --> 00:00:35,934 cando o bus chegaba ó final da rúa 14 00:00:35,958 --> 00:00:38,101 diante do meu edificio. 15 00:00:38,125 --> 00:00:40,559 Un día, apareceu una nena nova. 16 00:00:40,583 --> 00:00:44,934 Ouvín os risos de sempre mesturados con: "Mira, mira!" 17 00:00:44,958 --> 00:00:46,268 "Mira, mira!" 18 00:00:46,292 --> 00:00:48,101 Falaban español. 19 00:00:48,125 --> 00:00:52,101 O grupo suxeitouse á parte traseira do bus ao comezo da rúa 20 00:00:52,125 --> 00:00:56,643 e segundo baixaban a rúa berrando "Mira, mira, mira, mira" 21 00:00:56,667 --> 00:00:59,101 o bus parou de súpeto. 22 00:00:59,125 --> 00:01:02,684 Os que tiñan máis experiencia ceibáronse, 23 00:01:02,708 --> 00:01:06,393 pero a nena nova golpeouse e caeu na beirarrúa. 24 00:01:06,417 --> 00:01:08,083 Non se movía. 25 00:01:09,000 --> 00:01:11,268 Os adultos correron a axudala. 26 00:01:11,292 --> 00:01:13,601 O condutor do bus saíu a ver qué pasara 27 00:01:13,625 --> 00:01:15,309 e chamar a unha ambulancia. 28 00:01:15,333 --> 00:01:17,226 Saíalle sangue da cabeza. 29 00:01:17,250 --> 00:01:19,059 Non abría os ollos. 30 00:01:19,083 --> 00:01:20,476 Esperamos pola ambulancia, 31 00:01:20,500 --> 00:01:21,768 esperamos e esperamos, 32 00:01:21,792 --> 00:01:23,921 até que alguén dixo: "Onde está a ambulancia?" 33 00:01:23,925 --> 00:01:25,582 "Onde está a ambulancia?" 34 00:01:25,582 --> 00:01:27,785 Por fin, chegou a policía. 35 00:01:28,259 --> 00:01:32,300 Un home negro maior dixo: "A ambulancia non vai vir." 36 00:01:33,000 --> 00:01:35,684 Repetiullo máis alto a un policía 37 00:01:35,708 --> 00:01:37,893 "Vostede sabe que non vai vir. 38 00:01:37,917 --> 00:01:40,083 Aquí nunca mandan ambulancias." 39 00:01:41,083 --> 00:01:44,601 O policía mirou para os meus veciños que comezaban a fartarse, 40 00:01:44,625 --> 00:01:46,559 recolleu a nena, meteuna no coche 41 00:01:46,583 --> 00:01:48,018 e marchou. 42 00:01:48,042 --> 00:01:50,351 Eu tiña dez anos. 43 00:01:50,375 --> 00:01:52,184 Sabía que isto non era xusto. 44 00:01:52,208 --> 00:01:54,601 Sabía que podiamos facer algo. 45 00:01:54,625 --> 00:01:57,226 O que eu puiden facer foi facerme médico 46 00:01:57,250 --> 00:01:58,559 Fíxenme médico interno 47 00:01:58,583 --> 00:02:02,934 e compromentinme a coidar daqueles ós que chamamos desatendidos, 48 00:02:02,958 --> 00:02:04,268 os vulnerábeis, 49 00:02:04,292 --> 00:02:07,833 como os meus primeiros veciños nos Estados Unidos. 50 00:02:09,042 --> 00:02:13,268 Durante os meus primeiros anos de formación no Harlem dos 80, 51 00:02:13,292 --> 00:02:17,643 presenciei un aumento de homes mozos con VIH. 52 00:02:17,667 --> 00:02:19,476 Cando me mudei a Miami, 53 00:02:19,500 --> 00:02:22,393 vin que o VIH tamén afectaba a mulleres e nenos 54 00:02:22,417 --> 00:02:25,184 principalmente xente pobre de cor. 55 00:02:25,208 --> 00:02:29,518 En poucos anos, unha infección que afectaba a un grupo da poboación 56 00:02:29,542 --> 00:02:31,893 tornouse nunha epidemia mundial. 57 00:02:31,917 --> 00:02:34,559 Volvín a sentir que tiña que facer algo. 58 00:02:34,583 --> 00:02:38,684 Por sorte, coa axuda de activistas, defensores, educadores 59 00:02:38,708 --> 00:02:41,309 e médicos coma min que tratan a enfermidade, 60 00:02:41,333 --> 00:02:43,476 atopamos un camiño. 61 00:02:43,500 --> 00:02:47,726 Investimos na educación para reducir a transmisión do VIH 62 00:02:47,750 --> 00:02:51,309 e proporcionar protección legal a aqueles coa enfermidade. 63 00:02:51,333 --> 00:02:53,601 Queriámosnos asegurar de que 64 00:02:53,625 --> 00:02:57,101 pacientes de todo o mundo 65 00:02:57,125 --> 00:02:59,559 sen importar o seu nivel económico 66 00:02:59,583 --> 00:03:02,143 puidesen ter acceso á medicación. 67 00:03:02,167 --> 00:03:05,518 Novos tratamentos xurdiron en poucas décadas 68 00:03:05,542 --> 00:03:09,393 e tornaron esta enfermidade mortal nunha enfermidade crónica 69 00:03:09,417 --> 00:03:10,976 como a diabetes. 70 00:03:11,000 --> 00:03:13,625 Agora até hai unha vacina no horizonte. 71 00:03:15,625 --> 00:03:17,559 Nos últimos cinco ou sete anos, 72 00:03:17,583 --> 00:03:21,226 estou a ver unha epidemia diferente nos pacientes en Florida, 73 00:03:21,250 --> 00:03:23,393 algo coma isto. 74 00:03:23,417 --> 00:03:28,601 Anna Mae, unha administrativa xubilada que vive dunha renda fixa en Opa-locka, 75 00:03:28,625 --> 00:03:31,101 veu a recoller as súas receitas. 76 00:03:31,125 --> 00:03:34,809 Tiña síntomas crónicos de presión arterial, diabetes, 77 00:03:34,833 --> 00:03:36,559 doenzas cardiovasculares e asma 78 00:03:36,583 --> 00:03:39,782 mesturados con doenza pulmonar obstrutiva crónica 79 00:03:39,782 --> 00:03:41,643 DPOC. 80 00:03:41,667 --> 00:03:44,226 Anna Mae era un dos meus pacientes máis regulares, 81 00:03:44,250 --> 00:03:47,768 así que me sorprendeu que precisase receitas novas 82 00:03:47,792 --> 00:03:49,309 tan axiña. 83 00:03:49,333 --> 00:03:50,851 Ao final da visita, 84 00:03:50,875 --> 00:03:54,476 Anna deume un papel da compañía eléctrica para que o asinase. 85 00:03:54,500 --> 00:03:56,976 Non pagara a factura da luz. 86 00:03:57,000 --> 00:04:01,303 O papel certificaba que o paciente tiña unha enfermidade grave 87 00:04:01,303 --> 00:04:03,768 que requería un equipamento que se vería prexudicado 88 00:04:03,792 --> 00:04:06,715 se lle cortaban a electricidade. 89 00:04:07,917 --> 00:04:09,434 "Pero señora Anna Mae," dixen, 90 00:04:09,458 --> 00:04:11,893 "Vostede non precisa dunha máquina para respirar, 91 00:04:11,917 --> 00:04:13,708 non creo que isto lle vaia valer." 92 00:04:14,583 --> 00:04:17,809 Tras algunhas preguntas, dixo que usaba o aire acondicionado 93 00:04:17,833 --> 00:04:21,601 día e noite porque non podía respirar coa calor. 94 00:04:21,625 --> 00:04:25,684 Como tiña que comprar mais inhaladores para a asma, 95 00:04:25,708 --> 00:04:28,518 non lle quedaba diñeiro para as facturas. 96 00:04:28,542 --> 00:04:29,809 Firmei o papel, 97 00:04:29,833 --> 00:04:31,934 pero como sabía que non lle ía valer, 98 00:04:31,958 --> 00:04:34,458 mandeille un traballador social. 99 00:04:35,250 --> 00:04:36,643 Tamén falei con Jorge, 100 00:04:36,667 --> 00:04:38,393 un bo home que moitas veces 101 00:04:38,417 --> 00:04:39,768 agasallábanos froitas 102 00:04:39,792 --> 00:04:43,059 que vendía nas rúas de Miami. 103 00:04:43,083 --> 00:04:46,518 Os seus riles non funcionaban ben 104 00:04:46,542 --> 00:04:50,106 e cando traballaba todo o día na rúa 105 00:04:50,106 --> 00:04:52,033 por causa da calor e deshidratación 106 00:04:52,033 --> 00:04:54,684 non lle chegaba o suficiente sangue aos riles. 107 00:04:54,708 --> 00:04:58,768 Os seus riles sempre estaban mellor cando descansaba uns días. 108 00:04:58,792 --> 00:05:01,768 Pero sen diñeiro, que ía facer? 109 00:05:01,792 --> 00:05:06,267 Como dicía: "Teño que traballar aínda que chova, faga sol, frío ou calor." 110 00:05:06,917 --> 00:05:10,143 Pero o peor caso era o de Sandra Faye Twiggs 111 00:05:10,167 --> 00:05:12,726 de Fort Lauderdale, quen tiña DPOC. 112 00:05:12,750 --> 00:05:16,808 Sandra fora arrestada tras pelexar coa sua filla por un ventilador. 113 00:05:17,774 --> 00:05:19,351 Cando saíu da cárcere, 114 00:05:19,399 --> 00:05:21,250 volveu ao seu piso 115 00:05:21,250 --> 00:05:23,143 e non parou de toser 116 00:05:23,167 --> 00:05:25,167 até que morreu tres días despois. 117 00:05:26,583 --> 00:05:28,726 Isto é o que vin: 118 00:05:28,750 --> 00:05:32,434 hai datos que mostran que as alerxias están a comezar antes, 119 00:05:32,458 --> 00:05:34,684 as temperaturas nocturnas están a aumentar, 120 00:05:34,708 --> 00:05:36,559 as árbores están a medrar mais rápido 121 00:05:36,583 --> 00:05:39,976 e os moquitos que transmiten doenzas perigosas como a Zika ou o dengue 122 00:05:40,000 --> 00:05:42,625 están a aparecer en áreas nas que antes non existían. 123 00:05:43,458 --> 00:05:47,184 Tamén estou a ver sinais de xentrificación climáticas. 124 00:05:47,208 --> 00:05:50,143 Isto acontece cando os ricos se mudan a áreas pobres 125 00:05:50,167 --> 00:05:52,476 que están en zonas máis elevadas 126 00:05:52,500 --> 00:05:55,792 polo que teñen menos probabilidades de asolagarse. 127 00:05:56,375 --> 00:06:00,059 Un exemplo é a miña paciente Marie, quen sufría estrés e ansiedade, 128 00:06:00,083 --> 00:06:04,018 porque fora desaloxadado seu piso en Little Haiti, Miami 129 00:06:04,042 --> 00:06:06,893 para poder construir un edificio de pisos de luxo. 130 00:06:06,917 --> 00:06:10,851 Os construtores creían que Little Haiti non se inundaría 131 00:06:10,875 --> 00:06:13,625 porque está a 3 metros sobre o nivel do mar. 132 00:06:14,708 --> 00:06:19,684 As temperaturas está a aumentar máis e máis. 133 00:06:19,708 --> 00:06:24,476 Unha emerxencia sanitaria maior có SIDA/VIH está cada vez máis preto, 134 00:06:24,500 --> 00:06:27,746 e os meus pacientes mais desfavorecidos déronme as primeiras probas 135 00:06:27,746 --> 00:06:29,833 de como vai ser. 136 00:06:29,833 --> 00:06:32,559 Esta nova epidemia é o cambio climático, 137 00:06:32,583 --> 00:06:35,559 e ten diferentes efectos para a saúde. 138 00:06:35,583 --> 00:06:38,893 Hai catro formas nas que o cambio climático nos poden influír. 139 00:06:38,917 --> 00:06:43,101 Direitamente, pola calor, fenómenos meteorolóxicos extremos e contaminación; 140 00:06:43,125 --> 00:06:45,226 polo contaxio de enfermidades, 141 00:06:45,250 --> 00:06:48,684 polos problemas co suministro de comida e auga, 142 00:06:48,708 --> 00:06:52,059 e afectando tamén o noso benestar emocional. 143 00:06:52,083 --> 00:06:56,226 En medicina usamos regras mnemotécnicas para axudar á memoria, 144 00:06:56,250 --> 00:06:58,643 esta "onda de calor" mnemotécnica 145 00:06:58,667 --> 00:07:01,667 amosa oito efectos do cambio climático na saúde. 146 00:07:02,597 --> 00:07:05,351 Doenzas relacionadas coa calor. 147 00:07:05,375 --> 00:07:09,601 Aumento das doenzas cardiovasculares e pulmonares. 148 00:07:09,625 --> 00:07:11,934 Empeoramento do asma. 149 00:07:11,958 --> 00:07:13,809 Lesións traumáticas, 150 00:07:13,833 --> 00:07:16,434 especialmente durante fenómenos meteorolóxicos extremos. 151 00:07:16,458 --> 00:07:19,726 Infeccións alimentarias. 152 00:07:19,750 --> 00:07:21,976 Empeoramento das alerxias. 153 00:07:22,000 --> 00:07:27,309 Enfermidades transmitidas por vectores como o Zika, dengue e doenza de Lyme. 154 00:07:27,333 --> 00:07:30,792 E finalemente, o aumento do estrés emocional 155 00:07:31,375 --> 00:07:35,851 Os pobres e vulnerábeis xa están a sentir os efectos do cambio climático. 156 00:07:35,875 --> 00:07:39,250 Son, metaforicamente, o paxaro na mina de carbón. 157 00:07:39,833 --> 00:07:43,851 As súas experiencias son coma profecías ou presaxios. 158 00:07:43,875 --> 00:07:46,476 Unha luz para amosarnos 159 00:07:46,500 --> 00:07:51,268 que estamos a facer algo co noso mundo que está a afectalos a eles primeiro. 160 00:07:51,292 --> 00:07:54,000 Pero seremos os seguintes. 161 00:07:54,833 --> 00:07:56,143 Se actuamos xuntos, 162 00:07:56,167 --> 00:07:58,768 médicos, pacientes e outros profesionais da saúde; 163 00:07:58,792 --> 00:08:00,851 atoparemos solucións. 164 00:08:00,875 --> 00:08:03,351 Xa fixemos isto coa crisis do VIH. 165 00:08:03,375 --> 00:08:06,851 Foi grazas ao activismo dos pacentes de VIH 166 00:08:06,875 --> 00:08:09,976 que demandaron medicacións e máis investigación 167 00:08:10,000 --> 00:08:12,851 e a colaboración de médicos e científicos 168 00:08:12,875 --> 00:08:15,250 que fomos capazes de controlar a epidemia. 169 00:08:15,750 --> 00:08:18,559 E grazas ás axencias internacionais de sáude, 170 00:08:18,583 --> 00:08:22,434 ONGs, políticos e farmacéuticas 171 00:08:22,458 --> 00:08:27,198 as persoas en países desfavorecidos tiveron acceso á medicación para o VIH. 172 00:08:27,458 --> 00:08:32,601 Este mesmo modelo de colaboración pode aplicarse 173 00:08:32,625 --> 00:08:36,833 para tratar os efectos do cambio climático antes de que sexa tarde. 174 00:08:37,333 --> 00:08:39,101 O cambio climático está aquí. 175 00:08:39,125 --> 00:08:42,309 Xa está a danar a saúde e os fogares dos máis desfavorecidos. 176 00:08:42,333 --> 00:08:44,059 Como o meu paciente Jorge, 177 00:08:44,083 --> 00:08:46,393 a maioría de nós teremos que traballar, 178 00:08:46,417 --> 00:08:47,893 aínda que chova, faga sol, 179 00:08:47,917 --> 00:08:49,476 vaia frío ou calor 180 00:08:49,500 --> 00:08:53,434 Pero se os pacientes e os médicos traballan xuntos 181 00:08:53,458 --> 00:08:54,976 e coas ferramentas necesarias, 182 00:08:55,000 --> 00:08:58,473 poden facer moito para que esta transición climática sexa menos perigosa 183 00:08:58,473 --> 00:09:00,053 para todos. 184 00:09:00,053 --> 00:09:03,309 Estes pacientes inspiráronme a crear unha organización de médicos 185 00:09:03,333 --> 00:09:05,559 para loitar contra o cambio climático. 186 00:09:05,583 --> 00:09:08,976 Centrámonos en entender os efectos do cambio climático na saúde, 187 00:09:09,000 --> 00:09:12,434 aprender a protexer os pacientes con doenzas causadas polo clima 188 00:09:12,458 --> 00:09:15,000 e fomentar solucións plausíbeis. 189 00:09:15,833 --> 00:09:20,393 Un estudo recente amosou que tres das profesións mais respectadas son 190 00:09:20,417 --> 00:09:22,764 enfermería, medicina e farmacia. 191 00:09:22,764 --> 00:09:25,060 Así que, como profesionais respectados, 192 00:09:25,060 --> 00:09:28,642 temos que alzar as nosas voces para pedir cambios nas políticas climáticas 193 00:09:28,642 --> 00:09:30,476 e na política en xeral. 194 00:09:30,500 --> 00:09:32,643 Hai tanto que podemos facer. 195 00:09:32,667 --> 00:09:35,518 Como médicos, o contacto direito cos nosos pacientes 196 00:09:35,542 --> 00:09:37,865 permítenos ser os primeiros en ver moitas cousas. 197 00:09:37,865 --> 00:09:41,976 Estamos nunha posición perfecta para estar á vanguarda do cambio. 198 00:09:42,000 --> 00:09:46,184 Podemos educar sobre doenzas climáticas nas universidase. 199 00:09:46,208 --> 00:09:49,518 Podemos estudar as doenzas climáticas dos nosos pacientes 200 00:09:49,542 --> 00:09:52,684 se nos aseguramos de catalogalos cos códigos correctos. 201 00:09:52,708 --> 00:09:55,393 Podemos facer estudos relacionados coa saúde e o clima. 202 00:09:55,417 --> 00:09:58,309 Podemos ensinar prácticas ecolóxicas nos fogares. 203 00:09:58,333 --> 00:10:01,101 Podemos defender as necesidades enerxéticas dos pacientes. 204 00:10:01,125 --> 00:10:03,226 Podemos axudalos a ter fogares máis seguros. 205 00:10:03,250 --> 00:10:06,059 Podemos equipar os seu fogares cos elementos necesarios 206 00:10:06,083 --> 00:10:07,852 que os axuden se a situación empeora. 207 00:10:07,852 --> 00:10:11,248 Podemos presentar os nosos achados ante os lexisladores 208 00:10:11,248 --> 00:10:15,458 e podemos tratar as doenzas climáticas dos nosos pacientes. 209 00:10:16,750 --> 00:10:21,851 E, sobre todo, podemos preparalos médica e fisicamente 210 00:10:21,875 --> 00:10:24,268 para os desafíos que afrontarán 211 00:10:24,292 --> 00:10:25,851 usando un modelo de medicina 212 00:10:25,875 --> 00:10:29,667 que incorpora xustiza económica e social. 213 00:10:30,667 --> 00:10:34,226 Esto significaría que Sandra Faye Twiggs con DPOC 214 00:10:34,250 --> 00:10:37,851 quen morreu cando saíu da cárcere 215 00:10:37,875 --> 00:10:40,434 tras pelexar coa súa filla por un ventilador, 216 00:10:40,458 --> 00:10:44,726 sabería que a calor na súa casa afectaba á súa saúde e ánimo 217 00:10:44,750 --> 00:10:47,643 e podería ter buscado un lugar máis seguro para refrescarse. 218 00:10:47,667 --> 00:10:51,625 Incluso, a súa casa nunca chegaría a estar tan quente. 219 00:10:52,417 --> 00:10:55,934 Aprendín dos pobres que as nosas vidas non só son vulnerbáeís, 220 00:10:55,958 --> 00:11:00,268 son tamén historias de resistencia, innovación e supervivencia. 221 00:11:00,292 --> 00:11:03,434 Como aquel vello sabio que berrou ó policía 222 00:11:03,458 --> 00:11:04,726 naquela noite de verán: 223 00:11:04,750 --> 00:11:07,143 "A ambulancia non vai vir," 224 00:11:07,167 --> 00:11:11,208 e fíxolle levar a pequena ó hospital. 225 00:11:12,083 --> 00:11:13,476 E saben que? 226 00:11:13,500 --> 00:11:14,750 Escoiten. 227 00:11:15,500 --> 00:11:19,559 Se vai haber unha resposta médica ó cambio climático, 228 00:11:19,583 --> 00:11:23,125 non vai estar a esperar por unha ambulancia. 229 00:11:23,708 --> 00:11:28,018 Vai ocorrer porque os médicos van dar o primeiro paso. 230 00:11:28,042 --> 00:11:29,726 Faremos tanto ruido, 231 00:11:29,750 --> 00:11:33,458 que o problema non se poderá ignorar ou malinterpretar. 232 00:11:34,083 --> 00:11:37,244 Comezará coas historias que contan os nosos pacientes 233 00:11:37,248 --> 00:11:39,965 e as historias que contamos no seu nome. 234 00:11:40,625 --> 00:11:45,226 Como sempre, faremos o mellor para os nosos pacientes, 235 00:11:45,250 --> 00:11:48,226 e tamén o mellor para o medio ambiente, 236 00:11:48,250 --> 00:11:50,226 para nós 237 00:11:50,250 --> 00:11:52,851 e para todo o mundo, 238 00:11:52,875 --> 00:11:54,309 todos. 239 00:11:54,333 --> 00:11:55,643 Grazas 240 00:11:55,667 --> 00:11:57,708 (Aplausos e asubíos)