0:00:00.738,0:00:02.952 Teño tendencia a asumir o peor, 0:00:03.757,0:00:06.620 e de cando en vez,[br]este costume xógame malas pasadas. 0:00:06.644,0:00:09.755 Por exemplo, se sinto unha dor[br]inesperada no corpo 0:00:09.949,0:00:12.981 que nunca antes sentira[br]e que non sei a que atribuír, 0:00:13.480,0:00:17.735 de súpeto a miña mente pode[br]pensar que é unha cardiopatía 0:00:18.024,0:00:20.920 ou que unha dor no papo da perna[br]é unha trombose venosa. 0:00:21.699,0:00:25.217 Pero ata agora, non me diagnosticaron[br]ningunha doenza fatal ou incurable. 0:00:25.241,0:00:27.653 Ás veces, temos dores sen razón aparente. 0:00:29.098,0:00:31.318 Pero non todo o mundo ten [br]tanta sorte coma min. 0:00:31.970,0:00:35.215 Cada ano, máis de 50 millóns de persoas[br]morren no mundo. 0:00:36.287,0:00:39.820 Especialmente en economías [br]con altos ingresos como a nosa, 0:00:39.844,0:00:43.791 un gran número das mortes están causadas[br]por enfermidades de evolución lenta: 0:00:44.623,0:00:48.739 cardiopatía, enfermidade pulmonar crónica,[br]cancro, alzhéimer, diabetes, 0:00:48.955,0:00:50.325 por nomear algunhas. 0:00:51.300,0:00:55.804 A humanidade fixo progresos enormes[br]diagnosticando e tratando moitas delas. 0:00:56.859,0:01:00.060 Mais estamos nun momento [br]no que non se pode avanzar máis en saúde 0:01:00.084,0:01:03.124 soamente desenvolvendo tratamentos novos. 0:01:03.398,0:01:05.798 E isto é evidente cando vemos un aspecto 0:01:05.822,0:01:08.188 que moitas destas enfermidades[br]teñen en común: 0:01:09.418,0:01:12.083 a probabilidade dun tratamento exitoso 0:01:12.270,0:01:14.912 depende fortemente de cando se empeza. 0:01:15.370,0:01:18.814 Pero unha enfermidade normalmente só[br]se detecta cando hai síntomas. 0:01:19.632,0:01:24.025 O problema é que hai enfermidades[br]que, de feito, poden ser asintomáticas, 0:01:24.049,0:01:26.902 e por tanto imperceptibles, [br]durante moito tempo. 0:01:27.902,0:01:31.642 Por isto, hai unha persistente necesidade[br]de novos métodos 0:01:31.827,0:01:33.775 de detección nos primeiros estadios, 0:01:33.799,0:01:35.937 antes de que empecen os síntomas. 0:01:37.135,0:01:39.253 Na asistencia sanitaria [br]chámaselle rastrexo, 0:01:39.435,0:01:42.600 que, segundo a definición [br]da Organización Mundial da Saúde, 0:01:42.624,0:01:47.867 é "a presunta identificación [br]dunha enfermidade non recoñecida 0:01:48.306,0:01:50.665 nunha persoa aparentemente sa, 0:01:50.891,0:01:54.680 mediante probas... que se poden facer[br]rápida e sinxelamente..." 0:01:55.429,0:01:57.698 É unha definición longa,[br]así que a vou repetir: 0:01:58.237,0:02:01.396 Identificación dunha enfermidade [br]non recoñecida 0:02:01.746,0:02:04.027 nunha persoa aparentemente sa 0:02:04.254,0:02:08.115 mediante probas que se poden facer[br]rápida e sinxelamente. 0:02:08.292,0:02:11.385 E quero pór especial énfase[br]nas palabras "rápida e sinxelamente" 0:02:11.385,0:02:13.945 porque moitos dos métodos que existen 0:02:13.969,0:02:15.628 son exactamente o contrario. 0:02:16.189,0:02:18.888 E aqueles de vós que pasarades [br]por unha colonoscopia 0:02:18.912,0:02:21.942 como parte dun rastrexo [br]de cancro colorrectal 0:02:22.135,0:02:23.482 saberedes o que quero dicir. 0:02:25.209,0:02:28.285 Obviamente, hai unha gran variedade [br]de ferramentas dispoñibles 0:02:28.309,0:02:29.838 para levar a cabo as probas. 0:02:30.298,0:02:33.984 Isto vai dende técnicas de escaneamento [br]como a radiografía 0:02:34.008,0:02:36.039 ou a resonancia magnética 0:02:36.162,0:02:38.166 ata análises de sangue ou tecidos. 0:02:38.190,0:02:40.106 Todos fixemos esas probas. 0:02:41.344,0:02:44.917 Pero hai un medio que pasamos por alto[br]durante moito tempo: 0:02:45.674,0:02:48.075 un medio de fácil acceso, 0:02:48.440,0:02:50.300 basicamente inesgotable, 0:02:50.485,0:02:53.732 e que alberga grandes expectativas[br]nas análises médicas. 0:02:54.994,0:02:56.522 e é o noso alento. 0:02:58.514,0:03:01.895 O alento humano está constituído[br]esencialmente por cinco compoñentes: 0:03:02.649,0:03:08.721 nitróxeno, oxíxeno, [br]dióxido de carbono, auga e argon. 0:03:09.349,0:03:12.703 Pero ademais destes cinco, hai centos[br]doutros compoñentes 0:03:12.772,0:03:15.155 presentes en moi pequenas cantidades. 0:03:15.179,0:03:17.732 Chámanse compostos orgánicos volátiles, 0:03:17.756,0:03:20.089 e soltamos centos, incluso miles, 0:03:20.113,0:03:21.872 cada vez que exhalamos. 0:03:23.110,0:03:26.479 A análise destes compostos [br]orgánicos volátiles no noso alento 0:03:26.503,0:03:28.204 chámase análise do alento. 0:03:29.545,0:03:33.309 De feito, creo que moitos de vós [br]xa experimentastes a análise do alento. 0:03:33.333,0:03:36.934 Imaxinade: estades indo [br]para casa de madrugada, 0:03:36.958,0:03:39.330 cando de súpeto, [br]aparece un amable policía 0:03:39.680,0:03:42.002 que vos pide cordialmente [br]pero con firmeza 0:03:42.496,0:03:45.899 que estacionedes na beiravía [br]e sopredes por un aparato coma este. 0:03:47.486,0:03:50.198 Isto é un alcoholímetro 0:03:50.733,0:03:54.153 que se usa para medir [br]a concentración de etanol no alento 0:03:54.464,0:03:57.821 e determinar se conducir [br]nesas condicións é unha boa idea. 0:03:58.509,0:04:00.456 Eu digo que conduciría bastante ben, 0:04:00.480,0:04:01.700 pero deixádeme comprobar. 0:04:02.788,0:04:04.715 (bip) 0:04:08.445,0:04:11.405 0,0, así que nada do que preocuparse,[br]todo ben. 0:04:11.429,0:04:12.696 (Risas) 0:04:14.298,0:04:16.959 Agora imaxinade un aparato coma este, 0:04:16.983,0:04:19.927 que non só mide os niveis de alcohol[br]no voso alento, 0:04:19.951,0:04:23.767 senón que detecta enfermidades [br]como as que citei antes 0:04:23.791,0:04:25.507 e potencialmente outras máis. 0:04:26.868,0:04:30.433 O concepto de correlacionar [br]o cheiro do alento dunha persoa 0:04:30.690,0:04:32.612 con certos problemas médicos, 0:04:32.834,0:04:35.254 de feito, remóntase á Grecia antiga. 0:04:35.905,0:04:40.601 Pero as investigacións sobre a análise[br]do alento só se dispararon recentemente, 0:04:40.900,0:04:44.307 e o que unha vez fora un soño[br]estase a converter nunha realidade. 0:04:45.307,0:04:48.321 E permitídeme que volva sacar [br]esta lista que vos ensinei antes. 0:04:49.047,0:04:51.813 Para a maioría das enfermidades [br]aquí enumeradas, 0:04:52.495,0:04:54.688 hai abundantes probas científicas 0:04:54.712,0:04:58.369 que suxiren que a enfermidade podería[br]detectarse cunha análise de alento. 0:04:59.917,0:05:01.612 Pero como funciona exactamente? 0:05:02.421,0:05:04.983 A parte esencial é un sensor 0:05:05.223,0:05:08.435 que detecta os compostos orgánicos[br]volátiles no noso alento. 0:05:09.364,0:05:12.142 É dicir: cando está exposto [br]a unha mostra de alento, 0:05:12.318,0:05:15.002 o sensor produce unha marca complexa 0:05:15.026,0:05:19.006 que resulta da mestura de compostos[br]orgánicos volátiles que exhalamos. 0:05:20.141,0:05:24.218 Esta marca representa [br]unha pegada do teu metabolismo, 0:05:24.481,0:05:25.646 o teu microbioma 0:05:25.670,0:05:29.273 e os procesos bioquímicos [br]que ocorren no teu corpo. 0:05:29.980,0:05:31.573 Se tes unha enfermidade, 0:05:31.597,0:05:33.593 o teu organismo cambiará, 0:05:33.908,0:05:36.868 e tamén o fará a composición [br]do teu aire exhalado. 0:05:37.479,0:05:42.609 E logo o último que queda por facer[br]é correlacionar tal marca 0:05:42.633,0:05:45.739 coa presenza ou ausencia[br]de certos problemas médicos. 0:05:47.921,0:05:51.156 A tecnoloxía promete [br]varios beneficios innegables. 0:05:51.719,0:05:54.816 En primeiro lugar, o sensor [br]pode facerse en miniatura 0:05:54.840,0:05:57.686 e integrarse en aparatos [br]pequenos e portátiles 0:05:57.710,0:05:59.548 como este alcoholímetro. 0:06:00.437,0:06:03.450 Isto permitiría usar a proba [br]en moitas situacións diferentes 0:06:03.474,0:06:05.248 e incluso na casa, 0:06:05.272,0:06:07.266 para que ir ao médico 0:06:07.290,0:06:10.049 non sexa necesario cada vez [br]que haxa que facer unha proba. 0:06:10.946,0:06:14.326 En segundo lugar, a análise do alento[br]non é invasiva 0:06:14.350,0:06:17.997 e resulta tan sinxela [br]coma soprar nun alcoholímetro. 0:06:18.900,0:06:23.589 Esta simpleza e comodidade [br]reduciría a carga para o paciente 0:06:23.918,0:06:27.361 e achegaría un incentivo [br]para adoptar a tecnoloxía de forma xeral. 0:06:27.973,0:06:31.636 E en terceiro lugar, [br]a tecnoloxía é tan flexible 0:06:32.105,0:06:34.345 que o mesmo aparato pode empregarse 0:06:34.369,0:06:37.509 para detectar un gran número[br]de problemas de saúde. 0:06:38.224,0:06:42.909 A análise do alento poderíase usar [br]para detectar moitas enfermidades á vez. 0:06:44.195,0:06:47.526 Hoxe en día, cada enfermidade require[br]un instrumento médico diferente 0:06:47.550,0:06:49.006 para realizar un exame. 0:06:49.561,0:06:52.645 Pero isto significa que só podes atopar[br]o que estás a buscar. 0:06:54.637,0:06:58.496 Con todas estas prestacións,[br]a análise do alento está destinada 0:06:58.520,0:07:01.584 a ofrecer o que lles falta [br]a moitas probas tradicionais. 0:07:02.671,0:07:04.217 E o máis importante, 0:07:04.334,0:07:07.684 todas estas prestacións [br]deberían proporcionar co tempo 0:07:07.708,0:07:10.214 unha plataforma para análises médicas 0:07:10.238,0:07:13.943 que poida operar [br]a un atractivo baixo custo por proba. 0:07:15.713,0:07:18.885 Pola contra, [br]os instrumentos médicos existentes 0:07:18.987,0:07:21.373 adoitan implicar grandes custos por proba. 0:07:21.920,0:07:24.198 Entón, con fin de manter os custos baixos, 0:07:24.222,0:07:26.832 o número de probas [br]ten que estar restrinxido, 0:07:27.562,0:07:30.803 e iso supón que [br]a) as probas só se poden realizar 0:07:30.827,0:07:35.104 nunha parte reducida da poboación,[br]por exemplo, na de alto risco; 0:07:35.535,0:07:40.690 e b) o número de probas por persoa [br]tense que manter reducido ao mínimo. 0:07:41.459,0:07:43.303 Mais non sería beneficioso 0:07:43.327,0:07:46.287 realizar a proba en grupos[br]máis grandes de xente, 0:07:46.311,0:07:50.422 con máis frecuencia e durante un período[br]maior para cada individuo? 0:07:51.845,0:07:55.450 Especialmente o último daría acceso[br]a algo moi valioso 0:07:55.730,0:07:57.997 chamado datos lonxitudinais. 0:07:58.950,0:08:03.052 Os datos lonxitudinais son un conxunto [br]de datos que monitorizan o mesmo paciente 0:08:03.076,0:08:05.572 ó longo de moitos meses ou anos. 0:08:07.318,0:08:12.368 Actualmente, as decisións médicas adoitan[br]basearse nun conxunto limitado de datos, 0:08:12.392,0:08:15.584 onde só hai dispoñible unha ollada[br]ó historial médico dun paciente 0:08:15.608,0:08:17.662 para a toma de decisións. 0:08:18.210,0:08:20.509 Neste caso, 0:08:20.533,0:08:23.326 as anomalías detéctanse normalmente 0:08:23.350,0:08:25.916 comparando o perfil sanitario dun paciente 0:08:25.940,0:08:29.212 co perfil sanitario medio [br]dunha poboación de referencia. 0:08:30.419,0:08:34.081 Os datos lonxitudinais abrirían [br]unha nova dimensión 0:08:34.361,0:08:37.048 e permitirían detectar anomalías 0:08:37.253,0:08:39.950 baseándose no propio historial médico[br]dun paciente. 0:08:40.861,0:08:43.684 Isto abrirá o camiño[br]para un tratamento personalizado. 0:08:44.741,0:08:46.305 Soa bastante ben, non? 0:08:47.194,0:08:50.169 Agora teredes unha pregunta[br]que será máis ou menos así: 0:08:50.193,0:08:54.806 "Se a tecnoloxía é tan boa como di, [br]por que non se utiliza na actualidade?" 0:08:55.012,0:08:57.490 E a única resposta que vos podo dar é: 0:08:57.514,0:09:00.094 non todo é tan fácil como soa. 0:09:00.983,0:09:04.114 Hai desafíos técnicos, por exemplo. 0:09:04.494,0:09:07.508 Está a necesidade de sensores [br]extremadamente fiables 0:09:07.532,0:09:10.800 que poidan detectar mesturas [br]de compostos orgánicos volátiles 0:09:10.824,0:09:12.917 coa suficiente reproducibilidade. 0:09:13.629,0:09:15.885 E outro desafío técnico é este: 0:09:16.088,0:09:20.607 Como tomar mostras do alento de alguén[br]de xeito tan definido 0:09:21.098,0:09:23.446 para que o propio proceso de mostraxe 0:09:23.470,0:09:26.123 non altere o resultado da análise? 0:09:27.187,0:09:28.975 E está a necesidade de información. 0:09:29.556,0:09:33.205 A análise do alento precisa ser validada[br]en ensaios clínicos, 0:09:33.538,0:09:35.866 e hai que recoller suficientes datos 0:09:36.054,0:09:40.296 para que as condicións individuais[br]poidan medirse con respecto ós estándares. 0:09:41.167,0:09:43.640 A análise do alento só pode funcionar 0:09:43.664,0:09:46.437 se se pode xerar un gran conxunto de datos 0:09:46.461,0:09:48.811 e facelo accesible ao uso xeral. 0:09:51.050,0:09:53.880 Se a análise do alento [br]cumpre as expectativas, 0:09:54.745,0:09:57.271 é unha tecnoloxía que de verdade[br]nos podería axudar 0:09:57.295,0:09:59.538 a transformar o noso sistema sanitario; 0:10:00.410,0:10:03.564 transformalo dun sistema reactivo 0:10:03.588,0:10:06.750 no que o tratamento o poñen en marcha[br]os síntomas de enfermidade 0:10:06.774,0:10:08.789 a un sistema proactivo, 0:10:08.813,0:10:12.027 no que a detección de enfermidades,[br]o diagnóstico e o tratamento 0:10:12.051,0:10:13.935 poden ocorrer nun estadio inicial, 0:10:13.959,0:10:16.058 moito antes de que se dean os síntomas. 0:10:17.590,0:10:20.976 Isto lévame ó último punto,[br]e é un fundamental. 0:10:21.537,0:10:23.526 Que é exactamente unha enfermidade? 0:10:24.590,0:10:28.496 Imaxinade que a análise do alento [br]poida ser comercializada como digo, 0:10:28.649,0:10:31.255 e a detección anticipada fose rutineira. 0:10:32.417,0:10:34.721 O problema que queda é, de feito, [br]un problema 0:10:34.745,0:10:37.366 ó que debe enfrontarse [br]calquera medida de prevención 0:10:37.757,0:10:39.578 porque, para moitas enfermidades, 0:10:39.602,0:10:43.197 é á miúdo imposible predicir [br]con suficiente seguridade 0:10:43.450,0:10:45.850 se unha enfermidade chegaría [br]a causar síntomas 0:10:46.016,0:10:48.138 ou poñer a vida dunha persoa en perigo. 0:10:48.990,0:10:51.443 Isto é o sobrediagnóstico, 0:10:51.573,0:10:53.211 e leva a un dilema. 0:10:53.927,0:10:56.011 Se se identifica unha enfermidade, 0:10:56.035,0:10:58.079 poderías elixir non tratala 0:10:58.103,0:11:02.074 porque hai una probabilidade [br]de que nunca a vaias sufrir. 0:11:02.955,0:11:04.454 Pero canto sufrirías 0:11:04.478,0:11:07.865 soamente sabendo que tes unha enfermidade[br]potencialmente mortal? 0:11:07.889,0:11:10.613 E non te arrepentirías [br]de que se detectase a enfermidade 0:11:10.613,0:11:11.610 en primeiro lugar? 0:11:13.281,0:11:17.169 A segunda opción é someterse[br]a un tratamento anticipado 0:11:17.193,0:11:18.843 coa esperanza de curala. 0:11:19.485,0:11:22.314 Mais normalmente isto provocaría[br]efectos secundarios. 0:11:25.623,0:11:27.179 Para ser precisos: 0:11:27.751,0:11:30.325 o maior problema non é o sobrediagnóstico, 0:11:30.349,0:11:31.709 é o sobretratamento, 0:11:31.826,0:11:34.841 porque non todas as enfermidades [br]teñen que tratarse ao momento 0:11:34.865,0:11:36.925 só porque haxa un tratamento dispoñible. 0:11:39.441,0:11:42.139 A crecente adopción [br]de exames rutineiros 0:11:42.163,0:11:43.912 implicará a cuestión: 0:11:45.082,0:11:48.709 a que chamamos “enfermidade”, [br]que pode xustificar o seu tratamento, 0:11:49.197,0:11:53.785 e que é unha “anomalía” que non debería[br]ser motivo de preocupación? 0:11:55.404,0:11:59.551 Teño a esperanza de que as probas [br]rutineiras usando a análise do alento 0:12:00.360,0:12:03.120 acheguen suficientes datos [br]e mellor comprensión 0:12:03.144,0:12:07.358 para que nalgún momento,[br]poidamos romper este dilema 0:12:07.714,0:12:09.988 e predicir con suficiente seguridade 0:12:10.168,0:12:12.858 se tratar e cando nun estadio inicial. 0:12:14.794,0:12:19.513 O noso alento e a mestura de compostos[br]orgánicos volátiles que exhalamos 0:12:19.537,0:12:24.207 conteñen gran cantidade de información [br]sobre a nosa condición fisiolóxica. 0:12:25.262,0:12:28.473 Co que sabemos hoxe, [br]só rozamos a superficie. 0:12:29.993,0:12:34.030 Canta máis información e perfís de alento[br]recollamos en toda a poboación, 0:12:34.258,0:12:38.379 incluíndo todo tipo de xénero, idade,[br]orixe e estilo de vida, 0:12:38.814,0:12:41.147 maior será o poder da análise do alento. 0:12:42.147,0:12:47.386 E, co tempo, esta podería proporcionar [br]unha potente ferramenta 0:12:47.749,0:12:51.878 non só para detectar proactivamente[br]enfermidades específicas 0:12:52.239,0:12:55.888 senón tamén para predicilas [br]e finalmente previlas. 0:12:57.110,0:12:59.491 E esta debería ser motivación suficiente 0:12:59.752,0:13:03.727 para aproveitar as oportunidades e[br]desafíos 0:13:03.959,0:13:06.271 que pode presentar a análise do alento, 0:13:06.444,0:13:09.846 incluso para a xente que non é [br]hipocondríaca a media xornada coma min. 0:13:10.532,0:13:11.457 Grazas. 0:13:11.713,0:13:15.730 (Aplausos)