Ola, son ElsaMarie DSilva e son a fundadora e xefa de Red Dot Foundation tamén chamada Safecity. Safecity é un mapa que amosa a violencia sexual en público a cal se recolle coma tendencias de localización que se ven nun mapa mediante puntos quentes. A violencia sexual é una pandemia mundial. Recibimos un gran recoñecemento mundial polo noso traballo no crowdsourcing e a tecnoloxía para abordala. Coma resultado, nos invitaron para falar polo mundo e compartir o noso traballo con moitos públicos. Eu falo inglés, mais o público pode falar unha lingua materna que non sexa o inglés. Porén, a tradución é esencial porque podo compartir a miña mensaxe co contexto e significado que quero. Por exemplo: Agora estou na Arxentina e teño feitas algunhas charlas con 500 personas destes lugares. Sen a axuda dos traductores, esta xente non podería entender nada do que dixen. Inda así, aprecian o meu traballo e entenderon o contexto e significado do que estamos a facer. Así que, neste Día internacional da Tradución, gustaríame aclamar ós tradutores e traducións. E moitas grazas, porque a lingua é tan importante que temos que buscar pontes para compartir as nosas experiencias os uns cos outros. Graciñas.