A voz humana.
Instrumento que todos tocamos.
É o son máis poderoso
do mundo, talvez.
É o único que pode comezar
unha guerra ou dicir “Quérote”.
E hai moitas persoas
que teñen a experiencia
de que cando falan,
a xente non as escoita.
E por que pasa iso?
Como podemos falar co poder suficiente
para facer un cambio o mundo?
O que me gustaría suxerir
é que temos uns costumes
que é preciso evitar.
Xuntei para vostedes os sete
pecados capitais do falar.
Non pretendo que sexa
unha lista exhaustiva,
pero estes sete, creo, son hábitos
nos que todos podemos caer.
Primeiro, rexoubar.
Falar mal de alguén
que non está presente.
Non é un costume grato,
e sabémolo moi ben
que o rexoubeiro, aos 5 minutos,
estará a rexoubar de nós.
Segundo, xulgar.
Coñecemos xente que actúa
deste xeito na conversa,
e é moi violento escoitar a alguén
se sabemos que nos xulga
e nos inculpa a un tempo.
Terceiro, a negatividade.
Podemos caer neste.
A miña nai, nos seus últimos anos,
volveuse moi negativa,
e resulta duro de escoitar.
Lembro un día no que lle dixen,
“Hoxe é 1 de outubro”,
e ela dixo “Seino, non é terrible?”
(Risas)
É duro escoitar cando
alguén é tan negativo.
(Risas)
E outra forma de negativismo,
a queixa.
Ben, esta é arte nacional
do Reino Unido.
É o noso deporte nacional.
Queixámonos do tempo, do deporte,
da política, de todo,
mais, en verdade,
a queixa é un mal vírico.
Non espalla a luz do sol
nin a claridade polo mundo.
Escusas.
Todos sabemos desta persoa.
Talvez todos fomos esta persoa.
Algúns teñen un chibo expiatorio.
Simplemente pásanlle a culpa
a todos os demais
e non se responsabilizan
dos seus actos,
e de novo, é duro escoitar a
alguén que actúa deste xeito.
Penúltimo, o sexto de sete,
o rebuscamento,
a esaxeración.
Minguan a nosa lingua,
sen dúbida, ás veces.
Por exemplo, se vexo algo
que é verdadeiramente incrible,
Como o chamo?
(Risas)
E logo, esta esaxeración
vólvese unha mentira tras outra
e non queremos escoitar
a quen sabemos que nos minte.
E finalmente, o dogmatismo.
Confundir feitos con opinións.
Cando estas dúas cousas
están mesturadas
facemos oídos xordos.
Bombardéannos coas súas opinións
coma se foran verdades.
É difícil escoitar iso.
Aquí están, pois, o sete pecados
mortais do falar.
Estas son as cousas que penso
que debemos evitar.
Pero hai un modo positivo
de pensar nisto?
Si que o hai.
Gustaría suxerir que hai catro piares,
realmente poderosas, alicerces,
nos que podemos asentar
o noso discurso
para que sexa convincente e
propicie un cambio no mundo.
Por fortuna, estas cousas
forman unha palabra.
A palabra é HAIL [“sarabia” en galego]
e ten unha gran definición.
Non estou a falar do pedrazo
que cae do ceo
e nos golpea na cabeza.
Estou a falar desta definición,
a de 'saudar ou aclamar
entusiasticamente'
así penso que se recibirán
as nosas palabras
se as apoiamos
nestas catro cousas.
Daquela, sobre que se apoian?
Vexamos se o poden adiviñar.
O "hache", honestidade, por suposto,
de ser verdade o que dicimos,
de ser directo e claro.
O "a" é autenticidade,
só sendo un mesmo.
Un amigo meu describiuno como
estar na propia verdade dun,
e paréceme un xeito
moi fermoso de dicilo.
O "i" é integridade,
de ser a túa palabra,
de facer realmente o que dis,
de ser alguén en quen confiar.
E o "ele" é amor [do inglés “love”].
Non quero dicir amor romántico,
senón o de desexarlle ben á xente,
por dúas razóns.
Primeiro, a honestidade absoluta
pode non ser o que queremos.
Quero dicir, “Meu Deus,
que feo está esta mañá!”
Quizais iso non sexa necesario.
Amainada con amor, desde logo,
a honestidade e unha gran cousa.
Pero tamén, se lle desexa ben
realmente a alguén,
é moi difícil xulgalo
ao mesmo tempo.
Non creo que poida facer
as dúas cousas a un tempo.
Daquela, HAIL
[“sarabia” en galego]
Tamén, agora iso que vostede di,
é coma a vella cantiga,
é o que di,
é tamén a forma de dicilo.
Teñen unha fabulosa caixa
de ferramentas.
Este é un instrumento incrible.
É unha caixa de ferramentas
que moi poucos abriron.
Gustaríame remexer un pouco
aquí con vostedes agora.
e sacar algunhas ferramentas
cos que lles gustaría xogar,
e van incrementar
o poder da súa fala.
O rexistro, por exemplo.
Un rexistro falsete pode
non ser moi útil moitas veces,
pero hai un rexistro no medio.
Non vou ser moi técnico nisto
por todos aqueles que sexades
adestradores de voz.
Dalgún xeito, vostedes poden localizar
a súa voz.
Así que se eu falo co nariz,
poden escoitar a diferenza.
Se baixo aquí á gorxa,
que é de onde os máis de nos
falamos a maioría das veces.
Pero se queren darlle importancia,
precisan baixar aquí, ao peito.
Escoitan a diferenza?
Votamos por políticos
con voces graves, é certo,
e que asociamos a fondura co poder
e coa autoridade.
Iso é o rexistro.
Logo temos o timbre.
É o modo en que sentimos a voz.
De novo, as achegas amosan
que preferimos voces ricas,
suaves, cálidas,
coma o chocolate quente.
Se ese non é vostede,
non é a fin do mundo.
porque vostede pode adestrarse.
Saia e busque un adestrador de voz.
Hai cousas incribles que se poden facer
coa respiración, coa postura,
e con exercicios
para mellorar o timbre da voz.
Logo a prosodia.
Encántame a prosodia.
Esta é a cantilena, a metalinguaxe
empregada para dar significado.
É a raíz do sentido na conversa.
A xente que fala todo nunha nota
é realmente difícil de escoitar
se non ten ningunha prosodia.
De aí ven a palabra “monótono”
ou “monotonía”, “mono tono”.
Tamén temos unha prosodia repetitiva
onde cada secuencia remata
coma se fora unha pregunta
cando realmente non a é,
é unha afirmación?
(Risas)
E se vostede a repite,
restrinxe moito a súa habilidade
de comunicarse a través da prosodia,
e iso é unha mágoa,
así que intentémolo e
rachemos con ese hábito.
O ritmo.
Podo estar moi emocionado
ao dicir algo moi rápido,
ou podo falar ao ralentí para dar énfase,
e ao final, por suposto,
está o noso vello amigo o silencio.
Non hai nada malo cun pouco
de silencio nunha charla, non si?
Non temos que enchela con
“uumms” ou “ehs”.
Pode ser moi efectivo.
Por suposto, o ton vai a miúdo co ritmo
para indicar excitación,
pero pode facerse só co ton.
Onde deixaches as miñas chaves?
(ton máis alto) Onde deixaches
as miñas chaves?
Vemos un significado lixeiramente
diferente nesas dúas intervencións.
E por último, o volume.
(Moi alto) Podo estar moi emocionado
usando o volume.
Desculpen se asustei alguén.
Ou podo chamar a súa atención
permanecendo moi calado.
Hai xente restransmitíndose
todo o tempo.
Intenten non facer iso.
Iso é facer mala promoción dun
aos catro ventos.
(Risas)
Impoñer o seu son á xente sen tacto
nin consideración ningunha
non é agradable.
Por suposto, onde todo isto
entra en xogo
é cando vostede ten algo
importante que facer.
Pode ser estar nun escenario
coma este para facer un relatorio.
Pode ser pedir casamento,
pedir unha suba de soldo,
un discurso de voda.
Sexa o que sexa, se é importante,
vostede ten que mirar
esta caixa de ferramentas
e a máquina na que vai funcionar,
e ningunha máquina traballa ben
sen quentar antes.
Quenten a voz.
De feito, permítanme ensinárllelo a facer.
Importaríalles erguerse un momento?
Voulles amosar
seis exercicios de quecemento vocal
que fago eu antes de cada charla.
Cando vaian falar a alguén
importante, fagan isto.
Primeiro, ergan os brazos,
inspiren profundamente,
e expiren, “ahhhhhh”, así.
Outra vez.
“Ahhhh”, moi ben.
Agora imos quentar os beizos,
e imos dicir “ba, ba, ba, ba,
ba, ba, ba, ba”. Moi ben.
E agora, “brrrrrrrrr”,
coma se fosen rapaces.
“Brrrr”. Agora os beizos
terían que estar vivos.
De seguido, imos facer a lingua
cun exaxerado “la, la, la,
la, la, la, la, la, la”.
Marabilloso. Vostedes xa son
moi bos nisto.
E logo, enrolen un erre: “rrrrrrrrr”.
Iso é coma champaña para a lingua.
Finalmente, se podo facer ao menos un,
os adeptos chámano "a sirena".
É moi bo. Comeza con “ui”
e segue con “au”.
O “ui” é alto, o “au” é baixo.
Fagan “uiiiaauuu”, “uiiiaauuu”.
Fantástico. Déanse unha morea
de aplausos.
Tomen asento, grazas.
(Aplausos)
A próxima vez que fanlen,
fagan estes exercicios antes.
Agora permítanme poñer isto
en contexto para rematar.
Iste é un punto serio.
Aquí é onde estamos agora, non é?
Non falamos moi ben
a persoas que non están a escoitar
nun ambiente cheo de ruído
e mala acústica.
Falei diso neste escenario
en diferentes fases.
Como sería o mundo
se nós falásemos con efectividade
á xente que está a escoitar
conscientemente
nun ambiente idóneo
para ese propósito?
Ou para que dea máis de si,
como sería o mundo
se nós creásemos son conscientemente
e recibísemos son conscientemente
e deseñásemos todos os ambientes
conscientemente para o son?
Ese sería un mundo
que soaría marabilloso,
e onde o entendemento sería a norma.
Esa é unha idea que
paga a pena espallar.
Grazas.
(Aplausos)