WEBVTT 00:00:00.707 --> 00:00:06.105 Vou comezar dándovos un truco útil non tecnolóxico 00:00:06.129 --> 00:00:08.726 e todo canto require de vós é isto: 00:00:08.750 --> 00:00:12.913 que cambiedes de postura durante dous minutos. 00:00:12.937 --> 00:00:16.337 Pero antes de revelárvolo, quero pedirvos agora mesmo 00:00:16.361 --> 00:00:19.930 que observedes o voso corpo e o que estades a facer con el. 00:00:19.954 --> 00:00:22.645 A ver, cantos de vós estades dalgún xeito encollidos? 00:00:22.669 --> 00:00:25.990 Encurvados, coas pernas cruzadas, os nocellos enleados. 00:00:26.014 --> 00:00:29.729 Ás veces poñemos os brazos así. 00:00:29.753 --> 00:00:33.400 Ás veces estirámolos. (Risos) 00:00:33.424 --> 00:00:35.672 Ollo que vos vexo. 00:00:35.696 --> 00:00:38.687 Prestade atención ao que facedes agora mesmo. 00:00:38.711 --> 00:00:41.045 Imos volver a isto nuns minutos 00:00:41.069 --> 00:00:43.993 e espero que se aprendedes a modificalo un pouco 00:00:44.017 --> 00:00:47.429 poida mudar considerablemente o desenvolvemento da vosa vida. 00:00:47.453 --> 00:00:51.953 Ben, estamos fascinados coa linguaxe corporal 00:00:51.977 --> 00:00:55.876 e interésanos especialmente a linguaxe corporal doutras persoas. 00:00:55.900 --> 00:01:00.097 Xa sabedes, interésanos... isto, vaia... (Risos) 00:01:00.121 --> 00:01:04.495 unha interacción torpe, un sorriso 00:01:04.519 --> 00:01:08.727 unha ollada despectiva, unha chiscadela torpe de ollo 00:01:08.751 --> 00:01:11.965 ou mesmo algo coma unha aperta de mans. 00:01:11.989 --> 00:01:15.314 Narrador: Aquí están chegando ao número 10. 00:01:15.338 --> 00:01:19.807 Este policía ten sorte e dálle a man ao presidente dos Estados Unidos. 00:01:19.831 --> 00:01:24.734 Aí vén o primeiro ministro... Non. (Risos) (Aplausos) 00:01:24.758 --> 00:01:27.409 (Risos) (Aplausos) 00:01:27.433 --> 00:01:31.116 Amy Cuddy: Unha aperta de mans, ou a súa ausencia, 00:01:31.140 --> 00:01:33.640 pode darnos que falar durante semanas e semanas; 00:01:33.664 --> 00:01:35.780 mesmo á BBC e ao New York Times. 00:01:35.804 --> 00:01:39.731 Entón cando pensamos en expresión non verbal 00:01:39.755 --> 00:01:43.119 ou linguaxe corporal (nós os sociólogos chamámoslle non verbal) 00:01:43.143 --> 00:01:45.999 falamos de linguaxe, polo tanto de comunicación. 00:01:46.023 --> 00:01:49.026 Cando falamos de comunicación pensamos en interaccións. 00:01:49.050 --> 00:01:51.465 Que me comunica a túa linguaxe corporal? 00:01:51.489 --> 00:01:53.531 Que che comunica a miña a ti? 00:01:53.555 --> 00:01:59.503 Hai razóns para crer que é válido este enfoque. 00:01:59.527 --> 00:02:01.585 Os sociólogos pasamos moito tempo 00:02:01.585 --> 00:02:03.876 observando os efectos da nosa linguaxe corporal, 00:02:03.900 --> 00:02:06.185 ou da doutras persoas, sobre os xuízos. 00:02:06.209 --> 00:02:09.624 Facemos xuízos e deducións da linguaxe corporal. 00:02:09.648 --> 00:02:13.614 Eses xuízos poden predicir proxeccións importantes na vida 00:02:13.638 --> 00:02:17.407 como a quen contratamos ou promovemos ou a quen lle pedimos unha cita. 00:02:17.431 --> 00:02:22.092 Por exemplo Nalini Ambady, investigadora na Universidade de Tufts, 00:02:22.116 --> 00:02:26.564 demostra que cando alguén ve 30 segundos de vídeos sen son 00:02:26.588 --> 00:02:29.588 de interaccións reais médico-paciente 00:02:29.612 --> 00:02:32.421 os seus xuízos sobre a simpatía do médico 00:02:32.445 --> 00:02:35.058 predín se ese médico vai ser demandado ou non. 00:02:35.082 --> 00:02:36.740 Así que non ten que ver tanto 00:02:36.764 --> 00:02:39.263 con se o médico era ou non incompetente 00:02:39.287 --> 00:02:42.093 senón con se nos gustou esa persoa e como interactuou. 00:02:42.117 --> 00:02:45.028 Aínda máis drástico, Alex Todorov, de Princeton, 00:02:45.052 --> 00:02:48.705 demostrounos que os xuízos dos rostros de candidatos políticos 00:02:48.729 --> 00:02:52.673 predín nun segundo o 70 por cento 00:02:52.697 --> 00:02:56.523 do resultado da carreira cara ao Goberno e o Senado dos EEUU 00:02:56.547 --> 00:02:58.745 e mesmo, no eido dixital, 00:02:58.769 --> 00:03:02.890 as emoticonas ben usadas nas negociacións en liña 00:03:02.914 --> 00:03:05.722 poden conducir a darlle máis valor a esa negociación. 00:03:05.746 --> 00:03:08.945 Se fas un mal uso deles é mala idea, non? 00:03:08.969 --> 00:03:12.042 Falar de linguaxe non verbal é falar de como xulgamos aos outros, 00:03:12.066 --> 00:03:14.944 como nos xulgan a nós e cales son as consecuencias. 00:03:14.968 --> 00:03:17.064 Pero tendemos a esquecer a outra audiencia 00:03:17.088 --> 00:03:20.499 na que inflúe a nosa linguaxe non verbal, que somos nós mesmos. 00:03:20.523 --> 00:03:23.712 Inflúenos a nosa linguaxe non verbal, 00:03:23.736 --> 00:03:26.075 os nosos pensamentos, sentimentos e fisioloxía. 00:03:26.099 --> 00:03:29.138 De que linguaxe non verbal estou a falar? 00:03:29.162 --> 00:03:32.081 Son psicóloga social. Estudo os prexuízos 00:03:32.105 --> 00:03:34.808 e dou clases nunha competitiva escola de negocios, 00:03:34.832 --> 00:03:39.292 así que era inevitable que me interesasen as dinámicas de poder. 00:03:39.316 --> 00:03:43.104 Interesábanme sobre todo expresións non verbais 00:03:43.128 --> 00:03:45.107 de poder e dominación. 00:03:45.131 --> 00:03:47.846 Que son as expresións non verbais de poder e dominación? 00:03:47.870 --> 00:03:49.929 Ben, pois son isto. 00:03:49.953 --> 00:03:52.807 No reino animal teñen que ver coa expansión, 00:03:52.831 --> 00:03:55.817 con facerse grande, estirarse, 00:03:55.841 --> 00:03:58.758 acaparar espazo, basicamente abrirse. 00:03:58.782 --> 00:04:00.704 Trátase de abrirse. 00:04:00.728 --> 00:04:03.459 E funciona así en todo o reino animal, 00:04:03.483 --> 00:04:05.508 non se limita só aos primates. 00:04:06.244 --> 00:04:08.928 Os humanos facemos o mesmo. (Risos) 00:04:08.952 --> 00:04:12.639 Fan así cando teñen poder de xeito permanente 00:04:12.663 --> 00:04:15.640 e tamén cando se senten poderosos no momento. 00:04:15.664 --> 00:04:18.712 Isto é especialmente interesante porque nos demostra 00:04:18.736 --> 00:04:22.734 o antigas e universais que son estas expresións de poder. 00:04:22.758 --> 00:04:25.333 Esta expresión, coñecida como orgullo, 00:04:25.357 --> 00:04:27.586 foi estudada por Jessica Tracy, 00:04:27.610 --> 00:04:30.493 que nos di que tanto as persoas que ven desde que naceron 00:04:30.517 --> 00:04:33.434 coma as persoas que son cegas conxénitas fan o mesmo 00:04:33.458 --> 00:04:35.748 cando gañan unha competición física. 00:04:35.772 --> 00:04:38.226 Así que que cando cruzan a liña de meta e gañan 00:04:38.250 --> 00:04:40.727 non importa se nunca viron ninguén facelo. 00:04:40.751 --> 00:04:42.044 Fan así. 00:04:42.068 --> 00:04:44.566 Os brazos erguidos en V, o queixo algo elevado. 00:04:44.590 --> 00:04:46.653 Que facemos cando nos sentimos impotentes? 00:04:46.677 --> 00:04:48.432 Facemos xusto o contrario. 00:04:48.456 --> 00:04:50.960 Pechámonos. Envolvémonos. 00:04:50.984 --> 00:04:52.328 Facémonos pequenos. 00:04:52.352 --> 00:04:54.708 Non queremos tropezar con quen está ao noso carón. 00:04:54.732 --> 00:04:57.465 E tanto os animais coma os humanos facemos o mesmo. 00:04:57.489 --> 00:05:01.445 E isto é o que acontece cando xuntas poder con impotencia. 00:05:01.469 --> 00:05:04.571 O que tendemos a facer cando se trata de poder 00:05:04.595 --> 00:05:07.224 é complementar a linguaxe non verbal dos outros. 00:05:07.248 --> 00:05:09.655 Así que se alguén se mostra moi poderoso con nós, 00:05:09.679 --> 00:05:12.299 tendemos a facernos máis pequenos. Non o imitamos. 00:05:12.323 --> 00:05:13.913 Facemos o contrario. 00:05:13.937 --> 00:05:17.112 Se vexo este comportamento na clase, 00:05:17.136 --> 00:05:19.649 que noto? 00:05:19.673 --> 00:05:26.902 Noto que os alumnos do MBA presentan toda a linguaxe non verbal de poder. 00:05:26.926 --> 00:05:29.450 Hai persoas que son caricaturas dos alfa, 00:05:29.474 --> 00:05:32.855 entran na aula, sitúanse no medio 00:05:32.879 --> 00:05:36.292 mesmo antes de empezar a clase, como se quixesen ocupar espazo. 00:05:36.316 --> 00:05:38.555 Cando sentan, parecen expandirse. 00:05:38.579 --> 00:05:40.313 Erguen a man así. 00:05:40.337 --> 00:05:43.958 Logo hai outras persoas que entran practicamente esboroándose. 00:05:44.048 --> 00:05:45.472 Así como entran xa o notas. 00:05:45.496 --> 00:05:47.765 Velo no seu rostro e no seu corpo, 00:05:47.789 --> 00:05:50.583 sentan na cadeira e fanse diminutos, 00:05:50.607 --> 00:05:52.945 e fan así cando erguen a man. 00:05:52.969 --> 00:05:54.827 Aquí observo dúas cousas. 00:05:54.851 --> 00:05:56.661 Unha non vos ha sorprender. 00:05:56.685 --> 00:05:58.703 Semella ter que ver co sexo. 00:05:58.727 --> 00:06:04.168 As mulleres son máis propensas a facelo que os homes. 00:06:04.192 --> 00:06:06.754 As mulleres séntense sempre menos poderosas cós homes, 00:06:06.778 --> 00:06:08.636 así que isto non é sorprendente. 00:06:08.660 --> 00:06:10.709 Pero a outra cousa que notei 00:06:10.733 --> 00:06:13.375 é que semella estar relacionado co grao 00:06:13.399 --> 00:06:17.235 de participación dos alumnos e co seu nivel de participación. 00:06:17.259 --> 00:06:19.817 E isto é moi importante na clase do MBA 00:06:19.841 --> 00:06:22.498 porque a participación conta para a media da nota. 00:06:22.522 --> 00:06:26.971 As escolas de negocios levan loitando coa diferenza de notas segundo o sexo. 00:06:26.995 --> 00:06:30.243 Ves mulleres e homes igualmente cualificados 00:06:30.267 --> 00:06:32.410 e logo ves estas diferenzas nas notas, 00:06:32.434 --> 00:06:35.499 que semellan ser atribuíbles en parte á participación. 00:06:35.523 --> 00:06:38.522 Entón empecei a preguntarme: 00:06:38.546 --> 00:06:42.164 se hai persoas que entran con esa actitude e participan, 00:06:42.188 --> 00:06:44.717 sería posible facer que outras a finxisen 00:06:44.741 --> 00:06:46.741 e que iso as levase a participar máis? 00:06:46.765 --> 00:06:51.354 A miña colaboradora Dana Carney, que está en Berkeley, 00:06:51.378 --> 00:06:54.909 e eu queriamos saber se se pode finxir ata facelo. 00:06:54.933 --> 00:06:57.460 É dicir, podes facelo só por un intre 00:06:57.484 --> 00:07:00.136 e experimentar un resultado no teu comportamento 00:07:00.160 --> 00:07:01.862 que te faga sentir máis poderoso? 00:07:01.886 --> 00:07:05.314 Sabemos que a linguaxe non verbal condiciona o que outras persoas 00:07:05.338 --> 00:07:07.719 senten e pensan de nós. Hai moitas probas. 00:07:07.743 --> 00:07:09.165 Pero a nosa pregunta era: 00:07:09.189 --> 00:07:13.229 condiciona a linguaxe non verbal o que sentimos e pensamos de nós mesmos? 00:07:13.253 --> 00:07:15.919 Hai probas de que así é. 00:07:15.943 --> 00:07:20.555 Por exemplo, sorrimos cando estamos contentos, 00:07:20.579 --> 00:07:22.733 pero tamén cando nos obrigamos a rir 00:07:22.757 --> 00:07:27.148 suxeitando un boli cos dentes así, fainos sentir contentos. 00:07:27.172 --> 00:07:29.090 Funciona nas dúas direccións. 00:07:29.114 --> 00:07:32.896 Cando se trata de poder, tamén funciona nas dúas direccións. 00:07:32.920 --> 00:07:35.444 Cando nos sentimos poderosos 00:07:35.468 --> 00:07:37.239 é máis probable que fagamos isto, 00:07:37.263 --> 00:07:43.441 pero tamén é posible que cando finximos ser poderosos 00:07:43.465 --> 00:07:46.864 é máis probable que realmente nos sintamos poderosos. 00:07:46.888 --> 00:07:49.924 Pois a segunda pregunta en realidade era, ben, 00:07:49.948 --> 00:07:52.507 xa sabemos que a mente modifica o noso corpo, 00:07:52.531 --> 00:07:56.924 pero é certo tamén que o corpo modifica a nosa mente? 00:07:56.948 --> 00:07:59.651 E cando digo mente, no caso dos poderosos, 00:07:59.675 --> 00:08:01.023 de que estou a falar? 00:08:01.047 --> 00:08:03.189 Pois falo de pensamentos e sentimentos 00:08:03.213 --> 00:08:06.785 e de compoñentes fisiolóxicos que forman eses pensamentos e sentimentos, 00:08:06.809 --> 00:08:09.852 e no meu caso, falo das hormonas. Observo as hormonas. 00:08:09.876 --> 00:08:14.186 Como é a mente dos poderosos comparada coa dos que non o son? 00:08:14.210 --> 00:08:18.482 As persoas poderosas tenden a ser, non é sorprendente, 00:08:18.506 --> 00:08:22.706 máis asertivos e seguros, máis optimistas. 00:08:22.730 --> 00:08:26.016 Teñen a sensación de que van gañar mesmo en xogos de azar. 00:08:26.040 --> 00:08:29.884 Tamén tenden a pensar dun xeito máis abstracto. 00:08:29.908 --> 00:08:32.528 Existen moitas diferenzas. Asumen máis riscos. 00:08:32.552 --> 00:08:35.791 Hai unha chea de diferenzas entre os poderosos e os que non o son. 00:08:35.815 --> 00:08:38.635 Fisioloxicamente tamén se dan diferenzas 00:08:38.659 --> 00:08:42.700 en dúas hormonas clave: a testosterona, que é a hormona da dominación, 00:08:42.724 --> 00:08:46.394 e o cortisol, que é a hormona do estrés. 00:08:46.418 --> 00:08:53.539 Os machos alfa con moito poder nas xerarquías de primates 00:08:53.563 --> 00:08:56.737 teñen niveis altos de testosterona e niveis baixos de cortisol. 00:08:56.761 --> 00:08:59.669 E os líderes poderosos e eficientes 00:08:59.857 --> 00:09:02.518 tamén teñen testosterona alta e cortisol baixo. 00:09:02.542 --> 00:09:04.923 Que significa isto? Ao falar de poder, 00:09:04.947 --> 00:09:07.246 adoitábase falar só da testosterona, 00:09:07.270 --> 00:09:09.034 porque tiña que ver coa dominación. 00:09:09.058 --> 00:09:12.504 Pero o poder tamén ten que ver coa nosa reacción ante o estrés. 00:09:12.528 --> 00:09:15.633 Queremos un líder dominante, con moito poder, 00:09:15.657 --> 00:09:18.375 con niveis altos de testosterona pero sensible ao estrés? 00:09:18.399 --> 00:09:19.940 Probablemente non, verdade? 00:09:19.964 --> 00:09:22.994 Queremos unha persoa que sexa poderosa, asertiva e dominante 00:09:23.018 --> 00:09:26.682 pero non moi sensible ao estrés, unha persoa que sexa tranquila. 00:09:26.706 --> 00:09:31.832 Sabemos que nas xerarquías de primates, 00:09:31.856 --> 00:09:34.924 se un alfa ten que tomar o control, 00:09:34.948 --> 00:09:39.162 se alguén ten que asumir o mando, tomar de súpeto ese papel, 00:09:39.186 --> 00:09:42.273 no prazo duns días, a súa testosterona elévase moito 00:09:42.297 --> 00:09:45.778 e o cortisol descende igualmente. 00:09:45.802 --> 00:09:48.819 Temos esa evidencia, que o corpo pode moldear 00:09:48.843 --> 00:09:51.185 a mente, polo menos a nivel facial, 00:09:51.209 --> 00:09:55.314 e tamén que o papel asumido pode moldear a mente. 00:09:55.338 --> 00:09:58.096 Entón, que ocorre cando se asume un cambio de papel? 00:09:58.120 --> 00:10:00.680 Que sucede se se fai a un nivel mínimo, 00:10:00.704 --> 00:10:03.133 como esta pequena manipulación ou intervención? 00:10:03.157 --> 00:10:05.967 Dicímoslle: "quero que durante 2 minutos te ergas así, 00:10:05.991 --> 00:10:08.527 iso fará que te sintas máis poderoso". 00:10:08.551 --> 00:10:11.481 E iso foi o que fixemos. 00:10:11.505 --> 00:10:16.096 Decidimos traer xente ao laboratorio e facer un pequeno experimento, 00:10:16.120 --> 00:10:19.645 esas persoas adoptaron, por dous minutos, 00:10:19.669 --> 00:10:23.129 ambas as posicións, de poder ou debilidade. 00:10:23.153 --> 00:10:25.470 Vouvos mostrar xusto agora cinco desas poses, 00:10:25.494 --> 00:10:27.055 aínda que eles probaron só dúas. 00:10:27.079 --> 00:10:28.559 Esta é unha. 00:10:29.809 --> 00:10:31.098 Un par máis 00:10:31.792 --> 00:10:36.545 A esta a prensa chamoulle a "Muller marabilla". 00:10:36.646 --> 00:10:37.944 Aquí temos un par máis. 00:10:37.968 --> 00:10:40.298 Poden estar de pé, ou sentados. 00:10:40.322 --> 00:10:42.283 Aquí están as posicións de debilidade. 00:10:42.307 --> 00:10:45.037 Agora dóbranse, fanse pequenos. 00:10:46.644 --> 00:10:48.085 Esta é de moi baixo poder. 00:10:48.109 --> 00:10:52.068 Cando tocas o pescozo estaste protexendo, realmente. 00:10:52.092 --> 00:10:54.089 Isto é o que ocorre. 00:10:54.207 --> 00:10:56.413 Eles veñen, cospen nun frasco, 00:10:56.437 --> 00:10:59.586 e dicímoslles durante dous minutos: "tes que facer isto ou aquilo." 00:10:59.610 --> 00:11:01.651 Eles non ven as fotos das posicións. 00:11:01.675 --> 00:11:04.202 Non queremos inducilos cun concepto de poder. 00:11:04.226 --> 00:11:05.859 Queremos que sintan o poder. 00:11:05.883 --> 00:11:07.218 Fan isto dous minutos. 00:11:07.242 --> 00:11:10.427 Logo preguntámoslles, "como de poderoso te sentes? 00:11:10.451 --> 00:11:12.794 entón dámoslles a oportunidade de apostar, 00:11:12.818 --> 00:11:15.559 ao final tomamos outra mostra de saliva. 00:11:15.583 --> 00:11:17.441 Iso é todo. Este é todo o experimento. 00:11:17.465 --> 00:11:19.026 Isto foi o que atopamos. 00:11:19.050 --> 00:11:20.930 Tolerancia ao risco, a apostar; 00:11:20.954 --> 00:11:25.068 atopamos que cando están nunha posición de alto poder 00:11:25.092 --> 00:11:27.226 arríscanse a apostar o 86%. 00:11:27.250 --> 00:11:29.346 Cando están nas posicións de baixo poder, 00:11:29.370 --> 00:11:33.346 só o 60%. É unha diferenza moi significativa. 00:11:33.370 --> 00:11:35.826 Vexamos o que atopamos coa testosterona. 00:11:35.850 --> 00:11:38.363 Partindo da súa situación normal ao chegar, 00:11:38.387 --> 00:11:41.693 a xente poderosa experimenta un incremento do 20% 00:11:41.717 --> 00:11:46.314 e os débiles experimentan una diminución do 10%. 00:11:46.338 --> 00:11:49.131 De novo, 2 minutos, e obtéñense eses cambios. 00:11:49.155 --> 00:11:51.132 Agora os resultados co cortisol. 00:11:51.156 --> 00:11:54.930 Os máis poderosos experimentan un 25% de diminución, 00:11:54.954 --> 00:11:59.062 os máis débiles experimentan un aumento de arredor do 15%. 00:11:59.086 --> 00:12:01.794 Só dous minutos provocan estes cambios hormonais 00:12:01.818 --> 00:12:03.438 que configuran o teu cerebro 00:12:03.462 --> 00:12:07.739 para facelo asertivo, seguro ou confortable, 00:12:07.763 --> 00:12:12.816 ou ben susceptible ao estrés, e sentíndose como apagado. 00:12:12.840 --> 00:12:15.603 Todos coñecemos esa sensación, non si? 00:12:15.627 --> 00:12:20.811 Semella que a nosa linguaxe non verbal rexe o xeito de vernos a nós mesmos, 00:12:20.835 --> 00:12:23.267 non só aos demais, senón a nós mesmos. 00:12:23.291 --> 00:12:25.694 O corpo pode cambiarnos a mente. 00:12:25.718 --> 00:12:28.100 A seguinte pregunta, por suposto, é... 00:12:28.124 --> 00:12:29.944 pode un xesto de poder nuns minutos 00:12:29.968 --> 00:12:32.005 cambiarche a vida de xeito significativo? 00:12:32.029 --> 00:12:36.322 Isto é no laboratorio, este experimento, son só dous minutos. 00:12:36.346 --> 00:12:38.087 Onde podes realmente aplicar isto? 00:12:38.111 --> 00:12:39.922 Iso é o que nos preocupa. 00:12:39.946 --> 00:12:46.687 Pensamos que onde se necesita é en situacións nas que te avalían, 00:12:46.711 --> 00:12:49.164 como nas situacións sociais esixentes, 00:12:49.188 --> 00:12:51.744 nas que te avalían mesmo os teus amigos. 00:12:51.768 --> 00:12:53.825 Para os adolescentes é na mesa do comedor. 00:12:53.849 --> 00:12:58.122 Para algunha xente é falar na xunta da escola. 00:12:58.146 --> 00:13:01.910 Pode ser ao presentar un negocio ou dar unha charla coma esta 00:13:01.934 --> 00:13:04.708 ou ir a unha entrevista de traballo. 00:13:04.732 --> 00:13:07.400 Escollemos unha coa que a maioría da xente se identifica 00:13:07.424 --> 00:13:10.319 porque moitos pasaron por ela, a entrevista de traballo. 00:13:10.343 --> 00:13:13.074 Entón publicamos os resultados, 00:13:13.098 --> 00:13:14.659 a prensa interesouse 00:13:14.683 --> 00:13:16.758 e dixo... ben, isto é o que hai que facer 00:13:16.782 --> 00:13:18.855 cando vas a unha entrevista, non? 00:13:18.879 --> 00:13:19.886 (Risos) 00:13:19.910 --> 00:13:22.357 Naturalmente quedamos arrepiados e dixemos: 00:13:22.381 --> 00:13:24.653 Non, por Deus, non, non é o que queriamos dicir. 00:13:24.677 --> 00:13:26.917 Por moitas razóns, non, non fagades iso. 00:13:26.941 --> 00:13:29.508 De novo, non se trata de falarlle a outra xente. 00:13:29.532 --> 00:13:31.093 Trátase de falar contigo mesmo. 00:13:31.117 --> 00:13:34.176 Que fas antes de ir a unha entrevista de traballo? Fas isto. 00:13:34.200 --> 00:13:36.742 Estás sentado. Miras o teu iPhone... 00:13:36.766 --> 00:13:39.028 ou o teu Android, non imos deixar ninguén fóra. 00:13:39.052 --> 00:13:40.922 Repasas as túas mensaxes, 00:13:40.946 --> 00:13:42.946 estás encurvado, facéndote pequeno, 00:13:42.970 --> 00:13:45.399 cando realmente o que deberías estar facendo é isto, 00:13:45.423 --> 00:13:48.460 quizais no baño, vale? Faino. Lévache dous minutos. 00:13:48.484 --> 00:13:50.246 Iso é o que queremos avaliar, vale? 00:13:50.270 --> 00:13:52.064 Convidamos a xente ao laboratorio, 00:13:52.088 --> 00:13:55.441 e adoptaron posturas de alto e baixo poder outra vez, 00:13:55.465 --> 00:13:58.073 pasaron unha entrevista de traballo estresante 00:13:58.097 --> 00:14:01.689 de cinco minutos de duración. Estanos gravando. 00:14:01.713 --> 00:14:03.670 Tamén os están xulgando, 00:14:03.694 --> 00:14:08.175 e os xuíces están adestrados para non dar retroalimentación non verbal 00:14:08.199 --> 00:14:09.758 Vense así. 00:14:09.985 --> 00:14:12.066 Imaxinade que esta persoa vos entrevista. 00:14:12.090 --> 00:14:16.689 Durante cinco minutos, nada, é peor ca que te interrompan. 00:14:16.713 --> 00:14:18.353 A xente odia isto. 00:14:18.377 --> 00:14:22.093 É o que Marianne LaFrance chama "estar en areas movedizas sociais". 00:14:22.117 --> 00:14:23.902 Isto dispara o cortisol. 00:14:23.926 --> 00:14:26.212 Esta é a entrevista á que os sometemos, 00:14:26.236 --> 00:14:28.433 porque queriamos ver o que acontecía. 00:14:28.457 --> 00:14:31.540 Temos analistas mirando as cintas, catro en total. 00:14:31.564 --> 00:14:34.712 Eles non coñecen a hipótese. Tampouco coñecen as condicións. 00:14:34.736 --> 00:14:37.497 Non teñen nin idea de que posición tomou cada persoa 00:14:37.521 --> 00:14:42.587 e ao rematar de ollar todas as cintas, 00:14:42.611 --> 00:14:44.759 dixeron, "queremos contratar estas persoas", 00:14:44.783 --> 00:14:46.284 todas as de posicións de poder. 00:14:46.308 --> 00:14:48.081 "Non queremos contratar esoutras. 00:14:48.105 --> 00:14:51.922 Dámoslles unha avaliación moito máis positiva en xeral". 00:14:51.946 --> 00:14:53.586 Que estaba acontecendo? 00:14:53.610 --> 00:14:55.602 Non se trata do contido do discurso. 00:14:55.626 --> 00:14:58.478 Trátase da presenza que lle achegaban ao discurso. 00:14:58.502 --> 00:15:00.979 Porque os avaliamos en todas esas variables 00:15:01.003 --> 00:15:04.542 relativas á competencia: Estruturan ben o discurso? 00:15:04.566 --> 00:15:06.800 Exprésanse ben? Que cualificacións teñen? 00:15:06.824 --> 00:15:09.450 Estas cousas non afectan. Isto e o que afecta. 00:15:09.474 --> 00:15:11.173 Esta clase de cousas. 00:15:11.197 --> 00:15:13.588 Cada persoa móstrase a si mesma, basicamente. 00:15:13.612 --> 00:15:15.002 Amosan o que son. 00:15:15.026 --> 00:15:17.125 Amosan as súas ideas, por si mesmos, 00:15:17.149 --> 00:15:19.361 sen ningún extra. 00:15:19.385 --> 00:15:24.292 Así que isto é o que provoca ou condiciona o efecto. 00:15:24.316 --> 00:15:27.660 Cando lle falo á xente sobre isto, 00:15:27.684 --> 00:15:31.039 que o noso corpo cambia a nosa mente 00:15:31.063 --> 00:15:33.815 e o comportamento pode cambiar a nosa forma de ser, dinme: 00:15:33.839 --> 00:15:35.382 "Parece finxido". Ai si? 00:15:35.406 --> 00:15:37.284 Eu dígolles: fínxeo ata que o fagas. 00:15:37.308 --> 00:15:39.161 Eu non son así. 00:15:39.185 --> 00:15:42.336 Eu non quero chegar alí e sentirme coma unha fraude. 00:15:42.360 --> 00:15:44.170 Non quero sentirme coma un impostor. 00:15:44.194 --> 00:15:48.267 Non quero chegar alí para sentir que non debía estar alí. 00:15:48.291 --> 00:15:50.454 Isto é moi importante para min, 00:15:50.478 --> 00:15:53.700 porque quero contarvos unha pequena historia sobre ser un impostor 00:15:53.724 --> 00:15:55.922 e sobre sentirse como que non debía estar alí. 00:15:55.946 --> 00:15:58.863 Cando tiña 19 anos sufrín un terrible accidente de coche. 00:15:58.887 --> 00:16:02.268 Saín despedida del e dei varias voltas de campá. 00:16:02.292 --> 00:16:04.150 Saín despedida do coche. 00:16:04.174 --> 00:16:07.138 Espertei na UCI cunha ferida na cabeza. 00:16:07.162 --> 00:16:09.371 Botáronme da universidade 00:16:09.395 --> 00:16:15.083 e dixéronme que o meu CI baixara dúas desviacións estándar. 00:16:15.107 --> 00:16:17.671 Foi moi traumático. 00:16:17.695 --> 00:16:20.542 Coñecía o meu CI porque me cualificaran como superdotada, 00:16:20.566 --> 00:16:22.554 e consideráranme nena prodixio. 00:16:22.578 --> 00:16:25.754 Así que me botaron da universidade e tentei volver. 00:16:25.778 --> 00:16:27.978 Dicíanme: "non poderás terminar a carreira. 00:16:28.002 --> 00:16:30.555 Tes que aceptar que hai outras cousas que podes facer, 00:16:30.579 --> 00:16:32.579 pero no teu caso isto non." 00:16:32.603 --> 00:16:36.137 Tiven que lidar con iso e teño que dicir 00:16:36.161 --> 00:16:38.911 que que che quiten a túa identidade, o que realmente es, 00:16:38.935 --> 00:16:40.770 que para min era ser intelixente, 00:16:40.794 --> 00:16:42.433 que che arrebaten iso, 00:16:42.457 --> 00:16:45.556 é a cousa que máis impotente te pode facer sentir. 00:16:45.580 --> 00:16:47.359 Sentíame totalmente impotente. 00:16:47.383 --> 00:16:49.245 Entón traballei e traballei, e tiven sorte. 00:16:49.269 --> 00:16:51.115 e traballei, e tiven sorte, e traballei. 00:16:51.139 --> 00:16:53.367 Finalmente gradueime na universidade. 00:16:53.391 --> 00:16:55.391 Tardei catro anos máis cós meus compañeiros, 00:16:55.415 --> 00:16:59.732 e logrei convencer alguén, o meu anxo da garda, Susan Fiske, 00:16:59.756 --> 00:17:02.676 para que me aceptase, e acabei en Princeton, 00:17:02.700 --> 00:17:05.527 e eu sentía como que non debía estar alí. 00:17:05.550 --> 00:17:06.820 Son unha impostora. 00:17:06.845 --> 00:17:08.750 A noite antes da exposición de 1º curso, 00:17:08.773 --> 00:17:12.272 e esa exposición en Princeton é de 20 minutos para 20 persoas. 00:17:12.297 --> 00:17:13.474 É así. 00:17:13.499 --> 00:17:15.962 Tiña tanto medo de verme excluída o seguinte día 00:17:15.986 --> 00:17:18.775 que eu chameina e díxenlle: "Vouno deixar". 00:17:18.799 --> 00:17:20.631 Ela díxome: "Non vas deixar nada, 00:17:20.655 --> 00:17:23.189 porque eu apostei por ti e vas quedar. 00:17:23.213 --> 00:17:25.980 Vas quedar, e isto é o que vas facer. 00:17:26.003 --> 00:17:27.337 Vas finxir. 00:17:27.361 --> 00:17:30.517 Vas facer todas as exposicións que che encarguen. 00:17:30.541 --> 00:17:32.780 Simplemente valas facer, e facer e facer. 00:17:32.804 --> 00:17:35.225 aínda que esteas asustada ou incluso paralizada 00:17:35.249 --> 00:17:37.598 e tendo una experiencia extracorpórea, 00:17:37.622 --> 00:17:40.968 ata que chegue o momento que digas "Arre demo, logreino". 00:17:40.992 --> 00:17:43.934 Eu cheguei ata aquí. Estou a facelo agora. 00:17:43.958 --> 00:17:45.053 E iso foi o que fixen. 00:17:45.077 --> 00:17:46.461 Cinco anos de grao universitario, 00:17:46.485 --> 00:17:48.585 uns poucos anos, sabedes, en Northwestern, 00:17:48.609 --> 00:17:50.672 Mudeime a Harvard, agora estou en Harvard, 00:17:50.696 --> 00:17:54.672 xa non penso nunca niso pero por moito tempo tiven a sensación 00:17:54.696 --> 00:17:56.478 de que non debía estar alí. 00:17:56.502 --> 00:17:59.195 A finais do meu primeiro ano en Harvard, 00:17:59.219 --> 00:18:03.520 unha estudante que non falara na clase en todo o semestre, 00:18:03.544 --> 00:18:07.211 á que lle dixeran, "mira, tes que participar ou vas suspender", 00:18:07.235 --> 00:18:09.759 veu ao meu despacho. Eu non a coñecía de antes. 00:18:09.783 --> 00:18:13.211 Totalmente derrotada, díxome: 00:18:13.235 --> 00:18:16.361 "Non debería estar aquí". 00:18:20.111 --> 00:18:22.068 Ese foi o meu momento. 00:18:22.092 --> 00:18:23.684 Porque sucederon dúas cousas. 00:18:23.708 --> 00:18:24.978 A primeira que me decatei: 00:18:25.002 --> 00:18:28.112 Vaites! Eu xa non me sinto así. 00:18:28.136 --> 00:18:31.136 Xa non me sentía así pero ela si e póñome no seu lugar. 00:18:31.160 --> 00:18:33.431 A segunda foi, claro que debe estar aquí! 00:18:33.455 --> 00:18:35.408 Vamos, que pode finxilo e pode facelo. 00:18:35.432 --> 00:18:38.975 Así que lle dixen: " Si, por suposto. Si que debes estar aquí!". 00:18:38.999 --> 00:18:40.761 Mañá vas finxilo, 00:18:40.785 --> 00:18:43.474 vas facerte poderosa, e sabes qué... 00:18:43.498 --> 00:18:48.891 (Aplausos) 00:18:48.915 --> 00:18:52.969 Vas ir á clase 00:18:52.993 --> 00:18:55.393 e vas dar o mellor discurso de todos." 00:18:55.417 --> 00:18:58.398 E sabedes? Fixo o mellor discurso de todos, 00:18:58.422 --> 00:19:00.361 a xente xirábase e dicía: 00:19:00.385 --> 00:19:03.305 vaia, nin sequera me fixara en que se sentaba aí. (Risos) 00:19:03.329 --> 00:19:05.122 Veu xunta min uns meses despois 00:19:05.146 --> 00:19:08.186 e comprobei que xa non finxía senón que se transformara, 00:19:08.210 --> 00:19:10.584 finxiuno ata transformarse. 00:19:10.608 --> 00:19:12.407 De modo que cambiara. 00:19:12.431 --> 00:19:16.491 Agora quero dicirvos que non hai que finxilo ata facelo. 00:19:16.515 --> 00:19:19.288 Hai que finxilo ata transformarse. 00:19:19.312 --> 00:19:22.929 Hai que facelo o suficiente ata transformarse e internalizalo. 00:19:22.953 --> 00:19:25.584 O último que vos vou dicir é isto. 00:19:25.608 --> 00:19:30.056 Pequenos cambios poden levar a grandes transformacións. 00:19:30.080 --> 00:19:32.467 Son só dous minutos. 00:19:32.467 --> 00:19:34.387 Dous minutos, dous minutos, dous minutos. 00:19:34.411 --> 00:19:37.535 Antes de enfrontarvos á seguinte situación onde vos avalíen, 00:19:37.559 --> 00:19:40.241 durante dous minutos, intentade isto, no ascensor, 00:19:40.265 --> 00:19:43.480 no cuarto de baño, no despacho coa porta pechada. 00:19:43.504 --> 00:19:44.907 Isto é o que tedes que facer. 00:19:44.931 --> 00:19:47.742 Configurar o cerebro para acadar o mellor desa situación. 00:19:47.766 --> 00:19:50.707 Subide a testosterona. Baixade o cortisol. 00:19:50.731 --> 00:19:54.673 Non saiades desa situación sentindo como que non lles mostrei quen son. 00:19:54.697 --> 00:19:56.397 Saíde desa situación coa sensación 00:19:56.421 --> 00:19:59.393 de que vou dicir quen son e vouno demostrar. 00:19:59.417 --> 00:20:05.184 Quero pedirvos antes de nada que adoptedes unha posición de poder, 00:20:05.208 --> 00:20:10.298 e tamén quero convidarvos a compartir a experiencia, porque é moi simple. 00:20:10.322 --> 00:20:12.475 O meu ego non depende disto. (Risos) 00:20:12.499 --> 00:20:14.262 Compartídeo, mostrádello á xente, 00:20:14.286 --> 00:20:16.706 porque os que mellor poden usalo 00:20:16.730 --> 00:20:20.081 son aqueles sen recursos nin tecnoloxía, 00:20:20.105 --> 00:20:22.279 sen posición nin poder. 00:20:22.303 --> 00:20:24.851 Compartídeo con eles porque poden facelo en privado. 00:20:24.875 --> 00:20:27.319 Só necesitan o seu corpo, privacidade e dous minutos 00:20:27.343 --> 00:20:30.469 para cambiar significativamente as proxeccións da súa vida. 00:20:30.493 --> 00:20:31.624 Grazas. 00:20:31.648 --> 00:20:34.679 (Aplausos)