1 00:00:00,707 --> 00:00:06,105 Vou comezar dándovos un truco útil non tecnolóxico 2 00:00:06,129 --> 00:00:08,726 e todo canto require de vós é isto: 3 00:00:08,750 --> 00:00:12,913 que cambiedes de postura durante dous minutos. 4 00:00:12,937 --> 00:00:16,337 Pero antes de revelárvolo, quero pedirvos agora mesmo 5 00:00:16,361 --> 00:00:19,930 que observedes o voso corpo e o que estades a facer con el. 6 00:00:19,954 --> 00:00:22,645 A ver, cantos de vós estades dalgún xeito encollidos? 7 00:00:22,669 --> 00:00:25,990 Encurvados, coas pernas cruzadas, os nocellos enleados. 8 00:00:26,014 --> 00:00:29,729 Ás veces poñemos os brazos así. 9 00:00:29,753 --> 00:00:33,400 Ás veces estirámolos. (Risos) 10 00:00:33,424 --> 00:00:35,672 Ollo que vos vexo. 11 00:00:35,696 --> 00:00:38,687 Prestade atención ao que facedes agora mesmo. 12 00:00:38,711 --> 00:00:41,045 Imos volver a isto nuns minutos 13 00:00:41,069 --> 00:00:43,993 e espero que se aprendedes a modificalo un pouco 14 00:00:44,017 --> 00:00:47,429 poida mudar considerablemente o desenvolvemento da vosa vida. 15 00:00:47,453 --> 00:00:51,953 Ben, estamos fascinados coa linguaxe corporal 16 00:00:51,977 --> 00:00:55,876 e interésanos especialmente a linguaxe corporal doutras persoas. 17 00:00:55,900 --> 00:01:00,097 Xa sabedes, interésanos... isto, vaia... (Risos) 18 00:01:00,121 --> 00:01:04,495 unha interacción torpe, un sorriso 19 00:01:04,519 --> 00:01:08,727 unha ollada despectiva, unha chiscadela torpe de ollo 20 00:01:08,751 --> 00:01:11,965 ou mesmo algo coma unha aperta de mans. 21 00:01:11,989 --> 00:01:15,314 Narrador: Aquí están chegando ao número 10. 22 00:01:15,338 --> 00:01:19,807 Este policía ten sorte e dálle a man ao presidente dos Estados Unidos. 23 00:01:19,831 --> 00:01:24,734 Aí vén o primeiro ministro... Non. (Risos) (Aplausos) 24 00:01:24,758 --> 00:01:27,409 (Risos) (Aplausos) 25 00:01:27,433 --> 00:01:31,116 Amy Cuddy: Unha aperta de mans, ou a súa ausencia, 26 00:01:31,140 --> 00:01:33,640 pode darnos que falar durante semanas e semanas; 27 00:01:33,664 --> 00:01:35,780 mesmo á BBC e ao New York Times. 28 00:01:35,804 --> 00:01:39,731 Entón cando pensamos en expresión non verbal 29 00:01:39,755 --> 00:01:43,119 ou linguaxe corporal (nós os sociólogos chamámoslle non verbal) 30 00:01:43,143 --> 00:01:45,999 falamos de linguaxe, polo tanto de comunicación. 31 00:01:46,023 --> 00:01:49,026 Cando falamos de comunicación pensamos en interaccións. 32 00:01:49,050 --> 00:01:51,465 Que me comunica a túa linguaxe corporal? 33 00:01:51,489 --> 00:01:53,531 Que che comunica a miña a ti? 34 00:01:53,555 --> 00:01:59,503 Hai razóns para crer que é válido este enfoque. 35 00:01:59,527 --> 00:02:01,585 Os sociólogos pasamos moito tempo 36 00:02:01,585 --> 00:02:03,876 observando os efectos da nosa linguaxe corporal, 37 00:02:03,900 --> 00:02:06,185 ou da doutras persoas, sobre os xuízos. 38 00:02:06,209 --> 00:02:09,624 Facemos xuízos e deducións da linguaxe corporal. 39 00:02:09,648 --> 00:02:13,614 Eses xuízos poden predicir proxeccións importantes na vida 40 00:02:13,638 --> 00:02:17,407 como a quen contratamos ou promovemos ou a quen lle pedimos unha cita. 41 00:02:17,431 --> 00:02:22,092 Por exemplo Nalini Ambady, investigadora na Universidade de Tufts, 42 00:02:22,116 --> 00:02:26,564 demostra que cando alguén ve 30 segundos de vídeos sen son 43 00:02:26,588 --> 00:02:29,588 de interaccións reais médico-paciente 44 00:02:29,612 --> 00:02:32,421 os seus xuízos sobre a simpatía do médico 45 00:02:32,445 --> 00:02:35,058 predín se ese médico vai ser demandado ou non. 46 00:02:35,082 --> 00:02:36,740 Así que non ten que ver tanto 47 00:02:36,764 --> 00:02:39,263 con se o médico era ou non incompetente 48 00:02:39,287 --> 00:02:42,093 senón con se nos gustou esa persoa e como interactuou. 49 00:02:42,117 --> 00:02:45,028 Aínda máis drástico, Alex Todorov, de Princeton, 50 00:02:45,052 --> 00:02:48,705 demostrounos que os xuízos dos rostros de candidatos políticos 51 00:02:48,729 --> 00:02:52,673 predín nun segundo o 70 por cento 52 00:02:52,697 --> 00:02:56,523 do resultado da carreira cara ao Goberno e o Senado dos EEUU 53 00:02:56,547 --> 00:02:58,745 e mesmo, no eido dixital, 54 00:02:58,769 --> 00:03:02,890 as emoticonas ben usadas nas negociacións en liña 55 00:03:02,914 --> 00:03:05,722 poden conducir a darlle máis valor a esa negociación. 56 00:03:05,746 --> 00:03:08,945 Se fas un mal uso deles é mala idea, non? 57 00:03:08,969 --> 00:03:12,042 Falar de linguaxe non verbal é falar de como xulgamos aos outros, 58 00:03:12,066 --> 00:03:14,944 como nos xulgan a nós e cales son as consecuencias. 59 00:03:14,968 --> 00:03:17,064 Pero tendemos a esquecer a outra audiencia 60 00:03:17,088 --> 00:03:20,499 na que inflúe a nosa linguaxe non verbal, que somos nós mesmos. 61 00:03:20,523 --> 00:03:23,712 Inflúenos a nosa linguaxe non verbal, 62 00:03:23,736 --> 00:03:26,075 os nosos pensamentos, sentimentos e fisioloxía. 63 00:03:26,099 --> 00:03:29,138 De que linguaxe non verbal estou a falar? 64 00:03:29,162 --> 00:03:32,081 Son psicóloga social. Estudo os prexuízos 65 00:03:32,105 --> 00:03:34,808 e dou clases nunha competitiva escola de negocios, 66 00:03:34,832 --> 00:03:39,292 así que era inevitable que me interesasen as dinámicas de poder. 67 00:03:39,316 --> 00:03:43,104 Interesábanme sobre todo expresións non verbais 68 00:03:43,128 --> 00:03:45,107 de poder e dominación. 69 00:03:45,131 --> 00:03:47,846 Que son as expresións non verbais de poder e dominación? 70 00:03:47,870 --> 00:03:49,929 Ben, pois son isto. 71 00:03:49,953 --> 00:03:52,807 No reino animal teñen que ver coa expansión, 72 00:03:52,831 --> 00:03:55,817 con facerse grande, estirarse, 73 00:03:55,841 --> 00:03:58,758 acaparar espazo, basicamente abrirse. 74 00:03:58,782 --> 00:04:00,704 Trátase de abrirse. 75 00:04:00,728 --> 00:04:03,459 E funciona así en todo o reino animal, 76 00:04:03,483 --> 00:04:05,508 non se limita só aos primates. 77 00:04:06,244 --> 00:04:08,928 Os humanos facemos o mesmo. (Risos) 78 00:04:08,952 --> 00:04:12,639 Fan así cando teñen poder de xeito permanente 79 00:04:12,663 --> 00:04:15,640 e tamén cando se senten poderosos no momento. 80 00:04:15,664 --> 00:04:18,712 Isto é especialmente interesante porque nos demostra 81 00:04:18,736 --> 00:04:22,734 o antigas e universais que son estas expresións de poder. 82 00:04:22,758 --> 00:04:25,333 Esta expresión, coñecida como orgullo, 83 00:04:25,357 --> 00:04:27,586 foi estudada por Jessica Tracy, 84 00:04:27,610 --> 00:04:30,493 que nos di que tanto as persoas que ven desde que naceron 85 00:04:30,517 --> 00:04:33,434 coma as persoas que son cegas conxénitas fan o mesmo 86 00:04:33,458 --> 00:04:35,748 cando gañan unha competición física. 87 00:04:35,772 --> 00:04:38,226 Así que que cando cruzan a liña de meta e gañan 88 00:04:38,250 --> 00:04:40,727 non importa se nunca viron ninguén facelo. 89 00:04:40,751 --> 00:04:42,044 Fan así. 90 00:04:42,068 --> 00:04:44,566 Os brazos erguidos en V, o queixo algo elevado. 91 00:04:44,590 --> 00:04:46,653 Que facemos cando nos sentimos impotentes? 92 00:04:46,677 --> 00:04:48,432 Facemos xusto o contrario. 93 00:04:48,456 --> 00:04:50,960 Pechámonos. Envolvémonos. 94 00:04:50,984 --> 00:04:52,328 Facémonos pequenos. 95 00:04:52,352 --> 00:04:54,708 Non queremos tropezar con quen está ao noso carón. 96 00:04:54,732 --> 00:04:57,465 E tanto os animais coma os humanos facemos o mesmo. 97 00:04:57,489 --> 00:05:01,445 E isto é o que acontece cando xuntas poder con impotencia. 98 00:05:01,469 --> 00:05:04,571 O que tendemos a facer cando se trata de poder 99 00:05:04,595 --> 00:05:07,224 é complementar a linguaxe non verbal dos outros. 100 00:05:07,248 --> 00:05:09,655 Así que se alguén se mostra moi poderoso con nós, 101 00:05:09,679 --> 00:05:12,299 tendemos a facernos máis pequenos. Non o imitamos. 102 00:05:12,323 --> 00:05:13,913 Facemos o contrario. 103 00:05:13,937 --> 00:05:17,112 Se vexo este comportamento na clase, 104 00:05:17,136 --> 00:05:19,649 que noto? 105 00:05:19,673 --> 00:05:26,902 Noto que os alumnos do MBA presentan toda a linguaxe non verbal de poder. 106 00:05:26,926 --> 00:05:29,450 Hai persoas que son caricaturas dos alfa, 107 00:05:29,474 --> 00:05:32,855 entran na aula, sitúanse no medio 108 00:05:32,879 --> 00:05:36,292 mesmo antes de empezar a clase, como se quixesen ocupar espazo. 109 00:05:36,316 --> 00:05:38,555 Cando sentan, parecen expandirse. 110 00:05:38,579 --> 00:05:40,313 Erguen a man así. 111 00:05:40,337 --> 00:05:43,958 Logo hai outras persoas que entran practicamente esboroándose. 112 00:05:44,048 --> 00:05:45,472 Así como entran xa o notas. 113 00:05:45,496 --> 00:05:47,765 Velo no seu rostro e no seu corpo, 114 00:05:47,789 --> 00:05:50,583 sentan na cadeira e fanse diminutos, 115 00:05:50,607 --> 00:05:52,945 e fan así cando erguen a man. 116 00:05:52,969 --> 00:05:54,827 Aquí observo dúas cousas. 117 00:05:54,851 --> 00:05:56,661 Unha non vos ha sorprender. 118 00:05:56,685 --> 00:05:58,703 Semella ter que ver co sexo. 119 00:05:58,727 --> 00:06:04,168 As mulleres son máis propensas a facelo que os homes. 120 00:06:04,192 --> 00:06:06,754 As mulleres séntense sempre menos poderosas cós homes, 121 00:06:06,778 --> 00:06:08,636 así que isto non é sorprendente. 122 00:06:08,660 --> 00:06:10,709 Pero a outra cousa que notei 123 00:06:10,733 --> 00:06:13,375 é que semella estar relacionado co grao 124 00:06:13,399 --> 00:06:17,235 de participación dos alumnos e co seu nivel de participación. 125 00:06:17,259 --> 00:06:19,817 E isto é moi importante na clase do MBA 126 00:06:19,841 --> 00:06:22,498 porque a participación conta para a media da nota. 127 00:06:22,522 --> 00:06:26,971 As escolas de negocios levan loitando coa diferenza de notas segundo o sexo. 128 00:06:26,995 --> 00:06:30,243 Ves mulleres e homes igualmente cualificados 129 00:06:30,267 --> 00:06:32,410 e logo ves estas diferenzas nas notas, 130 00:06:32,434 --> 00:06:35,499 que semellan ser atribuíbles en parte á participación. 131 00:06:35,523 --> 00:06:38,522 Entón empecei a preguntarme: 132 00:06:38,546 --> 00:06:42,164 se hai persoas que entran con esa actitude e participan, 133 00:06:42,188 --> 00:06:44,717 sería posible facer que outras a finxisen 134 00:06:44,741 --> 00:06:46,741 e que iso as levase a participar máis? 135 00:06:46,765 --> 00:06:51,354 A miña colaboradora Dana Carney, que está en Berkeley, 136 00:06:51,378 --> 00:06:54,909 e eu queriamos saber se se pode finxir ata facelo. 137 00:06:54,933 --> 00:06:57,460 É dicir, podes facelo só por un intre 138 00:06:57,484 --> 00:07:00,136 e experimentar un resultado no teu comportamento 139 00:07:00,160 --> 00:07:01,862 que te faga sentir máis poderoso? 140 00:07:01,886 --> 00:07:05,314 Sabemos que a linguaxe non verbal condiciona o que outras persoas 141 00:07:05,338 --> 00:07:07,719 senten e pensan de nós. Hai moitas probas. 142 00:07:07,743 --> 00:07:09,165 Pero a nosa pregunta era: 143 00:07:09,189 --> 00:07:13,229 condiciona a linguaxe non verbal o que sentimos e pensamos de nós mesmos? 144 00:07:13,253 --> 00:07:15,919 Hai probas de que así é. 145 00:07:15,943 --> 00:07:20,555 Por exemplo, sorrimos cando estamos contentos, 146 00:07:20,579 --> 00:07:22,733 pero tamén cando nos obrigamos a rir 147 00:07:22,757 --> 00:07:27,148 suxeitando un boli cos dentes así, fainos sentir contentos. 148 00:07:27,172 --> 00:07:29,090 Funciona nas dúas direccións. 149 00:07:29,114 --> 00:07:32,896 Cando se trata de poder, tamén funciona nas dúas direccións. 150 00:07:32,920 --> 00:07:35,444 Cando nos sentimos poderosos 151 00:07:35,468 --> 00:07:37,239 é máis probable que fagamos isto, 152 00:07:37,263 --> 00:07:43,441 pero tamén é posible que cando finximos ser poderosos 153 00:07:43,465 --> 00:07:46,864 é máis probable que realmente nos sintamos poderosos. 154 00:07:46,888 --> 00:07:49,924 Pois a segunda pregunta en realidade era, ben, 155 00:07:49,948 --> 00:07:52,507 xa sabemos que a mente modifica o noso corpo, 156 00:07:52,531 --> 00:07:56,924 pero é certo tamén que o corpo modifica a nosa mente? 157 00:07:56,948 --> 00:07:59,651 E cando digo mente, no caso dos poderosos, 158 00:07:59,675 --> 00:08:01,023 de que estou a falar? 159 00:08:01,047 --> 00:08:03,189 Pois falo de pensamentos e sentimentos 160 00:08:03,213 --> 00:08:06,785 e de compoñentes fisiolóxicos que forman eses pensamentos e sentimentos, 161 00:08:06,809 --> 00:08:09,852 e no meu caso, falo das hormonas. Observo as hormonas. 162 00:08:09,876 --> 00:08:14,186 Como é a mente dos poderosos comparada coa dos que non o son? 163 00:08:14,210 --> 00:08:18,482 As persoas poderosas tenden a ser, non é sorprendente, 164 00:08:18,506 --> 00:08:22,706 máis asertivos e seguros, máis optimistas. 165 00:08:22,730 --> 00:08:26,016 Teñen a sensación de que van gañar mesmo en xogos de azar. 166 00:08:26,040 --> 00:08:29,884 Tamén tenden a pensar dun xeito máis abstracto. 167 00:08:29,908 --> 00:08:32,528 Existen moitas diferenzas. Asumen máis riscos. 168 00:08:32,552 --> 00:08:35,791 Hai unha chea de diferenzas entre os poderosos e os que non o son. 169 00:08:35,815 --> 00:08:38,635 Fisioloxicamente tamén se dan diferenzas 170 00:08:38,659 --> 00:08:42,700 en dúas hormonas clave: a testosterona, que é a hormona da dominación, 171 00:08:42,724 --> 00:08:46,394 e o cortisol, que é a hormona do estrés. 172 00:08:46,418 --> 00:08:53,539 Os machos alfa con moito poder nas xerarquías de primates 173 00:08:53,563 --> 00:08:56,737 teñen niveis altos de testosterona e niveis baixos de cortisol. 174 00:08:56,761 --> 00:08:59,669 E os líderes poderosos e eficientes 175 00:08:59,857 --> 00:09:02,518 tamén teñen testosterona alta e cortisol baixo. 176 00:09:02,542 --> 00:09:04,923 Que significa isto? Ao falar de poder, 177 00:09:04,947 --> 00:09:07,246 adoitábase falar só da testosterona, 178 00:09:07,270 --> 00:09:09,034 porque tiña que ver coa dominación. 179 00:09:09,058 --> 00:09:12,504 Pero o poder tamén ten que ver coa nosa reacción ante o estrés. 180 00:09:12,528 --> 00:09:15,633 Queremos un líder dominante, con moito poder, 181 00:09:15,657 --> 00:09:18,375 con niveis altos de testosterona pero sensible ao estrés? 182 00:09:18,399 --> 00:09:19,940 Probablemente non, verdade? 183 00:09:19,964 --> 00:09:22,994 Queremos unha persoa que sexa poderosa, asertiva e dominante 184 00:09:23,018 --> 00:09:26,682 pero non moi sensible ao estrés, unha persoa que sexa tranquila. 185 00:09:26,706 --> 00:09:31,832 Sabemos que nas xerarquías de primates, 186 00:09:31,856 --> 00:09:34,924 se un alfa ten que tomar o control, 187 00:09:34,948 --> 00:09:39,162 se alguén ten que asumir o mando, tomar de súpeto ese papel, 188 00:09:39,186 --> 00:09:42,273 no prazo duns días, a súa testosterona elévase moito 189 00:09:42,297 --> 00:09:45,778 e o cortisol descende igualmente. 190 00:09:45,802 --> 00:09:48,819 Temos esa evidencia, que o corpo pode moldear 191 00:09:48,843 --> 00:09:51,185 a mente, polo menos a nivel facial, 192 00:09:51,209 --> 00:09:55,314 e tamén que o papel asumido pode moldear a mente. 193 00:09:55,338 --> 00:09:58,096 Entón, que ocorre cando se asume un cambio de papel? 194 00:09:58,120 --> 00:10:00,680 Que sucede se se fai a un nivel mínimo, 195 00:10:00,704 --> 00:10:03,133 como esta pequena manipulación ou intervención? 196 00:10:03,157 --> 00:10:05,967 Dicímoslle: "quero que durante 2 minutos te ergas así, 197 00:10:05,991 --> 00:10:08,527 iso fará que te sintas máis poderoso". 198 00:10:08,551 --> 00:10:11,481 E iso foi o que fixemos. 199 00:10:11,505 --> 00:10:16,096 Decidimos traer xente ao laboratorio e facer un pequeno experimento, 200 00:10:16,120 --> 00:10:19,645 esas persoas adoptaron, por dous minutos, 201 00:10:19,669 --> 00:10:23,129 ambas as posicións, de poder ou debilidade. 202 00:10:23,153 --> 00:10:25,470 Vouvos mostrar xusto agora cinco desas poses, 203 00:10:25,494 --> 00:10:27,055 aínda que eles probaron só dúas. 204 00:10:27,079 --> 00:10:28,559 Esta é unha. 205 00:10:29,809 --> 00:10:31,098 Un par máis 206 00:10:31,792 --> 00:10:36,545 A esta a prensa chamoulle a "Muller marabilla". 207 00:10:36,646 --> 00:10:37,944 Aquí temos un par máis. 208 00:10:37,968 --> 00:10:40,298 Poden estar de pé, ou sentados. 209 00:10:40,322 --> 00:10:42,283 Aquí están as posicións de debilidade. 210 00:10:42,307 --> 00:10:45,037 Agora dóbranse, fanse pequenos. 211 00:10:46,644 --> 00:10:48,085 Esta é de moi baixo poder. 212 00:10:48,109 --> 00:10:52,068 Cando tocas o pescozo estaste protexendo, realmente. 213 00:10:52,092 --> 00:10:54,089 Isto é o que ocorre. 214 00:10:54,207 --> 00:10:56,413 Eles veñen, cospen nun frasco, 215 00:10:56,437 --> 00:10:59,586 e dicímoslles durante dous minutos: "tes que facer isto ou aquilo." 216 00:10:59,610 --> 00:11:01,651 Eles non ven as fotos das posicións. 217 00:11:01,675 --> 00:11:04,202 Non queremos inducilos cun concepto de poder. 218 00:11:04,226 --> 00:11:05,859 Queremos que sintan o poder. 219 00:11:05,883 --> 00:11:07,218 Fan isto dous minutos. 220 00:11:07,242 --> 00:11:10,427 Logo preguntámoslles, "como de poderoso te sentes? 221 00:11:10,451 --> 00:11:12,794 entón dámoslles a oportunidade de apostar, 222 00:11:12,818 --> 00:11:15,559 ao final tomamos outra mostra de saliva. 223 00:11:15,583 --> 00:11:17,441 Iso é todo. Este é todo o experimento. 224 00:11:17,465 --> 00:11:19,026 Isto foi o que atopamos. 225 00:11:19,050 --> 00:11:20,930 Tolerancia ao risco, a apostar; 226 00:11:20,954 --> 00:11:25,068 atopamos que cando están nunha posición de alto poder 227 00:11:25,092 --> 00:11:27,226 arríscanse a apostar o 86%. 228 00:11:27,250 --> 00:11:29,346 Cando están nas posicións de baixo poder, 229 00:11:29,370 --> 00:11:33,346 só o 60%. É unha diferenza moi significativa. 230 00:11:33,370 --> 00:11:35,826 Vexamos o que atopamos coa testosterona. 231 00:11:35,850 --> 00:11:38,363 Partindo da súa situación normal ao chegar, 232 00:11:38,387 --> 00:11:41,693 a xente poderosa experimenta un incremento do 20% 233 00:11:41,717 --> 00:11:46,314 e os débiles experimentan una diminución do 10%. 234 00:11:46,338 --> 00:11:49,131 De novo, 2 minutos, e obtéñense eses cambios. 235 00:11:49,155 --> 00:11:51,132 Agora os resultados co cortisol. 236 00:11:51,156 --> 00:11:54,930 Os máis poderosos experimentan un 25% de diminución, 237 00:11:54,954 --> 00:11:59,062 os máis débiles experimentan un aumento de arredor do 15%. 238 00:11:59,086 --> 00:12:01,794 Só dous minutos provocan estes cambios hormonais 239 00:12:01,818 --> 00:12:03,438 que configuran o teu cerebro 240 00:12:03,462 --> 00:12:07,739 para facelo asertivo, seguro ou confortable, 241 00:12:07,763 --> 00:12:12,816 ou ben susceptible ao estrés, e sentíndose como apagado. 242 00:12:12,840 --> 00:12:15,603 Todos coñecemos esa sensación, non si? 243 00:12:15,627 --> 00:12:20,811 Semella que a nosa linguaxe non verbal rexe o xeito de vernos a nós mesmos, 244 00:12:20,835 --> 00:12:23,267 non só aos demais, senón a nós mesmos. 245 00:12:23,291 --> 00:12:25,694 O corpo pode cambiarnos a mente. 246 00:12:25,718 --> 00:12:28,100 A seguinte pregunta, por suposto, é... 247 00:12:28,124 --> 00:12:29,944 pode un xesto de poder nuns minutos 248 00:12:29,968 --> 00:12:32,005 cambiarche a vida de xeito significativo? 249 00:12:32,029 --> 00:12:36,322 Isto é no laboratorio, este experimento, son só dous minutos. 250 00:12:36,346 --> 00:12:38,087 Onde podes realmente aplicar isto? 251 00:12:38,111 --> 00:12:39,922 Iso é o que nos preocupa. 252 00:12:39,946 --> 00:12:46,687 Pensamos que onde se necesita é en situacións nas que te avalían, 253 00:12:46,711 --> 00:12:49,164 como nas situacións sociais esixentes, 254 00:12:49,188 --> 00:12:51,744 nas que te avalían mesmo os teus amigos. 255 00:12:51,768 --> 00:12:53,825 Para os adolescentes é na mesa do comedor. 256 00:12:53,849 --> 00:12:58,122 Para algunha xente é falar na xunta da escola. 257 00:12:58,146 --> 00:13:01,910 Pode ser ao presentar un negocio ou dar unha charla coma esta 258 00:13:01,934 --> 00:13:04,708 ou ir a unha entrevista de traballo. 259 00:13:04,732 --> 00:13:07,400 Escollemos unha coa que a maioría da xente se identifica 260 00:13:07,424 --> 00:13:10,319 porque moitos pasaron por ela, a entrevista de traballo. 261 00:13:10,343 --> 00:13:13,074 Entón publicamos os resultados, 262 00:13:13,098 --> 00:13:14,659 a prensa interesouse 263 00:13:14,683 --> 00:13:16,758 e dixo... ben, isto é o que hai que facer 264 00:13:16,782 --> 00:13:18,855 cando vas a unha entrevista, non? 265 00:13:18,879 --> 00:13:19,886 (Risos) 266 00:13:19,910 --> 00:13:22,357 Naturalmente quedamos arrepiados e dixemos: 267 00:13:22,381 --> 00:13:24,653 Non, por Deus, non, non é o que queriamos dicir. 268 00:13:24,677 --> 00:13:26,917 Por moitas razóns, non, non fagades iso. 269 00:13:26,941 --> 00:13:29,508 De novo, non se trata de falarlle a outra xente. 270 00:13:29,532 --> 00:13:31,093 Trátase de falar contigo mesmo. 271 00:13:31,117 --> 00:13:34,176 Que fas antes de ir a unha entrevista de traballo? Fas isto. 272 00:13:34,200 --> 00:13:36,742 Estás sentado. Miras o teu iPhone... 273 00:13:36,766 --> 00:13:39,028 ou o teu Android, non imos deixar ninguén fóra. 274 00:13:39,052 --> 00:13:40,922 Repasas as túas mensaxes, 275 00:13:40,946 --> 00:13:42,946 estás encurvado, facéndote pequeno, 276 00:13:42,970 --> 00:13:45,399 cando realmente o que deberías estar facendo é isto, 277 00:13:45,423 --> 00:13:48,460 quizais no baño, vale? Faino. Lévache dous minutos. 278 00:13:48,484 --> 00:13:50,246 Iso é o que queremos avaliar, vale? 279 00:13:50,270 --> 00:13:52,064 Convidamos a xente ao laboratorio, 280 00:13:52,088 --> 00:13:55,441 e adoptaron posturas de alto e baixo poder outra vez, 281 00:13:55,465 --> 00:13:58,073 pasaron unha entrevista de traballo estresante 282 00:13:58,097 --> 00:14:01,689 de cinco minutos de duración. Estanos gravando. 283 00:14:01,713 --> 00:14:03,670 Tamén os están xulgando, 284 00:14:03,694 --> 00:14:08,175 e os xuíces están adestrados para non dar retroalimentación non verbal 285 00:14:08,199 --> 00:14:09,758 Vense así. 286 00:14:09,985 --> 00:14:12,066 Imaxinade que esta persoa vos entrevista. 287 00:14:12,090 --> 00:14:16,689 Durante cinco minutos, nada, é peor ca que te interrompan. 288 00:14:16,713 --> 00:14:18,353 A xente odia isto. 289 00:14:18,377 --> 00:14:22,093 É o que Marianne LaFrance chama "estar en areas movedizas sociais". 290 00:14:22,117 --> 00:14:23,902 Isto dispara o cortisol. 291 00:14:23,926 --> 00:14:26,212 Esta é a entrevista á que os sometemos, 292 00:14:26,236 --> 00:14:28,433 porque queriamos ver o que acontecía. 293 00:14:28,457 --> 00:14:31,540 Temos analistas mirando as cintas, catro en total. 294 00:14:31,564 --> 00:14:34,712 Eles non coñecen a hipótese. Tampouco coñecen as condicións. 295 00:14:34,736 --> 00:14:37,497 Non teñen nin idea de que posición tomou cada persoa 296 00:14:37,521 --> 00:14:42,587 e ao rematar de ollar todas as cintas, 297 00:14:42,611 --> 00:14:44,759 dixeron, "queremos contratar estas persoas", 298 00:14:44,783 --> 00:14:46,284 todas as de posicións de poder. 299 00:14:46,308 --> 00:14:48,081 "Non queremos contratar esoutras. 300 00:14:48,105 --> 00:14:51,922 Dámoslles unha avaliación moito máis positiva en xeral". 301 00:14:51,946 --> 00:14:53,586 Que estaba acontecendo? 302 00:14:53,610 --> 00:14:55,602 Non se trata do contido do discurso. 303 00:14:55,626 --> 00:14:58,478 Trátase da presenza que lle achegaban ao discurso. 304 00:14:58,502 --> 00:15:00,979 Porque os avaliamos en todas esas variables 305 00:15:01,003 --> 00:15:04,542 relativas á competencia: Estruturan ben o discurso? 306 00:15:04,566 --> 00:15:06,800 Exprésanse ben? Que cualificacións teñen? 307 00:15:06,824 --> 00:15:09,450 Estas cousas non afectan. Isto e o que afecta. 308 00:15:09,474 --> 00:15:11,173 Esta clase de cousas. 309 00:15:11,197 --> 00:15:13,588 Cada persoa móstrase a si mesma, basicamente. 310 00:15:13,612 --> 00:15:15,002 Amosan o que son. 311 00:15:15,026 --> 00:15:17,125 Amosan as súas ideas, por si mesmos, 312 00:15:17,149 --> 00:15:19,361 sen ningún extra. 313 00:15:19,385 --> 00:15:24,292 Así que isto é o que provoca ou condiciona o efecto. 314 00:15:24,316 --> 00:15:27,660 Cando lle falo á xente sobre isto, 315 00:15:27,684 --> 00:15:31,039 que o noso corpo cambia a nosa mente 316 00:15:31,063 --> 00:15:33,815 e o comportamento pode cambiar a nosa forma de ser, dinme: 317 00:15:33,839 --> 00:15:35,382 "Parece finxido". Ai si? 318 00:15:35,406 --> 00:15:37,284 Eu dígolles: fínxeo ata que o fagas. 319 00:15:37,308 --> 00:15:39,161 Eu non son así. 320 00:15:39,185 --> 00:15:42,336 Eu non quero chegar alí e sentirme coma unha fraude. 321 00:15:42,360 --> 00:15:44,170 Non quero sentirme coma un impostor. 322 00:15:44,194 --> 00:15:48,267 Non quero chegar alí para sentir que non debía estar alí. 323 00:15:48,291 --> 00:15:50,454 Isto é moi importante para min, 324 00:15:50,478 --> 00:15:53,700 porque quero contarvos unha pequena historia sobre ser un impostor 325 00:15:53,724 --> 00:15:55,922 e sobre sentirse como que non debía estar alí. 326 00:15:55,946 --> 00:15:58,863 Cando tiña 19 anos sufrín un terrible accidente de coche. 327 00:15:58,887 --> 00:16:02,268 Saín despedida del e dei varias voltas de campá. 328 00:16:02,292 --> 00:16:04,150 Saín despedida do coche. 329 00:16:04,174 --> 00:16:07,138 Espertei na UCI cunha ferida na cabeza. 330 00:16:07,162 --> 00:16:09,371 Botáronme da universidade 331 00:16:09,395 --> 00:16:15,083 e dixéronme que o meu CI baixara dúas desviacións estándar. 332 00:16:15,107 --> 00:16:17,671 Foi moi traumático. 333 00:16:17,695 --> 00:16:20,542 Coñecía o meu CI porque me cualificaran como superdotada, 334 00:16:20,566 --> 00:16:22,554 e consideráranme nena prodixio. 335 00:16:22,578 --> 00:16:25,754 Así que me botaron da universidade e tentei volver. 336 00:16:25,778 --> 00:16:27,978 Dicíanme: "non poderás terminar a carreira. 337 00:16:28,002 --> 00:16:30,555 Tes que aceptar que hai outras cousas que podes facer, 338 00:16:30,579 --> 00:16:32,579 pero no teu caso isto non." 339 00:16:32,603 --> 00:16:36,137 Tiven que lidar con iso e teño que dicir 340 00:16:36,161 --> 00:16:38,911 que que che quiten a túa identidade, o que realmente es, 341 00:16:38,935 --> 00:16:40,770 que para min era ser intelixente, 342 00:16:40,794 --> 00:16:42,433 que che arrebaten iso, 343 00:16:42,457 --> 00:16:45,556 é a cousa que máis impotente te pode facer sentir. 344 00:16:45,580 --> 00:16:47,359 Sentíame totalmente impotente. 345 00:16:47,383 --> 00:16:49,245 Entón traballei e traballei, e tiven sorte. 346 00:16:49,269 --> 00:16:51,115 e traballei, e tiven sorte, e traballei. 347 00:16:51,139 --> 00:16:53,367 Finalmente gradueime na universidade. 348 00:16:53,391 --> 00:16:55,391 Tardei catro anos máis cós meus compañeiros, 349 00:16:55,415 --> 00:16:59,732 e logrei convencer alguén, o meu anxo da garda, Susan Fiske, 350 00:16:59,756 --> 00:17:02,676 para que me aceptase, e acabei en Princeton, 351 00:17:02,700 --> 00:17:05,527 e eu sentía como que non debía estar alí. 352 00:17:05,550 --> 00:17:06,820 Son unha impostora. 353 00:17:06,845 --> 00:17:08,750 A noite antes da exposición de 1º curso, 354 00:17:08,773 --> 00:17:12,272 e esa exposición en Princeton é de 20 minutos para 20 persoas. 355 00:17:12,297 --> 00:17:13,474 É así. 356 00:17:13,499 --> 00:17:15,962 Tiña tanto medo de verme excluída o seguinte día 357 00:17:15,986 --> 00:17:18,775 que eu chameina e díxenlle: "Vouno deixar". 358 00:17:18,799 --> 00:17:20,631 Ela díxome: "Non vas deixar nada, 359 00:17:20,655 --> 00:17:23,189 porque eu apostei por ti e vas quedar. 360 00:17:23,213 --> 00:17:25,980 Vas quedar, e isto é o que vas facer. 361 00:17:26,003 --> 00:17:27,337 Vas finxir. 362 00:17:27,361 --> 00:17:30,517 Vas facer todas as exposicións que che encarguen. 363 00:17:30,541 --> 00:17:32,780 Simplemente valas facer, e facer e facer. 364 00:17:32,804 --> 00:17:35,225 aínda que esteas asustada ou incluso paralizada 365 00:17:35,249 --> 00:17:37,598 e tendo una experiencia extracorpórea, 366 00:17:37,622 --> 00:17:40,968 ata que chegue o momento que digas "Arre demo, logreino". 367 00:17:40,992 --> 00:17:43,934 Eu cheguei ata aquí. Estou a facelo agora. 368 00:17:43,958 --> 00:17:45,053 E iso foi o que fixen. 369 00:17:45,077 --> 00:17:46,461 Cinco anos de grao universitario, 370 00:17:46,485 --> 00:17:48,585 uns poucos anos, sabedes, en Northwestern, 371 00:17:48,609 --> 00:17:50,672 Mudeime a Harvard, agora estou en Harvard, 372 00:17:50,696 --> 00:17:54,672 xa non penso nunca niso pero por moito tempo tiven a sensación 373 00:17:54,696 --> 00:17:56,478 de que non debía estar alí. 374 00:17:56,502 --> 00:17:59,195 A finais do meu primeiro ano en Harvard, 375 00:17:59,219 --> 00:18:03,520 unha estudante que non falara na clase en todo o semestre, 376 00:18:03,544 --> 00:18:07,211 á que lle dixeran, "mira, tes que participar ou vas suspender", 377 00:18:07,235 --> 00:18:09,759 veu ao meu despacho. Eu non a coñecía de antes. 378 00:18:09,783 --> 00:18:13,211 Totalmente derrotada, díxome: 379 00:18:13,235 --> 00:18:16,361 "Non debería estar aquí". 380 00:18:20,111 --> 00:18:22,068 Ese foi o meu momento. 381 00:18:22,092 --> 00:18:23,684 Porque sucederon dúas cousas. 382 00:18:23,708 --> 00:18:24,978 A primeira que me decatei: 383 00:18:25,002 --> 00:18:28,112 Vaites! Eu xa non me sinto así. 384 00:18:28,136 --> 00:18:31,136 Xa non me sentía así pero ela si e póñome no seu lugar. 385 00:18:31,160 --> 00:18:33,431 A segunda foi, claro que debe estar aquí! 386 00:18:33,455 --> 00:18:35,408 Vamos, que pode finxilo e pode facelo. 387 00:18:35,432 --> 00:18:38,975 Así que lle dixen: " Si, por suposto. Si que debes estar aquí!". 388 00:18:38,999 --> 00:18:40,761 Mañá vas finxilo, 389 00:18:40,785 --> 00:18:43,474 vas facerte poderosa, e sabes qué... 390 00:18:43,498 --> 00:18:48,891 (Aplausos) 391 00:18:48,915 --> 00:18:52,969 Vas ir á clase 392 00:18:52,993 --> 00:18:55,393 e vas dar o mellor discurso de todos." 393 00:18:55,417 --> 00:18:58,398 E sabedes? Fixo o mellor discurso de todos, 394 00:18:58,422 --> 00:19:00,361 a xente xirábase e dicía: 395 00:19:00,385 --> 00:19:03,305 vaia, nin sequera me fixara en que se sentaba aí. (Risos) 396 00:19:03,329 --> 00:19:05,122 Veu xunta min uns meses despois 397 00:19:05,146 --> 00:19:08,186 e comprobei que xa non finxía senón que se transformara, 398 00:19:08,210 --> 00:19:10,584 finxiuno ata transformarse. 399 00:19:10,608 --> 00:19:12,407 De modo que cambiara. 400 00:19:12,431 --> 00:19:16,491 Agora quero dicirvos que non hai que finxilo ata facelo. 401 00:19:16,515 --> 00:19:19,288 Hai que finxilo ata transformarse. 402 00:19:19,312 --> 00:19:22,929 Hai que facelo o suficiente ata transformarse e internalizalo. 403 00:19:22,953 --> 00:19:25,584 O último que vos vou dicir é isto. 404 00:19:25,608 --> 00:19:30,056 Pequenos cambios poden levar a grandes transformacións. 405 00:19:30,080 --> 00:19:32,467 Son só dous minutos. 406 00:19:32,467 --> 00:19:34,387 Dous minutos, dous minutos, dous minutos. 407 00:19:34,411 --> 00:19:37,535 Antes de enfrontarvos á seguinte situación onde vos avalíen, 408 00:19:37,559 --> 00:19:40,241 durante dous minutos, intentade isto, no ascensor, 409 00:19:40,265 --> 00:19:43,480 no cuarto de baño, no despacho coa porta pechada. 410 00:19:43,504 --> 00:19:44,907 Isto é o que tedes que facer. 411 00:19:44,931 --> 00:19:47,742 Configurar o cerebro para acadar o mellor desa situación. 412 00:19:47,766 --> 00:19:50,707 Subide a testosterona. Baixade o cortisol. 413 00:19:50,731 --> 00:19:54,673 Non saiades desa situación sentindo como que non lles mostrei quen son. 414 00:19:54,697 --> 00:19:56,397 Saíde desa situación coa sensación 415 00:19:56,421 --> 00:19:59,393 de que vou dicir quen son e vouno demostrar. 416 00:19:59,417 --> 00:20:05,184 Quero pedirvos antes de nada que adoptedes unha posición de poder, 417 00:20:05,208 --> 00:20:10,298 e tamén quero convidarvos a compartir a experiencia, porque é moi simple. 418 00:20:10,322 --> 00:20:12,475 O meu ego non depende disto. (Risos) 419 00:20:12,499 --> 00:20:14,262 Compartídeo, mostrádello á xente, 420 00:20:14,286 --> 00:20:16,706 porque os que mellor poden usalo 421 00:20:16,730 --> 00:20:20,081 son aqueles sen recursos nin tecnoloxía, 422 00:20:20,105 --> 00:20:22,279 sen posición nin poder. 423 00:20:22,303 --> 00:20:24,851 Compartídeo con eles porque poden facelo en privado. 424 00:20:24,875 --> 00:20:27,319 Só necesitan o seu corpo, privacidade e dous minutos 425 00:20:27,343 --> 00:20:30,469 para cambiar significativamente as proxeccións da súa vida. 426 00:20:30,493 --> 00:20:31,624 Grazas. 427 00:20:31,648 --> 00:20:34,679 (Aplausos)