WEBVTT 00:00:01.364 --> 00:00:04.637 Acabamos de encontrarnos no bus, 00:00:04.637 --> 00:00:07.078 gustaríanos moito coñecernos, 00:00:07.078 --> 00:00:09.564 pero eu teño que baixarme na próxima parada, 00:00:09.564 --> 00:00:14.331 así que vanme dicir tres cousas sobre vostedes 00:00:14.331 --> 00:00:17.911 que os definan como persoas, 00:00:17.911 --> 00:00:19.689 tres cousas sobre vostedes 00:00:19.689 --> 00:00:23.298 que me axuden a entender quen son, 00:00:23.298 --> 00:00:27.292 tres cousas que sexan algo esencial para vostedes. 00:00:27.292 --> 00:00:30.370 E pregúntome 00:00:30.370 --> 00:00:33.659 destas tres cousas, 00:00:33.659 --> 00:00:35.649 algunha delas 00:00:35.649 --> 00:00:40.673 é sobrevivir a algún tipo de trauma? 00:00:40.673 --> 00:00:46.370 sobrevivir a un cancro, sobrevivir a unha violación, 00:00:46.370 --> 00:00:51.487 sobrevivir a un Holocausto, sobrevivir a un incesto. NOTE Paragraph 00:00:51.487 --> 00:00:54.931 Algunha vez repararon en como tendemos a identificarnos 00:00:54.931 --> 00:00:57.462 polas nosas feridas? 00:00:57.462 --> 00:01:01.938 E onde vin que esta identidade de sobrevivente 00:01:01.938 --> 00:01:04.426 ten máis consecuencias 00:01:04.426 --> 00:01:06.979 é entre os enfermos de cancro. 00:01:06.979 --> 00:01:09.713 Levo moito tempo en contacto con esta comunidade, 00:01:09.713 --> 00:01:12.907 porque fun capelá en unidades de paliativos e hospitais 00:01:12.907 --> 00:01:16.204 durante case 30 anos. 00:01:16.204 --> 00:01:21.937 En 2005 estaba traballando nun gran centro oncolóxico 00:01:21.937 --> 00:01:24.242 cando recibín a noticia de que 00:01:24.242 --> 00:01:27.677 a miña nai tiña cancro de mama. 00:01:27.677 --> 00:01:29.859 E entón, cinco días despois, 00:01:29.859 --> 00:01:35.326 recibín a noticia de que eu tiña cancro de mama. 00:01:35.326 --> 00:01:37.959 A miña nai e máis eu podemos ser competitivas... 00:01:38.167 --> 00:01:39.747 (Risas) 00:01:39.747 --> 00:01:44.179 pero eu non intentaba competir con ela neste caso. 00:01:44.179 --> 00:01:45.564 E de feito, pensei: 00:01:45.564 --> 00:01:48.139 ben, se tes que ter cancro, 00:01:48.139 --> 00:01:49.660 é moi práctico estar traballando 00:01:49.660 --> 00:01:51.371 nun lugar onde o curan. NOTE Paragraph 00:01:51.371 --> 00:01:54.068 Pero isto é o que oín a moita xente indignada: 00:01:54.068 --> 00:01:55.530 "Que? 00:01:55.530 --> 00:01:57.450 Ti es a capelá. 00:01:57.450 --> 00:01:59.740 Deberías ser inmune." 00:01:59.740 --> 00:02:01.817 Como se debese recibir 00:02:01.817 --> 00:02:04.112 un aviso en lugar dunha multa, 00:02:04.112 --> 00:02:07.880 por traballar na policía. 00:02:07.880 --> 00:02:10.855 Así que recibín tratamento no centro no que traballaba, 00:02:10.855 --> 00:02:13.376 o cal foi moi práctico, 00:02:13.376 --> 00:02:15.435 e fixen quimioterapia 00:02:15.435 --> 00:02:18.685 e unha mastectomía, e puxéronme un implante de solución salina, 00:02:18.685 --> 00:02:20.450 e antes de continuar, déixenme dicilo 00:02:20.450 --> 00:02:25.224 esta é a falsa. (Risas) 00:02:25.224 --> 00:02:28.437 Descubrín que preciso sacar iso de enriba, 00:02:28.437 --> 00:02:30.211 antes de ver a alguén dicindo: 00:02:30.211 --> 00:02:32.428 "Oi, seguro que é esa." 00:02:32.428 --> 00:02:34.892 E entón moveríame ou faría un xesto e dirían, 00:02:34.892 --> 00:02:37.445 "Non, é a outra." 00:02:37.445 --> 00:02:39.616 Así que agora xa o saben. NOTE Paragraph 00:02:39.616 --> 00:02:41.753 Aprendín moito sendo paciente, 00:02:41.753 --> 00:02:43.275 e unha cousa sorprendente foi 00:02:43.275 --> 00:02:47.382 que só unha pequena parte da experiencia do cancro 00:02:47.382 --> 00:02:49.474 ten que ver coa medicina. 00:02:49.474 --> 00:02:53.827 A maior parte vai sobre sentimentos e fe 00:02:53.827 --> 00:02:56.460 e sobre perder e atopar a túa identidade 00:02:56.460 --> 00:02:58.038 e descubrir a forza 00:02:58.038 --> 00:03:01.960 e a flexibilidade que nin sabías que tiñas. 00:03:01.960 --> 00:03:04.289 Ten que ver con darse conta 00:03:04.289 --> 00:03:07.359 de que o máis importante na vida 00:03:07.359 --> 00:03:10.440 non son as cousas, senón as relacións, 00:03:10.440 --> 00:03:14.506 e ten que ver con rir na cara da incerteza 00:03:14.506 --> 00:03:17.945 e aprender que a forma de liberarse de case todo 00:03:17.945 --> 00:03:22.260 é dicir, "teño cancro." NOTE Paragraph 00:03:22.260 --> 00:03:24.773 A outra cousa que aprendín foi que 00:03:24.773 --> 00:03:28.195 non preciso asumir "sobrevivente de cancro" 00:03:28.215 --> 00:03:30.195 como a miña identidade. 00:03:30.195 --> 00:03:33.814 pero por Deus que hai forzas poderosas 00:03:33.814 --> 00:03:37.360 que me levan a facer exactamente iso. 00:03:37.360 --> 00:03:41.678 Non me interpreten mal, por favor. 00:03:41.678 --> 00:03:43.637 As organizacións contra o cancro 00:03:43.637 --> 00:03:45.617 e as campañas para a detección precoz 00:03:45.617 --> 00:03:48.271 e a concienciación e a investigación 00:03:48.271 --> 00:03:50.386 normalizaron o cancro, 00:03:50.386 --> 00:03:51.710 e iso é estupendo. 00:03:51.710 --> 00:03:53.794 Agora podemos falar do cancro 00:03:53.794 --> 00:03:55.572 sen necesidade de baixar a voz. 00:03:55.572 --> 00:04:00.090 Podemos falar do cancro e podemos apoiarnos mutuamente. 00:04:00.090 --> 00:04:03.176 Pero ás veces, parece 00:04:03.176 --> 00:04:04.574 que a xente esaxera un pouco 00:04:04.574 --> 00:04:09.779 e comeza a dicirnos como nos imos sentir. NOTE Paragraph 00:04:09.779 --> 00:04:13.322 Unha semana despois da miña cirurxía, 00:04:13.322 --> 00:04:16.202 tivemos un convidado na casa. 00:04:16.202 --> 00:04:18.950 Ese foi probablemente o noso primeiro erro. 00:04:18.950 --> 00:04:20.471 E teñan presente que 00:04:20.471 --> 00:04:22.141 neste punto da miña vida 00:04:22.141 --> 00:04:25.763 eu fora capelá durante máis de 20 anos, 00:04:25.763 --> 00:04:28.086 e temas como morrer e a morte 00:04:28.086 --> 00:04:29.642 e o significado da vida, 00:04:29.642 --> 00:04:32.820 eran cousas das que falaba desde sempre. 00:04:32.820 --> 00:04:35.320 Aquela noite na cea, 00:04:35.320 --> 00:04:38.056 o noso convidado estirou os brazos por detrás da cabeza, 00:04:38.056 --> 00:04:40.861 e dixo: "Sabes, Deb, 00:04:40.861 --> 00:04:45.010 agora vas aprender realmente o que é importante. 00:04:45.010 --> 00:04:47.707 Si, vas facer grandes cambios 00:04:47.707 --> 00:04:49.077 na túa vida, 00:04:49.077 --> 00:04:52.725 e vas comezar a pensar na túa morte. 00:04:52.725 --> 00:04:56.750 Si, este cancro é a túa chamada de atención." 00:04:58.520 --> 00:05:01.175 Estas son palabras valiosas 00:05:01.175 --> 00:05:03.154 cando proveñen de alguén que fala 00:05:03.154 --> 00:05:05.573 da súa propia experiencia, 00:05:05.573 --> 00:05:07.949 pero cando alguén che está dicindo 00:05:07.949 --> 00:05:10.342 como te vas sentir, 00:05:10.342 --> 00:05:12.388 é unha estupidez. 00:05:12.388 --> 00:05:15.292 A única razón pola que non o matei 00:05:15.292 --> 00:05:17.283 coas miñas propias mans 00:05:17.283 --> 00:05:21.378 foi que non podía levantar o brazo dereito. 00:05:21.378 --> 00:05:25.596 Pero díxenlle unha palabra fea, 00:05:25.596 --> 00:05:28.497 e unha palabra normal, que... 00:05:28.497 --> 00:05:29.720 (Risas) 00:05:29.720 --> 00:05:33.238 levou ao meu marido a dicir: "Está medicada." 00:05:33.238 --> 00:05:35.196 (Risas) 00:05:35.196 --> 00:05:37.690 E despois do tratamento, 00:05:37.699 --> 00:05:40.909 era como que todos me dicían o que ía significar esta experiencia, 00:05:40.973 --> 00:05:43.765 "Isto significa que vas á andaina." 00:05:43.765 --> 00:05:45.389 "Iso significa que vés á comida." 00:05:45.389 --> 00:05:48.021 "Iso significa que vas poñer o lazo rosa 00:05:48.051 --> 00:05:49.042 e a camiseta rosa 00:05:49.042 --> 00:05:50.904 e a fita do pelo e os pendentes 00:05:50.904 --> 00:05:54.640 e a pulseira e as bragas." 00:05:54.640 --> 00:05:57.869 Bragas. Non, en serio, búsqueno en Google. 00:05:57.869 --> 00:05:59.920 (Risas) 00:05:59.920 --> 00:06:02.011 Como axuda iso a concienciar? 00:06:02.011 --> 00:06:04.078 Só o meu marido me debería ver as bragas. 00:06:04.078 --> 00:06:05.747 (Risas) 00:06:05.747 --> 00:06:10.158 El xa está bastante concienciado sobre o cancro. NOTE Paragraph 00:06:10.158 --> 00:06:13.302 Foi nese punto cando pensei: "Meu Deus, 00:06:13.302 --> 00:06:16.452 isto estase apoderando da miña vida." 00:06:16.452 --> 00:06:21.424 E aí foi cando me dixen a min mesma: "Supera a túa experiencia. 00:06:21.424 --> 00:06:25.086 Non deixes que ela te supere a ti." 00:06:25.086 --> 00:06:27.194 Todos sabemos que 00:06:27.194 --> 00:06:31.316 a forma de lidar cun trauma, cunha perda, 00:06:31.316 --> 00:06:33.741 con calquera experiencia que che cambia a vida 00:06:33.741 --> 00:06:35.891 é encontrarlle sentido. 00:06:35.891 --> 00:06:38.128 Pero aí está a cuestión: 00:06:38.128 --> 00:06:39.795 Ninguén nos pode dicir 00:06:39.795 --> 00:06:42.531 o que significa a nosa experiencia. 00:06:42.674 --> 00:06:45.644 Temos que decidilo nós. 00:06:45.820 --> 00:06:49.932 E non ten que ser un significado enorme e extravertido. 00:06:49.959 --> 00:06:52.470 Non todos temos que crear unha fundación 00:06:52.470 --> 00:06:54.622 ou unha organización ou escribir un libro 00:06:54.622 --> 00:06:57.502 ou facer un documental. 00:06:57.502 --> 00:07:00.449 O significado pode ser discreto 00:07:00.449 --> 00:07:02.620 e introvertido. 00:07:02.620 --> 00:07:08.548 Pode que tomemos unha pequena decisión sobre as nosas vidas 00:07:08.548 --> 00:07:13.626 que provoque un cambio grande. NOTE Paragraph 00:07:13.626 --> 00:07:15.566 Hai moitos anos, tiven un paciente, 00:07:15.566 --> 00:07:17.571 un mozo estupendo, 00:07:17.571 --> 00:07:20.306 o persoal adorábao, 00:07:20.306 --> 00:07:23.190 e por iso nos sorprendeu tanto descubrir 00:07:23.190 --> 00:07:26.974 de que non tiña amigos. 00:07:26.974 --> 00:07:29.280 Vivía só, 00:07:29.280 --> 00:07:33.308 viña á quimioterapia só, 00:07:33.308 --> 00:07:35.253 recibía o seu tratamento, 00:07:35.253 --> 00:07:38.984 e volvía a casa só. 00:07:38.984 --> 00:07:40.748 Eu ata lle preguntei: 00:07:40.748 --> 00:07:43.489 "Porque nunca traes un amigo contigo?" 00:07:43.489 --> 00:07:48.208 E el dixo: “Eu non teño amigos.” 00:07:48.208 --> 00:07:50.469 Pero tiña moitos amigos na sala de tratamento. 00:07:50.469 --> 00:07:51.845 Todos o queriamos, 00:07:51.845 --> 00:07:54.845 a xente entraba e saía continuamente do seu cuarto. 00:07:54.845 --> 00:07:57.804 Na última quimio 00:07:57.804 --> 00:07:59.131 cantámoslle unha canción, 00:07:59.131 --> 00:08:01.898 puxémoslle unha coroa na cabeza e fixemos pompas de xabón. 00:08:01.898 --> 00:08:04.339 E eu pregunteille: 00:08:04.339 --> 00:08:08.795 “Entón, que vas facer agora?” 00:08:08.795 --> 00:08:10.605 E contestou: 00:08:10.605 --> 00:08:12.238 “Facer amigos.” 00:08:12.238 --> 00:08:14.350 E así o fixo. 00:08:14.350 --> 00:08:17.904 Comezou a facer voluntariado e fixo amigos alí, 00:08:17.904 --> 00:08:20.590 e empezou a frecuentar unha igrexa e fixo amigos alí. 00:08:20.590 --> 00:08:23.550 No Nadal o meu home e eu fomos a unha festa no seu apartamento, 00:08:23.550 --> 00:08:28.667 e o lugar estaba cheo de amigos seus. 00:08:28.667 --> 00:08:30.910 Supera a túa experiencia. 00:08:30.910 --> 00:08:32.559 Non deixes que ela te supere a ti. 00:08:32.559 --> 00:08:37.431 El decidiu que o significado da súa experiencia 00:08:37.431 --> 00:08:41.198 era coñecer a alegría da amizade, 00:08:41.198 --> 00:08:46.116 e aprender a facer amigos. NOTE Paragraph 00:08:46.156 --> 00:08:49.792 E vostedes? 00:08:49.792 --> 00:08:52.145 Como lle van encontrar significado 00:08:52.145 --> 00:08:54.592 á súa espantosa experiencia? 00:08:54.592 --> 00:08:56.483 Pode ser unha experiencia recente, 00:08:56.483 --> 00:09:00.704 ou algo co que levan cargando moito tempo. 00:09:02.345 --> 00:09:06.855 Nunca é demasiado tarde para cambiar o que significa, 00:09:06.855 --> 00:09:09.110 porque o significado é algo dinámico. 00:09:09.110 --> 00:09:10.771 O significado de hoxe 00:09:10.771 --> 00:09:14.688 pode que non sexa o mesmo de aquí a un ano, ou a dez. 00:09:15.541 --> 00:09:18.151 Nunca e é demasiado tarde para chegar a ser algo máis 00:09:18.151 --> 00:09:21.672 ca un simple sobrevivente. 00:09:21.672 --> 00:09:24.996 Perciben o estática que soa esta palabra? 00:09:24.996 --> 00:09:26.913 Sobrevivente. 00:09:26.913 --> 00:09:31.304 Sen movemento, sen crecemento. 00:09:31.304 --> 00:09:33.191 Superen a súa experiencia. 00:09:33.191 --> 00:09:35.812 Non deixen que ela os supere, porque senón, 00:09:35.812 --> 00:09:38.973 creo que acabarán atrapados, 00:09:38.973 --> 00:09:44.915 non van crecer, non van evolucionar. NOTE Paragraph 00:09:44.915 --> 00:09:48.393 Pero ás veces non son as presións externas 00:09:48.393 --> 00:09:52.764 as que nos fan asumir esa identidade de sobrevivente. 00:09:52.764 --> 00:09:56.657 Ás veces só queremos os beneficios. 00:09:56.657 --> 00:10:00.165 Ás veces hai unha recompensa. 00:10:00.165 --> 00:10:03.900 Pero entón atascámonos. 00:10:03.900 --> 00:10:05.711 Unha das primeiras cousas que aprendín 00:10:05.711 --> 00:10:09.817 cando fun capelá foron os tres C 00:10:09.817 --> 00:10:12.208 do traballo de capelá: 00:10:12.208 --> 00:10:19.170 Consolar, clarificar e, se é preciso, confrontar 00:10:19.170 --> 00:10:21.325 ou desafiar. 00:10:21.325 --> 00:10:23.271 A todos nos encanta consolar 00:10:23.271 --> 00:10:25.128 e clarificar. 00:10:25.128 --> 00:10:30.070 Confrontar non tanto. NOTE Paragraph 00:10:30.070 --> 00:10:32.064 Outra cousa que me encantaba 00:10:32.064 --> 00:10:34.522 de ser capelá era 00:10:34.522 --> 00:10:38.995 ver os pacientes un ou varios anos 00:10:38.995 --> 00:10:40.836 despois do tratamento, porque 00:10:40.836 --> 00:10:43.536 era xenial ver como cambiaran 00:10:43.536 --> 00:10:45.752 e como evolucionaran as súas vidas 00:10:45.752 --> 00:10:47.642 e que lles acontecera. 00:10:47.642 --> 00:10:50.162 Un día emocioneime 00:10:50.162 --> 00:10:52.610 cando me chamou ao vestíbulo da clínica 00:10:52.610 --> 00:10:56.191 unha paciente que atendera o ano anterior. 00:10:56.191 --> 00:10:58.665 Estaba alí con dúas fillas adultas 00:10:58.665 --> 00:11:02.924 que eu tamén coñecía, para o exame de seguimento do ano despois 00:11:02.924 --> 00:11:06.461 Así que baixei ao vestíbulo, e elas estaban eufóricas 00:11:06.461 --> 00:11:08.712 porque recibiran os resultados das probas 00:11:08.712 --> 00:11:14.900 e indicaban Sen Evidencia de Enfermidade. 00:11:14.900 --> 00:11:19.657 Como eu dicía, Non Completamente Morta. 00:11:19.657 --> 00:11:25.150 Así que estaban eufóricas, sentamos a charlar, 00:11:25.150 --> 00:11:27.957 e foi moi raro, porque 00:11:27.957 --> 00:11:31.839 en 2 minutos empezoume a contar de novo a historia 00:11:31.839 --> 00:11:36.369 da súa diagnose, da cirurxía e da quimio, 00:11:36.369 --> 00:11:39.837 aínda que, ao ser a capelá, eu a visitaba todas as semanas, 00:11:39.837 --> 00:11:42.728 e coñecía a historia. 00:11:42.728 --> 00:11:45.770 E usaba palabras como sufrimento, 00:11:45.770 --> 00:11:49.765 agonía, loita. 00:11:49.765 --> 00:11:52.379 E rematou a historia con: 00:11:52.379 --> 00:11:57.173 “Sentinme crucificada.” 00:11:57.173 --> 00:11:59.837 E nese momento, as dúas fillas levantáronse e dixeron: 00:11:59.837 --> 00:12:03.749 “Imos por un café.” 00:12:03.749 --> 00:12:06.890 E marcharon. 00:12:06.890 --> 00:12:09.725 Díganme tres cousas sobre vostedes antes da próxima parada. 00:12:09.725 --> 00:12:12.481 A xente estaba baixando do bus antes de que ela chegase 00:12:12.481 --> 00:12:17.858 ao número dous ou ao tres. 00:12:17.858 --> 00:12:21.345 Entón deille un pano da man, 00:12:21.345 --> 00:12:24.642 e unha aperta, 00:12:24.642 --> 00:12:28.152 e despois, como ela me importaba de verdade, 00:12:28.152 --> 00:12:30.238 díxenlle: 00:12:30.238 --> 00:12:32.544 “Baixa da túa cruz.” 00:12:32.544 --> 00:12:36.810 E ela dixo: “Que?” 00:12:36.810 --> 00:12:42.224 E eu repetín: “Baixa da túa cruz.” 00:12:42.224 --> 00:12:46.869 Tiña ao seu favor que podía falar das razóns 00:12:46.869 --> 00:12:51.988 para adoptar esta identidade e agarrarse a ela. 00:12:51.988 --> 00:12:54.010 Prestábanlle moita atención. 00:12:54.010 --> 00:12:57.115 Os demais coidaban dela, para variar. 00:12:57.115 --> 00:13:00.810 Pero agora, estaba a ter o efecto contrario. 00:13:00.810 --> 00:13:03.293 Estaba afastando a xente. 00:13:03.293 --> 00:13:07.040 A xente marchaba por un café. 00:13:07.040 --> 00:13:10.941 Sentíase crucificada pola experiencia, 00:13:10.941 --> 00:13:17.163 pero non quería deixar morrer o seu eu crucificado. 00:13:17.163 --> 00:13:20.080 Se cadra están pensando 00:13:20.080 --> 00:13:23.030 que fun un pouco dura con ela, 00:13:23.030 --> 00:13:25.138 así que debo dicirlles 00:13:25.138 --> 00:13:28.830 que estaba falando por experiencia propia. 00:13:28.830 --> 00:13:31.674 Moitos anos antes, 00:13:31.674 --> 00:13:35.000 botáranme dun traballo que adoraba, 00:13:35.000 --> 00:13:38.716 e non paraba de falar da miña inocencia 00:13:38.716 --> 00:13:42.120 e da inxustiza, a traizón, a decepción, 00:13:42.120 --> 00:13:44.040 ata que ao final, como con esta muller, 00:13:44.040 --> 00:13:45.291 a xente escapaba de min, 00:13:45.291 --> 00:13:48.527 ata que me dei conta 00:13:48.527 --> 00:13:52.399 de que non estaba procesando os meus sentimentos, 00:13:52.399 --> 00:13:55.107 estaba alimentándoos. 00:13:55.107 --> 00:13:59.170 Non quería deixar morrer o meu eu crucificado. 00:13:59.170 --> 00:14:04.592 Pero todos sabemos que nunha historia de resurrección, 00:14:04.592 --> 00:14:07.220 hai que morrer primeiro. 00:14:07.220 --> 00:14:09.043 Na historia cristiá, 00:14:09.043 --> 00:14:12.315 Xesús pasou un día enteiro no cadaleito 00:14:12.315 --> 00:14:14.810 antes de resucitar. 00:14:14.810 --> 00:14:16.648 Eu creo que para nós, 00:14:16.648 --> 00:14:18.780 estar no cadaleito 00:14:18.780 --> 00:14:22.766 significa facer un fondo traballo interior 00:14:22.766 --> 00:14:25.470 sobre as nosas feridas 00:14:25.470 --> 00:14:29.943 e permitirnos a nós mesmos curar. 00:14:29.943 --> 00:14:33.000 Temos que deixar que o eu crucificado morra 00:14:33.000 --> 00:14:36.604 para que un novo eu, un eu verdadeiro, 00:14:36.604 --> 00:14:38.986 poida nacer. 00:14:38.986 --> 00:14:41.844 Temos que deixar marchar esa historia vella 00:14:41.844 --> 00:14:45.991 para que unha nova historia, máis verdadeira, 00:14:45.991 --> 00:14:49.030 poida ser contada. 00:14:49.030 --> 00:14:54.573 Superen a súa experiencia. Non deixen que ela os supere. NOTE Paragraph 00:14:54.573 --> 00:14:57.154 E se non existisen sobreviventes? 00:14:57.154 --> 00:14:59.950 É dicir, e se a xente decidise 00:14:59.950 --> 00:15:02.820 reivindicar o seu trauma como experiencia 00:15:02.820 --> 00:15:06.990 en vez de asumilo como identidade? 00:15:06.990 --> 00:15:08.992 Quizais acabaría o de estar 00:15:08.992 --> 00:15:11.350 atrapado nas nosas feridas 00:15:11.350 --> 00:15:14.904 e sería o comezo dunha sorprendente 00:15:14.904 --> 00:15:18.830 autoexploración, descubrimento e crecemento. 00:15:18.830 --> 00:15:23.625 Quizais comezariamos a definirnos a nós mesmos 00:15:23.625 --> 00:15:26.205 polo que chegamos a ser 00:15:26.205 --> 00:15:30.375 e en que nos estamos convertendo. NOTE Paragraph 00:15:30.375 --> 00:15:36.146 Ao mellor supervivente non era 00:15:36.146 --> 00:15:41.353 unha das tres cousas que me dirían. 00:15:41.353 --> 00:15:42.670 Non importa. 00:15:42.670 --> 00:15:44.910 Só quero que saiban 00:15:44.910 --> 00:15:49.223 que estou moi contenta de que esteamos xuntos neste bus, 00:15:49.223 --> 00:15:53.119 e esta é a miña parada. NOTE Paragraph 00:15:53.119 --> 00:15:56.824 (Aplausos)