Comezamos Universal Subtitles porque cremos que todos os vídeos da Web deberían ter subtítulos Millóns de persoas xordas e con dificultades auditivas requiren subtítulos para acceder ao vídeo. Os autores de vídeos e os sitios web deberían de preocuparse destes asuntos tamén. Os subtítulos danlles acceso a unha audiencia máis ampla e tamén obteñen mellores posicións nos buscadores. Universal Subtitles fai incribelmente doado engadir subtítulos a case calquera vídeo. Tome un vídeo existente na Web, envíe o URL ao noso sitio e logo escriba o diálogo para crear os subtítulos Despois diso, axuste cun toque de teclado para sincronizalos co vídeo. E xa está feito— dámoslle un código para incorporar o vídeo de modo que poida poñer en calquera sitio web desde ese momento, os espectadores poderán usar os subtítulos e tamén poderán colaborar coas traducións. Somos compatíbeis con YouTube, Blip.TV, Ustream e moitos máis. E ademais, estamos engadindo máis servizos continuamente Universal Subtitles funciona coa maioría dos formatos de vídeo máis populares, tales como MP4, theora, webM e sobre o HTML5. O noso obxectivo é que todos os vídeos da Web poidan ter subtítulos para que calquera ao que lle interese o vídeo poida axudar a facelo máis accesíbel.