WEBVTT 00:00:00.673 --> 00:00:03.055 A vista é o sentido máis importante 00:00:03.055 --> 00:00:05.643 e fundamental que temos. 00:00:05.643 --> 00:00:07.327 Estamos constantemente mirando 00:00:07.327 --> 00:00:09.101 ao mundo que nos rodea, 00:00:09.101 --> 00:00:11.298 e rapidamente identificamos e 00:00:11.298 --> 00:00:13.633 comprendemos o que estamos vendo. 00:00:13.633 --> 00:00:15.552 Comecemos cun exemplo 00:00:15.552 --> 00:00:16.825 disto que comento. 00:00:16.825 --> 00:00:18.835 Vouvos ensinar a fotografía dunha persoa, 00:00:18.835 --> 00:00:20.638 tan só durante un ou dous segundos, 00:00:20.638 --> 00:00:22.533 gustaríame que identificarades 00:00:22.533 --> 00:00:24.672 cal é a emoción da súa cara. 00:00:24.672 --> 00:00:25.900 Estades listos? 00:00:25.900 --> 00:00:28.612 Veña! Dicide o primeiro que pensedes. 00:00:28.612 --> 00:00:30.943 Vale. Que vistes? 00:00:30.943 --> 00:00:33.207 Nós preguntámoslles 00:00:33.207 --> 00:00:35.514 a máis de 120 persoas, 00:00:35.514 --> 00:00:37.464 e os resultados foron variados. 00:00:37.464 --> 00:00:39.731 A xente non se poñía de acordo 00:00:39.731 --> 00:00:42.621 en cal era a emoción que vían. 00:00:42.621 --> 00:00:44.426 Quizais, vistes malestar. 00:00:44.426 --> 00:00:46.415 Esa é a resposta máis común 00:00:46.415 --> 00:00:47.670 que recibimos. 00:00:47.670 --> 00:00:49.759 Pero, a persoa da vosa esquerda 00:00:49.759 --> 00:00:52.500 puido dicir arrepentimento ou escepticismo, 00:00:52.500 --> 00:00:54.429 e a da vosa dereita 00:00:54.429 --> 00:00:57.103 se cadra dixo algo completamente distinto, 00:00:57.103 --> 00:01:00.143 como esperanza ou empatía. 00:01:00.143 --> 00:01:01.702 Todos estamos vendo 00:01:01.702 --> 00:01:04.804 a mesma cara. 00:01:04.804 --> 00:01:06.232 E podemos ver algo 00:01:06.232 --> 00:01:08.615 totalmente diferente, 00:01:08.615 --> 00:01:11.679 porque a percepción é subxectiva. 00:01:11.679 --> 00:01:13.847 O que pensamos que vemos 00:01:13.847 --> 00:01:15.289 en realidade pasa polo filtro 00:01:15.289 --> 00:01:17.693 da nosa propia mente. 00:01:17.693 --> 00:01:19.946 Por suposto, hai moitos máis exemplos 00:01:19.946 --> 00:01:22.466 de como vemos o mundo desde a nosa perspectiva. 00:01:22.466 --> 00:01:24.473 Imos ver algúns. 00:01:24.473 --> 00:01:26.803 As persoas que están a dieta, por exemplo, 00:01:26.803 --> 00:01:28.821 ven as mazás máis grandes 00:01:28.821 --> 00:01:31.581 que os que non están contando calorías. 00:01:31.581 --> 00:01:35.474 Os xogadores de sóftbol ven a pelota máis pequena 00:01:35.474 --> 00:01:37.629 se pasan unha mala racha 00:01:37.629 --> 00:01:41.023 en comparación cos que tiveron éxito. 00:01:41.173 --> 00:01:44.123 De feito, as nosas conviccións políticas tamén 00:01:44.123 --> 00:01:46.365 afectan á forma na que vemos á xente, 00:01:46.365 --> 00:01:48.538 incluídos aos políticos. 00:01:48.538 --> 00:01:52.231 O meu equipo de investigación e mais eu decidimos probar esta hipótese. 00:01:52.231 --> 00:01:55.862 En 2008, Barack Obama era candidato á presidencia 00:01:55.862 --> 00:01:57.261 por primeira vez, 00:01:57.261 --> 00:02:00.243 e levamos a cabo un estudo con centos de estadounidenses 00:02:00.243 --> 00:02:02.466 un mes antes das eleccións. 00:02:02.466 --> 00:02:04.165 A enquisa mostrou 00:02:04.165 --> 00:02:06.451 que algúns estadounidenses pensan 00:02:06.451 --> 00:02:08.146 que fotos coma estas 00:02:08.146 --> 00:02:11.139 reflicten o aspecto real de Obama. 00:02:11.139 --> 00:02:13.761 Desas persoas, o 75% 00:02:13.761 --> 00:02:16.628 votaron por el nas eleccións. 00:02:16.628 --> 00:02:19.536 Outros, porén, pensaban que fotos coma estas 00:02:19.536 --> 00:02:22.085 reflectían mellor o verdadeiro aspecto de Obama. 00:02:22.085 --> 00:02:25.441 O 89% destas persoas votaron por McCain. 00:02:26.861 --> 00:02:30.642 Mostramos moitas fotos de Obama unha de cada vez, 00:02:30.682 --> 00:02:33.726 de modo que a xente non se daba conta de que o que cambiábamos 00:02:33.726 --> 00:02:35.244 dunha foto a outra 00:02:35.244 --> 00:02:37.067 era que aclaráramos ou escurecéramos 00:02:37.067 --> 00:02:39.333 artificialmente o ton da pel. 00:02:40.341 --> 00:02:41.901 Como é isto posible? 00:02:41.901 --> 00:02:44.736 Como pode ser que cando miramos a unha persoa, 00:02:44.736 --> 00:02:46.457 un obxecto ou un acontecemento 00:02:46.457 --> 00:02:48.432 vexamos algo completamente diferente 00:02:48.432 --> 00:02:50.261 de como o ven os demais? 00:02:50.261 --> 00:02:52.551 Hai moitas razóns, 00:02:52.551 --> 00:02:54.802 pero unha require que entendamos 00:02:54.802 --> 00:02:57.355 un pouco mellor o funcionamento dos nosos ollos. 00:02:57.695 --> 00:02:59.704 Os especialistas en visión saben 00:02:59.704 --> 00:03:01.177 que a cantidade de información 00:03:01.177 --> 00:03:04.368 que podemos percibir nun momento dado, 00:03:04.368 --> 00:03:05.340 que podemos enfocar, 00:03:05.340 --> 00:03:06.942 en realidade é moi pequena. 00:03:07.192 --> 00:03:10.064 O que podemos ver con gran nitidez, 00:03:10.064 --> 00:03:11.393 claridade e precisión 00:03:11.393 --> 00:03:13.460 é equivalente 00:03:13.780 --> 00:03:16.477 á superficie do noso polgar 00:03:16.477 --> 00:03:17.653 tendo o brazo estendido. 00:03:18.243 --> 00:03:20.408 Todo o demais é borroso, 00:03:21.238 --> 00:03:23.151 o que fai que o resto da información 00:03:23.151 --> 00:03:24.404 se presente como ambigua 00:03:24.404 --> 00:03:25.618 para os nosos ollos. 00:03:25.828 --> 00:03:27.722 Pero hai que aclarar 00:03:27.732 --> 00:03:29.786 e dar sentido ao que vemos, 00:03:30.666 --> 00:03:33.724 e é a nosa mente a que nos axuda a completar os espazos baleiros 00:03:34.104 --> 00:03:36.969 Como consecuencia, a percepción é unha experiencia subxectiva 00:03:36.969 --> 00:03:40.288 e é así como acabamos vendo desde o noso punto de vista. 00:03:41.268 --> 00:03:42.737 Son psicóloga social, 00:03:42.737 --> 00:03:45.855 son estes temas os que espertan en min verdadeiro interese. 00:03:45.948 --> 00:03:49.915 Fascínanme estes casos nos que as persoas non ven o mesmo. 00:03:50.145 --> 00:03:51.296 Por que alguén pode ver 00:03:51.296 --> 00:03:52.563 o vaso medio cheo 00:03:52.563 --> 00:03:54.833 mentres que outros, literalmente, 00:03:54.833 --> 00:03:56.905 o ven medio baleiro? 00:03:57.095 --> 00:03:59.215 Que pensamentos e sentimentos 00:03:59.215 --> 00:04:01.106 os leven a ver o mundo 00:04:01.106 --> 00:04:03.797 dunha maneira completamente diferente? 00:04:04.727 --> 00:04:06.274 E acaso importa? 00:04:07.164 --> 00:04:09.444 Para responder a estas preguntas 00:04:09.444 --> 00:04:12.657 o meu equipo de investigación e máis eu decidimos investigar a fondo 00:04:12.657 --> 00:04:14.368 un tema que recibiu 00:04:14.368 --> 00:04:15.767 moita atención internacional: 00:04:16.334 --> 00:04:17.725 a saúde e a condición física. 00:04:18.267 --> 00:04:19.688 En todo o mundo 00:04:19.688 --> 00:04:21.838 a xente loita por controlar o seu peso, 00:04:21.838 --> 00:04:23.736 e hai unha serie de estratexias 00:04:23.736 --> 00:04:26.878 que nos axudan a evitar eses quilos de máis. 00:04:27.658 --> 00:04:30.602 Por exemplo, poñemos moito empeño 00:04:30.602 --> 00:04:32.719 en facer exercicio despois das vacacións, 00:04:33.079 --> 00:04:35.722 pero a maioría de estadounidenses 00:04:35.722 --> 00:04:36.708 descobren que 00:04:36.708 --> 00:04:38.334 os seus propósitos de aninovo 00:04:38.334 --> 00:04:40.330 quedan en nada o día de San Valentín. 00:04:41.096 --> 00:04:42.238 Falámonos 00:04:42.238 --> 00:04:44.588 e dámonos ánimo, 00:04:44.598 --> 00:04:46.080 prometéndonos que este é o ano 00:04:46.080 --> 00:04:47.524 para poñerse en forma, 00:04:47.794 --> 00:04:49.997 pero non é suficiente para que volvamos 00:04:49.997 --> 00:04:50.968 ao noso peso ideal. 00:04:50.997 --> 00:04:52.113 Por que? 00:04:52.953 --> 00:04:55.125 Claro que non hai unha resposta simple, 00:04:55.555 --> 00:04:57.265 pero unha das razóns que sosteño, 00:04:57.265 --> 00:04:59.531 é que o noso punto de vista 00:04:59.531 --> 00:05:00.964 traballa contra nós. 00:05:01.664 --> 00:05:04.637 Algunhas persoas ven o exercicio físico 00:05:04.637 --> 00:05:05.713 como algo difícil, 00:05:06.153 --> 00:05:08.644 mentres que outras o ven 00:05:08.644 --> 00:05:09.713 como algo moi fácil. 00:05:11.347 --> 00:05:12.433 Como primeiro paso 00:05:12.433 --> 00:05:14.023 para comprobar estas cuestións 00:05:14.023 --> 00:05:15.680 reunimos datos obxectivos 00:05:15.680 --> 00:05:18.208 sobre a condición física dos candidatos. 00:05:18.768 --> 00:05:20.921 Medimos a súa cintura, 00:05:20.921 --> 00:05:23.877 comparámola coa circunferencia das súas cadeiras. 00:05:24.077 --> 00:05:26.039 Un índice cintura-cadeira alto 00:05:26.042 --> 00:05:28.628 indica unha peor forma física 00:05:28.628 --> 00:05:30.897 que un índice cintura-cadeira baixo. 00:05:30.897 --> 00:05:32.537 Despois de tomar estas medidas, 00:05:32.547 --> 00:05:33.999 pedímoslles aos participantes 00:05:33.999 --> 00:05:36.276 que camiñaran ata unha liña de meta 00:05:36.276 --> 00:05:37.709 levando peso, 00:05:37.709 --> 00:05:38.953 como nunha carreira. 00:05:39.503 --> 00:05:41.046 Pero antes de facelo, 00:05:41.046 --> 00:05:42.943 pedímoslles que estimaran a distancia 00:05:42.943 --> 00:05:44.180 ata a liña de meta. 00:05:44.656 --> 00:05:47.596 Pensamos que a súa condición física 00:05:47.596 --> 00:05:50.473 podería cambiar a forma na que percibían esa distancia. 00:05:51.143 --> 00:05:52.153 Que encontramos? 00:05:52.433 --> 00:05:55.248 Ben, a proporción entre cintura e cadeira 00:05:55.248 --> 00:05:57.636 predixo a percepción da distancia. 00:05:58.356 --> 00:06:01.056 A xente que non estaba en forma 00:06:01.056 --> 00:06:02.802 veu a distancia á liña de meta 00:06:02.802 --> 00:06:03.902 considerablemente maior 00:06:03.902 --> 00:06:05.740 que os que estaban en mellor forma. 00:06:06.233 --> 00:06:08.253 A súa condición física 00:06:08.253 --> 00:06:10.854 afectaba á maneira na que percibían o seu contorno. 00:06:11.604 --> 00:06:13.325 O cerebro tamén é capaz de facelo. 00:06:13.965 --> 00:06:15.611 De feito, os nosos corpos e mentes 00:06:15.611 --> 00:06:17.237 actúan conxuntamente 00:06:17.237 --> 00:06:19.997 para cambiar a forma na que vemos o mundo que nos rodea. 00:06:19.997 --> 00:06:22.013 Isto levounos a pensar que tal vez 00:06:22.013 --> 00:06:23.611 a xente moi motivada 00:06:23.611 --> 00:06:25.616 e coa seria intención de facer exercicio, 00:06:25.616 --> 00:06:28.314 podería ver a liña de meta máis achegada 00:06:28.314 --> 00:06:31.724 que as persoas menos motivadas. 00:06:32.394 --> 00:06:35.066 Para comprobar se a motivación 00:06:35.066 --> 00:06:37.386 afecta á nosa percepción desta maneira, 00:06:37.386 --> 00:06:39.358 realizamos un segundo estudo. 00:06:39.698 --> 00:06:42.300 Unha vez máis, recollimos datos obxectivos 00:06:42.300 --> 00:06:44.207 acerca da condición física das persoas, 00:06:44.207 --> 00:06:46.468 medindo a circunferencia da cintura 00:06:46.468 --> 00:06:47.888 e da cadeira, 00:06:47.888 --> 00:06:51.326 e realizámoslles outras probas físicas. 00:06:51.726 --> 00:06:53.924 Baseándose na información que lles demos 00:06:53.924 --> 00:06:55.749 algúns participantes dixéronnos 00:06:55.749 --> 00:06:58.232 que non estaban motivados para facer máis exercicio. 00:06:58.232 --> 00:07:00.297 Sentían que xa alcanzaran os seus obxectivos 00:07:00.297 --> 00:07:02.225 e non tiñan intención de facer máis. 00:07:02.225 --> 00:07:03.869 Non estaban motivados. 00:07:04.139 --> 00:07:06.327 Porén, outros, polos nosos comentarios, 00:07:06.327 --> 00:07:08.766 dixeron que estaban máis motivados para exercitarse. 00:07:08.766 --> 00:07:11.228 Tiñan un grande interese en chegar á meta. 00:07:11.398 --> 00:07:14.507 Pero, unha vez máis, antes de poñerse a camiñar 00:07:14.507 --> 00:07:16.357 pedímoslles que estimaran a distancia. 00:07:16.357 --> 00:07:18.167 A canto estaba a liña de meta? 00:07:18.327 --> 00:07:19.955 E, de novo, coma no estudo previo, 00:07:19.955 --> 00:07:22.095 encontramos que a relación cintura-cadeira 00:07:22.095 --> 00:07:24.317 predixo a percepción da distancia. 00:07:24.421 --> 00:07:28.273 A xente en baixa forma observou unha distancia maior 00:07:28.273 --> 00:07:30.470 e sentiu que a meta estaba máis lonxe 00:07:30.470 --> 00:07:32.600 que as persoas en mellor forma. 00:07:32.600 --> 00:07:34.890 O importante e que isto só lles ocorría 00:07:34.890 --> 00:07:37.080 a persoas que non estaban motivadas 00:07:37.080 --> 00:07:38.289 para facer exercicio. 00:07:38.289 --> 00:07:39.703 Fronte a estes, 00:07:39.703 --> 00:07:42.052 os que estaban moi motivados para adestrar 00:07:42.052 --> 00:07:44.432 vían a distancia máis curta. 00:07:45.159 --> 00:07:47.443 Incluso os participantes en peor forma 00:07:47.443 --> 00:07:48.703 viron a liña de meta 00:07:48.703 --> 00:07:52.198 tan cerca ou incluso máis cerca 00:07:52.198 --> 00:07:54.078 que os que estaban en mellor forma. 00:07:54.958 --> 00:07:56.497 Así que o noso corpo pode cambiar 00:07:56.497 --> 00:07:58.917 a distancia aparente ata a liña de meta, 00:07:59.407 --> 00:08:02.942 pero a xente comprometida cunha meta alcanzable, 00:08:02.942 --> 00:08:05.461 á que se pode ater nun futuro próximo, 00:08:05.461 --> 00:08:07.345 e que cre que é capaz 00:08:07.345 --> 00:08:08.515 de logralo, 00:08:08.515 --> 00:08:11.284 en realidade ve a proba máis fácil. 00:08:12.414 --> 00:08:14.068 Isto fixo que nos preguntáramos se 00:08:14.068 --> 00:08:15.751 haberá algunha estratexia que 00:08:15.751 --> 00:08:17.101 poidamos utilizar, 00:08:17.101 --> 00:08:18.301 e que lle ensine á xente, 00:08:18.301 --> 00:08:21.261 que axudara a cambiar as súas percepcións da distancia, 00:08:21.261 --> 00:08:24.191 e que lles fixera ver que facer exercicio pode ser máis fácil? 00:08:24.191 --> 00:08:26.340 Así que buscamos na literatura especializada 00:08:26.340 --> 00:08:28.301 para determinar o que debíamos facer, 00:08:28.301 --> 00:08:30.941 e a partir do que limos, desenvolvemos unha estratexia 00:08:30.941 --> 00:08:33.221 que chamamos "Mantén os ollos na meta". 00:08:34.030 --> 00:08:35.972 Este non é un slogan 00:08:35.972 --> 00:08:38.087 dalgún cartel motivacional. 00:08:38.087 --> 00:08:40.006 É realmente unha directriz 00:08:40.006 --> 00:08:41.787 para saber como ver o contorno. 00:08:42.979 --> 00:08:45.397 Ás persoas que adestraban con esta estratexia 00:08:45.397 --> 00:08:48.750 dixémoslles que puxeran a súa atención na liña de meta, 00:08:48.750 --> 00:08:50.330 que evitaran mirar ao redor, 00:08:50.330 --> 00:08:52.194 que se imaxinaran un punto 00:08:52.194 --> 00:08:53.690 brillando na meta 00:08:53.690 --> 00:08:56.090 e que deixaran todo ao seu redor borroso 00:08:56.090 --> 00:08:58.073 e difícil de ver. 00:08:58.409 --> 00:09:00.098 Criamos que esta estratexia 00:09:00.098 --> 00:09:02.368 axudaría a que o exercicio parecese máis fácil. 00:09:03.048 --> 00:09:04.647 Comparouse este grupo 00:09:04.647 --> 00:09:06.030 cun grupo de control. 00:09:06.040 --> 00:09:07.599 Dixémoslle a este último grupo 00:09:07.599 --> 00:09:09.373 que seguise observando o seu contorno 00:09:09.373 --> 00:09:10.230 como xa facía. 00:09:10.230 --> 00:09:11.860 Que viran a liña de meta, 00:09:11.860 --> 00:09:13.360 pero que tamén observaran 00:09:13.360 --> 00:09:14.993 o caldeiro do lixo da dereita 00:09:15.453 --> 00:09:17.803 ou a xente e o farol da esquerda. 00:09:17.803 --> 00:09:20.358 Pensabamos que a xente que ía utilizar esta estratexia 00:09:20.358 --> 00:09:22.485 percibiría a súa meta a unha maior distancia. 00:09:23.615 --> 00:09:24.580 Que encontramos? 00:09:24.580 --> 00:09:26.762 Cando lles pedimos que estimaran a distancia, 00:09:26.762 --> 00:09:28.512 tivo éxito a estratexia 00:09:28.512 --> 00:09:30.995 que lles axudaba a cambiar a percepción do contorno? 00:09:31.225 --> 00:09:32.028 Si. 00:09:32.028 --> 00:09:34.538 As persoas que mantiveron os ollos fixos na meta 00:09:34.538 --> 00:09:37.696 viron a liña de meta un 30% máis cerca que a xente 00:09:37.696 --> 00:09:40.417 que á vez observaba o seu contorno como de costume. 00:09:40.427 --> 00:09:41.776 Pensamos que era fantástico. 00:09:41.776 --> 00:09:43.916 Estábamos moi contentos porque iso significaba 00:09:43.916 --> 00:09:46.222 que esta estratexia axudaba a que facer exercicio 00:09:46.222 --> 00:09:47.190 parecese máis fácil. 00:09:47.190 --> 00:09:48.832 Pero a gran pregunta era: 00:09:48.832 --> 00:09:52.198 podería isto axudar a mellorar o adestramento? 00:09:52.198 --> 00:09:53.838 Podería tamén mellorar a calidade 00:09:53.838 --> 00:09:55.298 do adestramento? 00:09:55.465 --> 00:09:58.065 A continuación, dixémoslles aos nosos participantes 00:09:58.065 --> 00:09:59.836 que ían ir á liña de meta 00:09:59.836 --> 00:10:01.886 levando unha carga adicional. 00:10:01.886 --> 00:10:04.396 Puxémoslles pesos nos nocellos 00:10:04.396 --> 00:10:06.526 equivalentes ao 15% do seu peso corporal. 00:10:06.526 --> 00:10:08.361 Dixémoslles que levantaran os xeonllos 00:10:08.361 --> 00:10:10.688 e que camiñaran máis rápido á liña de meta. 00:10:10.688 --> 00:10:13.098 Deseñamos este exercicio en particular 00:10:13.098 --> 00:10:14.775 para que fora moderadamente difícil 00:10:14.775 --> 00:10:16.505 pero non imposible, 00:10:16.505 --> 00:10:18.285 como a maioría de exercicios 00:10:18.285 --> 00:10:20.635 que realmente melloran a condición física. 00:10:21.825 --> 00:10:23.217 A gran pregunta era: 00:10:23.217 --> 00:10:25.434 manter os ollos na meta, 00:10:25.434 --> 00:10:27.684 ben enfocados na liña de meta, 00:10:27.684 --> 00:10:30.446 cambiou a súa experiencia ao facer exercicio? 00:10:30.866 --> 00:10:31.876 Así foi. 00:10:32.186 --> 00:10:34.118 Os que centraron os seus ollos na meta 00:10:34.118 --> 00:10:35.670 indicaron máis tarde que tiveron 00:10:35.670 --> 00:10:38.510 que facer un 17% menos de esforzo 00:10:38.510 --> 00:10:40.183 para realizar os mesmos exercicios 00:10:40.183 --> 00:10:42.948 que a xente que observaba o seu contorno con naturalidade. 00:10:42.948 --> 00:10:45.728 Isto modificou a súa experiencia subxectiva 00:10:45.728 --> 00:10:47.233 do exercicio. 00:10:47.233 --> 00:10:49.953 Tamén cambiou o carácter obxectivo 00:10:49.953 --> 00:10:51.303 do exercicio. 00:10:51.303 --> 00:10:53.628 Os que mantiveron os seus ollos na meta 00:10:53.638 --> 00:10:56.801 movéronse un 23% máis rápido 00:10:56.801 --> 00:10:59.561 que os demais. 00:10:59.561 --> 00:11:01.391 Para que se fagan unha idea, 00:11:01.391 --> 00:11:03.209 un aumento do 23% 00:11:03.209 --> 00:11:07.227 e como intercambiar o seu Chevy Citation de 1980 00:11:07.227 --> 00:11:10.248 por un Chevrolet Corvette de 1980. 00:11:11.918 --> 00:11:13.922 Estabamos moi contentos 00:11:13.922 --> 00:11:16.062 porque significaba que unha estratexia 00:11:16.062 --> 00:11:17.749 que non custa nada 00:11:17.749 --> 00:11:19.843 e que é fácil de utilizar, 00:11:19.843 --> 00:11:21.921 tanto para os que están en forma 00:11:21.921 --> 00:11:23.598 como para os que lles costa chegar, 00:11:23.598 --> 00:11:24.728 tiña un grande impacto. 00:11:24.978 --> 00:11:26.902 Manter os ollos na meta 00:11:26.902 --> 00:11:29.863 facía que o exercicio parecera e fora máis fácil, 00:11:29.863 --> 00:11:32.030 incluso aínda cando a xente se esforzaba máis, 00:11:32.030 --> 00:11:34.170 ao ir máis rápido. 00:11:34.940 --> 00:11:37.190 Xa sei que a boa saúde é algo máis 00:11:37.190 --> 00:11:39.194 que simplemente ir un pouco máis de présa, 00:11:39.194 --> 00:11:41.304 pero manter os ollos na meta 00:11:41.304 --> 00:11:43.636 pode ser unha estratexia adicional, 00:11:43.636 --> 00:11:44.616 útil para promover 00:11:44.616 --> 00:11:45.976 un estilo de vida saudable. 00:11:46.926 --> 00:11:49.031 Se aínda non están convencidos 00:11:49.031 --> 00:11:51.699 de que todos vemos o mundo desde o noso punto de vista, 00:11:51.699 --> 00:11:53.583 déixenme darlles un último exemplo. 00:11:53.583 --> 00:11:55.993 Esta é unha foto dunha fermosa rúa de Estocolmo 00:11:55.993 --> 00:11:57.473 na que se ven dous coches. 00:11:57.473 --> 00:11:59.146 O coche de atrás parece máis grande 00:11:59.146 --> 00:12:00.776 que o coche de diante. 00:12:00.776 --> 00:12:02.106 Porén, en realidade, 00:12:02.106 --> 00:12:04.796 estes coches son do mesmo tamaño, 00:12:04.796 --> 00:12:07.763 pero esa non é a forma na que os vemos. 00:12:08.358 --> 00:12:09.544 Significa iso 00:12:09.544 --> 00:12:11.668 que o noso ollo non funciona ben 00:12:11.678 --> 00:12:14.037 e que o noso cerebro é un desastre? 00:12:14.037 --> 00:12:15.647 Non, en absoluto. 00:12:16.297 --> 00:12:18.211 É só como funcionan os nosos ollos. 00:12:18.553 --> 00:12:21.333 Podemos ver o mundo de maneira diferente, 00:12:21.823 --> 00:12:23.733 e ás veces non coincide 00:12:23.733 --> 00:12:24.514 coa realidade, 00:12:24.514 --> 00:12:27.023 pero iso non quere dicir que un de nós teña a razón 00:12:27.023 --> 00:12:28.373 e o outro non. 00:12:28.983 --> 00:12:31.415 Todos vemos o mundo desde o noso punto de vista 00:12:31.415 --> 00:12:33.961 pero podemos aprender a velo dunha maneira diferente. 00:12:35.205 --> 00:12:36.295 Podo pensar en días 00:12:36.295 --> 00:12:38.429 nos que todo me saíu mal. 00:12:38.429 --> 00:12:40.675 Estou farta, irritable, cansada, 00:12:40.675 --> 00:12:42.336 vou atrasada no traballo, 00:12:42.336 --> 00:12:44.656 e hai unha gran nube negra 00:12:44.656 --> 00:12:45.839 por riba da miña cabeza; 00:12:45.839 --> 00:12:47.359 e neses días, 00:12:47.359 --> 00:12:49.279 paréceme que todos ao meu redor 00:12:49.279 --> 00:12:51.455 tamén están deprimidos. 00:12:51.455 --> 00:12:53.525 O meu compañeiro de traballo parece irritado 00:12:53.525 --> 00:12:56.155 cando lle pido unha prórroga da data límite, 00:12:56.163 --> 00:12:57.911 e o meu amigo parece frustrado 00:12:57.911 --> 00:13:00.895 cando chego tarde ao xantar porque unha reunión se prolongou, 00:13:00.895 --> 00:13:02.151 e cara ao final do día 00:13:02.151 --> 00:13:04.061 o meu home está decepcionado, 00:13:04.061 --> 00:13:06.301 porque eu prefiro ir durmir que ao cine. 00:13:06.951 --> 00:13:09.520 E en días coma estes, cando todo o mundo parece 00:13:09.520 --> 00:13:11.560 molesto e enfadado comigo, 00:13:11.560 --> 00:13:15.276 trato de recordar que hai outra maneira de velo. 00:13:15.296 --> 00:13:17.786 Quizais o meu compañeiro estaba confundido, 00:13:18.196 --> 00:13:20.470 talvez, o meu amigo estaba preocupado, 00:13:20.470 --> 00:13:23.348 e talvez o meu home estaba sendo comprensivo. 00:13:24.068 --> 00:13:25.866 Todos vemos o mundo 00:13:25.866 --> 00:13:27.606 desde o noso punto de vista, 00:13:27.606 --> 00:13:29.602 e algúns días, o mundo 00:13:29.602 --> 00:13:31.562 pode parecer un lugar perigoso, 00:13:31.562 --> 00:13:33.830 difícil e insuperable, 00:13:33.830 --> 00:13:36.346 pero non ten por que parecer así todo o tempo. 00:13:36.346 --> 00:13:39.206 Podemos aprender a velo dunha maneira diferente, 00:13:39.206 --> 00:13:41.723 e cando encontremos unha maneira de facer que o mundo 00:13:41.723 --> 00:13:43.963 se vexa máis agradable e todo pareza máis fácil, 00:13:43.963 --> 00:13:45.573 tal vez, entón, se converta niso. 00:13:45.773 --> 00:13:46.803 Grazas. 00:13:46.803 --> 00:13:47.709 (Aplausos)